Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O colexio compañía de María fundouse en Cangas no ano 1925. Nel  desenvólvense os seguintes niveis educativos: Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria, e Educación Especial (todos eles niveis concertados).

En total, na actualidade, están matriculados no noso centro 

  • Infantil : 49 alumnos
  • Primaria: 154 alumnos.
  • Secundaria : 138  alumnos.

O alumnado procede na súa maioría da contorna de Cangas, pero tamén contamos cun número importante de alumnos/as de zonas máis alonxadas como Moaña e Bueu. O centro conta ademais con 35 profesores.

Mediante o obxectivo do Plan Dixital de Centro, pretendemos:

  • Avaliar a situación dun centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
  • Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  • Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
  • Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Seguindo as pautas establecidas no Proxecto TIC Institucional da Compañía de María, o Plan Dixital do Centro desenvólvese en cada un dos seus colexios no ámbito do Grupo TIC Local (GTL) coa supervisión e apoio do equipo directivo. Contouse así mesmo coa percepción sobre a situación actual e as suxerencias dos alumnos, o persoal do Centro e o seu Equipo Directivo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Poucos dispositivos dixitais exclusivos para os alumnos. Alumnado Si
Debilidade Insuficiente auto reflexión sobre o aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Alumnado con escasos recursos monetarios para destinar a adquisición de novas tecnoloxías. Alumnado Si
Debilidade Insuficiente comportamento seguro do alumnado nas redes sociais. Alumnado Si
Debilidade Diferencias económicas en canto as familias e escaso poder adquisitivo na maioría dos casos. Familias Si
Debilidade Insuficientes sistemas de protección de datos Infraestruturas Si
Debilidade Equipos dixitais para os profesores insuficientes Infraestruturas Si
Debilidade Asistencia técnica mellorable Infraestruturas Si
Debilidade Poucos dispositivos dixitais exclusivos para os alumnos Infraestruturas Si
Debilidade Non existe servizo de transporte. Oferta Non
Debilidade O centro non provee os profesores de dispositivos persoais para a docencia. Organización de centro Si
Debilidade A asistencia técnica do centro e deficiente. Organización de centro Si
Debilidade Insuficiente auto reflexión sobre o aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Pouco debate sobre as vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías na ensinanza. Persoal docente Si
Debilidade Pouco tempo para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Debilidade Escasa creación de recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Debilidade Poucos proxectos interdisciplinarios. Persoal docente Si
Debilidade Non se explota demasiado os lazos externos con persoal non docente no beneficio das melloras educativas. Persoal non docente Si
Fortaleza Alumnado moi motivado co uso das novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado non outorga recoñecemento ó traballo dos demais. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado confía nas súas capacidades e coñecementos tecnolóxicos. Alumnado Si
Fortaleza Familias achegadas ó centro. Familias Si
Fortaleza Experiencia na plataforma de ensinanza online Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de canles virtuais de comunicación Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet en todo o centro Infraestruturas Si
Fortaleza Servizos de extraescolares (deportivas, robótica, ¿). Oferta Non
Fortaleza Servizo de comedor. Oferta Non
Fortaleza Existencia duna estratexia dixital a varios anos vista. Organización de centro Si
Fortaleza Existen sesións de formación anuais promovidas pola organización do centro dentro do calendario. Organización de centro Si
Fortaleza A organización promove a novas modalidades de ensino como a ensinanza online. Organización de centro Si
Fortaleza Promóvese a inclusión do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Proximidade coas empresas e grupos locais para desenvolver proxectos Persoal docente Si
Fortaleza Promoción entre o profesorado de novas innovacións educativas. Persoal docente Si
Fortaleza Existe un base de coñecemento sobre as novas tecnoloxías a disposición dos docentes. Persoal docente Si
Fortaleza Existen lazos con persoal non docente que as veces colabora co centro educativo. Persoal non docente Si
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aumento da burocracia que resta tempo as demais tarefas. Administración educativa Si
Ameaza Centros educativos achegados con máis recursos. Contorna Si
Ameaza Deixar de participar en eventos relacionados co mundo educativo. Contorna Si
Ameaza Non cumprir o 100% coas leis de protección de datos. Lexislación Si
Ameaza A lexislación obriga a ter un plan dixital de centros. Lexislación Si
Ameaza Non ter relacións coas universidades para proxectos conxuntos.. Outras Si
Oportunidade A Consellería de Educación está interesada no desenrolo dun plan dixital de centros. Administración educativa Non
Oportunidade Existen proxectos a disposición do centro tales como: Edixgal, Abalar, ... Administración educativa Si
Oportunidade Achega de recursos extras para o centro ANPA Si
Oportunidade Proximidade e disposición co centro. ANPA Si
Oportunidade Contribución de oferta de extraescolares. ANPA Si
Oportunidade Crear alianzas educativas con outros centros. Contorna Si
Oportunidade Equidade do marco legal común para tódolos centros. Lexislación Non
Oportunidade Obrigatoriedade da conexión de banda ancha chegue a tódolos centros. Lexislación Si
Oportunidade Proxecto Digicraft de Vodafone Outras Si
Oportunidade Involucrarse en máis proxectos con entidades externas. Outras Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Favorecer a formación continua e en cascada do profesorado do centro.
O02PD Crear recursos dixitais en liña para familias e alumnos.
O03PD Crear un banco de recursos en liña por e para o profesorado para empregar na práctica docente
O04PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso de ferramentas online
O05PD Mellorar a rede local do centro
O06PD Resolver os problemas de tempo e número de conexións na rede local do centro
O07PD Completar el carro de tabletas con 10 novos dispositivos
O08PD Elaborar un informe de necesidades de equipamento e catalogar tódolos recursos técnicos
O09PD Colaborar en programas externos para desenvolver as competencias dixitais

Seguimento

Procedemento

En cada ciclo anual:

  • O Grupo TIC Institucional:

Elaborará unha memoria do seu avance nos obxectivos  trienais, remitindo unha copia da mesma para a súa valoración ao Equipo de Titularidade. 

Elaborará unha programación de obxectivos e resultados clave para o ano seguinte baseada na revisión dos seus obxectivos trienais, remitindo así mesmo unha copia da mesma para a súa revisión e aprobación por parte do Equipo de Titularidade. 

  • O Grupo TIC Local:

Elaborará unha memoria do seu avance nos obxectivos  trienais reflectidos no Plan Dixital de Centro, remitindo unha copia da mesma ao Equipo Directivo para a súa valoración e inclusión na Memoria Anual do Centro. Esta memoria elaborarase conforme ao modelo proposto polo  GTI, que tamén recibirá copia da mesma.

Elaborará unha Programación TIC Anual que incluirá obxectivos e resultados clave para o curso seguinte baseada na revisión dos seus obxectivos trienais, remitindo así mesmo unha copia da mesma para a súa revisión e aprobación por parte do Equipo de Titularidade. A programación elaborarase conforme ao modelo proposto polo  GTI, que tamén recibirá copia da mesma.

Ao comezo de cada curso daranse a coñecer á Comunidade Educativa de cada centro os contidos máis relevantes tanto da Memoria como da Programación TIC do seguinte curso.

En cada ciclo trimestral:

  • O Grupo TIC Institucional:

Recollerá a realimentación dos centros con relación ao cumprimento dos seus propios obxectivos e dos obxectivos institucionais.

Revisará os seus obxectivos anuais e trimestrais xunto á súa resultados clave asociados e a realimentación recolleito dos centros.

O  GTI informará aos  GTL da revisión realizada e das súas conclusións e recomendacións.

 

  • O Grupo TIC Local: 

Recollerá realimentación dos distintos estamentos da Comunidade Educativa que considere necesarios con relación ao cumprimento dos obxectivos do trimestre anterior. 

Revisará os seus obxectivos anuais e trimestrais xunto á súa resultados clave asociados e a realimentación recolleito dos centros. 

O GTI informará o Equipo Directivo da revisión realizada e das súas conclusións e recomendacións, que serán trasladadas posteriormente á Comunidade Educativa do Centro, é especial aos sectores máis implicados na consecución dos obxectivos establecidos. 

O grupo TIC Institucional facilitará persoais para a fixación e seguimento destes obxectivos.
 

  • Reunións co mentor ADIx O Grupo TIC Local: 

O trimestre faránse como mínimo unha reunión co mentor ADIX para tratar o seguimento do plan TIC anual.

 

1º Trimestre

Obxectivos traballados este trimestre: 

O01PD: En proceso. Formación en cascada ao profesorado.

  • AO1.1: Conseguida. Decidiuse que sexa o grupo TIC no encargado da formación e mentorización ao resto de profesores.
  • AO1.2: Conseguida. En pequenos grupos foise respondendo e guiando sobre as dúbidas de cada profesor.
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O02PD: En proceso. Crear recursos dixitais para familias e alumnos.

  • AO2.1: Conseguida. Continuarase creando recursos ao longo do curso.
  • AO2.2: Conseguida. Cada profesor creou recursos para a formación, este proceso continuará ao longo do curso.
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O04PD: En proceso. Comunicación entre titores e familias mediante ferramentas online.

  • AO4.1: Conseguida. Revisáronse as diferentes alternativas e presentáronse a dirección (Classroom, Abalar, email, ... )
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O05PD: En proceso. Mellorar a rede local do centro

  • AO5.1: Conseguida.Analizouse a situación actual do centro e valoráronse as posibles opcións para conseguir que a rede chegue a todas coa mellor velocidade posible.
  • AO5.2: Conseguida. Precisáronse as necesidades de estender a rede fixa con 2 puntos por aula, así como tamén estender e revisar a rede wifi.
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O06PD: En proceso. Resolver problemas de tempo en número de conexións na rede local

  • AO6.1: Conseguida. Analizouse a situación actual do centro e resolveuse que o principal problema era a falta de capacidade do router para atender a tódalas peticións.
  • AO6.2: Conseguida. Precisouse  que a principal necesidade era sustituir o router por outro equipo que tivese a capacidade suficiente de resolver as peticións de IP nun tempo razonable.
  • A06.3: Aprazada. Procederase a compra xunto coa mellora da rede local (obxectivo 5) nuns meses. 
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O07PD: En proceso. Completar o carro de tablets con 10 novos dispositivos

  • AO7.1: Conseguida. Posta en marcha software das tabletas. Queda pendente unha solución que mellore a sua utilización completa das apps por parte dos alumnos.
  • AO7.2: Conseguida. Etiquetáronse as tablets e engadíronse o carro co resto.
  • A07.3: Aprazada paro o próximo trimestre. Procederase a formar o profesorado de cara a utilización correcta das mesmas así como para a sua reserva.

ANEXOS:

  • Anexo Adix - 221124
  • Anexo Adix - 221013
2º Trimestre

Obxectivos traballados este trimestre: 

O02PD: En proceso. Crear recursos dixitais para familias e alumnos.

  • AO2.3: Aprazada para o seguinte curso debido a imposición da formación de todo profesorado para a obtención da acreditación de nivel na competencia dixital docente (CDD).
  • AO2.4: Conseguida. Cada profesor traballa cos alumnos en diferentes tarefas utilizando Google Drive, Google Classroom,...
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O04PD: En proceso. Comunicación entre titores e familias mediante ferramentas online.

  • AO4.2: Conseguida. Presentáronse a dirección as conclusións obtidas da acción anterior. Decidíuse realizar a comunicación con familias a través de Abalar para notas e a través de email entre tutor e familias para comunicacións do centro.
  • AO4.3: Conseguida. Formouse ao profesorado: no uso dos novos paneis dixitáis, na radio e podcast, en formacións específicas de editoriais, impresión 3D e demáis formacións continuas.
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O05PD: En proceso. Mellorar a rede local do centro

  • AO5.3: Conseguida. Contratouse a unha empresa para a mellora da rede.
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O06PD: En proceso. Resolver problemas de tempo en número de conexións na rede local

  • A06.3: Conseguida. Mercóuse un servidor que fará as funcións de reparto de IPs que antes realizaba o router da compañía telefónica. 
  • A06.4: Pendente de que ser finalece a instalación do servidor e de fixar datar para a formación.
  • A06.5: Conseguida: A empresa que instalou a rede realizou probas para comprobar a capacidade da rede. O equipo TIC está pendente dos posibles erros que sucedan no futuro.

O07PD: Realizado. Completar o carro de tablets con 10 novos dispositivos

  • A07.3: Conseguida. O profesorado sabe como utilizar e reservar as tabletas.

O08PD: En proceso. Catalogar recursos técnicos e realizar un informe de necesidades.

  • AO8.1: Conseguida. Creouse un mapa cos espazos do centro.
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes trimestres.

O09PD: En proceso. Colaborar en programas externos que desenvolvan compentecias dixitais.

  • AO9.1: Conseguida. O centro inscribíuse en diferentes actividades. Por exemplo: Navega con rumbo, Situaciones de aprendizaje en plataforma de SM, paneis dixitáis TRAULUX, radio e podcast, charlas de identidade dixital de AMTEGA, charlas sobre os riscos de internet do Concello de Cangas, ...
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes anos.

ANEXOS:

  • Anexo Adix - 230316
  • Anexo Adix - 230126
3º Trimestre

Obxectivos traballados este trimestre: 

O01PD: En proceso. Formación en cascada ao profesorado.

  • AO1.3: Conseguida. Traballo desenvolvido ao longo do curso.

O02PD: Conseguido. Crear recursos dixitais para familias e alumnos.

  • AO2.5: Conseguido. Ao longo do curso traballouse coas familias no emprego de diferentes ferranmentas dixitais (correo electrónico, classroom, videoconferencias...)

O03PD: Pendente. Crear un banco de recursos en liña por e para o profesorado. 

  • AO3.1: Conseguida. Profesores das diferentes etapas crean recursos dixitais dacordo co currículo de cada etapa.
  • AO3.2: Conseguida. Publicaronse entre outros un blog para a etapa de infantil e primaria. Emprego de aplicacións como Plikers, Kahoot!, Genially...
  • AO3.3: Aprazada para o seguinte curso. 

O04PD: Acadado. Comunicación entre titores e familias mediante ferramentas online.

  • AO4.4: Enquisa de convivencia realizada a través do portal da xunta. 

O05PD: Acadado. Mellorar a rede local do centro

  • AO5.4: Conseguida. Instalaronse dous puntos de acceso para cada clase do centro. Ademáis de tres switch autoxestionables.
  • AO5.5: Conseguida. Realizaronse probas para comprobar o funcionamento. 

O06PD: En proceso. Resolver problemas de tempo en número de conexións na rede local

  • A06.4: Pendente de que ser finalece a instalación do servidor e de fixar datar para a formación.

O08PD: En proceso. Catalogar recursos técnicos e realizar un informe de necesidades.

  • AO8.2: Pendente de actualizacón do mapa como consecuencia das modificacións nos recursos audiovisuais de cada aula e das melloras na rede do centro.
  • AO8.3: Pendente do punto anterior. 

O09PD: En proceso. Colaborar en programas externos que desenvolvan compentecias dixitais.

  • AO9.2: Conseguida. Engadiuse a memoria anual a participación en cada un dos programas nos que se colaborou este curso.
  • O resto das accións desenrólanse nos seguintes anos.

ANEXOS:

  • Anexo Adix - 230427
  • Anexo Adix - 230525

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan realizarase mediante o seguimento da resultados clave de cada un dos obxectivos, tanto os do presente plan, como aqueles obxectivos intermedios que puidesen establecerse para cada trimestre. 

O proceso de avaliación e seguimento do plan realizarase anual e trimestralmente.

En cada ciclo anual:

  • O Grupo TIC Institucional: Elaborará unha memoria do seu avance, remitindo unha copia da mesma para a súa valoración ao Equipo de Titularidade. Elaborará unha programación de obxectivos e resultados clave para o ano seguinte baseada na revisión dos seus obxectivos trienais, remitindo así mesmo unha copia da mesma para a súa revisión e aprobación por parte do Equipo de Titularidade. 
  • O Grupo TIC Local: Elaborará unha memoria do seu avance nos obxectivos reflectidos no Plan Dixital de Centro, remitindo unha copia da mesma ao Equipo Directivo para a súa valoración e inclusión na Memoria Anual do Centro. Esta memoria elaborarase conforme ao modelo proposto polo  GTI, que tamén recibirá copia da mesma. Elaborará unha Programación TIC Anual que incluirá obxectivos e resultados clave para o curso seguinte baseada na revisión dos seus obxectivos, remitindo así mesmo unha copia da mesma para a súa revisión e aprobación por parte do Equipo de Titularidade. A programación elaborarase conforme ao modelo proposto polo  GTI, que tamén recibirá copia da mesma. Ao comezo de cada curso daranse a coñecer á Comunidade Educativa de cada centro os contidos máis relevantes tanto da Memoria como da Programación TIC do seguinte curso.

En cada ciclo trimestral:

  • O Grupo TIC Institucional: Recollerá a realimentación dos centros con relación ao cumprimento dos seus propios obxectivos e dos obxectivos institucionais. Revisará os seus obxectivos anuais e trimestrais xunto á súa resultados clave asociados e a realimentación recolleito dos centros. Así mesmo considerarase en caso necesario a creación de novos obxectivos que contribúan a facer realidade os obxectivos de nivel superior do proxecto. O  GTI informará aos  GTL da revisión realizada e das súas conclusións e recomendacións.
  • O Grupo TIC Local: Recollerá realimentación dos distintos estamentos da Comunidade Educativa que considere necesarios con relación ao cumprimento dos obxectivos do trimestre anterior. Revisará os seus obxectivos anuais e trimestrais xunto á súa resultados clave asociados e a realimentación recolleito dos centros. Así mesmo considerarase en caso necesario a creación de novos obxectivos que contribúan a facer realidade os obxectivos de nivel superior do proxecto. O GTI informará o Equipo Directivo da revisión realizada e das súas conclusións e recomendacións, que serán trasladadas posteriormente á Comunidade Educativa do Centro, é especial aos sectores máis implicados na consecución dos obxectivos establecidos. O grupo TIC Institucional facilitará persoais para a fixación e seguimento destes obxectivos.
     

 

Valoración xeral
  • Obxectivo 1: Favorecer a formación continua e en cascada do profesorado do centro. 

Conseguido: Decidiuse que sexa o grupo TIC no encargado da formación e mentorización ao resto de profesores.
Conseguido: En pequenos grupos foise respondendo e guiando sobre as dúbidas de cada profesor.
Pendente para o seguinte curso: crear un banco de recursos dixitais baseados en formularios Google e follas de cálculo, por departamentos, que permitan un fácil acceso e emprego práctico para todo o profesorado.

  • Obxectivo 2: Crear recursos dixitais en liña para familias e alumnos.

Conseguido: Creáronse recursos dixitais en liña para familias e alumnos.
Conseguido: Cada profesor creou recursos para a formación, este proceso continuará ao longo do curso.
Conseguido: Cada profesor traballa cos alumnos en diferentes tarefas utilizando Google Drive, Google Classroom,...
Conseguido: Ao longo do curso traballouse coas familias no emprego de diferentes ferranmentas dixitais (correo electrónico, classroom, videoconferencias...)
Pendente para o seguinte curso: Publicar na rede os recursos en liña (píldoras formativas) adaptados ao currículo creados polo profesorado 

  • Obxectivo 3: Crear un banco de recursos en liña por e para o profesorado para empregar na práctica docente.

Conseguido: Profesores das diferentes etapas crean recursos dixitais dacordo co currículo de cada etapa.
Conseguido: Publicáronse entre outros un blog para a etapa de infantil e primaria. Emprego de aplicacións como Plikers, Kahoot!, Genially…
Pendente para o seguinte curso: Utilizar estes recursos para axudar a levar a cabo autoavaliacións e coevaluacións na práctica docente das diferentes etapas

  • Obxectivo 4: Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso de ferramentas online.

Conseguido: Revisáronse as diferentes alternativas e presentáronse a dirección (Classroom, Abalar, email, ... )
Conseguido: Presentáronse a dirección as conclusións obtidas da acción anterior. Decidíuse realizar a comunicación con familias a través de Abalar para notas e a través de email entre tutor e familias para comunicacións do centro.
Conseguido: Realizóuse unha enquisa de convivencia a través do portal da xunta.

  • Obxectivo 5: Mellorar a rede local do centro. (adiantóuse en datas, posto que estaba planificado para o curso 23-24)

Conseguido: Analizouse a situación actual do centro e valoráronse as posibles opcións para conseguir que a rede chegue a todas coa mellor velocidade posible.
Conseguido: Precisáronse as necesidades de estender a rede fixa con 2 puntos por aula, así como tamén estender e revisar a rede wifi.
Conseguido: Contratouse a unha empresa para a mellora e amplición da rede.
Conseguido: Instaláronse dous puntos de acceso para cada clase do centro. Ademáis de tres switch autoxestionables.
Conseguido: Realizáronse probas para comprobar o funcionamento.

  • Obxectivo 6: Resolver os problemas de tempo e número de conexións na rede local do centro.

Conseguido: Analizouse a situación actual do centro e resolveuse que o principal problema era a falta de capacidade do router para atender a tódalas peticións.
Conseguido: Precisouse  que a principal necesidade era sustituir o router por outro equipo que tivese a capacidade suficiente de resolver as peticións de IP nun tempo razonable.
Conseguido: A empresa que instalou a rede realizou probas para comprobar a capacidade da rede. O equipo TIC está pendente dos posibles erros que sucedan no futuro.
Pendente para o seguinte curso: que se finalice a instalación do servidor e de fixala data para a formación.

  • Obxectivo 7: Completar o carro de tabletas con 10 novos dispositivos.

Conseguido: Posta en marcha software das tabletas. Queda pendente unha solución que mellore a sua utilización completa das apps por parte dos alumnos.
Conseguido: Etiquetáronse as tablets e engadíronse o carro co resto.

  • Obxectivo 8: Elaborar un informe de necesidades de equipamento e catalogar tódolos recursos técnicos.

Conseguido: Creouse un mapa cos espazos do centro.
Pendente para o seguinte curso: Debido a reestructuración de videoproxectores, panéis dixitais, ordenadores, ... tívose que aprazar este obxectivo para o seguinte curso. Falla por etiquetar e agregar necesidades ao informe de cada un dos espazos, e presentar ó informe ao equipo de dirección.

  • Obxectivo 9: Colaborar en programas externos para desenvolver as competencias dixitais.

Conseguido: O centro inscribíuse en diferentes actividades. Por exemplo: Navega con rumbo, Situaciones de aprendizaje en plataforma de SM, paneis dixitáis TRAULUX, radio e podcast, charlas de identidade dixital de AMTEGA, charlas sobre os riscos de internet do Concello de Cangas, …
Conseguido: Engadiuse a memoria anual a participación en cada un dos programas nos que se colaborou este curso.
Conseguido: Este obxectivo volverá a formar parte dos obxectivos do seguinte curso.

Proposta de mellora
  • Mellorar o equipamento tecnolóxico do centro para abarcar temario docente de electrónica, robótica: Para abarcar o temario docente de electrónica e robótica, é necesario mellorar o equipamento tecnolóxico do centro educativo. Adquirir dispositivos actualizados, kits de electrónica e robótica, e software especializado permitirá aos estudantes explorar e experimentar estes temas. As aulas deberían contar con sistemas de proxección e pizarras interactivas para facilitar a presentación dos conceptos técnicos. Tamén é esencial ofrecer formación ao profesorado para asegurar que teñan os coñecementos necesarios para impartir estas materias de forma efectiva. Mellorar o equipamento tecnolóxico do centro contribuirá a crear un ambiente educativo enriquecedor e a preparar os estudantes para os desafíos tecnolóxicos do século XXI.
  • Retomar actividades pendentes do Plan Dixital: É crucial retomar as actividades pendentes do Plan Dixital para avanzar no uso da tecnoloxía na educación. Isto implica a implementación de proxectos e accións planificadas previamente, co obxectivo de alcanzar os obxectivos establecidos no plan.
  • Completar o número de aulas dixitalizadas con panéis e ordenadores: É imprescindible completar o número de aulas dixitalizadas do centro educativo coa instalación de panéis táctiles e ordenadores, garantindo que todas as alumnas e alumnos poidan beneficiarse desta tecnoloxía. Isto permitirá unha educación máis dinámica, participativa e inclusiva, onde se promova o acceso igualitario ás ferramentas dixitais e se fomenten as habilidades tecnolóxicas necesarias para o século XXI.
  • Formar aos integrantes TIC na consola de Google: É fundamental formar aos integrantes TIC na consola de Google. Esta formación permitirá aos profesionais adquirir as habilidades necesarias para xestionar eficientemente as ferramentas e os servizos de Google, optimizando así a integración e o uso da tecnoloxía na educación.
  • Formación continua do profesorado: A formación continua do profesorado é esencial para asegurar unha educación de calidade. A través de cursos, talleres e actividades de desenvolvemento profesional, os docentes actualizan os seus coñecementos pedagóxicos e tecnolóxicos, adquirindo novas estratexias didácticas para ofrecer un ensino máis efectivo e adaptado ás necesidades dos estudantes.
  • Mellorar e dinamizar a intranet do centro: Para mellorar e dinamizar a web de intranet do centro educativo, é fundamental realizar un redeseño visual moderno e responsivo. Tamén é importante organizar e estruturar a información de forma intuitiva, manter un contido actualizado e relevante, e incorporar recursos multimedia. Ademais, pódense agregar ferramentas interactivas, como enquisas ou foros, para fomentar a participación da comunidade educativa. Estas melloras permitirán crear unha web de intranet atractiva, fácil de usar e que se converta nunha ferramenta central para a comunicación e colaboración dentro do centro.
  • Implementación de aulas dixitais: Equipar aulas seleccionadas con paneis táctiles interactivos, computadores, proxectores e outros dispositivos tecnolóxicos que promovan unha aprendizaxe máis dinámica e colaborativo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital de Centro entre toda a comunidade educativa entra dentro do punto avaliación e seguimento (Informes, notas, memorias, programacións) do protocolo de comunicacións do Plan de Comunicacións do colexio.

Ademais as actualizacións anuais do Plan Dixital serán revisadas polo claustro e presentadas e aprobadas polo do Consello Escolar de acordo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional.