Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación e relación coa normativa vixente.

Seguindo o art. 121 da LOMLOE: O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5. Devandito proxecto estará enmarcado nunhas liñas estratéxicas e terá en conta as características da contorna social, económico, natural e cultural do alumnado do centro, así como as relacións con axentes educativos, sociais, económicos e culturais da contorna.

Ademais nos seguintes artigos dos decretos 150/2022 e 155/2022 recóllese a obriga de incluír o Plan Dixital No Proxecto Curricular de Centro:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Mediante o presente plan, preténdese:

  • Avaliar a situación do centro educativo con relación ao uso da innovación e as TIC nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.     

  •  Recoñecer o Plan Dixital como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  • Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Centro está situado nunha pequena vila cunha contorna rural de  aldeas ou pequenas poboacións bastante illadas unhas doutras. O transporte escolar é fundamental no día a día do colexio. No aspecto socioeconómico, trátase dun alumnado pertencente a un entorno rural de familias sen grandes problemas económicos nin de estruturación social onde as actividades laborais máis frecuentes teñen relación co traballo no campo, na pequena industria así como no sector servizos. A presenza dos avós no núcleo familiar e a súa axuda na educación dos nenos e nenas é primordial. A lingua materna maioritaria entre o alumnado é o galego,  polo que se considera a lingua predominante.

O plan dixital de centro é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, segundo se recolle na LOMLOE: [O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5.»], co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Este plan debe construírse coa participación de todos os sectores da comunidade educativa de modo que se converta nun proxecto compartido. De igual modo, o Plan de Continxencia para situacións de emerxencia conterá as medidas que garantan a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso, e as previsións para a revisión dos elementos do currículo e das programacións didácticas centradas nos aspectos máis competenciais do mesmo.

O plan dixital de centro debe permitir á comunidade educativa visualizar onde quere que chegue o centro, entender onde está actualmente e trazar o camiño que o leve dun estado ao outro.

Proceso de elaboración.

Para a elaboración do Plan Dixital distinguimos 5 fases no desenvolvemento do mesmo:

  • 1ª fase: realización do SELFIE. O alumnado do 3º, 4º, 5º e 6º cursos e os/as 3 mestres/as definitivos/as no centro farán as enquisas SELFIE. 
  • 2ª fase: realización do test de Competencia Dixital Docente. Realizado polo 90% do profesorado.
  • 3ª fase: análise do informe SELFIE e dos resultados do centro no test CDD. Detección de necesidades, carencias e problemas.
  • 4ª fase: Elaboración do DAFO. Extrapolación dos resultados do informe SELFIE nas catro categorías de análise do DAFO.
  • 5ª fase: Elaboración do Plan de Acción. Redacción de obxectivos a partires dos catro ámbitos que centran a análise DAFO.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE e o TCDD, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Ademais da análise destas dúas ferramentas tamén tivemos en conta as reflexións e debates xurdidos sobre a tecnoloxía no noso centro.

 

 

 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4, H6, H7, H10: malia darlles ferramentas ao alumnado para capacitalos a discernir entre información veraz e non veraz, os mestres pensamos que nos queda moito traballo por facer neste ámbito. Alumnado Si
Debilidade C1, C3, C7: en canto á acceso a internet é importante mencionar que na época que realizamos a enquisa SELFIE fallaba moito a WIFI do centro. Infraestruturas Si
Debilidade A1, A2, B1: ante o cada día máis crecente uso das tecnoloxías dixitais tamén no ámbito educativo vémonos obrigados a desenvolver estratexias para a súa integración, polo que todos debemos poñer da nosa parte para levalas a cabo. Organización de centro Si
Debilidade B1, B3, F3, F5, F6, G3, G6: aínda que moitos mestres deste centro comparten as súas experiencias de uso das tecnoloxías dixitais co resto dos compañeiros, non o fai o 100%. Este é un aspecto a mellorar, xa que implementación na aula destas tecnoloxías é esencial actualmente. Persoal docente Si
Fortaleza C8, C10, H1, H3, H8: o noso alumnado está afeito a usar no centro ordenadores de mesa e portátiles, tablets, ebooks e tabletas gráficas. Estes dispositivos úsanse, na maior parte do tempo, con fins didácticos, polo que é moi importante as pautas sobre seguridade e comportamento que lles damos para facer un bo uso destes e, tamén, para que desenvolvan un pensamento propio e crítico. Alumnado Si
Fortaleza C2, C5, C8, C10: no noso centro, ademais de contar cunha ampla variedade de dispositivos dixitais dos que todos facemos uso, consideramos que estamos cubertos ante o posible fallo dos mesmos, xa que contamos cun competente equipo TIC e a UAC. Infraestruturas Non
Fortaleza A3: é importante que as familias que non pertencen á nosa comunidade educativa coñezan a nosa maneira de traballar integrando as tecnoloxías dixitais e así llo facemos saber nas xornadas de portas abertas e na páxina web do centro. Oferta Non
Fortaleza A3, A4, C5: non todos os mestres do noso centro teñen a mesma competencia dixital, aínda que despois do confinamento tivemos formacións sobre o uso da aula virtual e outras ferramentas.Por iso hai unha continua transmisión de coñecementos por parte dos compañeiros que teñen un maior dominio nesta competencia. Organización de centro Non
Fortaleza A3, A4, B2, D1, D2, D3, E1, E2, E3, E4, F1, F4, G1, G5: como mestres adoptamos novas modalidades de ensinanza e consideramos que dispoñemos de tempo para as aprendizaxes relacionadas coas novas tecnoloxías, compartindo experiencias con outros mestres e centros e coa finalidade de usalas dentro da aula. Ademais, o uso que facemos da ensinanza dixital implica tamén unha avaliación derivada desta, é dicir, que valoramos o traballo dixital do noso alumnado. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5: encontramos dificultades en canto á actualización das maquetas dos ordenadores portátiles usados para DigiCraft. Foi un gran problema porque non podiamos nin empezar as actividades que debíamos facer. As asistencias técnicas remitíannos constantemente duns aos outros sen darnos solucións. Administración educativa Non
Ameaza C11: dado que o noso centro está situado nunha zona rural hai moitas aldeas nas que non hai conexión a internet. Contorna Non
Ameaza C7: os constantes cambios normativos neste aspecto fan que teñamos que revisar a lexislación moi frecuentemente. Lexislación Non
Oportunidade C1, C2, C3, C7, C8, C10: son os que nos dotan da maior parte dos dispositivos dixitais cos que contamos no centro. O curso pasado, e ante as posibles corentenas, enviaron dous ordenadores portátiles para cubrir algunhas das carencias do alumnado que non ten na casa. Administración educativa Si
Oportunidade B3: a Cruz Vermella dotou de conexión sen fíos ás familias que o necesitan, xa sexa por falta de recursos ou por que a esa aldea non chegue a conexión doutra maneira. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O primeiro paso para analizar o DAFO foi fixarnos nos resultados das nosas fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas. A continuación,  examinamos cada unha destas catro categorías para extraer áreas prioritarias e definir obxectivos de mellora. Decidimos usar as nosas fortalezas para mellorar a competencia dixital dos nosos compañeiros formándoos nesta; en canto ás debilidades, definimos obxectivos para atallalas; as oportunidades de mellora veñen proporcionadas pola administración educativa e así esperamos que siga sendo; por último, atopámonos ante ameazas que dificilmente
podemos resolver nós de primeira man, pero ás que sempre trataremos de atopar a mellor das solucións. Finalmente de toda esta análise xurdiron os obxectivos que queremos conseguir.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre mestres e familias a través de abalarMóbil. (A2)
O02PD Formar ó profesorado no uso de software libre. (A1)
O03PD Promover a colaboración con entidades externas. (B3)
O04PD Facilitar dispositivos dixitais para a aprendizaxe ás familias que os necesiten. (C10)
O05PD Identificar problemas de conectividade das familias. (C3)
O06PD Organizar formacións para traballar a competencia dixital a través do PFPP. (D3)
O07PD Crear un banco de recursos dixitais. (E2)
O08PD Crear un banco de actividades enfocadas ás necesidades de alumnado estranxeiro. (F6)
O09PD Crear actividades de avaliación coas ferramentas propias da aula virtual. (G1)
O10PD Familiarizar ó noso alumnado coa análise da veracidade da información.
O11PD Melloras técnicas nas instalacións do centro.
O12PD Actualizar o inventario dixital do centro a partir do 2015
O13PD Solicitar o programa Edixgal da Consellería

Seguimento

Procedemento

Cada trimestre valoraranse o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora se as houbese.

A persoa mentora ADIX realizará visitas ao centro por  trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD  terá acceso á ferramente Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

REVISIÓN PORMENORIZADA  DAS LIÑAS DE ACCIÓN CON PLAZO DE EXECUCIÓN NO 1º TRIMESTRE

MODIFICACIÓNS: 

SEGUIMENTO

  • OBXECTIVO 1: PARCIALMENTE
  • OBXECTIVO 2: PARCIALMENTE
  • OBXECTIVO 3: PENDENTE
  • OBXECTIVO 4: ACADADO
  • OBXECTIVO 5: ACADADO
  • OBXECTIVO 6: PARCIALMENTE
  • OBXECTIVO 7: PARCIALMENTE
  • OBXECTIVO 8: PARCIALMENTE
  • OBXECTIVO 9: PENDENTE
  • OBXECTIVO 10: PARCIALMENTE
  • OBXECTIVO 11: PARCIALMENTE
  • OBXECTIVO 12: PENDENTE
  • OBXECTIVO 13: PENDENTE
2º Trimestre

REVISIÓN PORMENORIZADA  DAS LIÑAS DE ACCIÓN CON PLAZO DE EXECUCIÓN NO 2º TRIMESTRE

SEGUIMENTO

  • OBXECTIVO 1: 
  • OBXECTIVO 2: 
  • OBXECTIVO 3: 
  • OBXECTIVO 4:
  • OBXECTIVO 5: 
  • OBXECTIVO 6: 
  • OBXECTIVO 7: 
  • OBXECTIVO 8: 
  • OBXECTIVO 9: 
  • OBXECTIVO 10: 
  • OBXECTIVO 11:
  • OBXECTIVO 12:

 

3º Trimestre

REVISIÓN PORMENORIZADA  DAS LIÑAS DE ACCIÓN CON PLAZO DE EXECUCIÓN NO 3º TRIMESTRE

SEGUIMENTO

  • OBXECTIVO 1: 
  • OBXECTIVO 2: 
  • OBXECTIVO 3: 
  • OBXECTIVO 4: 
  • OBXECTIVO 5: 
  • OBXECTIVO 6: 
  • OBXECTIVO 7: 
  • OBXECTIVO 8: 
  • OBXECTIVO 9: 
  • OBXECTIVO 10: 
  • OBXECTIVO 11: 
  • OBXECTIVO 12: 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. 

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A principios do curso 2024/2025  procederase á presentación deste plan ao profesorado do centro.

Unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes, e coa aprobación do coordinador Adix,  será publicado o enlace público proporcionado pola aplicación EDUCALIDADE para a súa difusión ante toda a comunidade educativa.

A persona coordinadora do PD terá acceso á ferramenta de Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora e o coordinador Adix.

ENLACE Á PUBLICACIÓN NA PÁXINA WEB