Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios é un centro de titularidade pública que conta con 6 unidades de E. Infantil e 15 de E. Primaria. Ademais, conta con aulas de Apoio, Aula de Audición e Linguaxe, Aula de Informática, Aula de Música, Aula STEM (Polo creativo) e Biblioteca.

O noso centro conta cunha ampla traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías. Fai case dez anos que se conseguiu dotar a todas as aulas de canóns de vídeo, altofalantes e sistemas de conversión a encerado dixital. Non son os mellores modelos do mercado, pero conseguiuse que todas as aulas entraran nunha dixitalización conforme foi requirindo a propia sociedade.

No curso 2006-07 creouse a primeira bitácora de centro, para no curso seguinte, comezar a empregar a web corporativa. No curso 2008-09 xa un bo número de mestres/as comenzaron a crear as súas propias bitácoras.

O centro conta con un Equipo de traballo formado nas TICs, dende fai 14 anos, que se encarga de dinamizar e promover actividades entre a comunidade educativa, realizar formación en diversos eidos e incrementar o uso das TICs no día a día.

Todo o alumnado do centro goza de formación en TICs (informática/robótica) unha vez por semana, grazas ao plan TIC que deseñamos, onde profesorado do equipo con dispoñibilidade horaria se encarga de coller pequenos grupos das diferentes aulas para realizar un traballo estruturado e planificado ao longo de cada curso escolar.

Contamos con Club de ciencia dende hai catro anos.

A canle de comunicación coas familias é 100% dixital: uso extensivo de abalar, da web corporativa, do Facebook e do Instagram do centro.

A aula virtual, xa operativa antes da pandemia da covid-19, medrou con forza a partir da mesma e a gran maioría dos cursos a están a empregar habitualmente.

Actualmente participamos nos seguintes programas de Innovación educativa: Edixgal en 5º e 6º, biblioteca creativa e club de letras; xunto co club de ciencia.

No curso 2022-2023 concedéronnos o proxecto Polo creativo: "Xogos tradicionais robotizados".

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a a elaboración do Plan dixital creamos un grupo de traballo que fumos organizando en función das fases establecidas para a elaboración do Plan. Na primeira fase, realizouse a recollida de información previa, organizada do seguinte xeito:

FASE I. Análise e diagnose de situación dos centros.

Novembro: Presentación e contacto co centro.

Decembro: Comezo do SELFIE e preguntas personalizadas.

Decembro: Informe de resultados do SELFIE.

Marzo: Informe grupal do test CDD.

Marzo: Informe DAFO.

A partir do Informe SELFIE e TCDD xeramos unha análise DAFO que nos permitiu coñecer a realidade do centro no eido dixital, detectando fortalezas e debilidades internas, así como oportunidades e ameazas externas.

Interno
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C.16 Non existen respositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino aprendizaxe no Centro educativo. G6 Non se utiliza tecnoloxía dixital para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Infraestruturas Si
Debilidade G6 Non se utiliza tecnoloxía dixital para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Si
Fortaleza H.3 O alumnado manifesta un comportamento responsable no uso das TICs no centro educativo. Alumnado Non
Fortaleza C.3 Si existe un bo acceso a internet no Centro educativo. E1 Notable uso de recursos educativos en liña. G.8 Si existe a posibilidade de facilitar ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza A.3 Aplícanse novas modalidades de ensino. B.2 Existe reflexión sobre as TICs. D.2 Notable participación no desenvolvemento profesional continuo (DPC). F4. Suficiente motivación para a implicación do alumnado no uso das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipos dixitais insuficientes. Falta de fondos para a renovación de equipamentos dixitais. Falta de tempo do profesorado para o deseño e implementación de proxectos dixitais. Administración educativa Si
Ameaza Deficiente conexión a internet da maioría do alumnado do rural. Contorna Non
Ameaza Pouco peso do uso das TICs no deseño de programas curriculares. Lexislación Si
Oportunidade Posta en marcha de programas de educación dixital. Diversidade de oferta formativa dixital para o profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Oportunidade do alumnado do centro urbano a unha mellor conexión a internet a través da banda ancha. Contorna Non
Oportunidade Mellora no desenvolvemento da normativa en relación ao uso das TICs. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 Unha vez analizado o DAFO, na redacción do Plan dixital do noso centro, consideramos establecer 3 obxectivos interrelacionados entre si, de tal xeito que precisamos que se desenvolvan os tres para acadar os resultados esperados:

  • Área de mellora: Desenvolvemento profesional contínuo (C)

Obxectivo: Dinamizar TICS. Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC

O que pretendemos con este obxectivo é que se poñan en marcha proxectos interdisciplinares de centro no que se empreguen as TIC. Para isto imos precisar formación do profesorado no deseño, implementación e avaliación con TIC. Partimos de 0 proxectos interdisciplinares con TIC e queremos chegar a que haxa, cando menos 1 proxecto a nivel de Centro e 1 proxecto por ciclo ao final do curso académico 2022-2023.

O profesorado participante son as persoas titoras e especialistas das aulas de 1º a 6º de Educación Primaria.

  • Área de mellora: Pedagoxía: Implementación na aula (F)

Obxectivo: Utilizar programas e contornos virtuais que lles permitan ao alumnado crear contidos dixitais relacionados cos proxectos interdisciplinares do centro educativo.

Unha vez que o profesorado se formou e deseñou os proxectos interdisciplanares con TIC, chega o momento de que o alumnado cree os recursos dixitais que despois terán visibilización na revista dixital do centro, así como nas diferentes bitácoras e RRSS.

Participa todo o alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.

  • Área de mellora: Infraestruturas e equipamento (C)

Obxectivo: Solicitar equipamento, actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro e dispoñer de asistencia técnica suficiente no centro.

Para acadar os dous obxectivos anteriores o centro precisa de ter aulas dixitalizadas nas que tanto o profesorado como o alumnado conte con medios técnicos que faciliten a creación e difusión de recursos TIC.

Todos estes equipamentos dixitais deben contar cun servizo técnico que solucione os problemas que o profesorado do centro non podemos solucionar no día a día.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dinamizar TICS. Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC
O02PD Utilizar programas e contornos virtuais que lles permitan ao alumnado crear contidos dixitais relacionados cos proxectos interdisciplinares do centro educativo
O03PD Solicitar equipamento, actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro e dispoñer de asistencia técnica suficiente no centro.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital farase en relación ao grado de consecución dos obxectivos establecidos e tendo en conta diferentes contextos de avaliación, tanto procesual como final.

1º Trimestre

Non dispoñamos dos recursos dixitais solicitados no plan dixital. Comezamos coa formación do PFPP.

2º Trimestre

Seguimos sen os recursos solicitados no plan dixital. Comezamos a realizar actividades usando os recursos do Polo creativo.

3º Trimestre

Usando os recursos do polo creativo realizáronse as seguintes actividades:

Programa de radio escolar.

Revista escolar dixital.

Uso de app de realidade virtual.

Vídeo-titoriais da biblioteca.

Programación das micro:bit con MakeCode e do Mbot con MakeBlock.

Impresión en 3d dunha cunha para o proxecto de centro "O camiño de Santiago"

Participación na feira das ciencias de Pontearas co stand "Xogos tradicionais robotizados".

Participación en Galiciencia co stand "Xogos tradicionais robotizados".

Colaboración na Convivencia de infantil que se realiza no centro educativo con familias e alumnado co stand "Os xogos do camiño robotizados".

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual, esta realizarase unha vez cada trimestre e teranse en conta os seguintes aspectos:

  • Estado de execución das accións (realizada/aprazada/pendente)

  • Análise e valoración dos resultados

  • De ser o caso, posibles modificacións das accións e propostas de mellora de cara o seguinte trimestre.

Por outra banda, no contexto da avaliación final, terase en conta o seguinte:

A información recollida nos diferentes instrumentos de avaliación (aproveitaremos as “Táboas do Plan de Acción do Plan Dixital de Centro para cada obxectivo”). Ademais tamén levantaremos acta en cada xuntnaza de coordinación/seguimento do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

A frecuencia da súa realización (que será de carácter trimestral e final, esta última ao rematar o curso académico no mes de xuño)

E os seguintes aspectos a valorar:

  • Valoración do logro dos obxectivos (comprobaremos o estado de “Acadado/Non acadado” atendendo ao Indicador en cada unha das citadas Táboas).

  • Propostas de mellora (que se retomarán no seguinte curso académico para poder modificar/axustar/mellorar o noso Plan Dixital).

Valoración xeral

Un dos obxectivos básicos para poder poñer en marcha o plan dixital era a dotación de encerados dixitais, portátiles para profesrado e dispositivos móbiles para aula (tablets ou portátiles de 14').

Este material non chegou, polo que tivemos que redefinirnos arredor do material que nos chegou dos Polos creativos e así poder poñer en práctica o que fumos aprendendo na formación recibida no PFPP.

O equipo TIC non ten recoñecido tempo de dedicación ás tarefas de dinamización, polo que se fai moi difícil poder elaborar material ou propostas que serían de utilidade para o profesrado, recaendo esta función na coordinadora que ademais de ser a Orientadora do Centro, tamén é a dinamizadora TIC, a coordinadora de Polos creativos e a responsable de que o Plan dixtal se dinamice no centro. 

Proposta de mellora

Recibir a dotación de material dixital recibido.

Solución para a sobrecarga que estamos a ter neste momento as persoas que dinamizamos o Plan dixital do centro, por non dispoñer os demais membros do Equipo TIC de horario para estas funcións.

Realizar formación dirixida ao alumnado específica en recursos TIC.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez feito e aprobado o Plan dixital, darase a coñecer a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro, informando ás familias a traves dun abalar e informando a todos os docentes a través do correo electrónico.