Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización

Etapas: Educación Infantil e Primaria

Nº de alumnos: 255

N.º de mestres: 26

2. Xustificación

Na elaboración deste documento tiveron especial relevacia os seguintes referentes lexislativos:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Este documento de Plan Dixital toma como referentes os Proxecto Educativo de Centro e o Plan  TIC (de Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para, como se cita no documento do PEC,  contribuir co equipo de TICs na súa responsabilidade “de incorporar as TIC ao proceso de ensinanza-aprendizaxe coa participación activa de todo o equipo docente, que articule todas a intervencións que se van realizar no Centro aproveitando as posibilidades que as TIC ofertan”.

Neste senso, toma especial relevancia a relación entre o Plan dixital e a Programación Xeral Anual do curso 2023/2024. As distintas accións de mellora que se propoñen para a incorporación das TIC no ensino deberán estar integradas dentro desta Programación para garantir que se leven a cabo dun xeito coordinado e eficaz.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

SELFIE

TEST CDD

 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Baixa competencia para o uso das tecnoloxías. Baixa competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos. Alumnado Si
Debilidade Equipamento dixital obsoleto e defectuoso nalgúns casos Infraestruturas Si
Debilidade Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Oferta Si
Debilidade Dificultades na comunicación ao profesorado da estratexia dixital. Pouca participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Baixa resolución de incidencias técnicas. Baixa asistencia técnica Organización de centro Si
Fortaleza Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Dinámicas para reflexionar sobre sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio, etc). Alumnado Non
Fortaleza Política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Proxecto Edixgal Oferta Si
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado. Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxía dixitais para a avaliación. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Achegas económicas que recibe o centro. Dotación de equipamento tecnolóxico. Escasa formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Administración educativa Si
Ameaza Nivel socioeconómico baixo Baixa colaboración do concello Contorna Non
Ameaza Cambios recurrentes na lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. A lexislación favorece o traballo dixital. Lexislación Non
Oportunidade Participación das empresas na estratexia dixital do centro. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro
O2PD Desenvolver no alumnado as destrezas básicas que lles permitan o manexo do ordenador e resolución de problemas técnicos.
O3PD Desenvolver no profesorado as destrezas básicas que lles permitan resolver problemas técnicos.
O4PD Dinamizar o uso das aulas virtuais como ferramenta docente.
O5PD Iniciar ao profesorado no emprego tanto funcional coma didáctico do equipamento de polos creativos.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Ao longo deste primeiro trimestre continuamos co traballo realizado durante o curso pasado en canto ao desenvolvemento das destrezas básicas, tanto no alumnado coma no profesorado, para resolver problemas técnicos básicos. En especial o alumnado de 5º de EP, xa que comezaron este curso a empregar os portátiles no día a día a través do programa E-dixgal. 

Levouse a cabo o inventariado do equipamento dispoñible no almacén TIC. Por outra banda, seguimos á espera da renovación dos equipos por parte da consellería, xa que algúns dos equipos de aula necesitarían ser reemplazados debido a que aínda que foron actualizados, non funcionan correctamente. Tamén estamos á espera de que cheguen os novos monitores dixitais e temos xa preparada unha posible redistribución dos equipos antigos para así dotar todos os espazos do centro con un equipamento o mais actualizado posible.

No mes de outubro tivemos unha formación sobre o uso dos monitores dixitais no CEIP Ferro Couselo e tamén fixemos unha microformación para todo o profesorado, sobre cómo facer publicacións na web do noso centro.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre continuamos traballando no desenvolvemento das destrezas básicas, tanto no alumnado coma no profesorado. Cos primeiros, durante as sesións de informática no 1º e 2º ciclo e en todas as materias nos cursos E-dixgal. Co profesorado a través de microformacións en pequenos grupos con aqueles que o precisan.

En canto á renovación e actualización dos equipos, recibimos dous ordenadores de sobresema que foron instalados no despacho de orientación e na secretaría da planta baixa. Actualizamos e reubicamos os equipos que aquí había, modificando tamén o inventario logo destes cambios. Estamos agardando aínda polo envío dos monitores dixitais para o segundo e terceiro ciclo, pero xa temos unha planificación para a reubicación dos equipos antigos para así dotar todos os espazos do centro cun equipamento o mais actualizado posible.

Neste trimestre realizouse unha enquisa ao profesorado sobre o emprego da aula virtual e sobre o interese que cada quen tiña en aprender a facer desta unha ferramenta docente. Durante o terceiro trimestre faremos unha microformación sobre a mesma. Con respecto aos polos creativos non recibimos aínda ningún tipo de material, pero adiantámonos solicitando unha formación sobre Makey Makey que resultou moi interesante para o profesorado asistente.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3º Trimestre

Non recibimos ningún dispositivo novo polo que a reubicación non se levou a cabo. O inventario está actualizado cos equipos que temos e está preparada unha planificación para a reubicación dos mesmos en canto cheguen os novos.

Logo de realizar á avaliación sobre a resolución de incidencias técnicas básicas entre o profesorado, comprobamos que non acadamos o obxectivo do 70% que tiñamos previsto. Polo que continuaremos con este obxectivo para o curso próximo.

En canto á microformación sobre o emprego da aula virtual como recurso docente, queda aprazada para o curso próximo por falta de tempo para a reunión do profesorado nas horas de permanencia no centro.

Durante este trimestre, o profesorado participante na formación de Makey Makey, reuniuse agrupados por ciclos para deseñar diversos retos e proxectos para ser levados as aulas. Ademais recibimos outra formación relacionada con Polos Creativos sobre creación de recursos audiovisuais. A raíz desta formación, adecuamos un espazo cun Croma kit para a gravación de vídeos. O alumnado de 4º a 6º de EP fixo uso deste espazo e iniciouse no uso de aplicacións para a edición de vídeo. Estas actividades tiveron lugar durante a segunda metade deste terceiro trimestre na materia de lingua estranxeira.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

En xeral, a valoración é positiva xa que os obxectivos foron acadados nun 80%. Quedarían pendentes tanto a reubicación e reorganización de dispositivos, cando os recibamos, como o desenvolvemento no profesorado das destrezas que lles permitan resolver incidencias técnicas básicas.

 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

- Reservar un tempo dentro do horario de permanencia no centro do profesorado tanto para a coordinación en materia dixital coma para a realización de microformacións.

- Ubicación e reorganización de dispositivos dixitais e outro material de polos creativos cando se reciban.

 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Co obxectivo de dar a coñecer o Plan Dixital ao resto da comunidade educativa, empregáranse diferentes publicacións: web do centro, aula virtual e Abalarmóbil. A través destas canles compartirase o enlace á aplicación EduCalidade, onde está publicado o mesmo e onde tamén se poderá consultar o seu seguimento.