Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

NOME DO CENTRO: CPI PL. ARQUITECTO PALACIOS

DIRECCIÓN: Camiño dos lagos nº1, Panxón, Nigrán, Pontevedra

Email: Cpi.arquitectopalcios@edu.xunta.es

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Atopámonos nun C.P.I situado nunha zona costeira.

Tal e como recolle o Real Decreto 132/2010 polo que se establecen os requisitos minímos dos centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e a educación secundaria, o noso centro dispón de pistas deportivas, comedor,departamento de orientación, 2 aulas de pedagoxía terapéutica, ximnasio, biblioteca escolar, salón de actos, aula de tecnoloxía, aula de audiovisuais e aula de informática. O entorno socioeconómico do centro é o propio dunha pequena vila marítimo – pesqueira galega. Se ben a maioría das familias do noso alumnado pertencen a un estrato socioeconómico medio con profesións non ligadas directamente ó mar senón o sector servizos, principalmente ao turismo. Debido a situación COViD-19, o ámbito socio económico das familias sufriu situacións dramáticas, repercutindo negativamente a nivel económico e socio – emocional, o cal vese reflexado no alumnado do centro, repercutindo moi negativamente no seu proceso de ensinanza – aprendizaxe. Nos últimos anos estamos a recibir numeroso alumnado, que son novos residentes na vila, algúns deles de outras nacionalidades e con estratos socio-económicos mediobaixo que por razóns económicas ou familiares tivéronse que desprazar do seu domicilio. As nais e pais do alumnado están organizados nunha ANPA, a Xunta Directiva, ten unha actitude colaboradora co Centro, a participación das nais e pais nas actividades, se ben non é todo o satisfactoria que se desexaría, intensificouse no derradeiro curso. O claustro está formado por profesores cun nivel alto de estabilidade, sobre todo na E.P onde a maioría leva unha media de 20 anos no centro. Nos derradeiros anos, estanse a incorporar ó centro numeroso persoal non fixo debido ó alto grado de xubilacións, polo que na ESO estase a incrementar o número de novo profesorado.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

Dentro dos obxectivos a redactar na Programación Xeral Anual, aparecerán reflictidos os obxectivos do Plan Dixital. Antes de ter o noso Plan, un dos obxectivos que tiñamos marcados era a comunicación dixital entre os docentes así como cas familias. Traballaremos ditos obxectivos a fin de poder conseguir os parametros marcados.

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

O Plan Dixital do CPI PL Arquitecto Palacios, de Panxón, enmárcase dentro do actual marco normativo da lexislativo vixente. Seguindo un orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

  • A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación especifica que se debe promover o uso das TIC como medio didáctico tratando de contribuír a minimizar os efectos da fenda dixital por xénero ou outros aspectos socioculturais. (art 111 bis). Tamén incide en fomentar a confianza e a seguridade no uso das tecnoloxías, prestando especial atención ás situacións de violencia na rede e observando o respecto á normativa reguladora da información dixital e os dereitos de propiedade intelectual ademais de concienciar sobre o respecto dos dereitos de terceiros. O acceso ás novas tecnoloxías basearase nos principios de non discriminación impulsando un compromiso educativo entre familias e centro e neste contexto, deben atender á diversidade propoñendo modelos de programación e materiais accesibles (art. 121). Pax 7 de 32 Para estes fins, a dirección do centro dirixirá, promoverá e coordinará a innovación educativa (art 132).
  • Neste marco lexislativo nacional, a Comunidade Autónoma de Galicia publicou a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021-2022. Nesta normativa autonómica regúlase a elaboración por parte dos centros docentes durante o curso 2021/22 do Plan Dixital (Disposición adicional quinta).
  • Por último, a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 establece que a coordinación do Plan Dixitalserá realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital formado pola persoa directora do centro e outra persoa do claustro, que no caso do noso centro será a persoa coordinadora do equipo TIC.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A principal fonte empregada para a elaboración da análise DAFO foron os resultados obtidos no informe SELFIE. Un informe ebalorado a partir das opinións do equipo directivo, o profesorado e o alumnado do centro educativo, obtido tras a realización de unha serie de enquisas relacionadas con diferenes áreas sobre o uso e coñecemento das tecnoloxías dixitais de ensinanza-aprendizaxe. Os resultados destas enquisas agrupáronse por categorías (etapa educativa e grupo da comunidade educativa), obténdose resultados cuantitativos entre 1 (baixa puntuación) e 5 (alta puntuación). A partir dos resultado obtidos, extraéronse as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades do plan dixital do centro.

* Informe SELFIE

* TCD.

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C13. Traer o propio dispositivo Alumnado Si
Debilidade H11. Aprender a codificar ou programar. Alumnado Si
Debilidade H13. Resolver problemas técnicos. Alumnado Si
Debilidade C.15 Tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Si
Debilidade C.10 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Si
Debilidade C.16 Bibliotecas/Repositorios en línea Infraestruturas Si
Debilidade A4. Tempo para explorar o ensino dixital Organización de centro Si
Debilidade B1. Avaliación do progreso . Organización de centro Non
Debilidade C13. Traer os dispositivos propios. Organización de centro Non
Debilidade C15. Tecnoloxías asistenciais Organización de centro Si
Debilidade A4. Falta de tempo para explorar o ensino dixital Persoal docente Si
Debilidade D3. Intercambio de experiencias Persoal docente Si
Debilidade F6. Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade G 10. Avaliación das capacidades desenvolvidas fora do centro. Persoal docente Si
Fortaleza C8. Dsipositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza H1. Comportamentos seguros Alumnado Si
Fortaleza H3. Comportamento responsable. Alumnado Si
Fortaleza Boa relación coas familias. Familias Si
Fortaleza C.2 Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Si
Fortaleza C.3 Acceso a internet Infraestruturas Si
Fortaleza C.1 Infraestrutura Infraestruturas Non
Fortaleza C.8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza A3 . Novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Fortaleza C14. Espazos físicos. Organización de centro Non
Fortaleza C11. Fenda dixital , dificultades identificadas Organización de centro Non
Fortaleza C12. fenda dixital : Apoio para abordar dificultades Organización de centro Non
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza F5. Colaboración do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza G7. Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Fortaleza Boa relación e implicación co persoal non docente. Persoal non docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Actuacións da administración educativa Administración educativa Si
Ameaza Escasa participación das familias ANPA Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna Contorna Non
Ameaza C3. Calidade da conexión a internet. Contorna Si
Ameaza A5. Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Non
Ameaza Variedade de lexislación educativa e lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Ameaza B4. Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia. Outras Si
Oportunidade Dotación de equipamento tecnolóxico Administración educativa Si
Oportunidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fora do centro educativo Administración educativa Si
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación Administración educativa Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa directiva do Anpa e familias en xeral ANPA Non
Oportunidade Relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa Contorna Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro Contorna Non
Oportunidade C7. Protección de datos Lexislación Non
Oportunidade B3. Colaboracións. Existencia de proxectos externos. Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer unha estratexia dixital
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
O03PD Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado con NEAE .
O04PD Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro
O05PD Crear e fomentar o uso de recursos dixitais na práctica docente.
O06PD Usar Edixgal/Aula Virtual cando non se asista ao Colexio.
O07PD Usar "Espazo titorias" de Abalar.

Seguimento

Procedemento

Para realizar o seguemento dos obxectivos do Plan Dixital do CPI Pl. Arquitecto Palacios nas reunións trimestrais do Equipo de Dixitalización do centro cubriranse o seguementos das accións segundo o seguinte procedemento. Tamén acude ao centro o mentor Adix da nosa zona para valorar o seguimento do Pd.

  • valoración da acción segundo a observación pertinente expresaremos os resultados nos seguintes términos: acadado, acadado parcialmente ou pendente.
  • estado da acción indicando segundo a observación cunha "X" se a acción foi; realizada, aprazada ou pendente.
1º Trimestre

 

-Informouse a todo o profesorado da necesidade de seguir utilizando o Xade é o Abalar para as xestions administrativas, como ben se explica nos obxetivos 1 e 7.

-A comunicación cas familias cada vez é mais rigurosa pola aplicación Abalar, como buscábamos no obxetivo 4.

-En canto o obxetivo número 5, fomento do uso da A.V./Edixtal , o coordinador do Plan Dixital fomenta o seu uso para subir recursos educativos e que os alumnos os teñan a súa disposición.

2º Trimestre

-Non se fixo a reunión específica co profesorado. 1º obxetivo.

-Facemos con 2º charla de "Pegada Dixital", en xaneiro. 2º obxetivo.

-Obxetivo 3º non cumprido directament, pero sí de xeito individual por parte de algúns profesores.

-Mantense o incremento do uso do Abalar entreos profesores, e tamén cas familias. 4º obxetivo.

-Fanse contidos dixitais para o uso na A.V.. 5º obxetivo.

-Non se fixo a reunión, pero se suben contidos á Plateforma. 6º obxetivo.

-Informouse da utilidade de "Espazo Titorías", e o usan catro de cinco titores. 7º obxetivo. 

3º Trimestre

O01PDEstablecer unha estratexia dixital. Realizada.

O02PDColaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital . Realizada.

O03PDAdaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado con NEAE . Realizada. Levouse unha información os titores para que  incluiran esas modificacións nos exerciciios, para os alumnos con dificultades.

O04PDPromover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro. Realizada.

O05PDCrear e fomentar o uso de recursos dixitais na práctica docente. Realizada. Facilitouse información o profesorado.

 O06PDUsar Edixgal/Aula Virtual cando non se asista ao Colexio. Realizada. Materil dispoñible nas Plataformas.

 O07PDUsar "Espazo titorias" de Abalar. Realizada. Un gran parte do profesorado o usa para as titorías.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

  Intentouse facer un Plan Dixital acorde as necesedades do Centro, e lográronse en gran medida. Sería aconsellable que o equipo docente tivera un papel mais activo no uso e na creación de Plataformas dixitais.

Proposta de mellora

  Para o vindeiro curso pódese considerar as seguintes necesidades: 

-seguir con formación ao profesorado en materia dixital.

-reforzar os obxetivos prpopostos ata agora e seguir ampliandos.

-facer actividades cos alumnos nas que teñan que utilizar recursos dixitais e analóxicos.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do CPI Arquitecto Palacios está visible libremente, sen necesidade de loguearse, na plataforma Educalidade (www.edu.xunta.gal/educalidade/) No menu da esquerda picando en plans de Centro e introducindo o código do Centro: 36005865 , ou ben picando directamente nesta ligazón: Enlace directo ao Plan Dixital