Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Á hora de tratar a contextualización do centro, debemos atender á contorna onde se atopa xa que, en Cangas, a pesca e os derivados da mesma foron a principal fonte de actividade económica e de creación de riqueza. Nos últimos anos produciuse un declive notable, cunha diminución grande do emprego que se trasladou ao sector terciario, no que o turismo ten unha presenza crecente. Non obstante, as explotacións de mexillón manteñen a súa puxanza económica. A agricultura e a gandaría danse a pequena escala e orientadas ao autoconsumo. Unha boa parte da poboación de Cangas, e polo tanto dos pais e nais que forman parte da comunidade educativa do noso colexio, mantén a súa actividade en Vigo, sobre todo no sector industrial: naval, construción e metalurxia. Por outra banda, este Plan Dixital do Centro está intimamente ligado ao Proxecto Educativo do centro, xa que este está inmerso no programa Edixgal da Consellería de Educación, polo que o alumnado de 5º e 6º de educación primaria atenden a unha formación dixital en todas as materias.

En segundo lugar, hai que destacar o equipo TIC, recollido na Orden do 17 de xullo de 2007, o cal está coordinado pola mesma persoa que coordina o Plan Dixital do Centro, estando ambos equipos relacionados co ámbito dixital do centro. En terceiro lugar, na programación do curso 2023-2024, contémplase continuar coa participación no contrato programa CPInnova, así como participar no contrato programa CPInclúe.

Por último, todos aqueles plans e proxectos contemplados no proxecto educativo e na programación xeral anual están ligados á competencia dixital do alumnado e profesorado, posto que para todos eles é necesario ter coñecementos no ámbito tecnolóxico e dixital. Á hora de xustificar normativamente a elaboración do Plan Dixital temos que ter en conta diferentes documentos legais, tal e como se detalla a continuación.

Breve xustificación do mesmo

Á hora de xustificar normativamente a elaboración do Plan Dixital temos que ter en conta diferentes documentos legais, tal e como se detalla a continuación.

Por unha banda, debemos atender á normativa estatal, á Lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 3/2006, de 3 de maio de Educación. Dita normativa establece no seu artigo 111 que os centros educativos contarán cos soportes dixitais necesarios para as labores académicas, administrativas e de soporte da aprendizaxe. Ademais, no seu artigo 121 establece o proxecto educativo, o cal contará coa incorporación do Plan Dixital unha vez aprobado no seo do Consello Escolar. Por último, en canto a esta normativa, debemos ter en conta o artigo 132, que regula as competencias do/a director/a, entre as cales destacamos a promoción da innovación educativa, garantizar o cumplimento das leis e dirixir e coordinar todas as actividades do centro.

Por outra banda, atenderemos á normativa autonómica. A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Este documento legal aporta todos osaspectos que debemos ter en conta á hora de abordar o Plan Dixital, como son a formación do equipo, as súas funcións, o seu deseño, etc. Tamén debemos ter en conta a Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, onde se recolle a obligatoriedade de elaborar dito Plan Dixital.

Proceso de elaboración

O equipo de Dinamización do Plan Dixital está formado por docentes con destino definitivo no centro e respectando os principios de igualdade entre homes e mulleres, forman parte del catro docentes, sendo dúas persoas homes e outras dúas mulleres.

A coordinación do equipo recae na mesma persoa que exerce a coordinación do Equipo TIC, sendo as súas funcións: coordinar o grupo de traballo, colaborar co equipo directivo, asesorar ós membros da comunidade educativa, etc.As reunións do grupo de traballo levaranse a cabo durante o tempo de permanencia obrigatoria do centro, sendo os martes pola tarde o momento máis indicado.

Os pasos seguidos para a elaboración foron os seguintes:

1. Proceso de autoavaliación SELFIE. 

2. Realización do test CDD.

3. Análise DAFO.

4. Establecemento de obxectivos do Plan de Acción.

5. Redacción final do Plan Dixital de Centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a análise DAFO recaen na información aportada polo informe SELFIE e polo Test CDD realizado polo profesorado.

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Dispositivos para o alumnado. Alumnado Non
Debilidade 2. Creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade 1. Dispositivos del profesorado. Infraestruturas Si
Debilidade 2. Dispositivos del alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade 3. Infraestrutura. Infraestruturas Si
Debilidade 4. Asistencia técnica. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Non existe unha estratexia dixital definida de centro. Organización de centro Non
Debilidade 2. Non se conta con asistencia técnica. Organización de centro Si
Debilidade 1. Colaboracións. Persoal docente Si
Debilidade 2. Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Actuar de maneira segura e responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza 2. Comprobación da información. Alumnado Non
Fortaleza 3. Dar crédito ó traballo doutras persoas. Alumnado Non
Fortaleza 4. Comunicación a través de tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza 1. Acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Utilización de metodoloxías dixitais (Edixgal). Organización de centro Non
Fortaleza 2. Avaliación dos procesos. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Ensinanza coas modalidades dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 2. Avaliación do progreso. Persoal docente Non
Fortaleza 3. Vantaxes y desvantaxes da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza 4. Desarrollo persoal continuo. Persoal docente Non
Fortaleza 5. Uso de recursos dixitais. Persoal docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Falta de asistencia técnica. Administración educativa Si
Ameaza 2. Falta de dispositivos. Administración educativa Si
Ameaza 1. Non realizamos colaboracións con outras entidades. Outras Non
Ameaza 2. Falta de infraestrutura. Outras Si
Oportunidade 1. Acceso a internet. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Conocimiento de protección de datos. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar. Tendo en conta esta información, deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Colaboración con outras entidades para desenvolver a C.D.
O02PD Crear contidos dixitais para o alumnado dentro de EVA.
O03PD Actualizar os dispositivos dixitais do centro.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Dinamización do Plan Dixital está formado por docentes con destino definitivo no centro e respectando os principios de igualdade entre homes e mulleres, forman parte del catro docentes, sendo dúas persoas homes e outras dúas mulleres.

A coordinación do equipo recae na mesma persoa que exerce a coordinación do Equipo TIC, sendo as súas funcións: coordinar o grupo de traballo, colaborar co equipo directivo, asesorar ós membros da comunidade educativa, etc.

As reunións do grupo de traballo levaranse a cabo durante o tempo de permanencia obrigatoria do centro, sendo os martes pola tarde o momento máis indicado. Por outra banda, as reunións co mentor ADIX serán, como mínimo, de forma trimestral. As actas destas reunións, podemos consultar nos anexos deste plan.

Do mesmo xeito, a persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á plataforma Educalidade para rexistrar os avances e a avaliación do plan coa supervisión da persoa que exerce a dirección do centro.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre, realizáronse as seguintes tarefas:

Do obxectivo, O01PD: "Colaboración con outras entidades para desenvolver a C.D." leváronse a cabo as seguintes accións, que son:

AO1.1: Solicitar as charlas do Plan Director da Garda Civil de Cangas sobre o uso da novas tecnoloxías.

AO1.2: Solicitar a participación no Programa "Navega con Rumbo"

Achéganse as evidencias no apartado de "Seguimentos" de cada unha delas. Estando a segunda destas accións sen acadar, xa que non foi concedida por parte do organismo correspondente.
 

Por outro lado, do obxectivo O02PD: Crear contidos dixitais para o alumnado dentro de EVA, tamén se acadaron as dúas primeiras accións, que son:

AO1.1: Solicitar axuda á persoa responsable TIC de como levar a cabo eses recursos.

AO1.2: Crear recursos dixitais adaptados ó curso que se imparte.
 

Por último, do obxectivo O03PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro, acadáronse as dúas primeiras accións, sendo estas:

AO1.1: Determinar as necesidades de cada equipo do centro.

AO1.2: Solicitar a valoración por parte dunha empresa externa dos equipos máis obsoletos.

Para acadar dita acción, contratouse a empresa Dismega. Esta empresa valorou os equipos do centro propoñendo as solucións máis axeitadas cara o segundo e terceiro trimestre.

A acta de reunión co mentor ADIX correspondente a este trimestre atópase no Anexo III.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre, acadouse por completo o obxectivo O03PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro, xa que se cumpliu coa acción: AO1.3: Renovar as pezas e equipos máis obsoletos ata alcanzar a porcentaxe marcada. Alcanzando así, a porcentaxe marcada de dispositivos dixitais actualizados.

Para acadar este fin, tívose en conta a análise realizada pola empresa Dismega, a cal asesorou ao centro en todo momento.

As acta de reunión co mentor ADIX correspondentes a este trimestre atópanse no Anexo IV.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre, acadouse parcialmente o obxectivo O01PD: Colaboración con outras entidades para desenvolver a CD, xa que se cumpliu coa acción: AO1.3: Realización de actividades relacionadas coa lectura dixital (E-LBE2.0) con organizacións locais (alumnado NEAE, maiores, etc).

Por outro lado, tamén se cumpliu por completo o O02PD: Crear contidos dixitais para o alumnado dentro de EVA, xa que se realizaron as accións AO1.2: Crear recursos dixitais adaptados ó curso que se imparte; e a acción AO1.3: Publicar no EVA ditos recursos dixitais para a posta en práctica por parte do alumnado.

As actas de reunión co mentor ADIX correspondentes a este trimestre atópanse no Anexo V.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan realizarase de forma procesual unha vez ó trimestre, onde se valorará: o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. 

Ademais, realizarase unha avaliación final o finalizar o curso académico na cal se valorará por un lado o logro dos obxectivos marcados, así como as propostas de mellora.

Esta avaliación quedará reflectida nas táboas do plan de acción recollidas anteriormente. Por outra banda, as reunións co mentor ADIX serán, como mínimo, de forma trimestral. As actas destas reunións, podemos consultar nos anexos deste plan.

 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

Atendendo aos obxectivos marcados no Plan Dixital do Centro para o curso 2023-2024, podemos concluír que cumprimos a maior parte dos obxectivos propostos para este curso escolar.

O primeiro obxectivo foi acadado na súa maior parte. Xa que foron concedidas as charlas do Plan Director para o alumando do terceiro ciclo, así como a lectura con libros dixitais a través da plataforma ELB.2.0.. Os axentes da Garda Civil de Cangas mostráronlle ó alumnado os riscos que poden sufrir cando se navega pola rede sen coñecer de forma segura en que paxinas se entra ou con quen se fala. Por outra banda, a lectura con libros dixitais foi unha actividade lúdica onde o alumnado gozou da lectura ós menores de infantil, descubrindo o acceso a unha morea de libros online a través de Koha. Por último, en canto a este obxectivo hai que destacar que a segunda acción, a solicitude de Navega con Rumbo, non foi concedida, polo que non se puido acadar ó 100% dito obxectivo.

Por outra banda, o obxectivo número dous, o cal se relaciona coa creación de contidos dixitais do profesorado, acadouse sen problema, xa que o profesorado inmerso dentro de E-Dixgal creou diferentes recursos dixitais para o seu alumnado. Ademais, hai que destacar o papel do profesorado que non imparte clase nestes cursos que tamén crea contidos dixitais, como é o caso do profesor en lingua estranxeira en inglés de infantil e primeiro ciclo de E. Primaria.

Por último, o terceiro obxectivo tamén se acadou en prazo. Para acadar este obxectivo contouse coa colaboración da empresa externa Dismega, a cal nos guiou en todo o proceso de avaliar os dispositivos, actualizalos e mesmo cambialos.

 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

As propostas de mellora que presentamos para este plan vai dirixidas en dúas liñas de intervención.

Por unha banda, propoñemos mellorar as dotacións de material tecnolóxico para os centros; é dicir, dotar cos medios tecnolóxicos ao equipo docente ó completo. Así como, aqueles equipos de uso común como son: ordenador de biblioteca, sala de profesorado, coordinadores, etc.

Por outra banda, a carga de traballo que supuxo para a persoa coordinadora e o equipo do plan dixital poñer en práctica os obxectivos, levalos a cabo, etc.

 

 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan será a través da páxina da web do centro, así como, no seo do claustro e do consello escolar.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastrilloncoiro/node/622