Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro, da zona vella da nosa cidade, recibindo alumnado procedente de todas as áreas incluso de concellos limítrofes. O centro conta cunha liña concertada de educación primaria e unha de educación infantil, cun nivel alto de alumnado e polo tanto formando unha gran familia. Noso centro responde á necesidade dunha oferta educativa de calidade, con formación e atención individualizada, nun ambiente acolledor e familiar.  Unha das características que mellor define ao noso alumnado é a heteroxeneidade, tanto no nivel socioeconómico, como no cultural e educativo. O alumnado intégrase dende a súa chegada ao centro, sendo un referente importante, ademais participa de maneira activa nas actividades organizadas, tanto en educación formal como non formal. As familias tamén teñen un grado de participación alta no centro, tanto en actividades como na relación co profesor-titor. A situación da pandemia e o peche dos centros educativos fixeron que a integración das tecnoloxías ao noso proceso de ensinanza aprendizaxe se vira acelerada de maneira potencial. Somos conscientes da labor e o tempo dedicado pola comunidade educativa, en especial polas familias e o profesorado, que en continua unión fixeron que unha ensinanza a distancia fose posible e ademais produtiva. Noso centro deu resposta ás necesidades e ás demandas das familias e así formou alumnos e alumnas coas competencias necesarias que lles proporcionan una desenvolvemento correcto nun entorno dixitalizado. Desenvolvéronse e elaboráronse marcos de acción referentes ao uso das novas tecnoloxías, relacionados con cuestións organizativas, pedagóxicas e propias da ensinanza regulada. O PD de Centro, servirá como referencia a toda a comunidade educativa e como plan de mellora integral para unha integración real e axeitada das novas tecnoloxías na educación do noso alumnado. Segue sendo un obxectivo primordial a incorporación do alumnado á vida real e á sociedade, e é por iso que a nosa resposta debe ser axustada a esas necesidades da vida cotiá e mais tarde laboral. A clave do PD non estará na incorporación de equipamentos en certas partes do centro, que tamén, ni nunha alfabetización tecnolóxica, senon en cambios pedagóxicos que favorezan a boa aplicación das tecnoloxías en cada unha das competencias, manexando e transformando o coñecemento significativo; a utilización de recursos innovadores por parte do profesorado con aplicacións didácticas diferentes, buscando a interconexión directa entre a comunidade educativa. Estableceranse accións específicas de acordo a cada circunstancia, necesidade e demanda. O noso PDC será un instrumento que se integre dentro do PE e formará parte do desenvolvemento da PXA. Desenvolverase nos ámbitos de organización de centro, de información e comunicación e dos procesos de ensinanza aprendizaxe. A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo na sociedade, en consonancia, a propia organización mellorará a través da práctica. O PDC encaixa no contexto institucional mais amplo que veñen recollidos no Proxecto Educativo e ambos documentos estarán en total consonancia e serán totalmente complementarios. Dende fai varios anos o centro foi introducindo programas relacionados cas novas tecnoloxías, por exemplo a participación do último ciclo de primaria en Digicraft, o uso de portátiles e tablets para o traballo competencial colaborativo na aula, instalación de ordenadores de bosquexo, formación do profesorado en desenvolvemento das TIC na aula, mellora do aula virtual... Este PDC propón recoller as actuacións para a mellora de actuacións da competencia dixital do centro en todos os sectores da comunidade educativa. O proceso de desenvolvemento e difusión das tecnoloxías é imparable. Tanto para a mellora dos procesos educativos que ocorren fora ou dentro da ula, como para aqueles procesos que contribúen a que o centro cumpra a súa función formativa, consolidando os recursos, ferramentas e servizos. Por este motivo é necesario que se aborde a tecnoloxía dende unha maneira global atendendo e deseñando o plan de centro, mediante a supervisión do equipo directivo. Polo tanto, o dominio e a alfabetización TIC convértese nunha técnica instrumental imprescindible. Ademais, a natureza complexa e globalizadora da competencia dixital contribúe o desenvolvemento do resto de competencias clave, especialmente a competencia en comunicación lingüística, competencia social e competencia de aprender a aprender. O deseño do PDC recolle as ideas principais que avalía SELFIE, determinando as prioridades e establecendo os distintos niveis de planificación como son os programas, os proxectos e as accións; estes marcarán o plan de traballo do centro no seu proceso de cambio e posterior mellora, en definitiva, unha boa estratexia para a mellor dixitalización do noso centro. Ademais recolle as propostas do e o nivel de competencia dixital marcado polo profesorado no desenvolvemento do CDD, así como o exposto no DAFO realizado antes do comezo do Plan. O coordinador TIC, que realizou o curso Adix, foi o encargado base do plan debido a súa formación concreta sobre a xestión e elaboración deste documento, xunto a el os outros membros do equipo de dinamización dixital deseñaron a posterior implantación do PD no centro, tanto dende a responsabilidade que esta formación lles aporta, como pola capacidade de mobilizar os recursos da organización e liderazgo necesario para permitir o cambio.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o Informe SELFIE e os test CDD pasados ao alumnado, profesorado e equipo directivo do centro no curso 2022 2023

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No utilización das novas tecnoloxías na casa para o traballo escolar. Alumnado Si
Debilidade Problemas de conectividade fora do centro. Alumnado Si
Debilidade Falta de retoalimentación e autoavaliación tecnolóxica. Alumnado Si
Debilidade Falta de aprendizaxe en contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Falta de aprendizaxe en momento de resolución de problemas dixitais. Alumnado Si
Debilidade Escaso coñecemento de resolución de problemas tecnolóxicos. Familias Si
Debilidade Problemas de conectividade fora do centro. Familias Si
Debilidade Insuficientes postos directos de uso do alumnado para o desenvolvemento das TIC. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen suficientes dispositivos móbiles para utilizar en todas as situacións onde se desexaría. Infraestruturas Si
Debilidade Non suficientes postos de información de uso libre na biblioteca escolar. Infraestruturas Non
Debilidade Implantación total da Aula Virtual. Oferta Si
Debilidade Falta de avaliación das capacidades desenvoltas fora do centro Oferta Non
Debilidade Necesidade de oferta real dixital dentro e fóra do centro. Oferta Non
Debilidade Ampliación da implantación de novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Debilidade Necesidade dunha estratexia dixital e limitacións no espazo escolar. Organización de centro Non
Debilidade Non avaliación dos nosos propios progresos en materia de ensinanza aprendizaxe nas TIC. Persoal docente Non
Debilidade Falta de desenvolvemento da estratexia dixital. Persoal docente Si
Debilidade Falta de cooperación dixital no centro Persoal docente Non
Debilidade Utilización de medios dixitais para comunicación do centro aos distintos estamentos da comunidade educativo. Persoal docente Non
Debilidade Falta de maior formación do profesorado na utilización das TIC. Persoal docente Si
Debilidade Falta de recoñecemento no traballo axeno. Persoal docente Non
Debilidade Falta de formación interna do centro nas novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Actuación responsable e de respecto cara os demais no uso das TIC. Alumnado Si
Fortaleza Comunicación por medio das diferentes vías dadas dende o centro no ámbito tecnolóxico. Alumnado Non
Fortaleza Respecto polo traballo dixital de todos. Alumnado Si
Fortaleza roporcionan ao alumnado dispositivos de traballo na casa. Familias Si
Fortaleza Comunicación continuada por medio das novas tecnoloxías co centro. Familias Si
Fortaleza Existen pantallas dixitais táctiles e canón en todas as aulas. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet wifi e por cable en todas as aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza Punto de información dixital na biblioteca escolar. Infraestruturas Non
Fortaleza Ordenadores individuais para o traballo do profesorado. Infraestruturas Si
Fortaleza Ordenadores de traballo individual en quinto e sexto de primaria. Infraestruturas Si
Fortaleza Asistencia técnica diaria. Infraestruturas Si
Fortaleza Recursos educativos online. Infraestruturas Si
Fortaleza Tablets para desenvolvemento pedagóxico nas aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza Plataformas dixitais: Web de centro, blog de centro, blog deportivo, blog alimentación saudable, blog biblioteca escolar. Oferta Si
Fortaleza Oferta de libros dixitais das distintas materias e competencias. Oferta Si
Fortaleza Comunicación dixital con toda a comunidade educativa. Oferta Non
Fortaleza Aula Virtual para o alumnado. Oferta Si
Fortaleza Novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Fortaleza Organización no uso dos distintos medios móbiles que ten o centro para uso co alumnado na aula Organización de centro Non
Fortaleza Organización e difusión de cursos dentro e fora do centro para o aprendizaxe do profesorado no desenvolvemento das TIC. Organización de centro Non
Fortaleza Organización de horarios para o traballo nas novas tecnoloxías Organización de centro Si
Fortaleza Vivir nunha era dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Actitude positiva do profesorado no uso das TIC. Persoal docente Si
Fortaleza Utilización e bosquexo de recursos educativos en internet. Persoal docente Si
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Desencanto do profesorado por imposición de cambio dende a administración Administración educativa Non
Ameaza Falta de exemplos concretos para a realización e avance dos plans tecnolóxicos. Administración educativa Si
Ameaza Carga administrativa ao longo de todo o curso Administración educativa Si
Ameaza Non comunicación entre entidades educativas para maior desenvolvemento coordinado do Plan Dixital. Contorna Non
Oportunidade Apoio da administración educativa con formación concreta aos coordinadores TIC. Administración educativa Si
Oportunidade Relación e coordinación con equipo TIC. Administración educativa Si
Oportunidade Unión entre profesorado para elaboración e avance das estratexias dixitais de centro Contorna Si
Oportunidade Comunidade educativa consciente da necesidade de avanzar na era dixital Contorna Si
Oportunidade Avance e cambios na lexislación vixente: Plan dixital Lexislación Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras a aplicación da ferramenta SELFIE, e observando todos os datos obtidos, hai unha homoxeneidade nas respostas de profesorado e equipo directivo. O centro esta ben conectado e os recursos en canto a dispositivos e modalidades de ensinanza están acordes as necesidades establecidas polos estamentos escolares.

Moi positiva é tamén a valoración do alumnado, resultados que nos indican que o traballo que esta realizando o centro no desenvolvemento das TIC vai no bo camiño. O equipo directivo (tanto o anterior como este) están a traballar a reo para que o profesorado e o alumnado desenvolvan a didáctica tecnolóxica e a nosa comunidade teña mellor puntuación.

Despois dos Test CDD e mais a realización do DAFO o centro fillo un Plan de acción que se desempeñará da maneira mais productiva posible para a centralización de ese PLan de acción do noso Plan Dixital de centro en alumnado, familias, equipo direcctivo e organización do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Utilización da ferramenta Abalar como comunicación entre familias e o centro.
O10PD Detectar e cubrir as necesidades das familias con respecto ao equipamento dixital
O2PD Actualizar e ampliar os dispositivos dixitais do centro
O3PD Crear recursos dixitais de maneira específica polo profesorado
O4PD Utilización da aula virtual por parte de alumnado e o profesorado
O5PD Utilizar programas e entornos que faciliten o aprendizaxe nas diferentes áreas de contido e favorezan a adquisición de habilidades, destrezas e coñecementos cunha autonomía plena.
O6PD Presentar ao claustro as posibilidades da dixitalización para avanzar de nivel e mellorar a calidade do proceso ensinanza aprendizaxe.
O7PD Integrar as tecnoloxías dixitais para o aprendizaxe na aula, mediante a actualización e innovación das prácticas de ensinanza aprendizaxe.
O8PD Fomentar o intercambio de experiencias dentro do noso centro e con outros centros da contorna
O9PD Colaborar con outras entidades da cidade para desenvolver a competencia dixital

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia de realización será unha vez cada dous meses. Levarase a cabo por medio do equipo TIC, que se reunirá e tomará a medidas oportunas en cada momento do proceso. Terase en conta en dita avaliación o estado da execucións das accións, a análise e valoración dos resultados e as posibles modificacións e propostas de mellora. No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano, a finais de curso . Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Elaborarase unha memoria do plan na cal se fará unha reflexión sobre o traballo realizado durante o curso e onde se plasmarán, tanto os resultados positivos como aqueles aspectos que consideremos sexan obxecto de mellora para o próximo curso. Esta será o referente para a revisión e actualización do Plan para o seguinte curso escolar.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso e nas reunións periódicas do equipo, farase un seguimento da planificación anual, realizándose tarefas na temporalización marcada,  marcando a consecución dos obxectivos, establecendo as modificacións oportunas se fose necesario...

Realizarase unha avaliación final que será incluída na memoria anual do centro cunha valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso seguinte.

Valoración xeral

Ao final do curso escolar, o equipo de coordinaión do plan, xuntase co claustro e valora a consecución dos obxectivos xerais anuais do plan, e establecendo pautas de mellora para  curso que ven.

A consecución de obxectivos anuais, dentro do estudio de valoración realizado neste curso escolar foi

 

Proposta de mellora

1. Aula de infrmática: incorporación de polos creativos dentro da aula. Incorporación de material administrado pola Xunta de Galicia para realización deste plan dentro do centro, que será aplicado dentro do plan dixital de centro, como ampliación de coñecementos dixitais.

2. Aulas de infantil e primaria: renovación de equipos informáticos coa petición novamente da axuda para centros privados concertados para a vida dixital de centro.

3. Renovación e ampliación do equipo de megafonía do centro para conmemoraciones ou actividades complementarias específicas de centro.

4. Seguir coa motivación e formación do noso profesorado para chegar a unha actualización total das competencias dixitais do noso profesorado e do noso alumnado.

5. Incrementar o coñecemento do funcionamento e emprego por parte do profesorado e do alumnado (implementadndo a súa utilización total na educación primaria) da Aula Virtual do centro.

6. Establecer protocolos para axustarse a normativa de Protección de datos en todos os niveis.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de Centro enviarase ao claustro e posteriormente levarase a Consello Escolar para a súa aprobación. Terminado ese proceso informarase ás familias da implantación do plan por medio da aplicación abalarMóbil e porase a súa disposición de maneira física na secretaría do centro e de maneira dixital na páxina web do centro www.cprsanjose.es