Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital farase en relación ao grado de consecución dos obxectivos establecidos e tendo en conta diferentes contextos de avaliación, tanto procesual como final.
Seguimos sen os recursos solicitados no plan dixital. Continuamos realizando as actividades usando os recursos do Polo creativo:
-Vídeo con Croma sobre Marieta Quesada.
-Máquinas simples cos Legos.
-Programas de radio escolar.
-Formación ao profesorado en True-true.
-Uso de diferentes recursos educativos dixitais online.
Seguimos sen os recursos solicitados no plan dixital. Continuamos realizando as actividades usando os recursos do Polo creativo:
-Programas de radio escolar.
-Formación ao profesorado en E-TEXTIL e MAKEY MAKEY.
-Uso de diferentes recursos educativos dixitais online.
-Uso de paneis con true-true.
-Uso dos kits enviados para o Polo creativo.
-Uso do croma para o club de ciencias.
-Formación e-textil e Makey-Makey.
-Radio escolar.
-Paneis croma para realizar entrevistas e para as orlas de final de curso.
-Revista dixital.
-Escola de familia dixital (Bitácora do Departamento de Orientación).
-Abalarbox.
-Dotación material: Chegaron os portátiles e as pantallas. Faltan os portátiles de 11,6'' para alumnado de 3º de EP e as tablets.
Avaliación
No contexto da avaliación procesual, esta realizarase unha vez cada trimestre e teranse en conta os seguintes aspectos:
-
Estado de execución das accións (realizada/aprazada/pendente)
-
Análise e valoración dos resultados
-
De ser o caso, posibles modificacións das accións e propostas de mellora de cara o seguinte trimestre.
Por outra banda, no contexto da avaliación final, terase en conta o seguinte:
A información recollida nos diferentes instrumentos de avaliación (aproveitaremos as “Táboas do Plan de Acción do Plan Dixital de Centro para cada obxectivo”). Ademais tamén levantaremos acta en cada xuntnaza de coordinación/seguimento do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.
A frecuencia da súa realización (que será de carácter trimestral e final, esta última ao rematar o curso académico no mes de xuño)
E os seguintes aspectos a valorar:
-
Valoración do logro dos obxectivos (comprobaremos o estado de “Acadado/Non acadado” atendendo ao Indicador en cada unha das citadas Táboas).
-
Propostas de mellora (que se retomarán no seguinte curso académico para poder modificar/axustar/mellorar o noso Plan Dixital).
Estado dos obxectivos/accións:
O01PD- Proxectos interdisciplinais-TIC. Formación e-textil, True true e Makey-Makey. PFPP Metodoloxías activas. Recursos de Polos creativos. Club de ciencias (investigación científica) (Acadado)
O02PD- Programas e contornos virtuais. Proxectos de nivel e centro co material de Polos creativos. Radio, paneis croma. Revista dixital. Bitácora do DO con tips (Escola de familia dixital). Abalarbox como ferramenta para compartir recursos entre o profesorado. (Acadado)
O03PD- Solicitar equipamento, actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro e dispoñer de asistencia técnica suficiente no centro.Chegaron os portátiles e as pantallas. Faltan os portátiles de 11,6'' para 3º de EP e as tablets. (Parcialmente acadado)
Para que a dinamización funcione o equipo do Plan dixital ten que ter recoñecido tempo de dedicación, do contraio faise moi difícil poder elaborar material ou propostas que serían de utilidade para o profesrado, recaendo esta función na coordinadora que ademais de ser a Orientadora do Centro, tamén é a dinamizadora TIC, a coordinadora de Polos creativos e a responsable do Plan dixtal.
Comunicación e difusión
Unha vez feito e aprobado o Plan dixital, darase a coñecer a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro, informando ás familias a traves dun abalar e informando a todos os docentes a través do correo electrónico.