O equipo TIC realizará o seguimento deste plan, a través dos 4 obxectivos propostos. Reunirase cunha frecuencia mensual, e nesa reunión analizarase o grao de cumprimento dos obxectivos, a través da propia táboa de seguimento dos mesmos. Nestas avaliacións mensuais valorarase dificultades para o logro, ou , de ser o caso, oportunidades de mellora. En coordinación co equipo directivo elaborarase un informe de avaliación trimestral relacionado co plan, e referido aos catro obxectivos propostos. Haberá unha avaliación final na que se valorará o grao de cumprimento dos obxectivos e o nivel de modificacións que se desenvolveron durante o curso, de maneira que sirva de base para a elaboración do seguinte plan. Deste modo, determinaremos para os obxectivos non logrados unha renovación dos mesmos, e para os logrados, definiranse obxectivos para mellorar cualitativamente.
En canto ao obxectivo 1, úsanse con regularidade os dispositivos dixtais: hai a disposición do profesorado tanto na aula de informática como na aula móbil, equipos fixos e portátiles, que utiliza o profesorado con regularidade.
No obxectivo 2, de promoción do uso da radio, publicamos podcasts temáticos regularmente, así como unha emisión en streaming no festival de Nadal.
No obxectivo 4, de visita regular á aula de informática, conseguiuse con creces, superando o número de horas previstas. Tentarase mellorar nas visitas do primeiro ciclo.
Avaliación
O equipo TIC realizará o seguimento deste plan, a través dos 5 obxectivos propostos. Reunirase cunha frecuencia mensual, e nesa reunión analizarase o grao de cumprimento dos obxectivos, a través da propia táboa de seguimento dos mesmos.
Nestas avaliacións mensuais valorarase dificultades para o logro, ou , de ser o caso, oportunidades de mellora.
En coordinación co equipo directivo elaborarase un informe de avaliación trimestral relacionado co plan, e referido aos cinco obxectivos propostos.
Haberá unha avaliación final na que se valorará o grao de cumprimento dos obxectivos e o nivel de modificacións que se desenvolveron durante o curso, de maneira que sirva de base para a elaboración do seguinte plan.
Deste modo, determinaremos para os obxectivos non logrados unha renovación dos mesmos, e para os logrados, definiranse obxectivos para mellorar cualitativamente.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital estará visible para toda a comunidade educativa a través da plataforma Educalidade/ Plans de centros e introducindo o código do centro : 36009524, ou pìcando neste enlace directo:Plan Dixital Caselles Beltrán