Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital (PD) integrase dentro do Proxecto Educativo de Centro (PEC) do centro, como un elemento dinamizador do día a día.

O Plan Dixital debe tratar tódolos proxectos e Plans do centro, ofrecendo ferramentas de traballo motivadoras, inclusivas e, orientadas a todo o noso alumnado sexan cales sexan as caracteristicas persoais e de referencia sociofamiliar.

Do mesmo xeito, a Programación Xeral Anual (PXA) do vindeiro curso 22/23, debera ter en conta este Plan Dixital, para desenvolver os obxectivos establecidos no Plan de Acción. Asi mesmo, este PD formará parte do Plan de Integración das TICs, que se inclúe na PXA.

1. Xustificación do mesmo.

A LOE establece:

Artigo 111 bis. Tecnoloxías da Información e comunicación.

§    As condicións nas que se debe desenvolver a xestión dos datos académicos do alumnado de xeito que se cumplan os protocolos de protección de datos e se empreguen formatos que garantan a interoperabilidade entre os diferentes sistemas empregados no sistema educativo estatal.

§    Faise referencia aos contornos virtuais de aprendizaxe, as caracterísitcas destes e ao seu emprego dentro da vida académica.

§    Faise fincapé na necesidade de que as diferentes adminstracións educativas promovan o emprego das tecnoloxías da información e a Comunicación como método axeitado e valioso para levar a cabo tarefas de ensino e aprendizaxe procurando a eliminación de condutas de risco.

§    As administracións educativas revisarán os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado de xeito que se facicite a implantación dunha cultura dixital nas aulas.

§    As adminstracións educativas velarán polo acceso de todo o estudantado aos recursos dixitais precisos que garantan a igualdade de oportunidades entre todos os escolares.

Artigo 121. O proxecto educativo de Centro.

§    O proxecto educativo de centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro de acordo co establecido no artigo 111bis.5.

Artigo 132. Competencias das direccións dos centros.

Inclúe dentro das competencias das persoas directoras promover a innovación e experimentación con novos métodos de ensino encamiñados a acadar os obxectivos propostos no PEC.

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xunño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021- 2022.

§    Indícase que os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

§    Esta resolución ten por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia, así como definir os principios, obxectivos e referentes que o deben guiar. Defínense o proceso de redacción, a temporalización, o sistema de coordinación e determínanse os recursos que se van empregar neste proceso.

1.1.            Proceso de elaboración.

Formouse un Equipo para a Dinamización do Plan Dixtal con un coordinador e a presenza de tódolos membros do Equipo Directivo. En certos momentos do proceso, foi necesaria a participación de todo o Claustro para a recollida de datos.

O Equipo do Plan Dixital recibiu varias xornadas de formación, ademáis de facer reunións para a análise dos datos recibidos e a elaboración do Plan de Acción.

A temporalización foi a establecida para a realización do Plan Dixital, tendo en conta a Resolución do 3 de setembro de 2021.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Como instrumentos de recollida de información previo resaltar a autoavaliación SELFIE e o test CDD.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non dispón de equipos dixitais en propiedade. Escasa competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación as tecnoloxías dixitais. Debilidade na competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Non todas as familias dispoñen de recursos propios para dotar ao alumnado no día a día. Familias Non
Debilidade Dificultades para a resolución de incidencias técnicas. Debilidades do software instalado nos equipos. Infraestruturas Non
Debilidade Dificultades na estratexia dixital. Oferta Non
Debilidade Pouca difusión das estratexias a nivel dixital. Organización de centro Non
Debilidade Escasa utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Persoal docente Non
Debilidade Nula relación coas dinámicas implementadas dende o centro. Baixa estabilidade laboral do persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza Correcta concienciación dos riscos que nos podemos atopar na rede. Alumnado Non
Fortaleza Participación no proceso tecnolóxico do alumnado. Familias Non
Fortaleza Presenza no centro educativo de recursos tecnolóxicos para empregar tanto dentro como fóra do horario lectivo. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro presenta creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais, mellorando a oferta do mesmo. Correcto uso activo e creativo de aulas virtuais. Oferta Non
Fortaleza Correcto funcionamento do centro na xeneralización das estratexias de comunicación con outros centros educativos. Existenca de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. Si hai participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Non
Fortaleza Si hai utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficientes achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Ameaza Dificultades de conectividade á rede na contorna rural. ANPA Non
Ameaza Supervisión extrema das diferentes dinámicas levadas a cabo. Contorna Non
Ameaza Dificultades para a reproducción de material audiovisual dende un soporte informativo tal e como limita a circular 14/2014. Lexislación Non
Ameaza Escaseza na existencia de proxectos externos. Outras Non
Oportunidade Constantes convocatorias de plans educativos. Administración educativa Non
Oportunidade Determinadas familias presentan unhas condicións socioeconómicas óptimas. ANPA Non
Oportunidade Relación constante coa ANPA. Contorna Non
Oportunidade Convocatoria de diferentes plans e/ou proxectos educativos que nos achegan melloras nas infraestructuras nos centros. Lexislación Non
Oportunidade Apoio en diferentes estratexias formativas dende o concello. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para a análise DAFO, empréganse como instrumentos de recollida de información previa o test CDD e a autoavaliación SELFIE, a partir dos cales o centro xenera unha análise DAFO, que nos permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais das que consta este Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
02PD Concienciar ao alumnado dos riscos que nos podemos atopar nas redes sociais. (Ítem: B2)
03PD Promover o uso de ferramentas de software libre e/ou en liña. (Ítem: E2)
04PD Mellorar a seguridade da rede e dos recursos informáticos do centro. (Ítem: C3)
01PD. Aumentar o número de docentes titores e especialistas que fomenten o uso da AV / Contidos Dixitais. (Ítem: A2)
05PD Evitar a fenda dixital entre o alumnado con recursos e sen recursos. (Ítem: C10)
06PD Mellorar a comunicación entre os centros a nivel dixital. (Ítem: D3)
07PD Iniciar ao alumnado no campo da robótica e linguaxe da programación. (Ítem: F6)

Seguimento

Procedemento

Reunións mensuais de todo o claustro, nas que se fai alusión a todo aquilo relacionado co Plan Dixital e a Competencia Dixital.

1º Trimestre

Revisión pormenorizada do Plan Dixital atendendo ás liñas de acción que teñen prazo de execución neste trimestre.

Foron desenvoltas as seguintes accións:

OBX.1 : AO1.1 Informado o Claustro da actualización da AV (matriculación de alumnado e cursos creados)

OBX2. AO2.1 Charla da garda civil que organizan co centro cada 2 anos. Foi realizada o curso pasado.

           AO2.2. Tratado o tema dos riscos en RRSS na reunión de inicio de curso coas familias. O alumnado de 6º de EP traballa esta temática nas sesións de libre configuración.

OBX3. AO3.1. A formación sobre uso de software libre é de carácter interno.

           AO3.2. Dende este curso os diferentes equipos traballan conxuntamente, e ese éo marco donde se comparten recursos.

OBX4. Pendente de abordar.

OBX5. Pendente de elaborar e pasar enquisa inicial.

OBX7. Vínculado co PFPP e pendente da convocatoria de "Biblioteca creativa".

Ademáis de todo isto, establécese a ligazón na páxina web do centro, na que se establece  publicación do Plan Dixital.

A maiores de todo isto salientar a necesidade de recursos, que axuden a desenvolver dito plan:

- Conectividade. A wifi é moi deficiente.

- Equipamento. Precísanse robots para a formación do PFPP e, en xeral, os dispositivos son obsoletos e están en mal estado, en canto a funcionamento. Isto agrávase por ser un centro con unha elevada matrícula.

No que concerne, as boas prácticas innovadoras, as novas tecnoloxías introdúcense este curso en Educación Infantil, nas sesións da mestra de apoio. Ademais, engadir que se planificou formación específica sobre a competencia dixital, como ben reflexa  unha das liñas do PFPP do centro, cuio centro de interese, é a robótica educativa e a programación.

 

 

2º Trimestre

Revisión pormenorizada do Plan Dixital atendendo as liñas de acción que teñen prazo de execución neste segundo trimestre.

Foron desenvoltas as seguintes accións:

OBX.1: AO1.1 Iniciouse a creación de feramentas, por exemplo, o panel 25N para robótica.

            AO1.3 De xeito individual, cada vez e maior o número de profesorado que emprega a aula virtual.

                       Participación dun elevado número de profesorado no PFPP.

OBX.2: AO2.1 e AO2.2  Accións xa realizadas.

AO2.3 Estase a elaborar a lista de consellos para evitar riscos, para o alumnado e para as familias.

OBX.3: AO3.1 A formación interna estáse a desenvolver en momentos puntuais por interese e necesidade do profesorado en determinadas actividades.

            AO3.2 Continúase coa reunión mensual de todas as coordinacións para determinar as ferramentas a empregar no quefacer diario no centro e na que se propoñen as diferentes suxestións.

           AO3. 3 Creado recopilatorio de recursos.

OBX4. Os dispositivos son tan obsoletos que non permiten a instalación de sistemas de seguridade, polo tanto as liñas de actuación non se poden desenvolver.

OBX5.  Non se pasou a enquisa, pero valorouse que non hai necesidade de repartir dispositivos, e que sempre estarán dispoñibles no centro. O obxectivo dase por rematado.

OBX6. AO6.1 Realizadas as tomas de contacto con outros centros.

           AO6.2 Acórdase que sexa o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria os que formen parte desa comisión.

          AO6.3 Pendente.

OBX7. AO7.1  Na convocatoria de "Bibliotecas creativas", non fomos centro seleccionado.

           AO7.2  Vinculado ao PFPP, con parte da dotación económica desta formación, foron adquiridos algúns dos recursos necesarios para constituir o recuncho creativo ou recuncho maker da biblioteca. En proceso, a formación do PFPP que ten como eixo a robótica.

           AO7.3 En fase de deseño, pendente de realizar no 3º trimestre.

3º Trimestre

Revisión pormenorizada do Plan Dixital atendendo as liñas de acción que teñen prazo de execución neste terceiro trimestre.

Foron desenvoltas as seguintes accións:

OBX.1: Este obxectivo foi acadado cunha porcentaxe do 65%.

OBX.2: Este obxectivo foi acadado nun 90% do profesorado.

OBX.3: Este obxectivo foi acadado posto que un número elevado de profesorado está vinculado e amosa interese por esta iniciativa.

OBX.4: Non se pode desenvolver.

OBX.5: Finalizado sen execución de accións, despois de valorar a non necesidade de medios dixitais no domicilio por parte de ningún discente.

OBX.6: Acadado, con máis de 10 intercambios, entre docentes e alumnado de diferentes centros.

OBX.7: Acadado, creado o recuncho maker.

Reflexar que a aplicación educalidade non presenta nin presentou ningún tipo de problema. En canto a certificación da competencia dixital, o profesorado comeza a visualizar o proceso q seguir para acadar un determinado nivel. O EDIXGAL, ofertado en diferentes ocasións ao longo do curso, non foi solicitado, posto que o profesorado prefire prescindir deste recurso educativo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso, farase unha avaliación tanto continua como final, atendendo aos parámetros e obxectivos establecidos no Plan de Acción.

No referente á avaliación continua, a frecuencia da súa realización será cando menos unha vez ao trimestre, e os aspectos a valorar:

- O estado da execución das accións.

- A análise, valoración e modificacións das accións.

- Elaborar as propostas de mellora.

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos fundamentais a valorar serán os relativos ao logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O proceso de implementación, ao ser un proceso vivo e modificable, poderá requerir o uso doutros instrumentos de avaliación se fose necesario.

Valoración xeral

En xeral, este Plan Dixital, foi ben acollido pola comunidade educativa, e a súa posta en práctica realizouse de xeito progresivo. Os obxectivos foron acadados en maior medida, a través de accións que estiveron ao alcance dos diferentes entes, profesorado e alumnado, e a través do cal se pretendeu avanzar na consecución da Competencia Dixital, tanto por parte dos docentes como dos discentes.

Proposta de mellora

As propostas de mellora que se establecen son:    

-          Maior formación do profesorado no uso das TIC.

-          Promover o uso da aula de informática de xeito máis frecuente e a introducción de novos recursos dixitais no quefacer diario do proceso de ensino-aprendizaxe.

-          Supervisar e valorar o desenvolvemento do Plan Dixital no vindeiro curso académico.

-          Actitude favorable do profesorado ante as TIC, a través dunha aplicación fácil, útil e eficiente.

-          Xestionar  a organización de espazos e recursos para favorecer o uso das tecnoloxías no centro nas condicións máis adecuadas.

-          Asegurar a inclusión dixital de todo o alumnado e profesorado.

-          Dar a coñecer ao centro as actividades relacionadas coas TIC.

-          Establecer un recuncho do ordenador nas diferentes aulas para posibilitar o uso das tecnoloxías cando sexa preciso, introducindo as mesmas de xeito globalizado no proceso de ensino-aprendizaxe.

-          Mellora da conexión a internet nas aulas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A comunicación e difusión do Plan Dixital, levarase a cabo, a través da páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsilleda/taxonomy/term/198