Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Como parte complementaria do da avaliación do PD, e sendo necesaria unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora:
O equipo de dinamización do Plan Dixital reunirase con carácter xeral unha vez ao trimestre para facer un seguemento do proceso de implementación do plan. Do mesmo xeito, poderanse facer reunións extraordinarias se así o considerase oportuno o EDPD.
- En relación ao O01PD. Normalizar o uso de Abalar móbil como ferramenta de comunicación coas familias.
Estamos xa ao 90% de uso das notificacións a través de Abalar, tendo que avanzar no que queda de curso na xestións das titorías a través de esta ferramenta.
- Sobre a consolidación das aulas virtuais en todo o centro. Non está acadado, soamente temos a un coordinador designado por ciclo con funcións de administrador para a súa xestión. Esperamos avanzar neste obxectivo ao longo do mes de xaneiro.
- O obxectivo O03PD é unha das nosas referencias no traballo diario. Estase a cumprir toda a lexislación en relación ao tratamento dos datos, con carácter especial os referidos á imaxe do alumnado.
- En relación ao O01PD. Normalizar o uso de Abalar móbil como ferramenta de comunicación coas familias.
Está normalizado o uso das notificacións a través de Abalar. Agora deberemos difundir as novas funcionalidades da aplicación Abalar Pro.
- Sobre a consolidación das aulas virtuais en todo o centro. Non están funcionando. Deberemos revisar o reparto de funcións entre as distintas coordinadoras para a súa xestión.
- O obxectivo O03PD está consolidado. Empregando as solicitudes para a protección de datos, incluso cando nas citas de titoría veñen acompañados de outros profesionais que están a colaborar.
- En relación ao O01PD. Normalizar o uso de Abalar móbil como ferramenta de comunicación coas familias.
Xa está normalizado o uso das notificacións a través de Abalar. Agora deberemos difundir as novas funcionalidades da aplicación Abalar Pro entre o profesorado.
- Sobre a consolidación das aulas virtuais en todo o centro. Non están funcionando nos termos que esperabamos. Deberemos valorar que uso van a ter estas ferramentas e o reparto de funcións que se realiza entre as distintas coordinadoras para a súa xestión.
- O obxectivo O03PD está consolidado. Empregando as solicitudes para a protección de datos, incluso cando nas citas de titoría veñen acompañados de outros profesionais que están a colaborar.
Avaliación
O Plan Dixital que presentamos ten vocación de ser un elemento dinámico que acompañe a vida do centro e que sirva como referencia dos diferentes proxectos e procesos que se van desenvolver no proximo curso. Para dotalo dese dinamismo é preciso planificar un sistema de revisión, avaliación e feedback que nos vai permitir facer os axustes e correccións necesarios en cada momento do proceso. O equipo de dinamización do plan dixital será o encargado de levar a cabo os procesos de avaliación, tendo sempre en conta as aportacións dos diferentes ciclos e do profesorado tomado de xeito individual. O equipo de dinamización do Plan Dixital reunirase con carácter xeral unha vez ao trimestre para facer un seguemento do proceso de implementación do plan, fará finalmente unha avaliación final do Plan Dixital no seu conxunto.
Para avaliar o PD realizarase:
• Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
• Unha avaliación final ao remate do curso académico no que se valorará a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora oportunas.
A valoración xeral deste Plan Dixital de centro é que dous dos obxectivos están acadados, consolidándose como parte do normal funcionamento do centro.
Agora debemos comezar unha nova etapa máis centrada nas competencias dixitais específicas para traballar coas ferramentas que esixen os plans e proxectos de centro: Polos creativos, programas internacionais, ferramentas dixitais de avaliación...
Neste ámbito tamén deberemos facer unha reflexión sobre o rol das aulas virtuais no noso quefacer diario.
Unha proposta de mellora é organizar o centro con programas de apoio entre docentes con formación nun dos ámbitos específicos das novas tecnoloxías para unha mellor xestión dos nosos recursos.
No ámbito de protección de datos, parece aconsellable facer unha maior difusión da normativa entre as familias, co fin de que non tomen, nen difundan imaxes doutros menores que non sexan os seus fillos sen o consentimento expreso dos proxenitores. Exemplo actuacións ou celebracións que se realicen dentro do centro.
Comunicación e difusión
En canto á comunicación e difusión no Plan Dixital, poderemos atopar o mesmo publicado na páxina web do centro na seguinte dirección: