Breve xustificación do mesmo
Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2024-2025.
Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2024- 2025.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024-2025.
Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
Sitúase nun marco dun claro pluralismo de opcións educativas dentro da sociedade, e ofrécese como un medio real para facilitar o exercicio da liberdade que teñen os país ao elexir o modelo de educación para os seus fillos/as. É unha escola cristiá. Potencia a integración no medio social e cultural inmediato e da resposta as necesidades reais do alumnado.
Está acollido:
- Ao réxime de concertos educativos vixentes.
- A lexislación actual sobre educación infantil, primaria e secundaria.
- Baseado nos principios básicos do carácter propio dos Centros Vicencianos pretendendo dar resposta a un novo concepto de educación.
A finalidade do noso Centro Educativo é que os estudantes aprendan e se formen como individuos a sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización mellora a través da súa práctica e reflexión sobre ela, así como as relacións que establece co seu contorno.
O Plan Dixital do Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo no que se inclúe outros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo do Centro e ambos documentos deberán estar en total consonancia e ser complementarios.
Proceso de elaboración
Descrición da oganización e do proceso de elaboración do PD:
- A elaboración do Plan Dixital foi levado a cabo polo Equipo TIC involucrando en moitos momentos ao resto do claustro.
- Unha vez rematado darase a coñecer ao personal do centro para a sua aprobación e difusión do mesmo antes de rematar o curso.