Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de Dinamización do PD realizará alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.
A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.
Ao longo do primeiro trimestre do presente curso, iniciouse o obxectivo O01PD que consiste en: Sinalar nas publicacións dixitais as fontes dos recursos, alleos ao centro, empregados. Están realizadas as accións AO1.1: Reunión informativa sobre normas e dereitos de autor e licenzas de uso; AO1.2: Determinación dos aspectos mínimos de cada publicación referenta á autoría; e AO1.3: Elaboración das pautas de actuación sobre os dereitos de autor e licenzas de uso.
O O02PD: Coñecer o estado da fenda dixital das familias do centro ( PC e wifi) coa súa correspondente acción : AO2.1:Realización dunha enquisa ao alumnado novo que entra ao centro por primeira vez (4º de educación infantil e alumnado doutros cursos que chegan ao colexio) está acadado.
En relación co O03PD: Continuar con Edixgal no 3º ciclo (5º e 6º), están realizadas as accións AO3.1: Formación do profesorado de 3º ciclo; AO3.2: Información e Formación ás familias sobre Edixgal, e AO3.3: Uso de Edixgal (esta última acción lévase a cabo durante todo o curso académico)
O obxectivo O04PD: Incrementar o número de proxectos Interdisciplinares no centro, está iniciado, tendo acadada a acción AO4.1: Posta en funcionamento dunha Aula Virtual para favorecer os proxectos.
O obxectivo O05PD: Empregar ferramentas dixitais para a avaliación do alumnado, está iniciado. temos acadada a acción AO5.1: Creación de grupos de traballo para a aprendizaxe de ferramentas dixitais de avaliación. e a acción AO5.2: Emprego de ferramentas dixitais de avaliación, vai sendo realizada por varios mestres/as desde o inicio de curso.
O obxectivo O06PD:Creación de contidos dixitais, está en marcha. As accións AO6.1: Formación do alumnado e AO6.2: Realización de recursos, iniciouse nos cursos do terceiro ciclo, para ir ampliando ao resto do alumnado durante o segundo e terceiro trimestre.
O obxectivo O07PD: Formación ás familias sobre o control parental nas TICs, xa está cumprido. A acción AO7.1: Información ás familias dunha formación sobre o control parental das TICs, e AO7.2: Realización de xornadas de formación para as familias sobre o control parental das TICs.está acadada xa que á volta das vacacións de nadal, fíxose no centro a xornada para as familias superando o 10% do valor do obxectivo previsto no indicador do mesmo.
En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital cree que o proceso vai por bo camiño.
No segundo trimestre continuouse co obxectivo O01PD que consiste en: Sinalar nas publicacións dixitais as fontes dos recursos, alleos ao centro, empregados. Estamos coa realización da acción AO1.4: Adaptación de recursos ás normas de dereitos de autor.
O O02PD: Coñecer o estado da fenda dixital das familias do centro ( PC e wifi) xa está cumprido.
En relación co O03PD: Continuar con Edixgal no 3º ciclo (5º e 6º), continuamos coa acción AO3.3: Uso de Edixgal (esta última acción lévase a cabo durante todo o curso académico)
O obxectivo O05PD: Empregar ferramentas dixitais para a avaliación do alumnado, a acción AO5.2: Emprego de ferramentas dixitais de avaliación, vai sendo realizada por varios mestres/as desde o inicio de curso.
O obxectivo O06PD:Creación de contidos dixitais. Deste obxectivo, as accións AO6.1: Formación do alumnado e AO6.2: Realización de recursos, continuouse nos cursos E-dixgal no terceiro ciclo e iniciouse no segundo ciclo.
O obxectivo O07PD: Formación ás familias sobre o control parental nas TICs, xa está cumprido.
En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital cree que o proceso vai por bo camiño.
Ao longo do terceiro trimestre do presente curso, continuouse co obxectivo O01PD que consiste en: Sinalar nas publicacións dixitais as fontes dos recursos, alleos ao centro, empregados.
En relación co O03PD: Implantar Edixgal no 3º ciclo (5º e 6º), continuamos coa acción AO3.4: Uso de Edixgal.
O obxectivo O04PD: Incrementar o número de proxectos Interdisciplinares no centro, a acción A04.3: Creación de Proxectos Interdisciplinares. non foi acadada durante este curso escolar.
O obxectivo O05PD: Empregar ferramentas dixitais para a avaliación do alumnado, continuouse co acción AO5.2: Emprego de ferramentas dixitais de avaliación, conseguindo que máis do 30% do profesorado utilice nalgún momento do curso, ferramentas dixitais para avaliar ao alumnado.
Con respecto ao obxectivo O06PD: Creación de contidos dixitais, a acción AO6.2: Realización de recursos. que require unha maior cantidade de tempo e esforzo por parte do docente e o alumnado, conseguiuse o obxectivo inicial que era a creación de 7 contidos.
Avaliación
Durante o curso avaliarase a través da observación e con documentos fotográficos o traballo realizado polo profesorado e alumnado en relación aos diferentes obxectivos e accións.
En xeral, conseguiuse case a totalidade dos obxectivos do Plan Dixital. O que máis tempo levou volveu a ser a creación de recursos por parte do alumnado, xa que é a parte máis complexa, sobre todo nos primeiros cursos, ao ter que darlles formación para poder elaborar ditos recursos.
Neste segundo curso, o obxectivo O04PD Incrementar o número de proxectos Interdisciplinares no centro tampouco se conseguiu. O Proxecto Interdisciplinar de centro conleva moito traballo ao longo do curso, polo que nos parece inviable engadir outro máis.
Suprimir o obxectivo O04PD Incrementar o número de proxectos Interdisciplinares no centro xa que en cada curso escolar so realizamos un. Aumentar ao 35% do profesorado a que utilice as TICs ao longo do curso para a avaliación do alumnado.
Comunicación e difusión
A difusión do Plan Dixital será a través do Claustro e do Consello Escolar.
Informarase ás familias a través de Abalarmóbil de que hai a súa disposición unha copia do mesmo publicada na páxina web do Centro.