O seguimento do presente plan dixital farase a través de reunións trimestrais do equipo TIC xunto co equipo directivo para valorar o bo funcionamento do plan.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase da seguinte forma:
• No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Dependendo do tipo de obxectivo que se queira avaliar, valorarase a posibilidade de aumentar a frecuencia. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
• No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Sera unha avaliación na que participarán todos os implicados na consecución dos obxectivos propostos.
Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Comunicación e difusión
O presente plan dixital se comunicará á comunidade educativa mediante a publicación na páxina web do centro.