Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Contextualización do Plan Dixital do centro.Contribución ao Proxecto Educativo do centro.

O dinamismo do Plan Dixital supón na práctica un diálogo cos demais documentos do centro, plans, programas e proxectos, como é o caso do Proxecto Educativo (PE), a Programación Xeral Anual (PXA), O Plan xeral de atención á diversidade (PXAD), o Plan de Integración das Tecnoloxías de Información e Comunicación (PTIC), o Plan de Acción Titorial (PAT), o Plan de Convivencia (PC), as Normas de Organización e Funcionamento do Centro (NOFC), ou o Plan de Igualdade (PI), Plan Lector – Biblioteca e de Dinamización e o Plan de educación emocional.

O Proxecto Educativo de centro con perspectiva dixital implica a toma de decisións tendo como base a seguridade nas TIC, a promoción da igualdade a través das canles dixitais, a comunicación positiva e asertiva, así como o deseño dunha organización participativa e democrática no manexo das ferramentas dixitais. Neste sentido, o PE recolle valores relacionados coa análise da información, o espírito crítico ou o uso da tecnoloxía de forma cooperativa. Constitúen valores e accións que se configuran e deseñan desde unha visión inclusiva, coa intención de garantir a atención á diversidade de todo o alumnado.

No caso da Programación Xeral Anual, o uso de ferramentas dixitais e móbiles constitúese como un aspecto relevante a ter en conta nas titorías. Neste sentido, o centro conta co programa E – Dixgal en 5º e 6º, que implica un cambio de mirada máis alá á hora de proxectar e poñer en práctica unha aprendizaxe competencial. Non só son importantes os procesos de procura e análise, senón tamén as formas nas que se produce a comunicación e o uso da información. Unha PXA con liñas dixitais radica en que o alumnado, de forma conxunta co profesorado sexa quen de incrementar a súa competencia dixital para deseñar, aplicar, comunicar e adquirir máis e mellores propostas didáctico – pedagóxicas.

O uso competencial das TIC redunda na posta en práctica dunha actuación organizada e planificada. Para alcanzar isto, o Plan de Integración das TIC atópase constituído por obxectivos determinantes como é o caso de “Elaborar o Plan dixital do centro no que se recolla a integración didáctica das TIC, o traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais e a educación dixital”. A súa elaboración constitúese como unha pedra angular na que teñen cabida todas as actuacións encamiñadas a organizar e planificar as actuacións do eido dixital. Ao mesmo tempo, o Plan Dixital tamén supón unha estratexia mediante a cal o profesorado pode identificar as necesidades e reorientar a proposta educativa en base ás propostas de mellora.

1.2. Breve xustificación do mesmo:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.3. Proceso de elaboración

A constitución do equipo de Dinamización do Plan Dixital tivo como finalidade a de elaborar, de acordo coa Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital , un Plan Dixital no curso 2023 – 2024 que responda ás necesidades formativas dixitais; manifestadas e expresadas polo equipo docente e alumnado.

Neste senso, o deseño e elaboración posterior do plan precisou, necesariamente, a determinación duns obxectivos formulados a partir das necesidades detectadas mediante unha análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) do noso centro educativo.

O equipo de elaboración do Plan Dixital, contando coa colaboración de todo o claustro, foi o encargado de aplicar accións de xestión, organización e orientación dos tempos e espazos dedicados á utilización das ferramentas de análise; Test Selfie e Test de Competencia Dixital Docente (TCDD).

Finalmente, tras diversos procesos de reflexión, análise e debate, e tras ter recompiladas as necesidades, o equipo de dinamización formulou os obxectivos Smart do Plan de Acción, constituíndose este como un compoñente vertebrador para a conformación do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Como instrumentos de recollida de información previa temos o test Selfie, realizado polo equipo directivo, profesorado e alumnado e coa finalidade de acadar unha maior obxectividade e determinar as posteriores necesidades, o profesorado do centro realizou o Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD).

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Valorar o traballo doutras persoas (H6). Alumnado Non
Debilidade 1. Existencia de repositorios ou biblioteca en liña (C16). Infraestruturas Non
Debilidade 1.Non contamos cunha estratexia dixital (A1). Organización de centro Non
Debilidade 2.Falla a comunicación con outros centros ou/e organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías (B4). Organización de centro Non
Debilidade 1.O profesorado non dispón de tempo para mellorar o ensino con tecnoloxías (A4). Persoal docente Non
Debilidade 2.Utilización de contornas virtuais co alumnado (EVA). (E3). Persoal docente Non
Debilidade 3.Facilitar que o alumnado usa tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe ( G8). Persoal docente Non
Debilidade 4.Utilización de datos dixitais do alumnado para mellorar a aprendizaxe (G9) Persoal docente Non
Fortaleza 1.Actuar de maneira responsable e respectar a los demais cando utilizo Internet (H3). Alumnado Non
Fortaleza 2.Utilizar a tecnoloxía en diferentes materias (H10). Alumnado Non
Fortaleza 1.No centro temos dispositivos dixitais (C2). Infraestruturas Non
Fortaleza 3. A infraestrutura dixital respalda a ensinanza e aprendizaxe de tecnoloxías dixitais (C1). Infraestruturas Non
Fortaleza 4. Acceso a Internet (C3). Infraestruturas Non
Fortaleza 2.Moitos dos recursos dixitais son propiedade do centro (C8). Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Apoio por parte do equipo directivo en novas formas de ensinanza dixital (A3). Organización de centro Non
Fortaleza 3.O equipo directivo fomenta o intercambio de experiencias (D3). Organización de centro Non
Fortaleza 2.Foméntase o uso de recursos dixitais (A2) . Organización de centro Non
Fortaleza 1. Posibilidades de acceso a PDC (D2). Persoal docente Non
Fortaleza 2.O profesorado busca activamente recursos en liña (E1). Persoal docente Non
Fortaleza 3.O profesorado utiliza a tecnoloxía para comunicar cousas do centro (E4). Persoal docente Non
Fortaleza 4.Utilízanse recursos educativos abertos (E5). Persoal docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Actuacións da administración educativa. 2.Dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Non
Ameaza 1.A lexislación educativa. 2.Lexislación educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Ameaza 1. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. 2.Relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa. Outras Non
Oportunidade 1. Achegas económicas que recibe o centro. 2.Existencia de proxectos externos. 3.Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. 4.Estabilidade laboral. Administración educativa Non
Oportunidade 1.Relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade 1.Condición socioeconómica. 2.Participación das familias. 3.Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Identificadas as necesidades a partir da análise DAFO, o seguinte paso é determinar como áreas prioritarias de actuación do marco DigCompOrg as seguintes:
• Información e alfabetización dixital.
• Comunicación e colaboración.
• Creación de contido dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Incrementar a utilización por parte do alumnado dos espazos virtuais de aprendizaxe.
02PD Facilitar que o alumnado de terceiro ciclo use tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe
03PD Fomentar a participación do alumnado na biblioteca en liña no centro.
04PD Utilizar o espazo do repositorio.
05PD Fomentar a comunicación online entre a comunidade educativa e as comunidades doutros centros, valorando e recoñecendo as achegas realizadas.

Seguimento

Procedemento

.

1º Trimestre

AO1.1: Composición do grupo de traballo (CCP/TIC) para organizar tarefas e/ou deseñar as enquisas.ACADADO.

AO2.1: Reunión do grupo de ciclo. PD.ACADADO.

A03.1: Claves de acceso para toda a comunidade educativa. ACADADO

AO4.2: Presentación do espazo e o seu funcionamento ao profesorado. ACADADO

AO5.1: Elaboración das actividades de intercambio de experiencias relacionadas con proxectos, actividades internivel, actividades verticais, celebracións. ACADADO

 

2º Trimestre

AO2.2: Determinación das tarefas a presentar e titorización do alumnado para a súa realización.ACADADO

3º Trimestre

A01.3: Publicación e proba das enquisas.ACADADO.


AO1.2 Participación do alumnado nas tarefas interdisciplinares, globalizadas e verticais de centro empregando espazos virtuais.ACADADO.


A01.4. Valoración e propostas de mellora. ACADADO.

A02.3: Avaliación das propostas e gráficas de presentación da aula virtual.ACADADO.

A02.4. Valoración e propostas de mellora. ACADADO.

AO3.4: Valoración e propostas de mellora. ACADADO.
AO3.3: Lectura dun libro da biblioteca en liña.ACADADO.
A03.2 Titorización do alumnado de cara ó uso da biblioteca dixital en liña.ACADADO.

AO4.1: Actualización do espazo de recursos dixitais( blog/aula virtual).EN PROCESO.
A04.4. Valoración e propostas de mellora. EN PROCESO.
A04.3: Aumentar o número de recursos do repositorio por parte do profesorado. EN PROCESO.

AO5.2: Utilización da plataforma WEBEX para a implementación das actividades deseñadas. NON ACADADO.

A05.3: Valoración e análise das experiencias. EN PROCESO.

A05.4: Valoración e propostas de mellora. EN PROCESO.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A maioría dos obxectivos propostos foron acadados,agás o relativo ao uso do espazo do repositorio que está iniciado pero seguirá en desenvolvemento o vindeiro curso,para poder afondar máis.

O obxectivo da comunicación online referente a outros centros non foi posible executala,debido a falta de tempo e material adecuado.

Proposta de mellora

Os obxectivos non acadados foron:

Utilizar o espazo do repositorio: acadado parcialmente.

Fomentar a comunicación online entre a comunidade educativa e as comunidades doutros centros,valorando e recoñecendo as achegas realizadas: non acadado.

De cara o próximo curso poporemos seguir aumentando o espazo repositorio e tratar de iniciar a comunicación online con outros centros educativos.

A principios do vindeiro curso valoraremos a posibilidadede engadir algún obxectivo máis.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

De acordo co capítulo V da Lei 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, no que se establece que a participación da comunidade educativa na organización, o goberno, o funcionamento e a avaliación dos centros debe ser garantida polas administracións educativa; e coa intención acadar este fin, a comunidade educativa terá acceso ao documento na páxina oficial do centro. No referido a difusión, e de acordo coa Resolución do 3 de setembro do 2021, da Secretaría xeneral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidad Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, o Plan Dixital será aprobado pola dirección do centro unha vez oído o claustro e será elevado como informe ao Consello Escolar.

O Plan Dixital do curso 2023-2024 aparece no seguinte enlace:

PLAN DIXITAL