Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro

O plan dixital do Ceip de Seixo (en adiante PD) é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que persigue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

Este plan está pensado como un documento vivo que contén os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida das súas posibilidades e o seu nivel actual de formación.

Breve xustificación do mesmo

A normativa relacionada co PD do Ceip de Seixo é:

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración

O Ceip de Seixo decidiu organizar un grupo de traballo, dentro do PFPP do centro, para o desenvolvemento do PD. Leváronse a cabo varias reunións de traballo en equipo tendo como referencia o plan marcado polo ADIX 3 de Pontevedra a través da aula virtual na que se atopaba matriculado o coordinador (director do centro). Así mesmo o coordinador do PD mantivo constante comunicación co coordinador ADIX 3 en moitas fases da elaboración deste Plan.

As fases de elaboración PD foron as seguintes:

  • SELFIE (co correspondente análise dos resultados).

  • Test CDD (co correspondente análise dos resultados).

  • Elaboración da DAFO (tomando como principais referentes o Informe SELFIE e os resultados do Test CDD).

  • Elaboración do Plan de Acción.

  • Redacción final do PD.

Durante este proceso tamén se foron marcando reunións informativas co Claustro para manter informado ao profesorado da situación na que se atopaba o PD en cada momento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • INFORME SELFIE
  • TEST CDD
Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O ALUMNADO NON OUTORGA RECOÑECEMENTO AO TRABALLO DOS DEMAIS. Alumnado Non
Debilidade O ALUMNADO AMOSA UNHA BAIXA CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS. Alumnado Non
Debilidade O ALUMNADO DEBE MELLORAR A VERIFICACIÓN DA CALIDADE DA INFORMACIÓN. Alumnado Non
Debilidade O ALUMNADO DEBE MELLORAR AS SÚAS FORMAS DE COMUNICACIÓN. Alumnado Non
Debilidade BAIXA UTILIZACIÓN DA TECNOLOXÍA FÓRA DO CENTRO CON FINS DE APRENDIZAXE. Alumnado Non
Debilidade NECESIDADE DE FORMACIÓN DO ALUMNADO ANTE UN COMPORTAMENTO SEGURO DAS NN. TT. Alumnado Non
Debilidade FALTA DE COMENTARIOS A OUTROS/AS ALUMNOS/AS SOBRE OS SEUS TRABALLOS. Alumnado Non
Debilidade NECESIDADE DE FORMACIÓN DO ALUMNADO ANTE UN COMPORTAMENTO RESPONSABLE DO USO DAS NN. TT. FAMILIAS OFERTA ORGANIZACIÓN DO CENTRO EXTERNOS OPORTUNIDADES Alumnado Non
Debilidade C1. MELLORA DA INFRAESTRUTURA DO CENTRO. Infraestruturas Si
Debilidade B2. NECESIDADE DE AUMENTAR OS DEBATES SOBRE O USO DA TECNOLOXÍA. Persoal docente Si
Debilidade B1. INSUFICIENTE AVALIACIÓN DO PROGRESO. Persoal docente Non
Debilidade B3. HAI QUE MELLORAR A COLABORACIÓN ENTRE O PROFESORADO DO CENTRO E CON OUTROS CENTROS. Persoal docente Non
Debilidade MAIOR ADAPTACIÓN ÁS NECESIDADES DO ALUMNADO. Persoal docente Non
Debilidade FALTA DUNHA RETROALIMENTACIÓN ADECUADA. Persoal docente Non
Debilidade MELLORAR A IMPLICACIÓN DO ALUMNADO. Persoal docente Non
Debilidade INSUFICIENTE AUTOREFLEXIÓN SOBRE A APRENDIZAXE. Persoal docente Non
Debilidade E2. NECESIDADE DE AUMENTAR A CREACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS. Persoal docente Non
Debilidade AUMENTAR O EMPREGO DE CONTORNAS VIRTUAIS DE APRENDIZAXE. Persoal docente Si
Debilidade POUCO FOMENTO DA CREATIVIDADE. Persoal docente Non
Debilidade EXCASOS PROXECTOS INTERDISCIPLINARES. Persoal docente Non
Debilidade PROFESORADO CON COMPETENCIAL DIXITAL INSUFICIENTE. Persoal docente Si
Debilidade NECESIDADE DE PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES DE DPC EN TECNOLOXÍAS DIXITAIS. Persoal docente Non
Debilidade BUSCAR UNHA MAIOR COLABORACIÓN DO ALUMNADO. Persoal docente Non
Debilidade INSUFICIENTE AVALIACIÓN DAS CAPACIDADES. Persoal docente Non
Fortaleza C8. BOA CANTIDADE DE DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA A APRENDIZAXE. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. ADECUADA ASISTENCIA TÉCNICA. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. BOA CANTIDADE DE DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA A APRENDIZAXE. Infraestruturas Si
Fortaleza USO DE NOVAS MODALIDADES DE ENSINANZA. Persoal docente Non
Fortaleza RECOÑECEMENTO DA NECESIDADE DE PDC Persoal docente Non
Fortaleza BO INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS ENTRE O PROFESORADO DO CLAUSTRO. Persoal docente Non
Fortaleza BOA COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. Persoal docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza INSUFICIENTES SISTEMAS DE PROTECCIÓN DE DATOS. Administración educativa Non
Ameaza FALTA DE DISPOÑIBILIDADE HORARIA PARA A MELLORA DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO. Administración educativa Non
Ameaza 2. FALTA DE TEMPO PARA QUE O PROFESORADO PREPARE AS CLASES DIXITAIS E PODER CREAR MATERIAIS E CONTIDOS. Administración educativa Non
Ameaza NECESIDADE DE PROFESORADO DE APOIO PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIAL DIXITAL DO ALUMNADO. Administración educativa Non
Ameaza BAIXA COMPETENCIA DIXITAL DAS FAMILIAS. ANPA Si
Ameaza BAIXA VALORACIÓN POR PARTE DAS FAMILIAS NA NECESIDADE DO USO RESPONSABLE DOS FILLOS/AS POLAS NOVAS TECNOLOXÍAS. ANPA Si
Oportunidade USO DAS NOVAS METODOLOXÍAS É MOI MOTIVANTE PARA O ALUMNADO. Administración educativa Non
Oportunidade ALTO ACCESO AOS RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA. Administración educativa Non
Oportunidade ADECUADO ACCESO A INTERNET NO CENTRO. Administración educativa Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  • Análise cuantitativa do SELFIE: segundo a valoración obtida cun rango de 1 a 5.
  • Análise cualitativa do SELFIE: segundo unha referencia de calidade estimada polo equipo de dinamización do Plan Dixital.
  • Reflexión: segundo o análise de discrepancias nas valoracións dos distintos colectivos (dirección, profesorado, alumnado), referencias doutros centros de igual ou similar tipoloxía, da situación actual e normativa vixente.
  • Formación necesaria do profesorado: segundo as propostas do currículo actual e acreditacións propias do profesorado.

O Equipo do Plan Dixital, unha vez analizados os resultados do DAFO e do TEST CDD elaborou os obxectivos que aparecen nos apartados seguintes.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD AUMENTAR OS DEBATES SOBRE O USO DA TECNOLOXÍA
O02PD AUMENTAR O EMPREGO DAS CONTORNAS VIRTUAIS DE APRENDIZAXE
O03PD INCREMENTAR A CAPACIDADE DO PROFESORADO PARA RESOLVER PROBLEMAS DIARIOS RELACIONADOS CO HARDWARE E SOFTWARE DA SÚA AULA.
O04PD FORMAR A COMUNIDADE EDUCATIVA NUN COMPORTAMENTO SEGURO E RESPONSABLE DAS NN.TT.
O05PD INCREMENTAR O NÚMERO DE NOVOS DISPOSITIVOS DIXITAIS.

Seguimento

Procedemento

Para cada un dos 4 obxectivos que se pretenden conseguir neste PD existen unhas propostas de accións nas que cada unha ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxectivo proposto foi alcanzado y si é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A través das reunións que se estimen oportunas.

Consulta os responsables do seguimento de cada acción.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia para a difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa e tendo en conta o Plan de Comunicación do Centro, baséase nas canles oficiais establecidas pola Xunta de Galicia.
Unha vez aprobado, o Plan Dixital será publicado na páxina web do centro e farase difusión do mesmo, a toda a comunidade educativa, a través de Abalar móbil, indicando na mensaxe unha breve explicación do documento así como da súa ubicación na páxina web do centro.
A partir deste punto de partida e a maiores empregamos un blog da Biblioteca e as redes sociais para dar publicidade a todo o que se fai no centro.
• WEB: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipseixo/
• BLOG: http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/