Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro
O CPR Sagrada Familia está ubicado nunha vila costeira, na parroquia de Aldán. O centro está sito na Avda José Graña 44. Espiñeira (Aldán)Cangas do Morrazo, Pontevedra.
Cpr.sagrada.familia.cangas@edu.xunta
www.safaaldan.es
As etapas educativas onde se imparte ensino son Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. O cadro de persoal do centro está composta por un total de 26 profesores/as.
Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
Poboación rural do litoral de 2.600 habitantes .Ten como actividade económica a pesca e acuicultura nunha proporción elevada, repartíndose o resto entre construción e servizos, sobre todo o turismo. A localidade está moi ben situada entre as cidades de Vigo e Pontevedra. Rodeada de mar e monte desfrutamos de zonas de lecer  e espazos naturais onde desenvolverse.
    
1.2 O noso centro participou dende os inicios no proxecto Abalar. Sumarnos a el implicou a preparación do centro, dentro das súas posibilidades, coa infraestrutura necesaria. Na actualidade, xa rematado dito plan,moitos dos netbooks entregados pola administración non están aptos para poder traballar con eles , xa que amosan moitos problemas de funcionamento.
Aínda así, o centro que comezou dende o seu inicio, curso 2009/10 este proxecto e que nos marcou pautas e estratexias de traballo nos niveis implicados (5º,6º, 1º ESO, e 2º ESO), segue a desenvolver dentro do plan dixital actividades e propostas  onde  a competencia dixital ten un desenvolvemento importante nas aprendizaxes do alumnado.

Na actualidade o novo Plan Dixital está a desenvolver unha nova fase. Despois de analizar as características globais do centro (infraestruturas, docentes, alumnos..), se presentará en datas vindeiras ao Consello Escolar que será que teña que dar a súa aprobación. Este Plan, será a nosa guía e referencia no desenvolvemento dixital do centro, recollendo todas as iniciativas, dificultades, propostas e melloras do curso.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Selfie e test CDD.

Reunión co claustro.

Reunións do equipo do Plan Dixital.

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Mellora na verificación da información. Alumnado Non
Debilidade Falta de dispositivos para o alumnado. Alumnado Si
Debilidade Pouca comunicación entre o alumnado dos seus traballos. Alumnado Non
Debilidade Nivel baixo de retroalimentación axeitada. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia das familias. Familias Non
Debilidade Falta de dispositivos para a aprendizaxe dixital integral. Infraestruturas Non
Debilidade Mellora na creación de recursos dixitais. Oferta Non
Debilidade Pouca creación de recursos dixitais. Oferta Non
Debilidade Uso de contornos virtuais de aprendizaxe e recursos abertos. Oferta Non
Debilidade Posibilidades de espazos para intercambiar experiencias cos compañeiros. Organización de centro Non
Debilidade Limitación de espazos físicos. Organización de centro Non
Debilidade Mellora no desenvolvemento da estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Falta de participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixtais para a avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Pouca colaboración entre o profesorado de diferentes centros. Persoal docente Non
Debilidade Pouco fomento da creatividade. Persoal docente Non
Debilidade Falta de prácticas sobre a autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Desenvolvemento das estratexias co profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación regular e ben organizadas coas familias. Alumnado Non
Fortaleza Recursos educativos en liña. Alumnado Non
Fortaleza Comportamento seguro e responsable. Alumnado Non
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Infraestructuras básicas para o ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a ensinanza. Infraestruturas Non
Fortaleza Debate sobre o uso das tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Participación no desenvolvemento persoal continuo. Persoal docente Non
Fortaleza Tratamento de licenzas e dereitos de autor. Persoal docente Non
Fortaleza Uso das novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias e opinións sobre a docencia dixital. Persoal docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo e elevada burocracia para organizar o desenvolvemento de estratexias do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Falta de material para as tecnoloxías asistenciais. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para a formación e creación de material dixital. Administración educativa Si
Ameaza Situación económica do centro. Administración educativa Non
Ameaza Baixa colaboración e responsabilidade das familias. ANPA Non
Oportunidade Acceso ao alumnado a dispositivos dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade A comunicación coa comunidade educativa. Contorna Non
Oportunidade O desenvolvemento dun plan dixital necesario no centro. Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os resultados do DAFO, o equipo do plan dixital xunto co equipo directivo, planificou os obxectivos que aparecen no apartado seguinte.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dispor de máis tempo para explorar novas modalidades de ensino
O02PD Mellorar a nosa formación na creación de recursos e o seu uso.
O03PD Fomentar a colaboración con institucións alleas ao centro
O04PD Adquirir equipamento dixital para o alumnado e facer un bo mantemento do actual.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso realizamos reunións un mércores ao mes para poñer en común as nosas aprendizaxes e valorar as melloras que se están a realizar no centro e no uso das ferramentas e recursos tecnolóxicos.

Con respecto a infraestructura seguimos invertindo dentro das nosas posibilidades no mantemento dos equipos e cambio de cableado. O noso centro é visitado puntualmente por un técnico informático que revisa os equipos solucionado os problemas técnicos.

O profesorado ao longo deste curso está a crear materiais para o uso propio da súa materia, para compartir con outros docentes e para traballar en colaboración con entidades externas ao centro. Por outro lado a meirande parte do profesorado está a realizar cursos de formación dixital.

Todos os materiais están recollidos na plataforma Classroom e na páxina Web do centro.

Reunións co mentor ADIX programadas trimestralmente.

1º Trimestre

Ao rematar o trimestre fixemos unha valoración dos obxectivos e o seu seguimento ao longo do mesmo. O profesorado fixo unha aportación de actividades, propostas e proxectos a desenvolver neste curso, asi como os plans de formación para adquirir a preparación dixital necesaria.

No apartado de inversión en equipamento comentar que o centro mercou unha PDI.

2º Trimestre

Seguimos co noso plan de formación dando por rematado algúns dos cursos dixitais e por outro lado comezamos a posta en marcha dos proxectos elexidos polo profesorado: comunicación con outras entidades, saídas, actividades e proxectos de aula, participación nos polos creativos coa formación dun curso para implantar a radio no centro, e a mellora dalgúns dispositivos e mantemento da rede e dos portátiles.

3º Trimestre

Neste último trimestre finalizamos moitos dos obxectivos marcados para este curso. O esforzo levado a cabo polo profesorado foi moi ben valorado no claustro da derradeira semana de maio, no cal fixemos unha valoración positiva do progreso dixital tanto do profesorado como do alumnado.

Con respecto o obxectivo que fala da mellora no equipamento para o alumnado, este curso por mor da falta de axudas por parte da administración e o non ter fondos para poder adquirir novo material, non se poido conseguir o obxectivo marcado, polo que a valoración e moi baixa.

O claustro reafirmase na necesidade da axuda da adminitración para poder seguir a cabo este Plan Dixital, xa que  sen os medios necesarios non podemos avanzar moito máis. O esforzo feito por todo o claustro non se ve beneficiado polas melloras nas infraestructuras.

Durante este trimestre participamos no programa de Polo Creativos, onde iniciaimos a nosa andaina cara o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

1-A avaliación procesual levouse a cabo un mércores ao mes durante o primeiro e o segundo trimestre.Os criterios a seguir foron:

  • Estado de execución das accións.
  • Análise do proceso e dos medios.
  • Valoración dos resultados.
  • Modificacións necesarias das accións con propostas de mellora concretas.

2-A avaliación final que se realizará ao rematar o curso.O estado da avaliación queda reflectido neste apartado do Plan Dixital.

Reunión programadas ao longo do curso co mentor ADIX.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital formará parte do PEC e farase público na páxina web do centro para que toda a comunidade educativa teña coñecemento del e poida consultala.