O equipo TIC realizará o seguimento deste plan, a través dos 4 obxectivos propostos. Realizarase as reunións pertinentes, e nesas reunións analizarase o grao de cumprimento dos obxectivos, a través da propia táboa de seguimento dos mesmos. Nestas avaliacións mensuais valorarase dificultades para o logro, ou , de ser o caso, oportunidades de mellora. En coordinación co equipo directivo elaborarase un informe de avaliación trimestral relacionado co plan, e referido aos catro obxectivos propostos. Haberá unha avaliación final na que se valorará o grao de cumprimento dos obxectivos e o nivel de modificacións que se desenvolveron durante o curso, de maneira que sirva de base para a elaboración do seguinte plan. Deste modo, determinaremos para os obxectivos non logrados unha renovación dos mesmos, e para os logrados, definiranse obxectivos para mellorar cualitativamente.
Avaliación
O equipo TIC realizará o seguimento deste plan, a través dos 5 obxectivos propostos. Realizará as reuións pertinentes e analizarase o grao de cumprimento dos obxectivos, a través da propia táboa de seguimento dos mesmos.
Nestas avaliacións valorarase dificultades para o logro, ou , de ser o caso, oportunidades de mellora.
En coordinación co equipo directivo elaborarase un informe de avaliación trimestral relacionado co plan, e referido aos cinco obxectivos propostos.
Haberá unha avaliación final na que se valorará o grao de cumprimento dos obxectivos e o nivel de modificacións que se desenvolveron durante o curso, de maneira que sirva de base para a elaboración do seguinte plan.
Deste modo, determinaremos para os obxectivos non logrados unha renovación dos mesmos, e para os logrados, definiranse obxectivos para mellorar cualitativamente.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital estará visible para toda a comunidade educativa a través da plataforma Educalidade/ Plans de centros e introducindo o código do centro : 36009524, ou pìcando neste enlace directo:Plan Dixital Caselles Beltrán