Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento realizase por parte do Coordinador do Equipo de Dinamización do Plan Dixital quen expoñe os items realizados ou pendentes nas reunións do Grupo de Dinamización do Plan Dixital. Estabéceránse reunións mensuais do Equipo de Dinamización do Plan Dixital para coordinar as accións recollidas no Plan Dixital e o seu seguimento, así como a análise e a valoración dos resultados obtidos. Así mesmo nestas reunións se recolleran as propostas de mellora oportunas.
Se traballaron diferentes obxetivos.
Considéranse conseguidos o obxetivo nº 6"Detectar e evitar os casos e evitar a brecha dixital entre alumnado con e sen recursos" e a mior parte do obxectivo nº 7(salvo a acción 7.4) prograqmada paro o mes de xullo e o nº3 pendente seguir realizando diferentes actividades de acordo coas programacións de aula.
Moitas das acción empezaron o seu desenrolo e espéranse acadar os obxectivos antes da finalización do curso.
Detectouse a imposibilidade de facer á monitorización en vivo do uso dos ordenadores Edixgal por falta de medios.
Durante o segundo trimestre a maior parte das accións cometidas teñen que ver con proxecto de POLOS CREATIVOS (PL) e a formación dos docentes do equipo de Polos Creativos:
- Termináronse as 3 sesións telemáticas do Coordinador de Polos
- Fíxose formación técnica sobre a cortadora de vinilo e a cortadora láser.
- Asistiuse vía telemática (Xefe de Estudos) e Coordinador PLan Dixital a charla informativa sobre a acreditación da competencia Dixital deo Alumnado.
- Descartouse a realización do curso de Google Educator polo profesorado que se había realizado nos dous cursos anteriores.
Durante o tercer trimestre a maior parte das accións estiveron relacionadas co proxecto de POLOS CREATIVOS e a formación dos docentes do equipo Polos creativos.
- Realizáronse as reunións e sesións formativas ata completar as 25 horas de formación do profesorado de Equipo de Polos Creativos: radio escolar, programación de placas microbit, deseño 3D con Blocks CAD, impresión 3D
- Completouse a Formación para Novas persoas coordinadoras de Polos Creativos.
- A hora de redactar esta memoria, estase procedendo a instalar os programas Trace e axente FortiEDR (ferramienta de protección,
detección e resposta avanzada frente a a vulnerabilidades) e de Take Control Agent ( para habilitar a conexion en remoto ) nos equipos de Administración, Secretaría e de Direccións para tratar de evitar brechas de seguridade. - Ainda que se estudaron diferentes presupostos, ainda non se adecuo o espazo que vai a ocupar o material/recursos de POLOS CREATIVOS.
- A 25/06/2024 ainda non chegou ningún material procedente de polos creativos.
- Se adicaron varias sesións da materia de Dixitalización de 4ºESO para practicar coa demo do exame de acreditación da competencia Dixital deo alumnado
- 32 alumnos de 4º ESO se presentaron ao exame de acreditación da competencia Dixital deo alumnado (3 alumnos superaron a proba).
- Non se fixo a enquisa ao alumnado por mor da carga de traballo do Coordinador do plan Dixital.
Avaliación
Estabéceránse reunións mensuais do Equipo de Dinamización do Plan Dixital para coordinar as accións recollidas no Plan Dixital e o seu seguemento, así como a análise e a valoración dos resultados obtidos, e posibles modificacións. Así mesmo nestas reunións se recolleran as propostas de mellora oportunas.
Na mesma tamén reflexionarase, cando existan, sobre as causas de desviación das accións propostas e, se procede, a idonieidade de levar accións diferentes ás inicialmente deseñadas para satisfacer os obxetivos perseguidos.
Considérase cumplidas a maioría das accións.
Non se poideron cumplir, por diferentes motivos alguns das accións:
- Curso de Google Educator, ao non darse a posibilidade
- Enquisa do alumnado a final de curso, por mor da carga de traballo do Coordinador (nesa última semana do curos (imprevisto)
- Monitorización do emprego do ordenador por parte do alumnado por mor de non dispoñer de ordenadores suficientes.
- Crear blogs de aula para los cursos de Educación Primaria (descartouse a súa publicación)
- Creación e difusión dun documento que recolla as normas de emprego dos equipos dixitais
- O reunións de avaliacións, non se fixeron mensualmente, se non cando se requería a petición da Dirección ou da Coordinación do Plan. Considérase innecesario un número tan alto de reunións, tendo en conta que, nalgúns casos, os temas a tratar coincidían moitas veces cos temas tratados no Grupo de Traballo de POLOS CREATIVOS, onde estaban presentes a maioría dos compoñentes do Plan Dixital.
Outras accións, como a do rexistro de incidencias, rexistro de horas adicadas a charlas ou a programación só se conseguiron parcialmente, debido a poca funcionalidade dos formularios creados o do seu acceso.
- Valorar a periodicidade das reunións do equipo do Plan Dixital (Considérase as reunións mensuais moi elebado).
- Valorar a idoneidade de emprego de formularios para a recollida dos datos. Ao ser moitos os formularios, dificulta a seu emprego por parte do profesorado. Podería facerse un documento con todos os formularios enlazados
- Establecer uns novos mínimos de publicacións na páxina web. Posible creación de espazo na nube (blog, wiki, ....) para a publicación das actividades relacionadas cos POLOS CREATIVOS.
- Aumentar as horas de formación interna relacionada coas TIC.
- Dentro da posibilidade, aumentar o número de horas que certos docentes adica o desenvolvemento do Plan TIC e a Polos Creativos, especialmente aqueles docentes encargados do mantemento dos ordenadores do proxecto Edixgal.
- Aumentar a participación do alumnado dos niveis máis baixos de Ed. Primaria e de Ed. Infantil nas actividades da EuCodeWeek ou a Hora do Código.
- Aumentar o número de horas adicadas á programación/codificación, nos cursos máis baixos de Ed. Primaria e Ed. Infantil.
- Valorar a posibilidade de facer de novo a enquisa SELFIE para tratar de avaliar a evolución cos anos.
- Incluir a realización do exame de acreditación da Competencia Dixital Docente por parte do alumnado de 4º, establecendo certas sesións preparatorias.
- Xa que está incorporado nas acreditacións de FProfe, facer reconto de niveis alcanzados da Competencia Dixital Docente por parte do profesorado.
- Adiantar a realización da enquisa ao alumnado de final de curso ao mes de maio.
- Posibilidade de un novo grupo da materia de Intelixencia Artificial en 4ºESO (aumento de 3 horas máis).
- Sinalización de espazos libres de uso de dispositivos móbiles.
- Poñer en dominio FESB os ordenadores de persoal de Dirección, Administración e Secretaría.
- Facer dispoñible ao resto do profesorado (especialmente da ESO e dos últimos cursos de Ed. Primaria) do formulario para rexistrar as incidencias relativas ao mal emprego de dispoiitivos dixitais.
- Na medida do posible aumentar as exposicións de Boas Prácticas relacionadas coas Tecnoloxías da Información e Comunicación.
- Facer partícipe a todo o claustro das mensaxes enviadas dende a UAC realtivas a seguridade.
- Facer 2 veces durante o curso a comunicación ás familias sobre a imposibilidade de empregar o móbil sen fines pedagóxicos.
- Na medida do posible ir incorporando pantallas dixitais ás aulas que non dispoñen dela e outros espazos (Dirección, futuro espazo de POLOS CREATIVOS...)
- Creación dun rexistro do material de POLOS CREATIVOS e do seu emprego dunha base de datos.
- Incorporar a un docente de Ed. Especial ao grupo de POLOS CREATIVOS e nomear especialistas en diferentes ferramentas/máquinas/recursos.
- Na medida do posible, compra de mobiliario cara a creación do espazo de POLOS CREATIVOS.
- Poder formar outra persoa como novo coordinador de POLOS CREATIVOS.
- Realización de curso a través do FProfe no emprego de ferramentas/máquinas/recursos tales como radio escolar, e-téxtil, robótica, deseño 3 D, arduino, microbit...
- Fomentar a realización de cursos presenciais no CFR Pontevedra.
Comunicación e difusión
Cara a dar publicidade/difusión a este Plan Dixital se llevarán a cabo as seguintes accións:
- Comunicación ao resto da comunidade educativa, mediante publicación na páxina web do centro no enderezo https://placeres.fesofiabarat.es/plan_dixital_de_centro/
- Publicación no enderezo de Educalidade: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36006237 (Incluirase un aceso directo a devandita plataforma dende a páxina web do centro).