Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

O Plan Dixital de Centro recollerá as accións para mellorar a competencia dixital de todo o centro. Está claro que estamos nun momento no que a tecnoloxía é imparable, pero existen na actualidade moitos recursos, ferramentas e servizos que permiten mellorar a calidade educativa en todos os seus ámbitos. Non podemos dar as costas a esta realidade e desde os centros debemos abordar a tecnoloxía como un proceso máis global, o noso centro debe ser un axente de transformación e para iso necesitamos un plan de mellora. O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes permítenos facer unha análise da realidade do noso centro e crear un plan de acción acorde cos resultados obtidos da mesma. 
A lexislación que tivemos en conta para a elaboración do mesmo foi a seguinte:
      
    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
    • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

CONTEXTUALIZACIÓN

 O CEIP Xesús Golmar atende a un sector de poboación ubicado na zona centro de Galicia, a 68 km da capital provincial. O relevo do municipio está caracterizado polo val fértil do río Deza. Limitando co val, tamén conta con zonas montañosas, destacando os Montes de Testeiro e a Serra do Candán. 
      Son moitas as referencias da pegada prehistórica neste municipio: castros, topónimos, mámoas… e da pegada prerrománica: cerámica, machetes… Conta con Pazos como o de Liñares, Bendoiro, Cardexía…; capelas e igrexas con características arquitectónicas dos estilos románico, barroco e neoclásico e de épocas anteriores que remontan ao século X; cruceiros, petos de ánimas, pombais, fontes, lavadoiros e muíños que constitúen unha parte destacada da arquitectura popular. 
      Tamén discorre a ruta do camiño de inverno que vai cara Santiago. 
      A situación de Lalín como centro xeográfico galego, sitúao como punto de confluencia  comercial importante. 
      O municipio conta con importantes empresas en todos os sectores. Lalín ten os polígonos industriais de Botos e Lalín 2000, con numerosas empresas instaladas neles e tendo proxectada a construción dun terceiro na zona de Catasós. Unha importante industria en Lalín é a téxtil. Hai varias empresas lalinenses de moda de gran importancia a nivel nacional.
      
       O censo do INE do ano 2021 indica que 20.199 persoas residen neste municipio. Actualmente a densidade de poboación é de 61,78 habitantes por Km2. A poboación con nacionalidade estranxeira no Concello de Lalín representa case o 13,27% do total. Na actualidade, no centro, contamos con 35 alumnos e alumnas de 13 nacionalidades diferentes procedentes de catro continentes e con linguas diferentes. Esta realidade converte a Lalín nun espazo privilexiado de intercambio cultural, unha interculturalidade que nos enriquece a todos e a todas.
      
      As familias ás que pertence o noso alumnado son de nivel socioeconómico medio, con vivenda en propiedade a maior parte, empregados, sobre todo, no sector servizos, na construción, no sector agrario, e no téxtil que emprega fundamentalmente á muller. Asiste alumnado das seguintes parroquias: Lalín, Donramiro, Goiás, Botos, Catasós, Filgueira, Sello, Vilanova, A Xesta, Doade, Xaxán, Maceira, Castro, Parada, Alperiz, A Veiga, Carballeda, Alvarellos e Alemparte. Contamos tamén cun número elevado de alumnado estranxeiro, debido a gran cantidade de inmigrantes.

CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO DO CENTRO

A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e desenvolva como individuo da sociedade na que vive. É un segredo a voces que a tecnoloxía forma parte na actualidade da sociedade na que vivimos en multitude de ámbitos, e de seguro, que no futuro do noso alumnado contará aínda con máis presenza. Polo que o PD de centro debe encaixar como elemento imprescindible no Proxecto Educativo de Centro, co Proxecto de Dirección e coa Programación Xeral Anual, estar en consonancia e complementarse cos mesmos. 
O plan Dixital de Centro enténdese como un documento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino aprendizaxe (formación do profesorado e do alumnado) como nos procesos de xestión do centro (formación do resto da comunidade educativa).
Neste senso van encamiñados os obxectivos formulados  no noso Plan de acción así como as liñas de actuación deseñadas para acadalos.

PROCESO DE ELABORACIÓN

 A elaboración deste Plan foi un proceso de traballo e reflexión en Equipo.
      
      Por unha banda, o Equipo do Plan Dixital recibiu a información e formación dentro da liña solicitada polo centro no PFPP. 
      
      Esta formación e a mentorización do Equipo Adix guiou o proceso de elaboración do Plan.
      
      Para a elaboración do mesmo, realizamos as reunións e xuntanzas correspondentes, adicamos sesións á formación (por videoconferencia), tamén houbo tempos de traballo individual para logo debater e chegar ás conclusións e decisións pertinentes.
      
      En ocasións debatemos co resto do claustro e mesmo fixemos pescudas de aspectos e liñas de acción e formación que elaboramos posteriormente por consenso.
      
En definitiva,  o proceso estivo en todo momento unido á reflexión, desde a situación de partida ata a situación de chegada, que desexamos para o noso centro.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O informe Selfie e o Test CDD pódese consultar no Anexo 1.

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade [F.3.]O alumnado emprega a tecnoloxía como ferramenta Alumnado Non
Debilidade Non se fomenta a creatividade. Alumnado Non
Debilidade [H.7.] Non crean contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital da maioría das familias. Familias Non
Debilidade [A.1.]Non existe unha estratexia dixital clara e definida. Organización de centro Non
Debilidade [D.3.]Carécese dun espazo común organizado onde intercambiar experiencias. Organización de centro Non
Debilidade [F.6.] Escasos proxectos indesciplinares. Persoal docente Non
Debilidade [D.1.] Grandes diferenzas no nivel de formación do profesorado Persoal docente Non
Debilidade [B.1.]Non se emprega a tecnoloxía para a avaliación nen a coavaliación. Persoal docente Non
Debilidade Unha porcentaxe significativa non cubriu o SELFIE nen o test CDD Persoal docente Non
Fortaleza [H.3.]O alumnado presenta un comportamento responsable e seguro. Alumnado Non
Fortaleza [C.8.] O alumnado de 5º e 6º conta con dispositivos do proxecto Edixgal. Alumnado Non
Fortaleza O resto do alumnado do centro (fenda dixital) conta con dispositivos Educa en Dixital. Alumnado Non
Fortaleza Conta cun aula de informática. Infraestruturas Non
Fortaleza Existe conexión a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza [C.2.] O centro conta con todas as aulas dotadas de: ordenador, proxector e PDI. Infraestruturas Non
Fortaleza [A.2.] Hai a intención de explorar novas formas de ensino. Oferta Non
Fortaleza As comunicacións realízanse empregando medios tecnolóxicos corporativos. Organización de centro Non
Fortaleza [A.2.]Hai unha boa disposición para levar a cabo a estratexia dixital co profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza [E.1.] O profesorado busca e emprega recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza [D.2.] Alta participación no DPC. Persoal docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza [C.3.] A conectividade ten que mellorar (falla se hai un elevado número conectado) Administración educativa Non
Ameaza [C.5.]Asistencia técnica insuficiente. (feita polo Equipo TICS fóra de horario) Administración educativa Non
Ameaza DPC. A formación ofertada, non se axusta ás necesidades do profesorado(máis práctica) Administración educativa Non
Ameaza O persoal docente e o Equipo TICS non son estables. Administración educativa Non
Ameaza [A.4.]Falta de tempo para explorar a ensinanza dixital. Administración educativa Non
Ameaza Algunhas aldeas do concello non teñen un acceso a Internet de calidade. Contorna Non
Ameaza [C.7.]O descoñecemento da lei de protección de datos xera atrancos e discrepancias. Lexislación Non
Ameaza Excesiva e cambiante burocracia rouba moito tempo. Lexislación Non
Ameaza [B.3.] Existen algunhas colaboracións que valoramos, pero consideramos insuficientes. Outras Non
Oportunidade [A.3.]Fomenta novas modalidades de ensino. Administración educativa Non
Oportunidade [C.8.]Dotación tecnolóxica (contamos con dispositivos no centro Educa en Dixital) Administración educativa Non
Oportunidade [C.8.]Incorporación recente ao proxecto Edixgal (7 aulas traballan con Edixgal actualmente) Administración educativa Non
Oportunidade DPC. Oferta de actividades formativas. Administración educativa Non
Oportunidade O propio Plan Dixital ofrécenos a oportunidade de analizar o noso centro. Lexislación Non
Oportunidade [B.3.] Inicio na colaboración con empresas(Snappet) e co concello (escape room urbano) Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partimos da realidade do noso centro empregando  as seguintes ferramentas de análise (que forman parte do marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes):
    •  SELFIE  
    • test CDD
      
       A partires dos informes xerados polas mesmas, fixemos análises cuantitativas e cualitativas dos datos obtidos para así crear o DAFO do noso centro (debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades).
      
      Unha vez elaborado o DAFO, priorizamos unha serie de  áreas  para as que establecemos obxectivos que formarán o punto de partida do noso Plan de Acción. Para acadalos deseñamos liñas de acción (onde se establecen  os responsables das mesmas,  os indicadores de seguimento e avaliación cos valores de partida e de chegada en termos medibles, así como a temporalización e os recursos necesarios).

Para cada obxectivo deseñamos unha táboa onde recollemos a información antes mencionada e que tamén nos servirá para facer a avaliación e o seguimento do obxectivo na fase de avaliación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear un curso dentro da Aula Virtual do Centro para documentación do PD ou calquera outro aspecto referido ás TICS
O02PD Realizar un debate co claustro sobre a importancia da participación nas diferentes ferramentas de análise, diagnose e avaliación (por exemplo as enquisas de formación, SELFIE, test CDD...)
O03PD Colaborar con outras entidades e centros para desenvolver a competencia dixital(B3)
O04PD Solicitar o Programa de Innovación Educativa: Polos Creativos (C1) (A1)
O05PD Xestionar os dispositivos do programa Educa en Dixital
O06PD Revisar, renovar e mellorar os dispositivos informáticos do centro.
O07PD Mellorar a competencia dixital do profesorado no EVA/Aula Virtual (D1)
O08PD Crear un espazo común onde compartir recursos e experiencias (D3)
O09PD Programar, deseñar, avaliar e compartir un proxecto interdisciplinar de Centro coordinado pola Biblioteca e empregando ferramentas dixitais (F.3)(F.6)(H.7)
O10PD Favorecer a autoavaliación e a coavaliación entre o alumnado (G.6)(B.1)

Seguimento

Procedemento

Realizouse o seguimento dos obxectivos establecidos no plan de acción a través das reunións mensuais co mentor ADIX, adaptando algún dos mesmos como pode ser o nº 4 en relación aos Polos Creativos.

1º Trimestre

A execución do plan de acción realizouse de forma satisfactoria respetando os prazos previstos agás o obxectivo 4 vinculado o Programa de Polos Creativos que finalmente non foi concedido. Así como o obxectivo 7 no que non houbo un itinerario específico de Edixgal.

2º Trimestre

A execución do plan de acción realizouse de forma satisfactoria respetando os prazos previstos agás as accións relaciónadas coa Aula Virtual do centro debido a súa infrautilización.

3º Trimestre

A execución do plan de acción realizouse de forma satisfactoria respetando os prazos previstos agás os relacionados con Edixgal que non se acometeron.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a vorar incluirán  o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración é positiva, favorecendo na maioría dos casos, un aumento da súa competencia dixital así como despertando inquedanza en futuras formacións.

Proposta de mellora

Impulsar o uso da Aula Virtual por parte de todo o profesorado como espacio de formación e intercambio de experiencias.

Retomar os obxectivos non acadados do actual plan. Reformulandoos e adaptandoos a nova realidade do centro.

Fomentar a implicación da comunidade educativa no bo uso das ferramentas dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do Ceip Xesús Golmar estará a disposición de toda a comunidade educativa no propio centro. Unha vez  aprobado informarase á comunidade educativa por diferentes vías como:
- Páxina web
- Abalar móbil