Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre, mediante reunión do grupo de traballo ou o seu coordinador co responsable do obxectivo. Nestas reunións valoraranse o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de
mellora.
- No contexto da avaliación final a súa realización será con posterioridade a data prevista de finalización das accións a desenvolver e revisarase como mínimo unha vez ao ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Realizouse a distribución dos docentes que forman parte do equipo do P.D., nos tres obxectivos quedando da seguinte maneira:
O01PD Aumentar as ferramentas de comunicación externa do centro;
- Alejandro Tejeda García.
- María José Zafra González.
- María José Fraga Surribas.
- Emilio Fernández Lema.
O02PD Aumentar as ferramentas de comunicación internas do centro;
- Alejandro Tejeda García.
- Eva Fernández Rodríguez
- Mónica Pousa Cebreiros
O03PD Aumentar as ferrementas de competencia dixital docente;
- Andrés Pose Pérez
- Marcos Guinarte Calvo
Ademais da distribución dos equipos, especificáronse os traballos a realizar en cada acción dos obxectivos
O01PD Aumentar as ferramentas de comunicación externa do centro;
Realizar protocolo de boas prácticas nas redes sociais e na Web do centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García) elaborará un protocolo/guía, no cal figuren o procedemento para a publicación de información nas redes socias, como autorizacións necesarias, temática, ademais dos formatos e a capacidade dos arquivos a publicar en cada unha das redes socias (páxina web, facebook e instagram)..
Posta en marcha das lapelas de comunicación externa da nova web dos centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García), o Xefe do Departamento de Calidade e Innovación (Andrés Pose Pérez) e o vicedirector (Marcos Guinarte Calvo), reuniranse coa empresa responsable do deseño da nova páxina Web, para confirmar a estrutura da nova páxina e configuración das lapelas de comunicación externa que teñen que estar operativas.
A xefa do Departamento de Acreditación e Probas (María José Zafra González), seleccionará a información que debe figurar na lapela do procedemento ARA.
O responsable da Dinamización da relación empresas (Emilio Fernández Lema), seleccionará a información que debe figurar na lapela de comunicación coas empresas.
A Docente de FOL e EIE, (María José Fraga Surribas), proporcionará información para configuración e posta en marcha da bolsa de emprego, mais automatizada.
O02PD Aumentar as ferramentas de comunicación internas do centro;
Posta en marcha das lapelas de comunicación interna da nova web do centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García), o Xefe do Departamento de Calidade e Innovación (Andrés Pose Pérez) e o vicedirector (Marcos Guinarte Calvo), reuniranse coa empresa responsable do deseño da nova páxina Web, para confirmar a estrutura da nova páxina e configuración das lapelas de comunicación interna que teñen que estar operativas.
Presentación dos ciclos de distancia.
As Docentes do ciclo a distancia (Eva Fernández Rodríguez e Mónica Pousa Cebreiros), elaborarán un protocolo/guía, co procedemento e información necesaria para realizar a xornada de acollemento do alumnado de distancia, dado que gran parte deste alumnado non acude de maneira presencial.
O03PD Aumentar as ferrementas de competencia dixital docente;
Realizar a estruturación da área de profesorado del aula virtual.
O Xefe do Departamento de Calidade e Innovación (Andrés Pose Pérez) e o vicedirector (Marcos Guinarte Calvo), propondrán unha reestructuración dos contidos comúns para todo o equipo docente da Aula Virtual, para que sexa mais operativa. Ademais se revisará que todos os documentos elaborados no P.D. do ano 2022/2023, estén accesibles para todo o equipo docente na Aula Virtual.
Elaborar instrucción de traballo, sobre a estructura nos módulos, para unificar as configuracións.
O Xefe do Departamento de Calidade e Innovación (Andrés Pose Pérez) e o vicedirector (Marcos Guinarte Calvo), propoñerán unha estruturación común, dos módulos na aula virtual, para que presenten unha homoxeneidade, facilitando a pesquisa de información polo alumnado.
Neste trimestre realizaronse os traballos distribuidos no trimestre anterior.
O01PD Aumentar as ferramentas de comunicación externa do centro;
Realizar protocolo de boas prácticas nas redes sociais e na Web do centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García) xa elaborou un protocolo/guía, no cal figuren o procedemento para a publicación de información nas redes socias, como autorizacións necesarias, temática, ademais dos formatos e a capacidade dos arquivos a publicar en cada unha das redes socias (páxina web, facebook e instagram)..
Posta en marcha das lapelas de comunicación externa da nova web dos centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García), xunto coa empresa responsable do deseño da nova páxina Web, confirmou a estrutura da nova páxina e configuración das lapelas de comunicación externa que teñen que estar operativas. A nova configuración xa está terminada, faltando colgar a información nas lapelas correspondentes.
A xefa do Departamento de Acreditación e Probas (María José Zafra González), seleccionou a información que debe figurar na lapela do procedemento ARA. Falta incorporala a nova web.
O responsable da Dinamización da relación empresas (Emilio Fernández Lema), seleccionou a información que debe figurar na lapela de comunicación coas empresas. Falta incorporala a nova web.
A Docente de FOL e EIE, (María José Fraga Surribas), proporcionou información para configuración e posta en marcha da bolsa de emprego, mais automatizada. Falta diseñar follas de solicitudes de empresas e alumnado, ademais de que a empresa informática, cree a aplicación ideada para a bolsa de emprego.
O02PD Aumentar as ferramentas de comunicación internas do centro;
Posta en marcha das lapelas de comunicación interna da nova web do centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García), xunto coa empresa responsable do deseño da nova páxina Web, confirmou a estrutura da nova páxina e configuración das lapelas de comunicación interna que teñen que estar operativas. A nova configuración xa está terminada, faltando colgar a información nas lapelas correspondentes.
Presentación dos ciclos de distancia.
As Docentes do ciclo a distancia (Eva Fernández Rodríguez e Mónica Pousa Cebreiros), comezaron a elaboración dun protocolo/guía, co procedemento e información necesaria para realizar a xornada de acollemento do alumnado de distancia, dado que gran parte deste alumnado non acude de maneira presencial. Acción ainda en proceso, ademais intentarase elaborar un video-tutorial.
O03PD Aumentar as ferrementas de competencia dixital docente;
Realizar a estruturación da área de profesorado del aula virtual.
O Xefe do Departamento de Calidade e Innovación (Andrés Pose Pérez) e o vicedirector (Marcos Guinarte Calvo), propondrán unha reestructuración dos contidos comúns para todo o equipo docente da Aula Virtual, para que sexa mais operativa. Ademais se revisará que todos os documentos elaborados no P.D. do ano 2022/2023, estén accesibles para todo o equipo docente na Aula Virtual. En proceso ainda sen rematar
Elaborar instrucción de traballo, sobre a estructura nos módulos, para unificar as configuracións.
O Xefe do Departamento de Calidade e Innovación (Andrés Pose Pérez) e o vicedirector (Marcos Guinarte Calvo), propoñerán unha estruturación común, dos módulos na aula virtual, para que presenten unha homoxeneidade, facilitando a pesquisa de información polo alumnado. En proceso ainda sen rematar
Neste trimestre realizaronse os traballos distribuidos no trimestre anterior.
O01PD Aumentar as ferramentas de comunicación externa do centro;
Realizar protocolo de boas prácticas nas redes sociais e na Web do centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García) xa elaborou un protocolo/guía, no cal figuren o procedemento para a publicación de información nas redes socias, como autorizacións necesarias, temática, ademais dos formatos e a capacidade dos arquivos a publicar en cada unha das redes socias (páxina web, facebook e instagram). este procedemento foi comunicado o claustro.
Posta en marcha das lapelas de comunicación externa da nova web dos centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García), xunto coa empresa responsable do deseño da nova páxina Web, configuraron a estrutura da nova páxina e as lapelas de comunicación externa que teñen que estar operativas. A nova configuración xa está terminada, faltando colgar a información nas lapelas correspondentes. Estas lapelas ou módulos son:
- Procedemento ARA, xa está colgada a información da conselleria sobre avaliación, recoñecemento e acreditación. Falta con colgar unha guía ou procedemento para realizar a solicitude do procedemento de acreditación de competencias, a cal estará accesible antes do comezo do curso que ven.
- Informaión para empresa, xa está diseñada a estructura na nova páxina Web. Colgarase a información aportada polo dinamizador de relación con empresas do centro, antes do comezo do curso que ven.
- Con respecto a lapela ou módulo da bolsa de emprego, na nova páxina Web xa están configurados os formularios que terán que completar, tanto o alumnado coma as empresas para darse de alta, o que permitirá unha xestión mais automática. Esta lapela xunto coas internas activaranse e se realizaran probas de maneira gradual, tentando que estea operativa antes do comezo do curso que ven ou rematar a súa funcionamento durante o curso 2024-2025
O02PD Aumentar as ferramentas de comunicación internas do centro;
Posta en marcha das lapelas de comunicación interna da nova web do centro.
O responsable das TIC (Alejandro Tejeda García), xunto coa empresa responsable do deseño da nova páxina Web, xa crearon as lapelas ou módulos de comunicación interna. Estás lapelas estarán accecibles únicamente no apartado privado do profesorado e activarase e se realizaran probas secuencialmente, tentando que estean operativas antes do comezo do curso que ven ou rematar a súa posta en funcionamento durante o curso 2024-2025
Estas lapelas ou módulos son os seguintes;
- Ausencia / faltas.
- Permisos e licencias.
- Dietas.
- Reuniones docentes.
- Axenda de espazos.
- Xestión de solicitudes de queixas e suxeriencias.
- Bolsa de emprego.
- Incidencias do centro.
- Actividades complementarias a formación - ACF.
- Solicitude de cambio de horas do profesorado.
Presentación dos ciclos de distancia.
As Docentes do ciclo a distancia (Eva Fernández Rodríguez e Mónica Pousa Cebreiros), realizaron unha guía para o alumnado de distancia, na que figuran instruccións para acceder a plataforma de distancia e información relevante para o inicio de curso.
Este documento será colgado e publicado no inicio de curso ao acceso do alumnado de distancia.
O03PD Aumentar as ferrementas de competencia dixital docente;
Realizar a estruturación da área de profesorado del aula virtual.
O Xefe do Departamento de Calidade e Innovación (Andrés Pose Pérez), o vicedirector (Marcos Guinarte Calvo) e responsable das TIC (Alejandro Tejeda García), modificaron a estructura da área de profesorado na aula virtual do centro. Crearonse tres cursos que se subdividiran en mais seccións;
1º Órganos de coordinación; onde se creou un curso para cada área, cada departamento docente e non docente e para cada coordinación, onde se poderán colgar documentos e información ao que terá acceso o claustro.
2º Recursos de formación; no que se colgarán ferramentas didácticas, guías, instruccións, etc. de diferentes temáticas, creadas polo propio centro e serviran de axuda ao profesorado .
3º Zona de práctica: No que se crearán cursos para realizar supostos prácticos e programas dr formación interna.
Elaborar instrucción de traballo, sobre a estructura nos módulos, para unificar as configuracións.
O responsable das TICs (Alejandro Tejeda García), realizou unha guía ou modelo, para a configuración dunha aula virtual dun módulo, cunha estructura xenérica. Nela figurará de maneira ordenada as activifdades e recursos mais empregados. Esta guía se colgará na área de profesorado da aula virtual .
Avaliación
O01PD Aumentar as ferramentas de comunicación externa do centro.
Indicador, Nº de novas ferramentas creadas de comunicación externa. O obxectivo eran 3 ferramentas o cal se logrou,creandose;
1. O procedemento para a publicación de información nas redes socias.
2. A guía ou procedemento para realizar a solicitude do procedemento de acreditación de competencias. Na lapela de ARA da nova páxina web.
3. A lapela ou módulo de bolsa de emprego.
O02PDAumentar as ferramentas de comunicación internas.
Indicador, Nº de novas ferramentas creadas de comunicación interna. O obxectivo eran 2 ferramentas o cal se logrou,creandose;
1. A guía para o alumnado de distancia, na que figuran instruccións para acceder a plataforma de distancia e información relevante para o inicio de curso.
2. As lapelas ou módulos de comunicación interna da nova páxina web.Son 10 lapelas que se irán provando por orde de prioridade.
O03PD Aumentar as ferrementas de competencia dixital docente;
Indicador, Nº de novas ferramentas creadas para a competencia dixital docente. O obxectivo eran 2 ferramentas o cal se logrou,creandose;
1. Área de profesorado na aula virtual con nova estructuración.
2. Un modelo, para a configuración dunha aula virtual dun módulo, cunha estructura xenérica.
Continuar coas liñas de traballo, facendo mais operativa a nova web, sobre todo nas lapelas de comunicación interna, para dixitalizar os trámites do persoal do centro.
Realizar enquisas ao persoal do centro, para ver a posibilidade de abrir novas liñas de traballo.