Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Para a elaboración do Plan Dixital é necesario ter presente o seu marco lexislativo, por iso téñense en conta as seguintes normas:

- Artigo 111 bis, Artigo 121 e Artigo 132 da LO 2/2006, de 3 maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO, e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

O CEIP Cabada Vázquez é un centro que ofrece as seguintes etapas educativas: 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria.

Os agrupamentos na etapa de educación infantil son mixtos e contamos con dúas aulas en funcionamento cun total de 78 alumnos e alumnas.

O centro conta con 11 mestres e mestras integrantes do claustro de profesorado:

    • 2 educación infantil.

    • 5 educación primaria.

    • 1 especialista educación física.

    • 1 especialista música.

    • 1 especialista lingua estranxeira, inglés.

    • 1 especialista pedagoxía terapéutica.

    • 1 especialista audición e linguaxe, (compartida, con base no noso centro).

E o Xefe departamento de orientación e a mestra de relixión católica (compartidos tendo a base noutro centro).

Como persoal non docente contamos cunha ATE, un conserxe, unha cociñeira e unha axudante de cociña.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa para a análise DAFO foron a autoevaluación SELFIE e o Test CDD.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falsa sensación dun comportamento seguro en internet. Alumnado Non
Debilidade Implicar máis ás familias no emprego de recursos ou ferramentas que propón o profesorado. Familias Si
Debilidade Descoñecemento dos sistemas de protección de datos. No centro non existe un plan para axudar ao profesorado na aprendizaxe híbrida por falta de tempo e persoal cualificado. Non hai repositorios ou bibliotecas en liña e descoñecemos o procedemento para a súa creación e falta de tempo para facer unha recompilación de materiais propios do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Dar maior publicidade de todos os recursos e metodoloxía que emprega o centro. Oferta Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital definida. Saturación de traballo. Descoñecemento dunha estratexia dixital axeitada ao noso centro. Organización de centro Non
Debilidade Intercambio de experiencias con profesorado doutros centros educativos. Emprego de EVA só como unha ferramenta máis. Emprego de recursos educativos abertos en maior medida. Persoal docente Non
Debilidade Non hai un intercambio de experiencias co persoal non docente. Persoal non docente Si
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Creación de contidos dixitais. Habilidades dixitais para diferentes materias. Motivación do alumnado grazas á metodoloxía empregada. Alumnado Si
Fortaleza Amosan disposición a colaborar co centro cando se lles pide. Familias Si
Fortaleza A situación xeográfica do centro, a súa contorna, a metodoloxía empregada para o ensino-aprendizaxe e a dotación para as aulas e para o alumnado son fortalezas que emprega o profesorado para impulsar novas metodoloxías e máis motivadoras para o alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta con comedor escolar de xestión directa e de transporte escolar. Contamos tamén con radio e televisión escolar, impresora 3D, unha horta da que se encarga todo o alumnado, un pequeno galiñeiro con galiñas autóctonas (galiñas de Mos), unha aula da natureza e unha cociña onde realizan obradoiros ao longo do curso. Está en proceso o Proxecto "Patios vivos" para dotar ao alumnado de zonas lúdico-educativas. Oferta Non
Fortaleza Interese por mellorar por parte do equipo directivo e profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Traballo por proxectos en todos os cursos de infantil e primaria. Implicación por parte do equipo docente e directivo. Metodoloxía que se emprega. Ambiente de traballo propicio con interese por mellorar. Aprendizaxe interactiva e divertida. Intercambio de información e puntos de vista entre o profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Intercambiar opinións e a colaboración co alumnado. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Creación de repositorios en liña para o profesorado do centro. Administración educativa Non
Ameaza Desenvólvense actividades encamiñadas a aprender a codificar ou programar pero son insuficientes. ANPA Non
Ameaza Aprendizaxe híbrida: non existe un plan pero si hai apoio ao profesorado que o precise para afrontar dita aprendizaxe. Contorna Non
Ameaza Sobrecarga de traballo burocrático. Lexislación Non
Ameaza Ampliar a colaboración a Ciencia en galego. Xa levada a cabo neste curso 22-23. Outras Si
Oportunidade Asistencia técnica por parte do asesor abalar da zona, UAC e Servizo Premium. Administración educativa Non
Oportunidade Dispoñibilidade de colaboración por parte da ANPA. ANPA Non
Oportunidade Zona rural por pouca cobertura móbil e de rede de internet. Contorna Non
Oportunidade Considérase que, aínda que se coñecen as normas de autor e licenzas de uso, non se teñen en conta o suficiente. Levarase a cabo un seminario neste curso 22-23 para fortalecer este apartado. Lexislación Si
Oportunidade Colaboración con distintas organizacións e entidades como Radio Estrada, gardas forestais, Mans Unidas, Programa Mus-e (Fundación Yehudi Menuhin), etc. Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O informe DAFO da unha visión das necesidades do centro e a determina cales son os obxectivos a acadar. Céntranse en continuar co plan de formación do profesorado con liñas encamiñadas a mellorar as nosas debilidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD MELLORAR O ASPECTO DA AULA VIRTUAL PARA QUE SEXA MÁIS FUNCIONAL E ATRACTIVO PARA O ALUMNADO.(D1:Necesidades no DPC)
O2PD PROPORCIONAR FERRAMENTAS E ESTRATEXIAS AO ALUMNADO DO SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA E AS FAMILIAS PARA ACTUAR DE XEITO SEGURO EN INTERNET. (H1: Comportamento seguro).
O3PD CREACIÓN RECURSOS DIXITAIS PARA EMPREGAR NA PRÁCTICA DOCENTE NAS ETAPAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA (E2:Creación de recursos dixitais)
O4PD EMPREGO DE ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE DIXITAIS QUE FOMENTEN A CREATIVIDADE DO ALUMNADO (NARRACIÓNS DIXITAIS) EMPREGANDO RADIO ESCOLAR, TELEVISIÓN ESCOLAR, REVISTA ESCOLAR DIXITAL E OUTROS SOFTWARE ESPECÍFICOS. (F6:Proxectos interdisciplinares)
O5PD PROMOVER A APLICACIÓN DAS NORMAS SOBRE DEREITOS DE AUTOR E LICENZAS DE USO NAS AULAS VIRTUAIS (A5:Normas sobre dereitos de autor e as licenzas de uso)
O6PD COLABORAR CON OUTRAS ENTIDADES PARA DESENVOLVER A COMPETENCIA DIXITAL (B3:Colaboracións)
O7PD ADAPTAR ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE DIXITAIS ÁS NECESIDADES DO ALUMNADO AO MODELO DUA (F1:Adaptación ás necesidades do alumnado)

Seguimento

Procedemento

O equipo do Plan Dixital reuniuse cada trimestre para valorar a execución das accións e realizar modificacións das accións sempre que se precise.

1º Trimestre

Desenvolvéronse ao longo do primeiro trimestre as accións previstas nos obxectivos sen realizar modificacións nas mesmas. Destacar a creación dun curso na aula virtual co título AULA DE AL na que se incorporaron recursos tics para o profesorado poida usar co seu alumnado.

 

2º Trimestre

No segundo trimestre realizáronse distintas actividades para desenvolver o obxectivo 6 do plan dixital con actividades para desenvolver a competencia dixital do alumnado (Navega con rumbo e charla da Policía Nacional).

Proporcionáronse ferramentas e estratexias para actuar de xeito seguro en internet ao alumnado e as familias dende as titorías de 3º, 4º 5º e 6º de primaria.

Foméntouse a aplicación das normas sobre licenzas de uso e dereitos de autor nas actividades que levaron a cabo o alumnado de 5º e 6º de primaria.

3º Trimestre

No terceiro trimestre continuouse engadindo contidos ao curso creado na aula virtual "Aula de AL" na que se adaptaron actividades de aprendizaxe dixital ás necesidades do alumnado ao modelo DUA.

Así mesmo, leváronse a cabo distintas actividades para desenvolver os obxectivos 4 e 6 sobre as narracións dixitais, na que destacan a revista, radio e televisión escolar e a colaboración con DinamizaTV.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración xeral é positiva aínda que parte do profesorado empeza a ter algunha reticencia sobre o uso da aula virtual por parte do alumnado, que nalgún caso fai un mal uso, e o tempo que algún alumno/a pasa diante dos equipos.

A metodoloxía que se emprega no centro precisa deste tipo de ferramentas que fan que os obxectivos se poidan cumprir.

Proposta de mellora

Propostas de mellora para o vindeiro curso:

- Valorar a necesidade de crear recursos dixitais para a etapa de infantil. Tal e como se comenta na valoración xeral, hai profesorado que empeza a ter dúbidas sobre o emprego das tecnoloxías, sobre todo das pantallas (tabletas, ordenadores, ...) que impliquen que se teñan que usar no ámbito familiar e así limitar o uso dos mesmos ao centro educativo.

- Solicitar formación externa para o alumnado do 2º ciclo como "Navega con rumbo" para conciencialos no bo uso das redes e continuar coa do 3º ciclo.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital foi publicado na web do centro en outubro de 2023 e foi comunidado ás familias a través de Abalar.