Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

Articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do Plan Dixital no centro. 

O CEIP de PORTONOVO atópase no lugar de Portonovo, localidade de Sta. Mª de Adina, concello de Sanxenxo. Linda ó Norte e ó Leste co parque Espiñeiro, ó Sur coa rúa Espiñeiro e ó Oeste coa rúa Areal. Atópase preto da zona chamada a “Boca do Río” e fronte da praza de Abastos.

Portonovo, vila do Concello de Sanxenxo, conta cunha poboación de 4.496 habitantes distribuída nun núcleo urbano, o máis poboado do concello, e nos lugares de Baltar, Barrosa, Ríal, Adina, Xesteiriña, Fabal, Vichona, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Catadoiro e Arra.

O centro educativo é de liña 2 contando cun total de 250 alumnos/as. O centro conta con todos os recursos persoais necesarios para o normal desenvolvemento da actividade docente.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

A través do presente Plan dixital, preténdese que todo o centro se beneficie do bo uso e manexo das Novas Tecnoloxías, e que serva para un mellor desempeño do proceso de Ensino-Aprendizaxe; e, a súa vez, se obteñan produtos finais elaborados pol@s nen@s e mestr@s como produtos finais dos proxectos de centro levados a cabo cada ano (este ano será un PDI sobre os elementos reclacionado co proxecto de centro "Patio será").

Proceso de elaboración

 Descrición da organización e do proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

  • 1.- Partimos do DAFO e SELFIE realizado hai dous cursos, polo que seguen sendo as mesmas áreas a mellorar, tendo en conta os obxectivos acadados o ano pasado.

  • 2.- Volcado no aplicativo de Educalidade, os datos do PD do curso 22-23 para facer revisión e modificación dos datos que sexan susceptibles de cambio / modificación.

  • 3.- Deseño, por parte do grupo de traballo do Plan Dixital, de obxectivos e propostas de mellora tendo en conta os puntos de partida de Deficiencias e Ameazas obtidas no DAFO e posible resultados finais a curto e longo prazo, así como os obxectivos acadados no curso 22-23; e que posteriormente serán incluídos nun dos puntos do presente documento, nas Táboas de obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non teñen medo as NNTT (risco): protección de datos, seguridade, pegada dixital. Alumnado Si
Debilidade Sensibilización das familias sobre o traballo e acceso ao dixital e a pegada dixital. - Fenda dixital e necesidade dalgunhas familias. - Medo das familias a un cambio radical e excesiva dependencia das TD. Familias Si
Debilidade - Moitos dos equipos están obsoletos. - Equipamentos escasos e caros. - Mal servizo de reparación / reposición. - Sobrecarga da rede e excesiva dependencia da mesma. Infraestruturas Si
Debilidade Necesidade de formación do claustro no uso e implementación das NT. Oferta Si
Debilidade Sobrecarga do Coordinador TIC na xestións dos equipos / reparacións e pouco horario para dar resposta axeitada a tódalas incidencias. - Falta de perosal cualificado e excesiva dependencia do traballo dixital centralizado en unha persoa especialista na temática. Organización de centro Si
Debilidade Faltan mestres específicos e tempo para levar o espazo e o material TIC. - Falta de tempo no horario persoal. Persoal docente Non
Fortaleza - Implicación e motivación do alumnado durante o traballo dixital. - Motivación do alumnado e disposto a empregar as NT no quefacer diario. Alumnado Si
Fortaleza Colaboración das familias nas tarefas educativas. Familias Non
Fortaleza Recursos do centro e conectividade á rede. Infraestruturas Non
Fortaleza - Metodoloxías activas e innovadoras, que se poderían derivar cun maior dominio das NT. Oferta Si
Fortaleza Oferta educativa, recursos e tecnoloxía a disposición do alumnado e familias, colaboración entre escola, familias e alumnado. - Cesión de equipos dende a escola paliar a fenda dixital dalgunhas familias. Organización de centro Non
Fortaleza Vontade do profesorado por empregar as Tics no proceso de aprendizaxe. Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesivo tempo de resposta ante fallos ou problemas nos equipamentos dixitais por parte dos servizos técnicos. Administración educativa Si
Ameaza Medo ao dixital, protección de datos, seguridade, pegada dixital... - Fenda dixital que imposibilita o acceso ao dixital para determinadas familias. Contorna Si
Ameaza Papeleo excesivo, que fai que cada actividade precise dun documento a entregar e sexa visto como unha carga polo profesorado, restando motivación pola inclusión das TIC na educación. - Excesivos trámites burocráticos. Lexislación Non
Ameaza Dificultades dalgunhas familias pola fenda tecnolóxica. - Necesidade de equipos e conectividade aptos para á demanda de tanto equipamento, sen cortes e velocidade de conexión axeitadas. Outras Non
Oportunidade - Establecer un sistema de reposición de material TIC operativo e real, que non faga que as propostas de traballo se vexan alteradas por falta de equipamento. - Dotar ao profesorado de sesións no horario a aqueles que si contribúan na mellora das tics e na creación de actividades para o centro. Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidade de integrar a contorna á vida do centro a través de traballos interdisciplinares usando as TD. Contorna Non
Oportunidade Propoñer á administración melloras para o centro e outros centros con propostas educativas e de organización interna - Aproveitar a nova lexislación para mellorar a dotación e o equipamento do centro. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de colaborar con outros centros e organizacións. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise dos factores internos e externos tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2023-2024.

  • Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet.
  • Inventariar e optimizar os dispositivos dixitais do centro, e implementalo na aplicación INVENTARIO.
  • Implementar os contornas virtuais de aprendizaxe (3º curso de Edixgal).
  • Participación en Polos Creativos
  • Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar á comunidade educativa no uso responsable da tecnoloxía e as redes sociais.
O02PD Inventariar e optimizar os dispositivos dixitais do centro
O03PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
O04PD Crear produtos finais co uso da tecnoloxía e coa participación do alumnado no proceso.

Seguimento

Procedemento

O procedemento a seguir para comprobar o estado do Plan Dixital e a súa implementación foi o seguinte:

  • Xuntanzas e coordinación.
  • Visitas, reunións, comunicacións (telefónicas, BBB, webex, correo electrónico...) co mentor ADIX asignado ao noso centro educativo
  • Volcado dos datos e recollida do seguimento e avaliación na ferramenta de Educalidade.
1º Trimestre

As accións que estaban previstas para acadar neste trimestre son as seguintes:

AO 1.1: Constituir un equipo de traballo. ACADADO

 

AO 2.1: Constituír un equipo de traballo. ACADADO

O resto das accións estanse a acadar parcialmente.

 
 
 
 
 
 
 
 
2º Trimestre

As accións levadas a cabo neste trimestre teñen unha consecución parcial, dado que a data de adquisición final é (na maioría dos casos) o 30/06/24

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3º Trimestre

AO 1.2: Participar no programa Plan Director e Navega con Rumbo para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros Educativos. Acadado 

AO 1.3: Participar en actividades, charlas, formación... encamiñadas a coñecer os perigos da navegación e saúde tecnolóxica para profesorado e familias. Levada a cabo no IES de Baltar. Acadado

AO 1.4: Facilitar información ao claustro sobre os dereitos de autor e a propiedade intelectual dos recursos empregados na súa tarefa docente

 
AO 2.2: Realizar un inventario de tódolos dispositivos dixitais do centro e posibles melloras dos mesmos, introducíndoos na aplicación INVENTARIO. Parcialmente.
AO 2.3: Solicitar e instalar discos duros sólidos e a ampliación da memoria RAM dos equipos máis obsoletos así como da Maqueta Abalar. Parcialmente
AO 3.1: Participar nun itinerario formativo na mellora da competencia dixital docente. Acadado
AO 4.1: Creación de produtos finais empregando as TIC para a elaboración final do Proxecto de Centro. Acadado
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  •  No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. 

Cada unha das accións propostas neste plan serán avaliadas como mínimo unha vez ao trimestre. Con este fin, establécense uns indicadores específicos que axudarán a valorar a idoneidade das medidas adoptadas e a establecer os reaxustes necesarios.

  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Ao final de curso, de acordo cos datos do proceso de seguimento e avaliación, levarase a cabo unha avaliación final para comprobar o logro dos obxectivos e, de ser o caso, establecer propostas de mellora.  

 

 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

O Plan Dixital do presente curso, foi acadado nun 75%, polo que a valoración foi positiva, como se pode extrapolar do seguimento feito das accións dos Obxectivos.

Algún destes obxectivos tampouco se

Cabe reseñar que dado que o coordinador non tiña prevista ningunha hora de coordinación para facer seguimento  das accións previstas nos obxectivos, foi un pouco complicado poñerse de acordo co resto do equipo TIC, Plan Dixital, Edixgal e Polos Creativos, sendo esta na maioría dos casos de xeito informal.

Polo demais, houbo obxectivos que non se puideron acadar por reordenación de espazos que afectaban ao mesmo, polo que están parcialmente acadados.

 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

Como propostas de mellora, de cara ao vindeiro PD, proporase continuar na formación da Competencia dixital do Profesorado, e continuar cos obxectivos parcialmente acadados neste curso. 

Tamén haberá un obxectivo relacionado coa nova reestructuración do espazo da Aula de informática - Laboratorio; que será reformada este verán para instalar un ascensor, e que logo da obra, pasará a ser un novo espazo STEM, onde se ubicará todo o material STEM e de Polos Creativos que nos dote a Consellería.

 

 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Comunicación e difusión

 A estratexia para a difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa e tendo en conta o Plan de Comunicación do Centro, baséase nas canles oficiais establecidas pola Xunta de Galicia, como o a páxina web da escola e o Abalar móbil. Ademais de medios non oficiais e RRSS, etc.

Plan Dixital