Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro
 Denominación: CEIP Manuel Rodríguez Sinde
 Domicilio: Rúa Tui s/n. A Guarda 36780. Pontevedra
 Teléfono: 886110086/88
 Código do Centro: 36003959
 Cif: Q8655424C
 E-mail: ceip.manuel.sinde@edu.xunta.es
 Páx web: www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelrodriguezsinde/
1.1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto
Educativo do Centro
CEIP Manuel Rodríguez Sinde é un centro educativo situado no centro da vila de A Guarda, conta con seis unidades de educación primaria e tres de educación infantil, especialistas en música, lingua extranxeira, educación física, relixión, dúas mestras de Pedagoxía terapéutica e unha mestra de Audición e linguaxe. A xefa de Departamento de Orientación é compartida co CEIP Nicolás Gutiérrez Campo. Ademais, ten unha coidadora e un auxiliar de conversación. 
Unha parte do alumnado procede de familias onde o pai realiza o seu traballo no sector primario, en traballos relacionados coa pesca. Outra parte, tanto a nai coma o pai adícanse ao sector servizos (comercio, empregados...) Actualmente a crise afecta notablemente ás familias do centro, atopándose nalgúns casos o pai e a nai en paro. Por todo o anterior, cremos que as familias dos nosos alumnos están dentro dunha clase social media e media-baixa.
Centrándonos na liña pedagóxíca, o documento que actúa como carta de presentación e responde ás preguntas de quen somos e que pretendemos ser é o noso Proxecto Educatico de centro, este expresa a estructura organizativa, define e enumera as notas
de identidade do centro e describe os obxectivos e valores que se pretenden inculcar non só ao alumnado, senon a toda comunidade educativa.
Neste documento plásmase, por un lado, os principios de sectorización, integración, normalización e individualización, e por outro, o paradigma educativo centrado no aprendizaxe e no alumno, que regulan a súa realización. A súa finalidade é concretar a estratexia educativa a desenvolver no centro para avanzar na consecución das competencias, entre elas, a que nos compete neste plan: a competencia dixital.
Por tanto, cabe dicir que dende o noso centro educativo trabállase en base a un proxecto de desenvolvemento integrado que ten como centro de partida o equipo de biblioteca.
A partir do tema elixido cada ano, toda a comunidade educativa poderá realizar as actividades propostas ao longo do curso. Para tal fin, os equipos de dinamización, incluido o equipo TIC, participa na distribución de actividades e na colaboración da organización e xestión das mesmas con propostas na mellora da competencia dixital, coma a utilización dos blogs nos distintos equipos de dinamización, os blogs nas aulas, o
uso da aula virtual e a radio escolar, entre outras.
Por outro lado, mencionar que o centro participa nos programas de innovación educativa CP INNOVA ( EDUinnova, EDUexcelencia, Edusaúde) e CP INCLUÉ ( igualeT, conviveT, InclueT e emocionaT). 
Tamén mencionar o alumnado do último ciclo de educación primaria, inmersos na radio , onde gravan os seus programas e Podcast.
Respecto a contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual, teremos en conta que o Plan Dixital ten como obxectivo a dixitalización dos centros educativos, entendese pois que é a ampliación e renovación do plan TIC do dentro coa finalidade de formar á comunidade educativa en base á competencia dixital.
Partindo desta premisa, dende a dirección do centro preténdese a continuación na participación nos programas de innovación educativa, así coma na implicación do claustro na ampliación da competencia dixital mediante a utilización da aula virtual e de ferramentas dixitais. Ademais, intentarase actualizar os equipos tecnolóxicos do centro para fomentar o uso dos mesmos, como as pantallas dixitais interactivas, os ordenadores e as tabletas.


1.2. Breve xustificación do mesmo
En canto a base lexislativa:
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.3. Proceso de elaboración
Dende o Equipo de Dinamización do Plan Dixital fómonos centrando nas diferentes tarefas, realizando diferentes sesións de traballo ao longo do curso, para conseguir plasmar a realidade do noso centro educativo, partir dela e transformala.
Partimos da elección das preguntas da enquisa SELFIE, divulgámolas na páxina web do centro e recopilamos os datos. Mais tarde, axudamos ao equipo docente a realizar o TEST CDD a través das directrices aportadas polos nosos mentores ADIX.
Posteriormente, tras recopilar os datos de ámbalas dúas enquisas e asistir a formación, o equipo reúnese para facer unha valoración nas taboas aportadas polos mentores. Tras esta valoración, realizamos o informe DAFO en sesións de traballo en grupo. A partir desta ferramenta, analizamos a realidade do noso centro educativo dixitalmente falando, é dicir, focalizamos as nosas debilidades e centrámonos en delimitar uns obxectivos de traballo reais.
O noso derradeiro paso, antes da elaboración deste documento, foi reunirnos, redactar os obxectivos de acción que nós considerábamos primordiais e presentalos ante os nosos compañeiros. Unha vez que o claustro estivo conforme , reflexamos as nosas liñas
prioritarias de actuación cara o vindeiro curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Partimos da elección das preguntas da enquisa SELFIE, divulgámolas na páxina web do centro e recopilamos os datos. Mais tarde, axudamos ao equipo docente a realizar o TEST CDD a través das directrices aportadas polos nosos mentores ADIX.

Posteriormente, tras recopilar os datos de ámbalas dúas enquisas e asistir a formación, o equipo reúnese para facer unha valoración nas taboas aportadas polos mentores. Tras esta valoración, realizamos o informe DAFO en sesións de traballo en grupo.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Resolución de problemas técnicos. Falta de creación de contidos por falta de recursos e tempo. Alumnado Si
Debilidade Competencia dixital en xeral. Familias Non
Debilidade Conectividade escasa. Espazos físicos: renovación dos equipos das aulas e da biblioteca para maior utilidade. Infraestruturas Non
Debilidade Uso de ferramentas no coorporativas. No disponemos de EDIXGAL. Oferta Si
Debilidade Implicación do claustro no desenvolvemento dixital. Organización de centro Si
Debilidade Conectividade escasa. Espazos físicos: renovación dos equipos das aulas e da biblioteca para maior utilidade. Outras Si
Debilidade As coidadoras non teñen tempo para adquirir información sobre os soporte técnico de alguns alumnos con necesidades. Persoal non docente Non
Fortaleza Mostrase moi participativo e interesado nas TICS: uso da radio escolar, uso da aula da aula virtual para presentación de traballos e uso de APP para creación de códigos QR ou RA. Alumnado Si
Fortaleza Colaborativas. Comunicación por Abalar. Familias Non
Fortaleza Aula Tic, Biblioteca e recunchos nas aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza Cursos formativos. Ofertades: Páxina web, Aula Virtual, Empregado de ferramentas corporativas. . Centro dunha liña educativa, o que nos permite realizar certas actividades para favorecer as destrezas dixitais. Oferta Non
Fortaleza O equipo directivo fomenta o uso das TIC e ten en conta atención a diversidade na prestación de equipos Comunicación regular e organizada entre os docentes e equipo directivo? Organización de centro Non
Fortaleza Recursos formativos en liña Os mestres e mestras utilizan as tecnoloxías no seu traballo diario co alumnado Profesorado con gran participación Case todo os mestres do centro participan nos cursos de formación dixital do uso da aula virtual Estabilidade laboral do profesorado Persoal docente Si
Fortaleza Estabilidade do persoal non docente. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de dotación de equipos tecnolóxicos. Sobrecarga de traballo. Equipamento obsoleto. Administración educativa Si
Ameaza - ANPA Non
Ameaza Conexión insuficiente. Nivel socioeconómico das familias. Acceso a conectividade e dispositivos por parte das familias. Brecha dixital. Contorna Non
Ameaza - Lexislación Non
Oportunidade Dotación económica. / PLAN DIXITAL Cursos de formación e programas ofrecidos pola consellería Recursos educativos en liña Administración educativa Non
Oportunidade Participación e colaboración moi fluida. ANPA Non
Oportunidade Colaboración co concello. Contorna Non
Oportunidade A referente ao Plan Dixital. Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Realizamos unha análise cualitativa, cuantitativa e modelo de análise dos tres porques.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar ferramentas dixitais na avaliación (G1)
O02PD Crear recursos en liña (E2*)
O03PD Mellorar o funcionamento da aula TIC (C2* C14*)
O04PD Dinamizar o emprego das TIC na biblioteca escolar como fonte de recursos de busca de información. (H12*)

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente farese unha revisión de cumprimento dos obxectivos. Ademais mensualmente faise unha revisión co coordinador ADIX da zona. 

1º Trimestre

Reunión co meu coordinador ADIX.
Comprobamos o acceso á Aula Virtual ADIX_Tui que empregaremos
como principal medio de comunicación, en todo caso mantemos
abertas todas as posibles liñas (correo electrónico, comunicación
telefónica co centro e móbil persoal, vídeo conferencia,...).
Tamén comprobamos o acceso á aplicación EduCalidade con permisos
de edición. Revisamos os distintos apartados da aplicación no PDC,
facendo principal fincapé nos seguintes puntos:
• Introdución
¿ Data de aprobación do Consello
¿ Data de aprobación/ información Claustro
• Contexto DAFO
¿ Revisión e actualización
• Obxectivos
¿ Procedemento de borrado
¿ Procedemento para a creación de novos Obxectivos
¿ Introdución das Accións
• Comunicación e Difusión
¿ Revisión e actualización
• Seguimento
¿ Borrado/Actualización dos cadros de texto
• Avaliación
¿ Borrado/Actualización dos cadros de texto
• Anexos
Trasladoume a notificación recibida desde SSCC indicando que se amplía o
prazo de aprobación do PDC 2023_2024 ata o 06 de novembro.
Tamén comprobamos como os nosos PDC xa son visibles e de ámbito
público na aplicación EduCalidade.
Xa están definidos os Obxectivos do novo PDC e revisamos a edición
dos indicadores e das accións. Está pendente a convocatoria do
Claustro e Consello Escolar para a súa información e aprobación.

2º Trimestre

Nesta 2ª reunión, tras deixar o PDC correctamente trasladado á apliación Edu Calidade, o obxectivo principal é realizar o seguimento de cada un dos Obxectivos analizando as Accións particulares dos mesmos.

Na reunión seguimos a seguinte Orde do Día:

1. Sinatura da acta anterior.

2. Corrección de posibles eivas do PDC na aplicación Edu Calidade.

Revisado todo o trasladado na aplicación non se aprecia ningunha incidencia.

3. Recollida das RRSS utilizadas polo centro educativo.

As RRSS utilizadas quedan recollidas nesta acta no apartado correspondente 

4. Recollida da planificación de formación específica sobre competencia dixital (través dun PFPP)

A formación específica en competencia dixital solicitada no PFPP do centro queda recollida nesta acta no apartado correspondente.

5. Revisión do estado dos Obxectivos 

6. Seguimento particular das Accións vencidas en cada obxectivo.

7. Evidencias documentais para acreditar o cumprimento das nosas Accións e que podemos achegar no seu seguimento.

8. Actualizamos os apartados do 1º e 2º trimestre dentro da lapela Seguimento na aplicación recollendo toda a actividade relacionada coa coordinación do PDC.

3º Trimestre

Tras comprobar que o PDC se atopa no estado de "Plan pechado - Seguimento" dentro da aplicación o obxectivo principal é realizar o seu seguimento, practicamente definitivo. Esta reunión mantense cando queda aproximadamente 1 mes para finalizar o curso e existe a posibilidade dalgunha edición, precia o estado "Finalizado" do PDC, nada aplicación.

Seguimos a seguinte Orde do día:
1. Sinatura da acta anterior.

2. Revisión do estado dos Obxectivos 

3. Seguimento das accións e trimestral

4. Avaliación

Queda pendente realizar as acehgas, antes de pasar ao estado "Finalizado", nos seguintes apartados:

- Valoración xeral.

- Propostas de Mellora.

Esta edición realizarase tras a reflexión do EDPD reflectindo a evolución do PDC ao longo deste curso e focalizando za nos obxectivos que podemos planificar para o curso 2024/2025

5. Revisión Anexos

Achégase no seguimento particular de cada Acción as evidencias documentais das que se dispón (Lapelas obxectivos), no caso doutra documentación auxiliar que se xere ata finalizar o curso, queda á disposición na Lapela Anexos un espazo para ao seu arquivo. 

6. Sinatura da presente Acta.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Durante este curso traballouse de maneira coordinada para acadar todos os obxectivos posibles e mellorar así a competencial dixital do grupo de mestres e do alumnado.

Proposta de mellora

No seguinte curso seguiremos traballando para acadar os obxectivos que quedaron parcialmente acadados e afondar noutros novos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Dende o equipo de dinamización do Plan Dixital do Centro en colaboración co Equipo Directivo, utilizarase como estratexia de difusión á comunidade educativa a través das seguintes liñas de actuación:

  • Proxecto educativo de centro e a programación xeral anual.

  • A través dos plans dos órganos de coordinación docente (biblioteca, TIC e Dinamización da Lingua Galega)

  • Os servizos dixitais do centro, a páxina web, o espazo abalar, aula virtual e os diferentes blogs.

  • A ligazón ao Plan Dixital: Plan dixital