Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para realizar un seguemento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos marcados o equipo TIC analizará a súa evolución nos seguintes intres:
Ao comezo do curso co fin de establecer un calendario resumido no que se marquen as datas e momentos claves ao longo do curso das accións que acadarán os obxectivos.
Na metade dos tres trimestres para poder analizar a evolución do plan co estudo da execución das accións e valoración de resultados e ter así, se fose necesario, unha marxe de modificación das accións co fin de acadar os obxectivos.
Ao remate do curso, no que se fará unha valoración final dos obxectivos alcanzados e formularase propostas de mellora para cursos vindeiros.
Neste trimestre teremos que estar pendentes especialmente do desenvolvemento das accións dos obxectivos 1 e 2 relacionados coa formación do alumnado, rematar a formación do profesorado do obxectivo 5 e comezar a desenvolver as accións dos obxectivos 3 (xornadas dixitais), 4 (mellora dos repositorios) e 6 (inventario TIC)
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos co seguintes resultados:
Os obxectivos O01, O02 e O05 xa están acadados. Nos obxectivos O01 e O02 acadouse amplamente a porcentaxe do 75% de avaliación positiva da materia de tecnoloxía e dixitalización e compromisos dixitais asinados en 1º e 2º de ESO. No obxectivo O05 o 100% do profesorado contestou afirmativamente a que a formación recibida mellorou a súa competencia dixital e que a poido aplicar na realidade da aula.
O01PDProporcionar no primeiro trimestre ao alumnado de primeiro e segundo de ESO a través da materia de Tecnoloxía e dixitalización formación en recursos informáticos básicos (sistemas operativos, ofimática e edición multimedia) de tal xeito que contribúa ao bo desenvolvemento dixital de todas as materias.
O02PDProporcionar no primeiro trimestre ao alumnado de primeiro e segundo de ESO a través da materia de Tecnoloxía e dixitalización formación en aspectos como seguridade informática, cumprimento dos dereitos de autor ou respecto aos demais na interacción nas redes sociais.
O05PDDentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado crear unha liña de actuación "Contidos educativos dixitais" (competencia dixital) que se centrará en proporcionar unha formación de base do entorno virtual de aprendizaxe edixgal ao profesorado.
O obxectivo O04 está en proceso, xa temos cinco novos titoriais no tema de edixgal para o profesorado e o obxectivo era incrementar 9 neste curso académico.
O obxectivo O03 está retrasado porque aínda non tivemos a primeira xornada de formación. Contamos realizala a mediados do segundo trimestre.
O obxectivo O06 non puido ser desenvolvido porque a Consellería non activou a ferramenta para realizar o inventario TIC dos centros.
Como xa sinalamos no seguemento do primeiro trimestre, os obxectivos O01, O02 e O05 xa están acadados.
Do obxectivo O03 (Xornadas dixitais) desenvolveuse a primeira sesión e quedan pendentes outras dúas para o finais de abril, maio ou comezo de xuño.
O obxectivo O04 segue en proceso, a maiores dos cinco novos titoriais de edixgal para o profesorado engadimos dous mais relacionados cos paneis interactivos e o obxectivo era incrementar 9 neste curso académico.
O obxectivo O06 (Inventario TIC) non puido ser desenvolvido porque a Consellería non activou a ferramenta para realizar o inventario TIC dos centros.
Como xa sinalamos no seguemento do primeiro trimestre, os obxectivos O01, O02 e O05 xa están acadados.
Do obxectivo O03 (Xornadas dixitais) desenvolveuse a primeira sesión a finais do segundo trimestre e retrasouse moito no terceiro porque queríamos facer a formación sobre os paneis interactivos que acabaron chegando ao Centro a finais de maio e a partires desas datas o profesorado xa ten bastante carga de traballo. O obxectivo só quedou parcialmente acadado.
O obxectivo O04 quedou acadado ao engadir un titorial e unha ligazón máis relacionados cos paneis interactivos para completar os 9 recursos novos subidos neste curso académico.
O obxectivo O06 (Inventario TIC) non puido ser desenvolvido porque a Consellería non activou a ferramenta para realizar o inventario TIC dos centros.
Avaliación
Avaliación do Plan Dixital
Seguimento do Plan de Acción
Para realizar un seguemento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos marcados o equipo TIC analizará a súa evolución nos seguintes intres: • Ao comezo do curso co fin de establecer un calendario resumido no que se marquen as datas e momentos claves ao longo do curso das accións que acadarán os obxectivos. • Na metade dos tres trimestres para poder analizar a evolución do plan co estudo da execución das accións e valoración de resultados e ter así, se fose necesario, unha marxe de modificación das accións
co fin de acadar os obxectivos.
• Ao remate do curso, no que se fará unha valoración final dos obxectivos alcanzados e formularase propostas de mellora para cursos vindeiros.
Dos seis obxectivos propostos acadamos catro. Dos obxectivos non acadados un non dependeu do Centro porque a Consellería non desenvolveu a ferramenta para levar a cabo o inventario do equipamento dixital do Centro e noutro caso si que poderíamos ter levado a cabo máis xornadas de formación do profesorado independentemente de que se retrasaran os paneis.
Levar a cabo as xornadas de formación dixital sobre os paneis interactivos nas primeiras semanas do curso, xa que en setembro temos o compromiso de poder comezar o curso nas aulas novas.
Comunicación e difusión
Co fin de facer chegar o plan a toda a comunidade educativa do IES Valle Inclán, poderase acceder ao plan en Educalidade ao longo de todo o curso nunha ligazón nun sitio destacado na barra lateral dereita da páxina web do Centro http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalleinclan. As familias tamén recibirán unha mensaxe a través de abalar móbil na que se lle informará da publicación do plan dixital e a forma de acceso ao mesmo.