Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O CEIP Rosalía de Castro é un centro público que está situado no concello de O Grove, provincia de Pontevedra, onde o turismo é o sector económico prioritario durante todo o ano. Conta cun total de 14 unidades, cinco de educación infantil e nove de educación primaria. O nivel socio/educativo das familias pode considerarse medio-alto e a lingua predominante é o castelán. Os grupos de aula están formados por alumnado heteroxéneo, presentando diferentes ritmos de aprendizaxe, intereses, motivacións e necesidades. O plan dixital estará destinado a seguir mellorando a dixitalización tanto no alumnado como no profesorado, ademais de fomentar o desenvolvemento das competencias STEM. O plan dixital está directamente relacionado con outros proxectos e programas do centro. En 5º e 6º de educación primaria contamos co programa e-dixgal, o alumnado traballa con contidos nun entorno virtual de aprendizaxe. En 3º e 4º de educación primaria con ordenadores portátiles compartidos para as catro aulas, para poder traballar na aula virtual do centro. A nivel de centro lévanse a cabo actividades de robótica e codificación, matemáticas manipulativas e emprego da realidade aumentada e o croma.

No pasado curso o centro traballou o citado anteriormente e iniciouse no traballo coa impresora 3D, LEGOS e robótica. De cara a este curso continuaremos coas mesmas liñas e comezaremos con liñas novas empregando o makey makey, makecode e scratch.

1.2.Breve xustificación do mesmo.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OB01 Empregar a aula virtual do centro.
OB02 Actualizar a páxina web do centro.
OB03 Converter o espazo creativo nun polo creativo.

Seguimento

Procedemento

 O equipo de Plan Dixital realizará alo menos unha xuntanza trimestral para seguimento e avaliación das liñas de acción e avaliación das liñas de traballo.

   O mentor Adix do centro supervisará dúas veces ao trimestre a evolución do Plan Dixital para o seu seguimento e adaptación.

   A persoa coordinadora do Plan Dixital realizará o seguimento do Plan Dixital empregando a ferramenta Educalidade para a súa avaliación e seguimento baixo a supervisión da persoa Directora do centro.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

OB01.Empregar a aula virtual do centro: Obxectivo non acadado. O alumnado de 3º e 4º iniciouse no uso dos ordenadores portátiles, búsqueda de información en internet, elaboración de documentos office writer.

OB02.Actualizar a páxina web do centro: Obxectivo acadado parcialmente. A información importante do centro continuo publicándose na páxina web do centro, pero a páxina web non foi modificada debido a que se nos recomendou non facelo este curso porque se estaba traballando nunha actualización das páxinas web.

OB03.Converter o espazo creativo nun polo creativo. Obxectivo acadado. Durante o curso escolar o alumnado asistiu a aula de espazo creativo cos seus titores e participaron en actividades plantexadas a nivel de centro.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual:

Trimestralmente nunha reunión do equipo que conforme o Plan Dixital realizarase unha valoración das accións levadas a cabo dentro do plan de acción a fin de reaxustalas e reorganizar a planificación e liña de traballo a seguir, facendo a avaliación dentro das propias táboas. Para o seguimento do Plan de Acción realizaremos unha reunión trimestral específica no equipo de TIC e da CCP para valorar o cumprimento dos apartados reflectidos nas táboas.

Avaliación final: Será recollida nas memorias finais, onde se deseñarán novas liñas e obxectivos de traballo reaxustando e valorando o logro acadado no plan de acción. Estas propostas de mellora serán o punto de partida do plan de acción do vindeiro curso. Apoiarse en indicadores, porcentaxes das táboas de acción, de creación de recursos ou enquisas de valoracións e autoavaliación para reflexión sobre o Plan Dixital, dixitalización do centro e competencia dixital.

Valoración xeral

Este curso escolar un dos obxectivos acadouse na súa totalidade. O espazo creativo empregouse tanto nas horas lectivas, asistindo o alumnado con titores e especialista, como na media hora do recreo, na cal o alumnado puido explorar libremente cos materiais.

Os outros dous obxectivos foron acadados parcialmente. 

Proposta de mellora

No vindeiro curso sería aconsellable replantear os dous obxectivos non acadados e reformular algún obxectivo novo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será aprobado en Consello Escolar, pasará a formar parte da documentación de centro e estará publicitado dentro da páxina web do centro no apartado de documentación para consulta de toda a comunidade educativa. Pode ser publicado na web do centro ou difundido por Abalar Móbil ou Pro e todas as canles de comunicación establecidas no plan de comunicación do centro.

Enlace do plan dixital: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36003807