Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. DATOS BÁSICOS DO CENTRO

  • Nome do centro: IES ILLA DE TAMBO
  • Enderezo: Pontevedra, Marín, rúa da Estrada s/n 36900
  • Correo web: ies.illa.tambo@edu.xunta.gal
  • Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/iesillatambo/
  • Etapas educativas: ESO e Bacharelato.

1.2. CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

Localizado no centro urbano da localidade de Marín o IES Illa de Tambo emprázase na rúa da Estrada s/n. 36900 Marín, a tan só 7 km do centro da capital de provincia de Pontevedra.

O concello de Marín ocupa 36 Km2, cunha poboación –segundo o censo do INE do ano 2014– de 25.329 habitantes. O alumnado do IES Illa de Tambo provén das sete parroquias nas que se reparte esta poboación do concello: Marín, San Xián, Mogor, Seixo, O Campo, Santomé e Ardán.

O sector servizos e a pesca son as actividades económicas principais do municipio. O porto pesqueiro de Marín é un dos máis importantes tanto a nivel rexional (o terceiro de Galicia en capturas tras Vigo e A Coruña) como a nivel nacional.

O alumnado que cursa estudos no instituto procede, maioritariamente, dun entorno urbano e traballador cun nivel económico das familias moi variable, pois se, dunha banda, moitas familias pódense englobar na clase media, tamén contamos cunha salientable porcentaxe de alumnado procedente dunha contorna cunha economía moito máis precaria debido a baixos salarios e pouca estabilidade laboral.

As familias do alumnado traballan, principalmente, no porto e a nas súas industrias auxiliares e no sector servizos. A carón da actividade pesqueira, o centro conta cun destacado porcentaxe de alumnado de familias inmigrantes procedentes na súa meirande parte de Marrocos e de distintos países do África subsahariana. Finalmente, e doutra banda, non podemos deixar de anotar que, pola súa proximidade á capital, Marín é tamén un concello residencial para moitas familias que desenvolven a súa actividade laboral na cidade de Pontevedra ou municipios próximos.

O Plan Dixital (PD) de centro forma parte do Proxecto Educativo de Centro. Os obxectivos do plan dixital de centro atópanse estreitamente relacionados cos demais plans e proxectos do centro.

  • O PD contribúe a unha mellor comunicación coas familias polo que está estreitamente relacionado co Plan de Acción Titorial.
  • Un dos obxectivos do PD e a individualización do proceso de aprendizaxe mediante o uso de novas formas de ensinanza e de avaliación polo que está estreitamente relacionado co Plan de Atención á diversidade.
  • O plan de acción do PD para o seguinte curso consiste nunha serie de accións para a mellora do centro a nivel dixital que debe estar enmarcada na PXA (Programación Xeral Anual).

1.3. BREVE XUSTIFICACIÓN DO MESMO

A normativa relativa ao plan dixital do centro e a seguinte:

  • Art. 111 bis; art. 121 e art 132 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.4. PROCESO DE ELABORACIÓN

O proceso de elaboración do plan dixital correu a cargo do equipo directivo do centro no curso 21/22. Seguíronse os seguintes pasos:

  • 1º PASO | Análise da situación do centro por medio do cuestionario SELFIE.
  • 2º PASO | Análise da competencia dixital docente.
  • 3º PASO | Análise DAFO para detectar necesidades.
  • 4º PASO | Establecemento dos obxectivos do Plan de Acción.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1. SITUACIÓN DE PARTIDA. INFRAESTRUTURA, EQUIPAMENTO E SERVIZOS DIXITAIS

Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro: o centro dispón de acceso físico á rede dende todas as aulas do centro e de cinco puntos de acceso WiFi colocados estratéxicamente. O centro ten a miúdo problemas de conectividade na rede WiFi.

Equipamento dispoñible e identificación dos usos segundo as seguintes categorías:

1. Aulas dixitalizadas: o centro ten unha aula dixitalizada por cada grupo de centro (20 aulas)

2. Proxecto edixgal: o centro non participa neste proxecto

3. Equipos de xestión e administración: o equipo directivo e o persoal de administración posúe dun equipo por membro.

4. Biblioteca: na biblioteca hai dous equipos operativos.

5. Equipos para uso nas salas de profesorado e departamentos: na sala de profesorado hai 4 equipos operativos e nos departamentos 4 equipos.

6. Equipos ultraportátiles para aula móbil: non se dispón de equipos ultraportátiles.

7. Aulas de informática: o centro ten dúas aulas de informátivca operativas.

8. Dotacións para proxectos específicos: o centro ten 36 ordenadores destinados ao alumnado con fenda dixital para repartir entre alumnado con poucos recursos en caso de confinamento.

Servizos dixitais educativos: no centro úsanse os principais servizos dixitais educativos proporcionados pola administración:

1. Abalar móbil: para comunicarse coas familias

2. Xade: servizo de xestión académica do centro educativo.

3. Aula virtual Moodle: aula virtual do centro.

4. Páxina web do centro

Xestión do mantemento do equipamento do centro: actualmente no centro non hai nin ningún profesor con dedicación horaria para o mantemento do equipamento informático do centro.

2.2. FONTES EMPREGADAS PARA A ANÁLISE DAFO

AUTOAVALIACIÓN SELFIE. No curso 2021-22 levouse a cabo no centro unha autoavaliación usando a ferramenta SELFIE que mostrou os seguintes resultados:

 

TEST CDD. No curso 2021-22 levouse a cabo no centro unha autoavaliación por parte do profesorado da súa competencia dixital usando a ferramenta test CDD da consellería de educación que mostrou os seguintes resultados:

Participación segundo o perfil de profesorado:

- Profesorado definitivo que participa: 20 (de 31) = 64,5% participación

- Profesorado provisional que participa: 4 (de 5) = 80% participación

- Profesorado interino que participa: 1 (de 2) = 50% participación

- Profesorado substituto que participa: 2 (de 3) = 66,7% participación

Puntuación e nivel de competencia do centro:

- Puntuación media do test (sobre 192) = 79,1

- Nivel de competencia: integrador

- Puntuación media do test en Galicia (sobre 192) = 76,4

- Nivel de competencia en Galicia: integrador (B1)

Puntuación e nivel de competencia por etapas:

ESO

- Puntuación media do test (sobre 192) = 79,6

BAC

- Puntuación media do test (sobre 192) = 75,7

Distribución do profesorado por niveis:

- A1 | Total profesorado no nivel de competencia = 1 | 2,9%

- A2 | Total profesorado no nivel de competencia = 12 | 35,3%

- B1 | Total profesorado no nivel de competencia = 10 | 29,4%

- B2 | Total profesorado no nivel de competencia = 10 | 29,4%

- C1 | Total profesorado no nivel de competencia = 1 | 2,9%

- C2 | Total profesorado no nivel de competencia = 0 | 2,9%

- Total: 34 (99,90%)

Interno
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de capacidade para verificar a información Alumnado Non
Debilidade O alumnado non ten a súa disposición no centro dispositivos dixitais a excepción das aulas de informática Alumnado Non
Debilidade Uso pouco seguro das redes Alumnado Non
Debilidade Equipos de aula antigos e con problemas de funcionamento. Infraestruturas Non
Debilidade Problemas coa conexión WiFi Infraestruturas Si
Debilidade Funcionamento erróneo de varias pizarras dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade Persoal do centro con pouca capacidade para arranxar problemas técnicos Organización de centro Si
Debilidade Unha parte importante do profesorado non avalia por medios dixitais Persoal docente Si
Debilidade Escasa colaboración entre profesores e intercambio de experiencias Persoal docente Si
Debilidade Escaso fomento da autoreflexión sobre o aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Escaso fomento dos comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo Persoal docente Non
Fortaleza Boa colaboración por parte do alumnado Alumnado Si
Fortaleza A maior parte do alumnado ten acceso a dispositivos dixitais nos seus domicilios. Alumnado Si
Fortaleza A maior parte das familias están acostumadas a comunicarse e recibir información por medios telemáticos. Familias Non
Fortaleza Existencia de 2 aulas de informática operativas Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamento suficiente en todas as aulas Infraestruturas Si
Fortaleza Uso de medios dixitais para a organización interna do centro: comunicacións, rexistros, etc. Organización de centro Si
Fortaleza Algúns profesores/as exploran novas formas de ensino dixital Persoal docente Si
Fortaleza Moitos docentes usan recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Algúns docentes están acostumados a crear os seus propios recursos en liña Persoal docente Si
Fortaleza Algúns profesores empregan medios dixitais para avaliar. Persoal docente Si
Fortaleza Persoal de oficina competente TIC Persoal non docente Si
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo para explorar o aprendizaxe dixital Administración educativa Si
Ameaza Aumento da burocracia Administración educativa Non
Ameaza A lei de protección de datos limita moito as ferramentas dixitais que se poden utilizar Lexislación Si
Oportunidade A administración educativa está interesada en promover a dixitalización dos centros Administración educativa Non
Oportunidade O plan de formación do profesorado ofrece a oportunidade de formar aos docentes con insuficientes competencias TIC Administración educativa Non
Oportunidade Posta en marcha do plan dixital Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA do centro mostrase receptiva e colaboradora coas propostas do centro. ANPA Non
Oportunidade Varias entidades externas están facendo esforzos por promover o uso das TIC Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Plan de Acción anual consiste nas accións que se levarán a cabo cada curso escolar para cumplir os obxectivos do PD.

O Plan de Acción establécese a partir das necesidades e recursos dispoñibles detectados no análise DAFO no curso 21/22 e será modificado anualmente segundo a evolución da consecución dos obxectivos e dos recursos dispoñibles.

Unha vez realizada a análise DAFO identifícanse as áreas de mellora prioritarias xunto coas debilidades e fortalezas do centro. Isto permite fixar uns obxectivos para o curso académico actual que teñen que ser específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal. Os obxectivos e as accións necesarias para cumprir os devanditos obxectivos así como a súa secuenciación e indicadores de consecución establécense a continuación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD MELLORAR A CALIDADE DA REDE WIFI NO CENTRO
O02PD AUMENTO DE EMPREGO DE CONTORNAS VIRTUAIS DE APRENDIZAXE
O03PD FOMENTAR O EMPREGO DE NOVAS FORMAS DE AVALIACIÓN

Seguimento

Procedemento

Reunións períodicas mensuais e trimestrais baixo consulta ao responsable de cada acción. 

1º Trimestre

Non se realizou seguimento do 1º trimestre por estar o coordinador do plan dixital de baixa.

 

2º Trimestre

Non se consideran acadados os obxectivos propostos do plan dixital. A causa principal e o longo período de ausencia do coordinador do plan. Por outro lado, dende o centro non se solicitou unha línea de formación tic dentro do novo PFPP, senón que se decidiu participar no programa Polos Creativos. Por outro lado realizouse una encuesta entre o profesorado sobre o uso das TIC: 

3º Trimestre

Durante este trimestre observase un normal desenvolvemento do plan dixital. Realizouse a análise dos datos do cuestionario TIC. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do Plan Dixital realizarase:

  • 1.) Unha AVALIACIÓN PROCESUAL unha vez o trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • 2.) Unha AVALIACIÓN FINAL ao finalizar o curso académico no que se valorará: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O final do curso procederasé a recollida do indicador de logro acadado para cada un dos obxectivos e así comparalo co valor previsto, segundo a consulta ao responsable do obxectivo. 

OBXECTIVO 1

  • INDICADOR DE LOGRO PREVISTO: 2 días con eeros na rede wifi.
  • INDICADOR DE LOGORO ACADADO: Non se detectaron erros na rede wifi. 

OBXECTIVO 2 Aumentar o emprego de contornas virtuais de aprendizaxe.

  • INDICADOR DE LOGRO PREVISTO: 75 % de utilización polo profesorado.
  • INDICADOR DE LOGORO ACADADO: Todo o profesorado usa as aulas virtuais.

OBXECTIVO 3  Fomentar o uso de novas formas de avaliación.

  • INDICADOR DE LOGRO PREVISTO: 25% do profesorado usa medios dixitais para avaliar.
  • INDICADOR DE LOGORO ACADADO: Non se dispoñen de datos.
Valoración xeral

Consideráse postiva a implementación do plan dixital no centro. 

Proposta de mellora

Mellorar a formación en TICs do profesorado e mellorar a coordinación entre profesores do mesmo nivel. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital do centro estará dispoñible na páxina web do centro