Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Os obxectivos e liñas do plan serán incluídos na PXA como liñas prioritarias de acción do centro.
O seguimiento será trimestral. Terase en conta o avance dos obxectivos e a repercusión nas competencias dixitais da comunidade escolar.
Continuar coa mellora e aumento do material informático do centro
- Continuamos coa mellora do material informático. Compráronse 5 CPU novas e 4 pantallas, ademais de ratos, teclados, etc.
- Rematouse coa instalación e mellora da aula de INFO I.
- Recibiuse material do IES Antón Losada Diéguez (material que eles non usan por obseletos).
- Rematouse coa adecuación do salón de usos múltiples en canto ao sonido e mobiliario informático.
Fomentar un comportamiento seguro e responsable de internet por parte do alumnado.
- Charla sobre o internet seguro.
Evitar na medida do posible a fenda dixital
- Préstamo de equipo ao alumnado que non pode acceder ao mesmo.
Facilitar ao profesorado o acceso de maneira rápida a toda información asociada á organización do centro, á documentación básica, a titoriais e a calquera outro tipo de novas organizativas e á lexislación
- Actualización e organización de toda a información na web do centro.
- Folla de instrucións, dentro do plano dixital, para o profesorado substituto.
Formación do profesorado en competencias dixitais
- No primeiro trimestre consolidaronse os grupos de traballo do Plan Dixital e Polos creativos. A formación planificouse para o segundo trimestre.
Mellora da Web do Centro
Mellora nas boas prácticas nas comunicacións dixitais na comunidade educativa, para a adquisición de normas axeitadas, que inclúen a necesidade de desconexión dixital
- Iniciamos co profesorado a desconexión dixital, evitando na medida do posible, as comunicacións fora de horario (noites, fins de semana e festivos). Boa acollida e mellor cumprimento.
Reducir o dano no material nas aulas de Informática
Estase acadando bos resultados coas medidas adoptadas. Alumnado en posto fixo, aviso por parte do mesmo se atopa algunha avaría ou desperfecto e entregar a distribución de alumnas e alumnas por posto de traballo.
Continuar coa mellora e aumento do material informático do centro
- Continuamos coa mellora do material informático, e a reparación do equipo obsoleto, que é a gran maioría do mesmo.
- Instalaronse os 3 PC's novos recibidos, un na xefatura de estudos e os outros dous na sala de profesorado.
Formación do profesorado en competencias dixitais
- Levouse a cabo a formación correspondente a Moodle, uso de recursos, e o uso do mesmo coma libro do profesorado.
Mellora da Web do Centro
Estamos a ver que será un obxectivo que teremos que pospoñer, falta de tempo e é o principal motivo.
Mellora nas boas prácticas nas comunicacións dixitais na comunidade educativa, para a adquisición de normas axeitadas, que inclúen a necesidade de desconexión dixital
- Continuamos coa boa aceptación e boas prácticas por parte das profesoras e profesores profesorado na desconexión dixital, evitando na medida do posible, as comunicacións fora de horario (noites, fins de semana e festivos).
- Queda pendente o mesmo co resto da comunidade educativa, principalmente co alumnado.
Reducir o dano no material nas aulas de Informática
Segue a disminución ata casi a cero no dano no material informático. Na actualidade é practicamente inexistente.
Na terceira avaliación continuamos cos obxectivos 002PD e 007PD, coa publicación dun vídeo cos traballos feitos polo alumnado de 1º ESO e coordinados pola profesora de Educación Plástica e Visual, María Ruzo. Esta publicado na web do centro (ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmanuelgarciabarros/node/3795). A intención do vídeo e promover un uso responsable dos medios dixitais e promover o descanso dixital.
Avaliación
Farase un informe ao final do curso que formará parte da Memoria anual do centro, no que se recollerá o progreso do PD e a propostas de mellora cara o futuro.
En xeral, e cos medios do que dispoñemos, acadáronse case todos os obxectivos, só quedou sen completar o 006PD (Mellora páxina web do centro), basicamente por falta de tempo.
De todas formas é evidente que aínda pódese mellorar máis, sobre todo no equipamento, pero isto non depende unicamente do centro, en realidade depende case que totalmente da administración educativa, porque non dispoñemos dos recursos monetarios para facelo. Temos moitos equipos de 15 anos, que xa deberían ser substituídos, de feito, estamos a recoller material informático que nos pasa o IES Antón Losada Diéguez, a quen desde aquí, damos as grazas. Acaban de chegar 16 equipos novos que se van a utilizar para substituír equipos vellos e completar as aulas de informática, osto que temos grupos de máis de 30 alumnos. Aínda menos mal, pero son insuficientes.
Seguindo co equipamento, levamos 2 ou 3 cursos intentando que AMTEGA arranxe o cuarto do RAC, cousa que ata o de agora non ocorreu. A UAC xa avisou varias veces, pero parece que non da resultado.
En canto ao resto do PD a valoración é moi positiva, conseguimos diminuír nunha grande porcentaxe os danos das aulas provocados por alumnos e alumnas, que respectemos o descanso e desconexión dixital, alumnado sen ordenador no fogar o tiveron ... Só quedou o cambio no aspecto da web, aínda que se mellorou o acceso de toda a documentación tanto ao profesorado coma ao alumnado e familias.
En canto a formación do profesorado a houbo, pero tivemos uns problemas por malos entendidos e mala comunicación. Fíxose xunto coa de Polos Creativos.
E para rematar, non creo que por non ter edixgal sexamos os últimos en recibir os paneis, os PC’s, ... Non vou a poñer nome a este feito porque é moi claro, e desde logo inadmisible nun entorno educativo.
Non estaba cona obxectivos, pero organizáronse as IP’s do centro, fixéronse mapas dos PC’s nas aulas de Informática.
NOTA: fago comentarios que non son exclusivos do PD, pero inflúen en gran medida no desenvolvemento do mesmo.
Seguir afondando en cada un dos obxectivos marcados, nunca deben ter fin, senón ter continuidade curso a curso.
E o poño aparte, necesidade urxente non de 16 equipos novos, senón de 100, os ordenadores máis novos das aulas de informática son o “lixo para reciclado” do IES Antón Losada Diéguez” e que AMTEGA se digne a arranxar o cuarto do RAC. Estas dúas propostas non dependen de nós.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital difundirase empregando os medios de comunicación habituais no centro, que inclúe a páxina web e espazo Abalar