Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
Á hora de tratar a contextualización do centro, debemos atender á contorna onde se atopa xa que, en Cangas, a pesca e os derivados da mesma foron a principal fonte de actividade económica e de creación de riqueza. Nos últimos anos produciuse un declive notable, cunha diminución grande do emprego que se trasladou ao sector terciario, no que o turismo ten unha presenza crecente. Non obstante, as explotacións de mexillón manteñen a súa puxanza económica. A agricultura e a gandaría danse a pequena escala e orientadas ao autoconsumo. Unha boa parte da poboación de Cangas, e polo tanto dos pais e nais que forman parte da comunidade educativa do noso colexio, mantén a súa actividade en Vigo, sobre todo no sector industrial: naval, construción e metalurxia. Por outra banda, este Plan Dixital do Centro está intimamente ligado ao Proxecto Educativo do centro, xa que este está inmerso no programa Edixgal da Consellería de Educación, polo que o alumnado de 5º e 6º de educación primaria atenden a unha formación dixital en todas as materias.
En segundo lugar, hai que destacar o equipo TIC, recollido na Orden do 17 de xullo de 2007, o cal está coordinado pola mesma persoa que coordina o Plan Dixital do Centro, estando ambos equipos relacionados co ámbito dixital do centro. En terceiro lugar, na programación do curso 2023-2024, contémplase continuar coa participación no contrato programa CPInnova, así como participar no contrato programa CPInclúe.
Por último, todos aqueles plans e proxectos contemplados no proxecto educativo e na programación xeral anual están ligados á competencia dixital do alumnado e profesorado, posto que para todos eles é necesario ter coñecementos no ámbito tecnolóxico e dixital. Á hora de xustificar normativamente a elaboración do Plan Dixital temos que ter en conta diferentes documentos legais, tal e como se detalla a continuación.
Breve xustificación do mesmo
Á hora de xustificar normativamente a elaboración do Plan Dixital temos que ter en conta diferentes documentos legais, tal e como se detalla a continuación.
Por unha banda, debemos atender á normativa estatal, á Lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 3/2006, de 3 de maio de Educación. Dita normativa establece no seu artigo 111 que os centros educativos contarán cos soportes dixitais necesarios para as labores académicas, administrativas e de soporte da aprendizaxe. Ademais, no seu artigo 121 establece o proxecto educativo, o cal contará coa incorporación do Plan Dixital unha vez aprobado no seo do Consello Escolar. Por último, en canto a esta normativa, debemos ter en conta o artigo 132, que regula as competencias do/a director/a, entre as cales destacamos a promoción da innovación educativa, garantizar o cumplimento das leis e dirixir e coordinar todas as actividades do centro.
Por outra banda, atenderemos á normativa autonómica. A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Este documento legal aporta todos osaspectos que debemos ter en conta á hora de abordar o Plan Dixital, como son a formación do equipo, as súas funcións, o seu deseño, etc. Tamén debemos ter en conta a Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, onde se recolle a obligatoriedade de elaborar dito Plan Dixital.
Proceso de elaboración
O equipo de Dinamización do Plan Dixital está formado por docentes con destino definitivo no centro e respectando os principios de igualdade entre homes e mulleres, forman parte del catro docentes, sendo dúas persoas homes e outras dúas mulleres.
A coordinación do equipo recae na mesma persoa que exerce a coordinación do Equipo TIC, sendo as súas funcións: coordinar o grupo de traballo, colaborar co equipo directivo, asesorar ós membros da comunidade educativa, etc.As reunións do grupo de traballo levaranse a cabo durante o tempo de permanencia obrigatoria do centro, sendo os martes pola tarde o momento máis indicado.
Os pasos seguidos para a elaboración foron os seguintes:
1. Proceso de autoavaliación SELFIE.
2. Realización do test CDD.
3. Análise DAFO.
4. Establecemento de obxectivos do Plan de Acción.
5. Redacción final do Plan Dixital de Centro.