Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
- Reunións mensuais ca cordinadora do equipo Adix de Lalín.
- Reunións mensuais co equipo Tics
OBXECTIVO 1:Intensificar a utilización das TIC e o emprego da aula de informática en momentos específicos para cada clase e cun número concreto de horas ao longo dos diferentes trimestres. (C14)
ACCIÓNS A DESENVOLVER
- Creación dun horario semanal onde cada mestre/a poida apuntar unha hora específica para levar ao seu alumnado á aula de informática (F)
- Obradoiro de recursos/xogos aloxados na aula virtual para traballar o alumnado cando vaia á aula de informática (F)
- Recollida de fichas/materiais onde se evidencia o tratamento de recursos/xogos realizados na aula de informática (EP)
OBXECTIVO 2: Realizar un curso de formación sobre a avaliación dixital na aula virtual. (G1
ACCIÓNS A DESENVOLVER
- Realizar a avaliación de algunhas actividades a través de recursos dixitais. (F)
- Reunións do equipo docente para compartir e adaptar actividades de avaliación (EP)
- Recollida de fichas/materiais onde se avalía ao alumnado(EP)
OBXECTIVO 3: Investigar diferentes bancos de recursos dixitais para todo o alumnado así como recursos específicos para o alumnado con NEE/NEAE que permitan mellorar o proceso de ensino aprendizaxe. (F6 y F1)
ACCIÓNS A DESENVOLVER
- Curso de formación sobre recursos específicos para NEE/NEAE onde participa un mínimo dun 25 porcento do claustro.(F)
- Creación dun repositorio entre todo o profesorado para acceder aos recursos(F)
- Reunión do departamento de orientación e resto de profesorado para compartir os recursos(F)
OBXECTIVO 4: Realizar cursos de formación destinados ao alumnado e profesorado para fomentar o uso responsable das TIC e para coñecer novos recursos dixitais para poñer en práctica (B1, B3, H1)
ACCIÓNS A DESENVOLVER
- Charla/curso para o alumnado sobre o uso responsable das TIC onde participa un 50% do alumnado de primaria(F)
- Curso de formación para profesorado/alumnado para coñecer novos recursos TIC(EP)
- Recollida de fichas/materiais onde se apliquen os contidos aprendidos nos cursos/charlas de formación(EP)
OBXECTIVO 5: Adquirir o hábito de planificar o currículo integrando o uso das TIC , propoñendo actividades formativas e facilitando recursos en liña ao alumnado tales coma o uso dos editores de texto, correo electrónico, navegación en internet, resolución de actividades na aula virtual permitindo que o alumnado cree recursos e desenvolva destrezas TIC. (H1,H5,H7)
ACCIÓNS A DESENVOLVER
- Creación de actividades dixitais relacionadas coas diferentes materias do currículo.(EP)
- Utilización de editores de texto ou outros programas específicos segundo a idade do alumnado(EP)
- Recollida de fichas/actividades/traballos de forma dixital por parte do alumnado(EP)
OBXECTIVO 6: Participar no proxecto interdisciplinar “polos creativos” que fomentan a utilización das novas tecnoloxías actuais e o emprego do ordenador como medio de investigación, para ampliar coñecementos e elaborar pequenos proxectos a nivel individual / colectivo, como medio de creación, integración, cooperación e expresión das ideas de cada un. (F3,F4,F5)
ACCIÓNS A DESENVOLVER
- Creación da aula para levar a cabo o proxecto “polos creativos” cunha implicación do 50% do Claustro.(N)
Avaliación
Para a avaliación do plan dixital levaremos a cabo dous tipos de avaliación: a avaliación procesual e a avaliación final.
A avaliación procesual será realizada polo equipo de dinamización das TIC nas súas reunións mensuais, nas cales se irá facendo o seguimento do plan dixital, analizando o cumplimento dos obxectivos especificados no apartado 3.1 e cumplimentando a valoración de acción e o seu estado. Ademais incluiranse nas diferentes actas do equipo de dinamización as propostas de mellora para buscar o cumplimento do plan dixital de centro da forma máis satisfactoria posible.
Comunicación e difusión
A difusión do plan dixital realizarase de diversas formas, en primeiro lugar, será citado nun dos puntos do claustro final do curso 2021/22, para que todos teñan constancia do mesmo así como no claustro de inicio de curso 2022/23 para o profesorado que se incorpore novo no centro.
Ademais comentarase no último consello escolar para que os pais/nais e persoal non docente teñan coñecemento do mesmo e poidan informar ao resto das familias en que consiste e os lugares onde poderán ver as novidades no mesmo.
Estas novidades terán lugar na páxina web de centro, onde se creará un apartado específico co nome “ plan dixital” para que toda a Comunidade Educativa poida revísalo cando así o desexen.
Tamén poderemos crear un curso na propia aula virtual do centro onde quede rexistrada a información do plan dixital para compartir entre o profesorado do centro e poderase consultar na secretaria do Centro onde estará unha copia do mesmo.
Para calquera tipo de novidades relacionados ao longo do curso continuaremos empregando as aplicación corporativas que seguen a continuación:
- Espazo abalar
- Abalar mobil
- Correo corporativo da xunta
-Notificación/ circular do centro