Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Breve xustificación: Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nun entorno dixitalizado. O uso da tecnoloxía nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, desde as relacionadas coas cuestións organizativas, ata as propias dos procesos de ensinanza e aprendizaxe é xa imprescindible.  A educación é un recurso clave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas. A Estratexia Dixital Europea recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais, que á súa vez permitan aproveitar as oportunidades. Por outra parte, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Mediante o presente plan, preténdese: Avaliar a situación dun centro educativo con relación ao uso da innovación e das TIC para desenvolver un proceso de transformación no centro, recoñecer o Plan anual dixital como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa, transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente e valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas.

Contextualización:

Contribución ao Proxecto Educativo do centro: A finalidade do noso centro educativo é que o alumnado aprenda e se forme como individuo na sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece co seu entorno. O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que ven recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Proceso de elaboración: O Equipo de Dinamización do Plan Dixital está constituído polo Coordinador TIC, o Secretario, o Vicedirector, o Xefe de Estudos e a Directora do centro.  Desde o mes de novembro de 2021 comezouse a elaboración do Plan Dixital, celebrándose reunións periódicas para planificar o desenvolvemento das distintas etapas: Elaboración do informe SELFIE (novembro-decembro), Test CDD (xaneiro-febreiro), análise DAFO (marzo), elaboración do Plan de Acción: obxectivos, indicadores e accións (abril-maio), elaboración definitiva do Plan Dixital (maio-xuño).

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Informe SELFIE: A Comisión Europea desenvolveu a ferramenta de autoavaliación SELFIE, dispoñible de forma gratuita para todos os centros educativos, que permite obter en liña un informe de autoavaliación do centro (Informe SELFIE). Para a análise da situación e realizar seguimento do centro no ámbito da innovación seescolleuse esta ferramenta, que organiza a información segundo os bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta autoavaliación: Liderado, Colaboración e redes, Infraestrutura e equipos, Desenvolvemento profesional continuo,  Pedagoxía: apoios e recursos,  Pedagoxía: implementación na aula, Prácticas de avaliación, Competencias dixitais do alumnado

- Test CDD

 

 

 

 

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente comportamento seguro e responsable Alumnado Non
Debilidade Insuficiente verificación da calidade da información Alumnado Non
Debilidade Insuficiente coñecemento sobre dereitos de autor e licenzas de uso Alumnado Non
Debilidade Acusada existencia de fenda dixital entre o rural e o urbano Familias Non
Debilidade Inexistencia do despregamento vertical da rede Infraestruturas Non
Debilidade Falta de conexión adecuada para o acceso a Internet dos ciclos formativos da familia de Informática e Comunicacións Infraestruturas Non
Debilidade Insuficiente espazo físico para implantación de novas ensinanzas Oferta Non
Debilidade Colaboración insuficiente coas empresas Organización de centro Non
Debilidade Non se utilizan de xeito suficiente tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan de xeito suficiente tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Non existe suficiente reflexión sobre o uso das TICs Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan de xeito suficiente tecnoloxías dixitais para avaliar ao alumnado Persoal docente Non
Debilidade Non existe colaboración suficiente con outras entidades Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta de xeito suficiente a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade Necesidades de adaptación dos recursos dixitais ás necesidades do alumnado para mellorar a súa inclusión e a súa creatividade Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais e de procesos de avaliación entre iguais Persoal docente Non
Debilidade Auxiliar de conversa compartido con outro centro Persoal non docente Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitais para a aprendizaxe (eDixgal e aulas de informática) Alumnado Non
Fortaleza Compromiso das familias co uso e protección do equipamento dixital Familias Non
Fortaleza Están actualizados os equipamentos Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza Excelente asistencia técnica a cargo do Departamento de Informática Infraestruturas Non
Fortaleza Adecuada política de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Suficientes dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de Aula Mentor no Centro Oferta Non
Fortaleza Existencia dunha ampla oferta educativa no Centro Oferta Non
Fortaleza Asistencia técnica completa a cargo do Departamento de Informática Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente formación específica TIC Organización de centro Non
Fortaleza Xestión adecuada de repositorios propios e traslado á aula dos cambios metodolóxicos Organización de centro Non
Fortaleza Existencia de estratexia dixital Organización de centro Non
Fortaleza Existe avaliación e certificación o progreso en competencias dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Alta implicación do profesorado nas novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza Dixitalización da comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza Persoal docente Non
Fortaleza Uso de contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado (eDixgal, aulas virtuais, VirtualBox...) Persoal docente Non
Fortaleza Valoración positiva do DPC por parte do profesorado Persoal docente Non
Fortaleza Valoración positiva do intercambio de experiencias con outros centros Persoal docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficiente espazo físico para implantación de novas ensinanzas Administración educativa Non
Ameaza Auxiliar de conversa compartido con outro centro Administración educativa Non
Ameaza Situación laboral da plantilla docente e non docente Administración educativa Non
Ameaza Inexistencia de ANPA ANPA Non
Ameaza Recursos insuficientes na rede dixital existente Contorna Non
Ameaza Falta de apoio para abordar dificultades en relación á fenda dixital Contorna Non
Ameaza Falta dun repositorio común por parte da Administración Lexislación Non
Ameaza Colaboración insuficiente coas empresas Outras Non
Ameaza Non existe colaboración suficiente con outras entidades Outras Non
Oportunidade Existencia de persoal coidador para alumnado con NEE Implantación de imaxe dixital Administración educativa Non
Oportunidade Implantación de novos ciclos formativos de distintas familias profesionais e da FP DUAL da familia de Informática e Comunicacións Administración educativa Non
Oportunidade Organizacións dispostas á colaboración Contorna Non
Oportunidade Uso correcto da Lei de Protección de Datos Lexislación Non
Oportunidade Comunicación das novidades lexislativas Lexislación Non
Oportunidade Colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela Outras Non
Oportunidade Colaboración coa Cruz Vermella para evitar a fenda dixital Outras Non
Oportunidade Colaboración coa Consellería de Emprego en AFD Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Crear unha aula mentor para o seguimento do Plan Dixital (A2*)
O10PD Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais colaborativas (*G1)
O11PD Implementar un Plan de seguimento de alumnado repetidor de ESO (*G1)
O12PD Implementar un Plan de seguimento de alumnado con materias pendentes de ESO (*G1)
O13PD Mellorar a verificación da calidade da información e o comportamento responsable do alumnado(*H3 e H4)
O2PD Mellorar a relación telemática coas empresas (A1*)
O3PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B3*)
O4PD Consolidar, manter e actualizar o equipamento dixital do centro (*C1)
O5PD Mellorar a competencia dixital do profesorado a través de liña de traballo asociada ao Plan Dixital, dentro dun PFPP (*D2)
O6PD Formar ao profesorado recén incorporado no Proxecto Edixgal, dentro dun PFPP
O7PD Formar ao alumnado e profesorado recén incorporado ao centro no emprego do equipamento dixital (*E3)
O8PD Formar ao alumnado e profesorado que se incorpora ao centro ao longo do curso no emprego do equipamento dixital (*E3)
O9PD Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado con dificultades de aprendizaxe para mellorar a súa inclusión e creatividade (*F1)

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizarase do seguinte xeito:

- Avaliación procesual: realizarase unha vez ao trimestre por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, valorando o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, se é o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora

  • Avaliación final: realizarase a final de curso por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora, que se reflectirá na memoria final, que se incluirá na Memoria do centro

1º Trimestre

- Avaliación procesual: realizarase unha vez ao trimestre por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, valorando o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, se é o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora

 

2º Trimestre

- Avaliación procesual: realizarase unha vez ao trimestre por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, valorando o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, se é o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora

3º Trimestre

- Avaliación procesual: realizarase unha vez ao trimestre por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, valorando o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, se é o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora

- Avaliación final: realizarase a final de curso por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, valorando o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, se é o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora e presentarase dito informe ao Clustro de Profesorado e ao Consello Escolar

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • Avaliación final: realizarase a final de curso por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora, que se reflectirá na memoria final, que se incluirá na Memoria do centro

     

Os instrumentos de seguimento do Plan Dixital que contribuirán a facer unha avaliación do desenvolvemento do mesmo serán:

  • Enquisas a profesorado (SELFIE for techers) e alumnado

  • Consecución dos obxectivos a través dos distintos indicadores especificados no Plan de Acción. Cada unha das accións propostas ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen

  • A ferramenta de avaliación SELFIE a través da que l poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro. Recoméndase realizala anualmente a final de curso

 

Valoración xeral

En xeral, a valoración da implementación do Plan Dixital foi moi positiva, xa que a maior parte dos obxectivos foron conseguidos. O obxectivo O10PD  Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais colaborativas (*G1) só se conseguiu parcialmente. O obxectivo O2PD Mellorar a relación telemática coas empresas (A1*)  está desenvolto parcialmente, séguese utilizando o correo electrónico, e emprégase a  sinatura dixital  e a ferramenta de portasinturas. O obxectivo O6PD Formar ao profesorado recén incorporado no Proxecto Edixgal, dentro dun PFPP non se realizou porque non houbo profesorado que precisara  dita formación.

Dos 13 obxectivos que ten o Plan Dixital do centro, acadáronse 10 e só tres non se puideron completar: un deles conseguiuse parcialmente, outro está pendente para o próximo curso  e outro non se realizou.

Polo tanto, a valoración  xeral da implementación do Plan Dixital no curso 2022-2023  no centro  é  altamente positiva.

Proposta de mellora

- Revisar os obxectivos do Plan Dixital   para ver se hai algún deles que haxa que modificar ou eliminar

- Continuar coa liña de traballo que  se ven implementando no centro desde hai moitos cursos

- Poñer en marcha a formación necesaria para utilizar os novos encerados dixitais que se van instalar no centro

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

- Difusión do PD  ao Claustro: presentación do PD en reunión do Claustro de profesorado

- Difusión do PD á comunidade educativa:  a través da páxina web do centro

Ligazón ao PD: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/node/2414

Consultar en Educalidade