Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación:

  • Normativa a aplicar en relación co Plan Dixital do centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contextualización:

  • A procedencia do alumnado do Centro é variada aínda que todos eles da bisbarra do Condado. Pertencen tanto a un medio urbán como a un medio rural disperso. O acceso a internet no rural é máis deficiente polas zonas de sombra.

  • O nivel, socio-económico das familias é medio e bastante heteroxéneo, contando con alumnado pertencente a familias do sector servizos e tamén alumnado procedentes de familias inmigrantes, uns hispanofalantes e outros non cun nivel económico, moitos deles, bastante baixo. Resaltar o cada vez máis crecente número de familias procedentes desde a concellaría de Servizos Sociais recomendando o noso centro pola atención prestada ao alumnado con necesidades de atención educativa.

  • A utilización dos elementos tecnolóxicos en si, non ten sentido algún se non vai acompañado dun relevante contido educativo. Tentamos que o Plan Dixital non sexa un proxecto illado senón que constitúa a base para futuros proxectos en constante adaptación á sociedade na que nos tocou traballar. Proxecto que aporta e aportará un novo xeito de traballar acorde coa actual sociedade eminentemente tecnolóxica e coa nova lexislación educativa. A educación non pode quedar ao marxe desta nova situación e o alumnado que formamos para o futuro debe estar preparado para acceder nas mellores condicións ao mundo laboral e a unha posterior formación superior. Este proxecto será a referencia base para todos os novos que se implanten no centro.

  • A comunicación entre profesorado e alumnado, para realización de traballos principalmente, faise de xeito sistemático usando os blogs, os sites, Classroom e os correos electrónicos.

  • En canto á contribución do PD ao PCC, os medios son necesarios e/ou case imprescindibles, pero non suficientes para que os plans de traballo teñan éxito. Unha das finalidades da Administración Educativa é precisamente ofrecer aos centros os recursos materiais, funcionais e a formación precisa para a incorporación e consolidación das NNTT de maneira integrada no currículo. 

    Marcamos como obxectivos da integración curricular:
  • Impulsar liñas de traballo que orienten ao profesorado na incorporación das TIC no traballo escolar e nas súas diversas posibilidades didácticas.

  • Incidir na preparación de materiais para a súa utilización co alumnado e na reflexión sobre os cambios metodolóxicos e organizativos que fagan posible esta integración.

  • Facilitar a consecución de aprendizaxes significativos utilizando como recurso as NNTT e que o alumnado acade habilidades e destrezas tecnolóxicas de carácter xeral.

  • Potenciar a utilización das NNTT na educación sen ningún tipo de exclusión, promocionando o acceso a aquel alumnado en situación de desvantaxe social, xeográfica ou persoal.

  • Facilitar  ao alumnado con dificultades de aprendizaxe a utilización de contextos de aprendizaxe coas NNTT nos que atopen medios adaptados ás súas características e ritmo de aprender.

  • Achegar ao alumnado as NNTT dende un punto de vista fundamentado e responsable que lles permita enfocalas dende unha perspectiva crítica.

  • Son competencias que se centran no proceso e permiten ao alumnado usar as posibilidades das NNTT dun modo funcional que favoreza e reforce o seu propio proceso de aprendizaxe. Trátase de que as NNTT sexan un instrumento para a adquisición da competencia, o uso e a transformación dixital da nosa sociedade.

Elaboración:

  • Unha vez formado o Equipo TIC, tómase a decisión de elixir a forma de comunicación máis rápida efectiva e sinxela. Optamos de forma unánime por crear un   grupo de whatsapp común na que só se tratarían temas relacionados coa elaboración do Plna Dixital e coas ferramentas a usar nas TIC.

    Anímase a todo o  profesorado a participar no selfie e procúrase que participe tamén o maior número de alumnado.

    Unha vez obtidos os resultados de selfie (máis altos do agardado, en xeral), úsanse como base de referencia para a elaboración da DAFO e en base a esta elabórase o Plan Dixital.

    Este Plan será a base fundamental para calquera Proxecto que se leve a cabo no centro.

    No claustro de final de curso foi presentado e de seguido informado o Consello Escolar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade RETROALIMENTACIÓN AO ALUMNADO. COMENTARIO A OUTROS ALUMNOS SOBRE O SEU TRABALLO. Alumnado Non
Debilidade LIMITACIÓN NOS RECURSOS TECNOLÓXICOS PROPIOS. Familias Non
Debilidade INFRAESTRUTURAS E DISPOSITIVOS PARA A APRENDIZAXE Infraestruturas Non
Debilidade DIFICULTADE HORARIA PARA ACCEDER Á AULA COS MELLORES ELEMENTOS TECNOLÓXICOS. Organización de centro Non
Debilidade COLABORACIÓNS. PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN. Persoal docente Non
Fortaleza RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA. ACCESO A INTERNET. Alumnado Non
Fortaleza BOA COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. ACTITUDE POSITIVA RESPECTO DOS CAMBIOS METODOLÓXICOS. Familias Non
Fortaleza EMPREGO DE ENTORNOS VIRTUAIS. RECURSOS EDUCATIVOS Infraestruturas Non
Fortaleza CENTRO CON ESTRUTURA CONSOLIDADA E ESTABILIDADE NA PLANTILLA. Organización de centro Non
Fortaleza DISPOÑIBILIDADE PERSOAL PARA O USO DE NOVAS MODALIDADES DE ENSINO. PEDAGOXÍA. IMPLEMENTACIÓN NA AULA. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza FALTA DE PERSOAL PARA ATENDER ASPECTOS TÉCNICO/DIXITAIS. Administración educativa Non
Ameaza LIMITACIÓN NO COÑECEMENTO DO USO DE MEDIOS DIXITAIS Contorna Non
Ameaza COÑECEMENTO ESCASO DOS DEREITOS DE AUTOR E LICENZAS. Lexislación Non
Ameaza ESCASA DOTACIÓN DE EQUIPOS POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN. Outras Non
Oportunidade INTENTO DE MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA DIXITAL. Administración educativa Non
Oportunidade FAMILIAS INVOLUCRADAS NO PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE Contorna Non
Oportunidade IMPORTANCIA DA DIXITALIZACIÓN NA LEXISLACIÓN. Lexislación Non
Oportunidade CONTRATO DE MANTEMENTO CUNHA EMPRESA ESPECIALIZADA EXTERNA Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Crear un número determinado de recursos na Classroom do centro por parte do profesorado.
02PD Participar en actividades de formación do profesorado en ferramentas dixitais.
03PD Empregar recursos dixitais para levar a cabo a práctica docente.

Seguimento

Procedemento

Seguimento e evolución do Proceso en si.

Será realizada polo equipo TIC e as coordinadoras de etapa. Terá lugar ao remate da cada un dos trimestres. Realizarase unha análise das accións programadas e dos resultados obtidos en cadansúa acción. Redactaranse as posibles modificacións e as propostas de mellora. Fixaranse os responsables de cada acción e o cronograma asociado á mesma.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital terá unha lapela específica na páxina web do centro.
Será remitido a cada familia, por e-mail corporativo, a data e a posición do mesmo na web.
Comunicarase, polo mesmo medio, cada unha das correspondentes modificacións/actualizacións que teñan lugar.