Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Breve xustificación do mesmo

 

 - Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

2. Proceso de elaboración

A elaboración do Plan Dixital iniciouse coa configuración dun equipo específico con tres mestres/as que seguiron as liñas marcadas pola Liña 1 do PFPP relativo a Plan Dixital e asesoría Adix Vilagarcía 2.

O equipo está composto por:

        - María Dolores Dios Rodiño

       -  Brenda Meis Diz

       -  M.ª Hortensia Pérez Machado

 

A liña de traballo constou de tres momentos:

- A recollida de información aplicando as ferramentas SELFIE e test CDD para obtención de información seguindo as directrices do marco común de estratexia dixital Digcomporg.

- A reflexión de necesidades, fortalezas, ameazas e oportunidades, DAFO, empregando a información recollida previamente.

- Elaboración dun plan de acción que será recollida na redacción final do Plan Dixital, de aplicación para o vindeiro curso.

3.Contextualización do plan dixital no centro e contribución ao proxecto educativo.

A finalidade da nosa Escola é que o alumnado aprenda e se forme  como individuo da sociedade na que vive, levando a cabo una pequena analise hai algúns anos que a experiencia do uso das TIC puxo de manifesto as seguintes situacións: 


1. A "alfabetización dixital" é útil e necesaria.
2. Os programas que utilizaban os/as alumnos/as estaban baseados na filosofía do reforzo. Non posibilitan que sexan creativos/as porque só permiten elixir unha opción entre varias nin tampouco asegura transferencia de habilidades a situacións novas e reais.
3. O uso da tecnoloxía non era garantía de motivación para o/a alumno/a.
4. Introduciuse o ordenador como fonte de coñecemento da mesma forma que antes o era un libro ou un profesor. Internet e multimedia usouse máis para ensinar que para aprender.

5. Os programas utilizábanse para que os/as alumnos/as realicen tarefas complementarias que consoliden aprendizaxes de coñecementos. Noutras ocasións foron ferramentas para potenciar a produtividade: procesador de textos, programas gráficos, etc.

 

 

Con intención de contribuír a superar as situacións citadas anteriormente, no CEIP Magaláns-Dorrón decidimos desenrolar en Educación Primaria  un programa  cos seguintes obxectivos:


1. Fomentar a imaxinación, indagación e procura máis alá da simple reprodución.

2. Promover unha aprendizaxe activa.
3. Favorecer o pensamento crítico: descubrir, analizar, anticipar, diferenciar, clasificar, comparar, relacionar, distinguir, sintetizar,... É dicir: pensar e tomar decisións.
4. Favorecer a construción de coñecemento dentro do contexto curricular. Trataríase de converter a información en coñecemento. 
5. Adquirir unha adecuada formación en valores relacionados co uso da tecnoloxía.
6. Priorizar a vertente cooperativa da aprendizaxe.
7. Favorecer o desenvolvemento das habilidades instrumentais que permitan representar de forma oral e escrita os contidos de aprendizaxe.
8. Utilizar modelos de ensino/aprendizaxe variados: resolución de problemas, proxectos, estudo de casos, etc. 

 

O plan Dixital do centro sen dúbida vai influír en diferentes aspectos na programación xeral do vindeiro curso, xa que nel van reflectidos distintos compromisos de formación e de actuacións que terán que ter a súa cabida na PXA, en tanto serán eixos primordiais das actividades de formación do vindeiro curso académico.

Por outra banda cada ciclo terá que determinar, tal e como se verá nos obxectivos deste plan Dixital, os contidos a traballar co alumnado para a realización do itinerario de formación básica en contornas dixitais. Estes contidos serán integrados nas programacións de aula e se fará referencia a eles na propia PXA como obxectivos de ciclo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. SELFIE
    A través da web oficial da Unión Europea, empregouse a esta aplicación de diagnose de persoal docente e alumnado. A través do rexistro nesta páxina, ademais das cuestións predeterminadas, incluíronse preguntas xerais e concretas para o centro.

2. TEST CDD
    A través da aplicación FProfe desenvolveuse entre a comunidade docente unha enquisa do nivel de competencia dixital do profesorado.

3. OUTRAS FONTES
   Análise cuantitativo e cualitativo do centro, matríz dos tres porqués e CANVA co equipo TICs e Claustro de profesorado.
 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouco uso das tecnoloxías dixitais con fins pedagóxicos fóra do centro. Alumnado Si
Debilidade Escasa competencia dixital. Familias Non
Debilidade Faltan dispositivos para que o alumnado traballe ao longo da xornada escolar Infraestruturas Non
Debilidade Non existe biblioteca de recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Pouco uso das tecnoloxías dixitais na avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado altamente motivado para o uso das TICs. Alumnado Non
Fortaleza O centro utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación coas familias. Familias Si
Fortaleza Reparto equitativo do uso dos recursos existentes no centro. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado elabora recursos dixitais para ensinanza-aprendizaxe. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Implantación de plans con poucos medios/recursos. Administración educativa Non
Ameaza Problemas de conectividade. Contorna Si
Ameaza Excesivos cambios lexislativos. Lexislación Non
Oportunidade Formación continuada do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración para dotar de equipos ao centro. ANPA Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise dos datos obtidos mediante SELFIE, Test CDD e contribución do equipo TICs e Claustro de centro plásmase na matriz DAFO que aquí aparece onde resaltan unha serie de consideracións que deberán ser tidas en conta á hora de deseñar os obxectivos e liñas de acción. 

Debemos traballar para:

- Conseguir dispositivos para que o alumnado traballe ao longo da xornada escolar.

- Que o profesorado use as tecnoloxías dixitais na avaliación.

- Conseguir un aumento no  uso das tecnoloxías dixitais con fins pedagóxicos fóra do centro.

- Mellorar a  competencia dixital.de profesorado e alumnado.

- Crear biblioteca de recursos dixitais.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear unha biblioteca con recursos dixitais.
O02PD Elaborar RECURSOS DIXITAIS
O03PD Optimizar os equipos do centro.

Seguimento

Procedemento

  - O equipo de Plan Dixital realizará alo menos unha xuntanza trimestral para seguimento e avaliación das liñas de acción e avaliación das liñas de traballo.

 - O mentor Adix do centro supervisará dúas veces ao trimestre a evolución do Plan Dixital para o seu seguimento e adaptación.

- A persoa coordinadora do Plan Dixital realizará o seguimento do Plan Dixital empregando a ferramenta Educalidade para a súa avaliación e seguimento baixo a supervisión da persoa   Directora do centro.

1º Trimestre

Cumprironse os obxectivos programados

2º Trimestre

Cumprironse os obxectivos programados

3º Trimestre

Cumprironse os obxectivod

Recepción dos paneis

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual
Trimestralmente nunha reunión do equipo que conforme o Plan Dixital realizarase
unha valoración das accións levadas a cabo dentro do plan de acción a fin de
reaxustalas e reorganizar a planificación e liña de traballo a seguir facendo a avaliación
dentro das propias táboas.
¿ Avaliación final
Será recollida nas memorias finais, onde se deseñarán novas liñas e obxectivos de
traballo reaxustando e valorando o logro acadado no plan de acción. Estas propostas de
mellora serán o punto de partida do plan de acción do vindeiro curso.

Valoración xeral

Positiva

Proposta de mellora

Reelaborar DAFO e Obxectivos

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será aprobado en Consello Escolar, pasará a formar parte da
documentación de centro. Estará publicitado dentro da páxina web do centro no
apartado de documentación para consulta de toda a comunidade educativa.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagalansdorron/?q=system/files/36008829_CEIP%20MAGAL%C3%81NS-DORR%C3%93N_PlanDixital_V1.0_25062022.pdf