Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Datos básicos do centro

Nome: Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe Baño-Xanza

Dirección: Lugar Baño s/n, Valga (Pontevedra)

Código do centro: 36009913 

Teléfono: 886159054

E-mail: ceip.xanza@edu.xunta.es

Etapas: Educación Infantil e Primaria

Nº de alumnos: 265

N.º de mestres: 26

2. Xustificación

Na elaboración deste documento tiveron especial relevacia os seguintes referentes lexislativos de ámbito nacional e autonómico:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Este documento de Plan Dixital toma como referentes os Proxecto Educativo de Centro e o Plan  TIC (de Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para, como se cita no documento do PEC,  contribuir co equipo de TICs na súa responsabilidade “de incorporar as TIC ao proceso de ensinanza-aprendizaxe coa participación activa de todo o equipo docente, que articule todas a intervencións que se van realizar no Centro aproveitando as posibilidades que as TIC

ofertan”.

Neste senso, toma especial relevancia a relación entre o Plan dixital e a Programación Xeral Anual do curso 2022/2023. As distintas accións de mellora que se propoñen para a incorporación das TIC no ensino deberán estar integradas dentro desta Programación para garantir que se leven a cabo dun xeito coordinado e eficaz.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

SELFIE

TEST CDD

 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Baixa competencia para o uso das tecnoloxías. Baixa competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos. Alumnado Si
Debilidade Equipamento dixital obsoleto e defectuoso nalgúns casos Infraestruturas Si
Debilidade Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Oferta Non
Debilidade Dificultades na comunicación ao profesorado da estratexia dixital. Pouca participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Baixa resolución de incidencias técnicas. Baixa asistencia técnica Organización de centro Si
Fortaleza Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Dinámicas para reflexionar sobre sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio, etc). Alumnado Non
Fortaleza Política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Proxecto Edixgal Oferta Non
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado. Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxía dixitais para a avaliación. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Achegas económicas que recibe o centro. Dotación de equipamento tecnolóxico. Escasa formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Administración educativa Non
Ameaza Nivel socioeconómico baixo Baixa colaboración do concello Contorna Non
Ameaza Cambios recurrentes na lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. A lexislación favorece o traballo dixital. Lexislación Non
Oportunidade Participación das empresas na estratexia dixital do centro. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro
O2PD Mellorar a comunicación da estratexia dixital do centro.
O3PD Iniciar ao profesorado na creación de recursos dixitais e compartilos na aula virtual do centro.
O4PD Desenvolver no alumnado as destrezas básicas que lles permitan o manexo do ordenador e resolución de problemas técnicos.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre do curso 2022/2023 comezamos a realizar as accións que, segundo o Plan Dixital, estaban previstas.

Con respecto ao obxectivo 01PD (Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro) foimos quen de realizar a primeira acción, a cal resultou cunha valoración positiva. Porén a segunda acción está pendente de se realizar xa que precisamos facer unha nova solicitude de renovación de equipos. 

Os obxectivos 02PD (Mellorar a comunicación da estratexia dixital do centro) e 04PD van no bo camiño, xa que as accións previstas para o primeiro trimestre realizaronse en prazo.

O terceiro obxectivo 03PD (Iniciar ao profesorado na creación de recursos dixitais e compartilos na aula virtual do centro) ten todas as accións previstas para este primeiro trimestre aprazadas.

2º Trimestre

No segundo trimestre do curso 2022/2023 continuamos coas acción que tiñamos previstas. 

En canto ao obxectivo 03PD (Iniciar ao profesorado na creación de recursos dixitais e compartilos na aula virtual do centro), realizamos todas as accións que tiñamos aprazadas dende o primeiro trimestre: creación de aulas virtuais para compartir recursos, microformacións sobre H5P para a creación de recursos dixitais, publicación das actividades desenvoltas.

Os obxectivos 02PD (Mellorar a comunicación da estratexia dixital do centro) e 04PD continúan no bo camiño, xa que as accións previstas para o segundo trimestre foron realizadas antes do prazo previsto.

 

3º Trimestre

Para rematar o curso facemos unha valoración xeral dos obxectivos conseguidos e os que foron aprazados para o vindeiro curso.

01PD e 04PD: Realizamos as accións que tiñamos previstas.

02PD: Temos unha acción en proceso e aprazada para o vindeiro curso: A02.3: Compartir e avaliar as diferentes tarefas desenvolvidas.

03PD: Temos unha acción aprazada para o vindeiro curso: A03.3: Publicar e avaliar as actividades desenvoltas, a cal e moi similar á acción A02.3 do obxectivo 02PD polo que cando se faga unha revisión deste plan dixital deberemos modificalas para evitar reciprocidades.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

En xeral, a valoración é positiva xa que os obxectivos foron acadados preto do 90%. Quedaría pendente a avaliación dos recursos dixitais creados e compartidos polo profesorado.

Proposta de mellora

- Modificar as aulas virtuais creadas para compartir os recursos para que sexan mais intuitivas e sinxelas de empregar.

- Solicitar o proxecto de Polos Creativos de cara ao curso próximo.

- Rematar o acondicionamento e posta a punto do espazo da radio escolar.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Co obxectivo de dar a coñecer o Plan Dixital ao resto da comunidade educativa, empregáranse diferentes publicacións da web do centro, na aula virtual e a través de Abalarmóbil. Estas fáran referencia ás distintas accións de mellora que se irán desenvolvendo ao longo do curso para implementar o Plan.