Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de Dinamización do Plan Dixital está formado por docentes con destino definitivo no centro e respectando os principios de igualdade entre homes e mulleres, forman parte del catro docentes, sendo dúas persoas homes e outras dúas mulleres.
A coordinación do equipo recae na mesma persoa que exerce a coordinación do Equipo TIC, sendo as súas funcións: coordinar o grupo de traballo, colaborar co equipo directivo, asesorar ós membros da comunidade educativa, etc.
As reunións do grupo de traballo levaranse a cabo durante o tempo de permanencia obrigatoria do centro, sendo os martes pola tarde o momento máis indicado. Por outra banda, as reunións co mentor ADIX serán de forma trimestral, levando a cabo dúas reunións trimestrais, tal e como se recollen nas actas de reunións que se atopan nos anexos III, IV e V.
Do mesmo xeito, a persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á plataforma Educalidade para rexistrar os avances e a avaliación do plan coa supervisión da persoa que exerce a dirección do centro.
Durante o primeiro trimestre, acadáronse os seguintes feitos:
Do obxectivo, O01PD: "Colaboración con outras entidades para desenvolver a C.D." acadáronse as dúas primeiras accións, que son:
AO1.1: Solicitar as charlas do Plan Director da Garda Civil de Cangas sobre o uso da novas tecnoloxías.
AO1.2: Solicitar a participación no programa Digicraft da Fundación Vodafone.
Achéganse as evidencias no apartado de "Seguimentos" de cada unha delas.
Por outro lado, do obxectivo O02PD: Crear contidos dixitais para o alumnado dentro de EVA, tamén se acadaron as dúas primeiras accións, que son:
AO1.1: Solicitar axuda á persoa responsable TIC de como levar a cabo eses recursos.
AO1.2: Crear recursos dixitais adaptados ó curso que se imparte.
Por último, do obxectivo O03PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro, acadáronse as dúas primeiras accións, sendo estas:
AO1.1: Determinar as necesidades de cada equipo do centro.
AO1.2: Solicitar a valoración por parte dunha empresa externa dos equipos máis obsoletos.
Para acadar dita acción, contratouse a empresa Dismega. Esta empresa valorou os equipos do centro propoñendo as solucións máis axeitadas cara o segundo e terceiro trimestre.
As actas de reunión co mentor ADIX correspondentes a este trimestre atópanse no Anexo III.
Neste segundo trimestre, acadouse por completo o obxectivo O03PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro, xa que se cumpliu coa acción: AO1.3: Renovar as pezas e equipos máis obsoletos ata alcanzar a porcentaxe marcada. Alcanzando así, a porcentaxe marcada de dispositivos dixitais actualizados.
Para acadar este fin, tívose en conta a análise realizada pola empresa Dismega, a cal asesorou ao centro en todo momento.
As actas de reunión co mentor ADIX correspondentes a este trimestre atópanse no Anexo IV.
Neste terceiro trimestre, acadouse por completo o obxectivo O01PD: Colaboración con outras entidades para desenvolver a CD, xa que se cumpliu coa acción: AO1.3: Realización de actividades relacionadas coa lectura dixital (E-LBE2.0) con organizacións locais (alumnado NEAE, maiores, etc).
Por outro lado, tamén se cumpliu por completo o O02PD: Crear contidos dixitais para o alumnado dentro de EVA, xa que se realizaron as accións AO1.2: Crear recursos dixitais adaptados ó curso que se imparte; e a acción AO1.3: Publicar no EVA ditos recursos dixitais para a posta en práctica por parte do alumnado.
As actas de reunión co mentor ADIX correspondentes a este trimestre atópanse no Anexo V.
Avaliación
A avaliación do plan realizarase de forma procesual unha vez ó trimestre, onde se valorará: o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Ademais, realizarase unha avaliación final o finalizar o curso académico na cal se valorará por un lado o logro dos obxectivos marcados, así como as propostas de mellora.
Esta avaliación quedará reflectida nas táboas do plan de acción recollidas anteriormente. Por outra banda, as reunións co mentor ADIX serán de forma trimestral, levando a cabo dúas reunións trimestrais, tal e como se recollen nas actas de reunións que se atopan nos anexos III, IV e V.
Atendendo aos obxectivos marcados no Plan Dixital do Centro para o curso 2022-2023, podemos concluír que cumprimos todos os obxectivos marcados dentro de cada un dos prazos propostos.
O primeiro obxectivo foi acadado sen dificultade ao ser concedidas as charlas do Plan Director, así como o programa “Digicraft en tu cole”, da Fundación Vofadone. Ambas accións contribuíron á mellora da competencia dixital do alumnado, así como, da mellora da convivencia a nivel de centro, xa que os axentes da Garda Civil mostraron ao alumnado aqueles riscos que existen nas redes sociais e no uso indiscriminado da imaxe persoal nas mesmas.
Por outra banda, o obxectivo número dous, o cal se relaciona coa creación de contidos dixitais do profesorado, tamén se acadou sen problema, xa que o profesorado inmerso dentro de E-Dixgal creou diferentes recursos dixitais para o seu alumnado. Ademais, hai que destacar o papel do profesorado que non imparte clase nestes cursos que tamén crea contidos dixitais, como é o caso do profesor en lingua estranxeira en inglés de infantil e primeiro ciclo de E. Primaria.
Por último, o terceiro obxectivo tamén se acadou en prazo. Para acadar este obxectivo contouse coa colaboración da empresa externa Dismega, a cal nos guiou en todo o proceso de avaliar os dispositivos, actualizalos e mesmo cambialos.
As propostas de mellora que presentamos para este plan vai dirixidas en dúas liñas de intervención.
Por unha banda, propoñemos mellorar as dotacións de material tecnolóxico para os centros; é dicir, non sé dotar cos medios ao equipo directivo como se fixo este ano, senón cambiar o resto de ordenadores do centro, ou como mínimo aqueles que teñen un uso máis directo no equipo docente: ordenador de biblioteca, sala de profesorado, coordinadores, etc.
Por outra banda, a carga de traballo que supuxo para a persoa coordinadora e o equipo do plan dixital poñer en práctica os obxectivos, levalos a cabo, etc.
Comunicación e difusión
A difusión do plan será a través da páxina da web do centro, así como, no seo do claustro e do consello escolar.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastrilloncoiro/node/622