Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución
1.1. Datos básicos do centro
Este plan dixital elabórase para o CEIP Nosa Señora de Lourdes, localizado no concello de Mondariz balneario. Os datos relacionados co centro son:

  • Enderezo: rúa da constitución, 21. C.P: 36890. Mondariz Balneario (Pontevedra).
  • Correo: ceip.nosasenhora.lourdes@edu.xunta.gal
  • Teléfono: 886110310
  • Páxina web: h ttps://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhoralourdes/
  • Etapas educativas: infantil e primaria.
  • Nº de alumnado: 52 nenos e nenas.
  • Nº de profesorado: 5

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O colexio at ópase no Concello de Mondariz Balneario, cunha poboación de 650 habitantes e unha superficie de 2,31 km ², sendo o concello máis pequeño de Galicia. Trátase dunha zona rural pouco desenvolvida, sen industria. De tódolos xeitos, por razón das augas termais, é unha das zonas de turismo termal máis solicitadas de Galicia. A maioría da poboación é obreira, cunha renda per cápita é media baixa. En xeral a maioría dos alumnos que asisten ao centro presentan a seguinte tipoloxía:

  • Proceden de familias cun nivel cu ltural medio baixo.
  • Teñen un nivel socioeconómico medio baixo.
  • Hai unas poucas familias cun bo nivel cultural e económico.

A través deste PD pretendemos mellorar a nosa dotación en recursos TIC necesarios para o desenvolvemento das competencias clave tanto na biblioteca como nas aulas. Unha vez que teñamos esa dotación, agardamos obter a formación necesaria para unha pronta integración destes recursos no proceso de ensino aprendizaxe. Deste xeito, este PD contribuirá á PXA do vindeiro curso xa que fome ntará a innovación educativa, mudará certos enfoques metodolóxicos e facilitará a realización de proxectos interdisciplinares.


1.3. Breve xustificación do mesmo: A normativa seguida para a elaboración do Plan Dixital no noso centro é a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021,  da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas dedesenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docimplementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da entes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.


1.4. Proceso de elaboraciónProceso de elaboración
O Equipo de Dinamización do Plan Dixital organizou o proceso de elaboración do PD da seguinte forma:seguinte forma:
En primeiro lugar, realizamos as enquisas SELFIE e CDD para coñecer o nivel de sas SELFIE e CDD para coñecer o nivel de competencia dixital do que partía tanto o alumnado como o profesorado do centro.competencia dixital do que partía tanto o alumnado como o profesorado do centro.
Unha vez acadados os resultados, analizamos os mesmos en base ás fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades. Deste xeito, elabordebilidades, ameazas e oportunidades. Deste xeito, elaboramos o informe DAFO. 
Co balance levado a cabo con todo o traballo previo, redactamos os obxectivos do noso PD. 
Finalmente, o equipo segue reuníndose para a redacción deste plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos o  SELFIE, o test CDD e o DAFO.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias. Alumnado Non
Debilidade Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Familias Non
Debilidade Resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Debilidade Existencia dunha estratexia dixital. Oferta Non
Debilidade Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Debilidade Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Creación de espazos físicos para compartir recursos educativos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Oferta Non
Fortaleza Dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais Oferta Non
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Ameaza Dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Non
Ameaza Condicións socio económicas da contorna. Contorna Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade Relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo (concello). Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Comprobamos que no noso centro hai unha boa formación pero ten moitas necesidades tecnolóxicas. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Posta en marcha da Aula Virtual. Creación de cursos e materias nos ciclos 2º e 3º. 

Solicute ó CFR de Vigo de formación no emprego dos paneles. 

2º Trimestre

Continúa a empregarse a Aula Virtual nos ciclos 2º e 3º. 

Solicitouse ó CFR de Vigo a formación no emprego dos paneis dixitais pero o non ser un grupo de traballo PFPP non se recibiu. 

3º Trimestre

A comunicacion coas familias empezou a facerse a través da aplicación Abalar.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Ao non pedir un PFPP da liña de TICs non recibimos formación.

O traballo que fixemos foi seguir no emprego da Aula Virtual e comezamos a usar a aplicación Abalar como método de comunicación coas familias.

Proposta de mellora

Pedir línea TIC no PFPP do vindeiro curso escolar para poder acceder aos cursos de formación.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan de acción será presentado en claustro e no consello escolar, ao igual que será publicado na páxina web do cen tro. O fin é difundilo para concienciar a toda a comunidade educati va da importancia de dotarnos de recursos e competencias na área das TIC.