Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Cabada Vázquez é un centro que está situado en Codeseda, no concello de A Estrada, situado nun entorno rural caracterizado pola súa paisaxe natural.

No centro impártense as etapas de 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria.

A etapa de educación infantil conta con dúas aulas en funcionamento, sendo unha delas un grupo mixto. Na etapa de primaria contamos con cinco aulas en funcionamento cun grupo mixto en 5º e 6º. Na actualidade contamos con 83 alumnas e alumnos, 25 en Ed. Infantil e 58 en Ed. Primaria.

Por outra banda, indicar que a maior parte do profesorado do centro participará, ao igual que os cursos anteriores, nunha liña específica do PFPP para seguir formándonos na competencia dixital. Neste curso formarémonos no uso do material que se nos proporcione con Polos Creativos.

O Ceip Cabada Vázquez participa en diferentes programas nos que o uso das TIC tanto como ferramentas do ensino e aprendizaxe así como medios de difusión entre a comunidade educativa resulta imprescindible: Voz Natura, Plan Proxecta, Xogade, PDI “Un ano de cine ” (proxecto de centro), …

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria  na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa para a análise DAFO foron a autoevaluación SELFIE e o Test CDD.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falsa sensación dun comportamento seguro en internet. Alumnado Non
Debilidade Implicar máis ás familias no emprego de recursos ou ferramentas que propón o profesorado. Familias Si
Debilidade No centro non existe un plan para axudar ao profesorado na aprendizaxe híbrida por falta de tempo e persoal cualificado. Non hai repositorios ou bibliotecas en liña e descoñecemos o procedemento para a súa creación e falta de tempo para facer unha recompilación de materiais propios do centro aínda que o centro está a crear o seu propio repositorio. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital definida. Falta acordo entre o profesorado para unha estratexia dixital axeitada ao noso centro. Organización de centro Non
Debilidade Intercambio de experiencias con profesorado doutros centros educativos. Emprego de EVA só como unha ferramenta máis. Emprego de recursos educativos abertos en maior medida. Persoal docente Non
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Creación de contidos dixitais. Habilidades dixitais para diferentes materias. Motivación do alumnado grazas á metodoloxía empregada. Alumnado Si
Fortaleza Amosan disposición a colaborar co centro cando se lles pide. Familias Si
Fortaleza A situación xeográfica do centro, a súa contorna, a metodoloxía empregada para o ensino-aprendizaxe e a dotación para as aulas e para o alumnado son fortalezas que emprega o profesorado para impulsar novas metodoloxías e máis motivadoras para o alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta con comedor escolar de xestión directa e de transporte escolar. Contamos tamén con radio e televisión escolar, impresora 3D, unha horta da que se encarga todo o alumnado, un pequeno galiñeiro con galiñas autóctonas (galiñas de Mos), unha aula da natureza e unha cociña onde realizan obradoiros ao longo do curso. Está en proceso o Proxecto "Patios vivos" para dotar ao alumnado de zonas lúdico-educativas. Oferta Non
Fortaleza Interese por mellorar por parte do equipo directivo e profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Traballo por proxectos en todos os cursos de infantil e primaria. Implicación por parte do equipo docente e directivo. Metodoloxía que se emprega. Ambiente de traballo propicio con interese por mellorar. Aprendizaxe interactiva e divertida. Intercambio de información e puntos de vista entre o profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Intercambiar opinións e a colaboración co alumnado. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Creación de repositorios en liña para o profesorado do centro. Administración educativa Non
Ameaza Desenvólvense actividades encamiñadas a aprender a codificar ou programar pero son insuficientes. ANPA Non
Ameaza Aprendizaxe híbrida: non existe un plan pero si hai apoio ao profesorado que o precise para afrontar dita aprendizaxe. Contorna Non
Ameaza Sobrecarga de traballo burocrático. Lexislación Non
Ameaza Ampliar a colaboración a Ciencia en galego. Xa levada a cabo neste curso 22-23. Outras Non
Oportunidade Asistencia técnica por parte do asesor abalar da zona, UAC e Servizo Premium. Administración educativa Non
Oportunidade Dispoñibilidade de colaboración por parte da ANPA. ANPA Non
Oportunidade Zona rural por pouca cobertura móbil e de rede de internet. Contorna Non
Oportunidade Considérase que, aínda que se coñecen as normas de autor e licenzas de uso, non se teñen en conta o suficiente. Levarase a cabo un seminario neste curso 22-23 para fortalecer este apartado. Lexislación Si
Oportunidade Colaboración con distintas organizacións e entidades como Radio Estrada, gardas forestais, Mans Unidas, Programa Mus-e (Fundación Yehudi Menuhin), etc. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O informe DAFO da unha visión das necesidades do centro e a determina cales son os obxectivos a acadar. Céntranse en continuar co plan de formación do profesorado con liñas encamiñadas a mellorar as nosas debilidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD CONTINUAR PROPORCIONANDO FERRAMENTAS E ESTRATEXIAS AO ALUMNADO DO SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA E AS FAMILIAS PARA ACTUAR DE XEITO SEGURO EN INTERNET.
O2PD CREAR UN ESPAZO MULTIFUNCIONAL COS DIFERENTES RECURSOS DE POLOS CREATIVOS
O3PD CONTINUAR COA CREACIÓN DE ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE DIXITAIS QUE FOMENTEN A CREATIVIDADE DO ALUMNADO (NARRACIÓNS DIXITAIS) EMPREGANDO RADIO ESCOLAR, TELEVISIÓN ESCOLAR, REVISTA ESCOLAR DIXITAL, IMPRESORA 3D, ROBOTS E OUTROS SOFTWARE ESPECÍFICOS.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Plan Dixital realizará unha xuntanza trimestral para seguimento e avaliación das liñas de acción e avaliación das liñas de traballo, e participará tamén das xuntanzas do equipo de TICs, onde se traballará conxuntamente para levar a cabo os obxectivos e accións deseñadas.

   O mentor Adix do centro realizará un acompañamento, supervisión e asesoramento sobre as liñas de traballo para acadar os obxectivos.

   A persoa coordinadora do Plan Dixital realizará o seguimento do Plan Dixital empregando a ferramenta Educalidade para a súa avaliación e seguimento baixo a supervisión da persoa Directora do centro e acompañada polo equipo de Plan Tics.

1º Trimestre

 

 

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguemento e avaliación do P.D. deberá facerse en relación co grao de consecución dos obxectivos establecidos no mesmo.

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 24-25. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos de Educalidade dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de Educalidade para tal efecto. 
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 24-25. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de Educalidade para o seu cumprimento. 
Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital publícase na web do centro no mes de outubro de 2024 e comunícase a súa publicación ás familias a través de Abalar.