Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital de Centro:

Nun primeiro nivel, atopámonos unha xustificación normativa:

  • LO 2/2006 de 3 de maio, de Educación: No seu artigo 111 bis, dedicado ás Tecnoloxías da Información e da comunicación, explica, entre outros aspectos, que “As contornas virtuais de aprendizaxe que se empreguen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír á extensión do concepto de aula en tempo e en espazo [...] Así mesmo promoverán os principios de accesibilidade universal e deseño para todas as persoas, tanto en formatos e contidos como en ferramentas e contornas virtuais de aprendizaxe.” Relacionado con este artigo, o artigo 121, dedicado o Proxecto Educativo, di que este recollerá a estratexia dixital do centro. Por último, o artigo 132 establece como competencia do director ou directora do centro “promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo de centro.”
  • Resolución do 3 de setembro do 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021 – 2022.

 

 A maiores da xustificación normativa, o desenvolvemento dun Plan Dixital de Centro ten tamén unha xustificación pedagóxica e social:

 

  • Nunha contorna en crecente dixitalización, cada vez son máis as actividades da vida cotiá que esixen competencia dixital, polo que será fundamental formar ó noso alumnado nestes aspectos.
  • A maioría das oportunidades laborais que van ter as nenas e nenos que se están formando actualmente esixirán, en maior ou menor medida dependendo do sector, una boa formación dixital. Incluso a propia acción de buscar un traballo precisará de competencia dixital.
  • Relacionada cos puntos anteriores, resulta fundamental a idea de que non poderemos falar de igualdade de oportunidades se non ofrecemos a todas as persoas unha formación en competencia dixital.
  • Para poder facer fronte as necesidades enunciadas anteriormente é necesario redactar un Plan Dixital de Centro eficaz que nos axude a avaliar o punto de partida do noso centro e poder dar resposta ás nosas distintas carencias e necesidades.

Contextualizació do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo: 

O Plan Dixital de Centro pode contribuír ao desenvolvemento do noso Proxecto Educativo, así como á consecución dalgúns dos obxectivos establecidos, nos seguintes aspectos:

  • O emprego habitual das TIC no proceso de ensino e aprendizaxe favorece unha aprendizaxe significativa e que o alumnado desenvolva a competencia de aprender a aprender.
  • O emprego autónomo da tecnoloxía dota ao alumnado da capacidade necesaria para resolver situacións novas e experimentar o aprendido de diferentes xeitos.
  • As TIC facilitan o afianzamento de metodoloxías baseadas na aprendizaxe cooperativa, polo que o seu desenvolvemento contribuirá, indirectamente, á creación dun clima de traballo solidario e de respecto ás diferencias persoais.
  • O emprego das TIC facilita ao profesorado o desenvolvemento  de metodoloxías DUA (Deseño Universal para a Aprendizaxe) e, polo tanto, mellora a atención á diversidade do alumnado.
  • O dotación de recursos tecnolóxicos e informáticos ó centro contribúe a compensalas diferencias económicas e culturais do alumnado facilitando o seu acceso a recursos dos que no poden dispor no seu contexto familiar.

O Plan Dixital de Centro está especialmente relacionado coa participación nos Polos Creativos, tanto polo deseño das actividades propostas, como pola dotación de recursos que supón. Tamén é moi estreita a relación do Plan coa continuidade no programa E-DIXGAL, establecido en quinto e sexto de primaria. Polo que respecta aos cursos primeiro e terceiro de primaria; teñen programada unha sesión semanal de robótica que, esperamos, contribúa o desenvolvemento deste Plan.

Relacionada coas TIC, tamén está a materia de libre configuración de cuarto e sexto de primaria que, un curso máis, será Robótica.

De xeito máis indirecto, o Plan Dixital de Centro contribuirá o desenvolvemento e, especialmente, á difusión de outros programas do centro: CP Inclúe, Programa Xogade, PROA +, PLAMBE...    

Proceso de elaboración do Plan Dixital de Centro:   

Decidimos que o Equipo de Dinamización do Plan Dixital estivera formado polos mesmos membros que o equipo de Dinamización das TIC. A persoa coordinadora tamén é a mesma e forma parte do equipo directivo do centro, polo que a coordinación resultou sinxela neste sentido.

A formación necesaria para a elaboración do Plan recibímola a través dun dos itinerarios do noso Plan de Formación Permanente do Profesorado. O noso mentor, ademais das sesións de formación directa, estivo á nosa disposición tanto para a aclaración de dúbidas como para proporcionarnos a documentación necesaria. Seguindo a súa temporalización, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reuniuse para concretar as distintas fases do proxecto: o informe SELFIE, o test CDD, o análise DAFO, o plan de acción e a redacción final do documento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación SELFIE
  • Test de Competencia Dixital Docente (CDD)
Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non emprega moito as súas habilidades e coñecementos na creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Moitas familias non dispoñen de coñecementos e habilidades dixitais suficientes para acompañar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe. Familias Non
Debilidade O centro presenta limitación de espazos escolares para o desenvolvemento de tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Unha parte significativa do profesorado emprega prácticas de avaliación tradicionais exclusivamente e non ofrece retroalimentación nin fomenta a autorreflexión sobre a aprendizaxe con métodos tecnolóxicos. Persoal docente Non
Debilidade Parte do profesorado opina que non dispón de tempo para aprender e implementar tecnoloxías dixitais así como para a creación e desenvolvemento de materiais. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non desenvolve moitos proxectos interdisciplinares apoiados en tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza As habilidades e coñecementos do alumnado en tecnoloxías dixitais están a mellorar coa implantación de E-DIXGAL no quinto e no sexto curso da educación primaria. Alumnado Non
Fortaleza O centro dispón da infraestrutura adecuada e dispositivos suficientes para o desenvolvemento do proceso de ensino aprendizaxe en contextos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza O acceso a internet é aceptable Infraestruturas Non
Fortaleza Coa incorporación ao centro do Programa E-DIXGAL, a asistencia técnica é rápida e satisfactoria. Infraestruturas Non
Fortaleza En primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria o centro oferta unha sesión semanal de informática. Oferta Non
Fortaleza En cuarto e sexto de primaria a materia de libre configuración emprega a robótica educativa. Oferta Non
Fortaleza En quinto e sexto de primaria participan no programa Digicraft. Oferta Non
Fortaleza O centro apoia o desenvolvemento profesional continuo do profesorado e fomenta o intercambio de experiencias no emprego de tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza O centro inviste parte dos seus cartos de funcionamento en equipamento informático. Organización de centro Non
Fortaleza Unha boa parte do profesorado participa en actividades de formación relacionadas coas tecnoloxías dixitais: E-DIXGAL, robótica, aula virtual... Persoal docente Non
Fortaleza A maioría do profesorado ten boa actitude cara novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A administración educativa non repón equipos obsoletos e o centro vese obrigado a empregar cartos do seu orzamento xeral para manter a adecuada dotación de medios informáticos. Administración educativa Si
Ameaza A localización do centro, lonxe do núcleo urbano de Ponteareas, dificulta o acceso de alumnado e familias a actividades e servizos. Ademais, nalgunhas zonas a conexión a internet é moi deficiente. Contorna Non
Oportunidade A ANPA do centro está moi implicada no seu funcionamento e colabora en todo tipo de proxectos e actividades. ANPA Non
Oportunidade O Concello de Ponteareas colabora en proxectos de centro e oferta variedade de actividades educativas para o alumnado. Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Resumindo os resultados da Autoavaliación SELFIE e do test de Competencia Dixital Docente, podemos extraer o seguinte análise: 

  • Un dos nosos puntos fortes o atopamos na área de desenvolvemento profesional continuo, tanto desde a perspectiva do equipo directivo como desde a do resto do profesorado.
  • Alumnado, profesorado e equipo directivo consideran que dispomos de adecuadas infraestruturas e equipos. 
  • Como área a mellorar destaca a práctica da avaliación que, de xeito maioritario, desenvólvese con procedementos tradicionais. 
  • A área de Pedagoxía: implementación na aula tamén obtivo resultados mellorables desde a perpectiva de alumnado, profesorado e equipo directivo. 
  • En xeral, a competencia dixital docente do centro atópase no nivel B1 (Integrador/a), polo que será preciso continuar fomentando a participación do profesorado en plans de formación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Desenvolver proxectos interdisciplinares apoiados en tecnoloxías dixitais.
02PD Aumentar a competencia dixital do alumnado na creación de contidos dixitais
03PD Ofrecer ás familias do centro con coñecementos ou materiais dixitais insuficientes unha rede de apoio e formación no propio centro.

Seguimento

Procedemento

Ao remate de cada trimestre avaliaremos o estado das diferentes accións, analizaremos os resultados e, no caso de que non sexan completamente satisfactorios, modificarase a planificación inicial para dar resposta ás posibles dificultades ou carencias atopadas. 

1º Trimestre

Para o primeiro trimestre estaban previstas as seguintes accións:

  • Breves xornadas de formación para o profesorado sobre cuestións básicas da aula virtual/E-DIXGAL: Realizada
  • Planificación e distribución do traballo relacionado co Proxecto de Centro: Realizada.
  • Distribución de tempos e espazos para garantir o acceso de todo o alumnado aos recursos: Realizada.
  • Programación e difusión dos recursos e instalacións que poden empregar as familias, así como os seus horarios e normas básicas: Realizada
2º Trimestre

Para o segundo trimestre estaban previstas as seguintes accións: 

  • Xornadas de formación para o alumnado unha sesión semanal para o emprego de cámaras, grabadoras... e programas de edicición: Realizada.
  • Elaboración, por parte do alumnado, das curtometraxes e outros contidos dixitais adecuados para o Festival de Cine e Artes Escénicas: Realizada. 
  • Atención directa ás familias que soliciten recursos ou consulten dúbidas: Realizada. 
  • Creación de documentos de preguntas frecuentes e tutoriais de emprego das TIC para familias: Aprazada. 
3º Trimestre

Para o terceiro trimestre estaban previstas as seguintes accións: 

  • Elaboración, por parte do alumnado, das curtometraxes e outros contidos dixitais adecuados para o Festival de Cine e Artes Escénicas: Realizada.
  • Atención directa ás familias que soliciten recursos ou consulten dúbidas: Realizada. 
  • Creación de documentos de preguntas frecuentes e tutoriais de emprego das TIC para familias: Aprazada. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao remate de cada trimestre avaliaremos o estado das diferentes accións, analizaremos os resultados e, no caso de que non sexan completamente satisfactorios, modificarase a planificación inicial para dar resposta ás posibles dificultades ou carencias atopadas. Aínda que a tarefa de avaliación corresponda en última instancia ó Equipo de Dinamización do Plan Dixital e ó equipo directivo, terase moi en conta a opinión de toda a comunidade educativa respecto ao seu desenvolvemento.

Como mínimo unha vez ao ano, preferiblemente ao final do curso, levaremos a cabo unha avaliación final para valoralo logro dos obxectivos establecidos e facer as propostas de mellora que correspondan. 

Valoración xeral

Como quedou reflexado no seguimento trimestral, as accións programadas realizáronse satisfactoriamente. 

Proposta de mellora

Sería recomendable que a aplicación na que se carga o Plan Dixital fose mais estable e intuitiva. Tivemos varias incidencias ao longo do curso. 

O desenvolvemento do Plan Dixital leva consigo unha carga burocrática excesiva.

Non ten sentido ter que manter un equipo de Dinamización das TICs independiente do equipo do Plan Dixital. Sería interesante que se unificaran nun só equipo. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para o correcto desenvolvemento do Plan Dixital de Centro, será necesaria a súa difusión entre os diferentes sectores da comunidade educativa. Para alcanzar a maior difusión posible empregaremos a páxina web do centro así como as distintas redes sociais (Facebook e Instagram) das que facemos uso habitualmente. 

Tan importante é a difusión do Plan como a súa avaliación para que a comunidade educativa teña constancia da efectividade do documento e das accións que se levan a cabo na práctica e a súa valoración.