Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Cada trimestre valoraranse o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora se as houbese.
A persoa mentora ADIX realizará visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.
A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramente Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.
REVISIÓN PORMENORIZADA DAS LIÑAS DE ACCIÓN CON PLAZO DE EXECUCIÓN NO 1º TRIMESTRE
MODIFICACIÓNS:
- Engadimos 2 obxectivos (11 e 12)
- Modificación dunha liña de acción do Obxectivo 6 ( a formación en Agueiro farase a nivel interno impartida polo orientador a e coordinadora TIC do centro)
SEGUIMENTO
- OBXECTIVO 1: 1ª, 2ª,3ª ACCIÓN acadadas. (ACADADO PARCIALMENTE)
- OBXECTIVO 2: 1ª ACCIÓN acadada (ACADADO PARCIALMENTE)
- OBXECTIVO 3: PENDENTE
- OBXECTIVO 4: ACADADO
- OBXECTIVO 5: ACADADO
- OBXECTIVO 6: EN PROCESO
- OBXECTIVO 7: EN PROCESO
- OBXECTIVO 8: EN PROCESO
- OBXECTIVO 9: EN PROCESO
- OBXECTIVO 10: PENDENTE
- OBXECTIVO 11: (ACADADO PARCIALMENTE)
- OBXECTIVO 12: PENDENTE
REVISIÓN PORMENORIZADA DAS LIÑAS DE ACCIÓN CON PLAZO DE EXECUCIÓN NO 2º TRIMESTRE
SEGUIMENTO
- OBXECTIVO 1: 1ª, 2ª,3ª ACCIÓN acadadas. Estamos a traballar na 4ª acción (ACADADO PARCIALMENTE)
- OBXECTIVO 2: 1ª e 2ª ACCIÓN acadadas (ACADADO PARCIALMENTE)
- OBXECTIVO 3: PENDENTE
- OBXECTIVO 4: ACADADO
- OBXECTIVO 5: ACADADO
- OBXECTIVO 6: EN PROCESO
- OBXECTIVO 7: EN PROCESO
- OBXECTIVO 8: EN PROCESO
- OBXECTIVO 9: EN PROCESO
- OBXECTIVO 10: PENDENTE
- OBXECTIVO 11: (ACADADO PARCIALMENTE) As causas de que non se acadara por completo son alleas ao centro.
- OBXECTIVO 12: PENDENTE
REVISIÓN PORMENORIZADA DAS LIÑAS DE ACCIÓN CON PLAZO DE EXECUCIÓN NO 3º TRIMESTRE
SEGUIMENTO
- OBXECTIVO 1: ACADADO
- OBXECTIVO 2: ACADADO
- OBXECTIVO 3: ACADADO PARCIALMENTE
- OBXECTIVO 4: ACADADO
- OBXECTIVO 5: ACADADO
- OBXECTIVO 6: ACADADO
- OBXECTIVO 7: ACADADO
- OBXECTIVO 8: ACADADO
- OBXECTIVO 9: ACADADO
- OBXECTIVO 10: PENDENTE
- OBXECTIVO 11: (ACADADO PARCIALMENTE) As causas de que non se acadara por completo son alleas ao centro.
- OBXECTIVO 12: PENDENTE. As causas son alleas ao centro xa que dependemos da Consellería para poder acadar este obxectivo.
Avaliación
Consideramos que a valoración xeral do PD este curso é moi positiva. Os obxectivos 3 e 11 11están parcialmete acadados ( o nº11 depende da administración que renove o cableado do centro). O obxectivo 10 non foi acadado por falta de tempo e o 12 non está acadado por causas alleas ao centro que dependen totalmente da administración. Os demais obxectivos foron acadados.
Veuse unha mellora significativa e un maior interese no profesorado pola formación no eido tecnolóxico. Ao alumnado tamén se lle pode apreciar unha melloría nas súas habilidades dixitais. Dende o centro a comunicación por vías institucionais, xade, abalar é xa un feito. A totalidade da familias empregan Abalar para comunicarse cos titores, o centro... se ben haberá que seguir insistindo coas familias de nova incorporación ao centro.
O emprego este curso da plataforma institucional Agueiro resultou ser unha das mellores bazas deste curso tanto como portafolios dixital, así como traballo colaborativo e mesmo facilitador da redacción e xustificación das memorias finais de curso.
A aposta de formarnos en tecnoloxía de Polos Creativos resultou moi motivadora para o alumnado e profesorado.
Queremos destacar que aínda que consideramos que imos por bo camiño, porque hai melloría en toda a comunidade educativa, precisamos seguir traballando moito neste eido xa que partiamos dun nivel de competencia TIC baixo.
Aínda que as propostas de mellora serán analizadas e precisadas no mes de setembro coa formación do novo claustro, a groso modo, propoñemos:
- Seguir mantendo o obxectivo 1(sobre todo coas familias que cheguen novas ao centro)
- Seguir profundizando nos obxectivos 2, 3, 6, 7, 8, 9 (con novas liñas de acción para algúns deles)
- Apostar por unha formación máis significativa en competencia dixital a través do PFPP (sobre todo enfocada á dotación de Polos Creativos para a que solicitaremos formación técnica e didáctica) e da formación ofertada para a adquisición da Competencia Dixital Docente.
- Insistir nas peticións que realizamos este curso en canto a dotación tecnolóxica (carro de carga para os dispositivos portátiles e renovación do cableado do centro)
- Seguir facilitando dispositivos e conectividade á familias queo precisen (obxectivos 4 e 5)
- Facer a aula de informática máis operativa con algunha reforma e modificación ( sobre todo no que respecta a mobiliario e almacenaxe)
- Solicitar o proxecto Edixgal para o curso 2025-2026
- Seguir co uso da plataforma Agueiro xa que foi unha aposta moi práctica de evidenciar o traballo de centro.
- Profundizar no obxectivo 10 que non foi acadado por falta de tempo.
- Se a consellería manifesta a intención de por en funcionamento a app corporativa inventario, voltaremos a propoñer o obxectivo 12.
Comunicación e difusión
A principios do curso 2023/2024, procederase á presentación deste plan entre o novo profesorado, é dicir, o que se incorpore no presente curso.
Unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes será publicado para a súa difusión ante toda a comunidade educativa na páxina web do centro.
A persona coordinadora do PD terá acceso á ferramenta de Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.
ENLACE Á PUBLICACIÓN NA PÁXINA WEB