Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital (PD) integrase dentro do Proxecto Educativo de Centro (PEC) do centro, como un elemento dinamizador do día a día.

O Plan Dixital debe tratar tódolos proxectos e Plans do centro, ofrecendo ferramentas de traballo motivadoras, inclusivas e, orientadas a todo o noso alumnado sexan cales sexan as caracteristicas persoais e de referencia sociofamiliar.

Do mesmo xeito, a Programación Xeral Anual (PXA) do vindeiro curso 24/25, deberá ter en conta este Plan Dixital (PD, de aquí en diante), para desenvolver os obxectivos establecidos no Plan de Acción. Asi mesmo, este PD formará parte do Plan de Integración das TICs, que se inclúe na PXA.

1. Xustificación do mesmo.

A LOMCE establece:

Artigo 111 bis. Tecnoloxías da Información e comunicación.

§    As condicións nas que se debe desenvolver a xestión dos datos académicos do alumnado de xeito que se cumplan os protocolos de protección de datos e se empreguen formatos que garantan a interoperabilidade entre os diferentes sistemas empregados no sistema educativo estatal.

§    Faise referencia aos contornos virtuais de aprendizaxe, as caracterísitcas destes e ao seu emprego dentro da vida académica.

§    Faise fincapé na necesidade de que as diferentes adminstracións educativas promovan o emprego das tecnoloxías da información e a Comunicación como método axeitado e valioso para levar a cabo tarefas de ensino e aprendizaxe procurando a eliminación de condutas de risco.

§    As administracións educativas revisarán os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado de xeito que se facicite a implantación dunha cultura dixital nas aulas.

§    As adminstracións educativas velarán polo acceso de todo o estudantado aos recursos dixitais precisos que garantan a igualdade de oportunidades entre todos os escolares.

Artigo 121. O proxecto educativo de Centro.

§    O proxecto educativo de centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro de acordo co establecido no artigo 111bis.5.

Artigo 132. Competencias das direccións dos centros.

Inclúe dentro das competencias das persoas directoras promover a innovación e experimentación con novos métodos de ensino encamiñados a acadar os obxectivos propostos no PEC.

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xunño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021- 2022.

§    Indícase que os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

§    Esta resolución tiñan  por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia, así como definir os principios, obxectivos e referentes que o deben guiar. Defínense o proceso de redacción, a temporalización, o sistema de coordinación e determínanse os recursos que se van empregar neste proceso.

1.1.            Proceso de elaboración.

Formouse un Equipo para a Dinamización do Plan Dixtal con un coordinador e a presenza de tódolos membros do Equipo Directivo. En certos momentos do proceso, foi necesaria a participación de todo o Claustro para a recollida de datos.

O Equipo do Plan Dixital recibiu varias xornadas de formación, ademáis de facer reunións para a análise dos datos recibidos e a elaboración do Plan de Acción.

A temporalización foi a establecida para a realización do Plan Dixital, tendo en conta a Resolución do 3 de setembro de 2021.

Ademáis desta normativa, precisa no momento da súa elaboración a día de hoxe, debemos de ter en conta algún articulado dos Decretos autonómicos, nos que se recolle a obriga de inclusión do Proxecto Dixital no Proxecto Educativo, para cada unha das ensinanzas do noso centro:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estes artigos reflexan o seguinte:

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”.

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, determinase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Como instrumentos de recollida de información previo resaltar a autoavaliación SELFIE e o test CDD.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non dispón de equipos dixitais en propiedade. Escasa competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación as tecnoloxías dixitais. Debilidade na competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Non todas as familias dispoñen de recursos propios para dotar ao alumnado no día a día. Familias Non
Debilidade Dificultades para a resolución de incidencias técnicas. Debilidades do software instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade Dificultades na estratexia dixital. Oferta Si
Debilidade Pouca difusión das estratexias a nivel dixital. Organización de centro Si
Debilidade Escasa utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Persoal docente Si
Debilidade Nula relación coas dinámicas implementadas dende o centro. Baixa estabilidade laboral do persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza Correcta concienciación dos riscos que nos podemos atopar na rede. Alumnado Si
Fortaleza Participación no proceso tecnolóxico do alumnado. Familias Non
Fortaleza Presenza no centro educativo de recursos tecnolóxicos para empregar tanto dentro como fóra do horario lectivo. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro presenta creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais, mellorando a oferta do mesmo. Correcto uso activo e creativo de aulas virtuais. Oferta Si
Fortaleza Correcto funcionamento do centro na xeneralización das estratexias de comunicación con outros centros educativos. Existenca de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Si
Fortaleza Suficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. Si hai participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Fortaleza Si hai utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Persoal non docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficientes achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Si
Ameaza Dificultades de conectividade á rede na contorna rural. ANPA Non
Ameaza Supervisión extrema das diferentes dinámicas levadas a cabo. Contorna Si
Ameaza Dificultades para a reproducción de material audiovisual dende un soporte informativo tal e como limita a circular 14/2014. Lexislación Si
Ameaza Escaseza na existencia de proxectos externos. Outras Si
Oportunidade Constantes convocatorias de plans educativos. Administración educativa Si
Oportunidade Determinadas familias presentan unhas condicións socioeconómicas óptimas. ANPA Si
Oportunidade Relación constante coa ANPA. Contorna Si
Oportunidade Convocatoria de diferentes plans e/ou proxectos educativos que nos achegan melloras nas infraestructuras nos centros. Lexislación Si
Oportunidade Apoio en diferentes estratexias formativas dende o concello. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para a análise DAFO, empréganse como instrumentos de recollida de información previa o test CDD e a autoavaliación SELFIE, a partir dos cales o centro xenera unha análise DAFO, que nos permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais das que consta este Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aumentar o número de docentes titores e especialistas que fomenten o uso da AV / Contidos Dixitais. (Ítem: A2)
O02PD Concienciar ao alumnado dos riscos que nos podemos atopar nas redes sociais. (Ítem: B2)
O03PD Promover o uso de ferramentas de software libre e/ou en liña. (Ítem: E2)
O04PD Mellorar a seguridade da rede e dos recursos informáticos do centro. (Ítem: C3)
O05PD Evitar a fenda dixital entre o alumnado con recursos e sen recursos. (Ítem: C10)
O06PD Mellorar a comunicación entre os centros a nivel dixital. (Ítem: D3)
O07PD Iniciar ao alumnado na metodoloxía STEAM partindo dos Polos Creativos (Ítem: F6)
O08PD Elaborar recursos dixitais adaptados ás características de cada grupo clase para dar reposta ao establecido no Proxecto de centro e compartilos co resto de profesorado. (Ítem: A2)
O09PD Actualizar o inventario dixital do centro a partir de 2015 ata a actualidade.

Seguimento

Procedemento

Reunións mensuais de todo o claustro, nas que se fai alusión a todo aquilo relacionado co Plan Dixital e a Competencia Dixital.

1º Trimestre
2º Trimestre

 

 

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso, farase unha avaliación tanto continua como final, atendendo aos parámetros e obxectivos establecidos no Plan de Acción.

No referente á avaliación continua, a frecuencia da súa realización será cando menos unha vez ao trimestre, e os aspectos a valorar:

- O estado da execución das accións.

- A análise, valoración e modificacións das accións.

- Elaborar as propostas de mellora.

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos fundamentais a valorar serán os relativos ao logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O proceso de implementación, ao ser un proceso vivo e modificable, poderá requerir o uso doutros instrumentos de avaliación se fose necesario.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A comunicación e difusión do Plan Dixital, levarase a cabo, a través da páxina web do centro: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsilleda/