Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento da posta en funcionamento desta renovación do Plan Dixital, será levado a cabo por parte do Equipo para a Dinamización das TIC do centro, e coordinado polo coordinador do citado equipo.
Faranse nas sucesivas reunións do Equipo TIC, que se elevarán ao Claustro para a súa valoración a nivel centro
Comezouse a levar a cabo as propostas realizadas para este trimestre, e rematáronse algunhas previstas para o curso anterior. Entre elas comezouse a organización os obradoiros para as familias, coas temáticas sinaladas nas enquisa levada a cabo anteriormente, fixando como data final o final deste curso escolar, continuando coas mesmas nos seguintes trimestres.
En relación ao indicado no obxectivo do inventario, estamos á espera de que estea dispoñible a aplicación.
Continuáronse coas propostas iniciadas no primeiro trimestre, e que non foran rematadas, sendo todas elas rematadas neste segundo trimestre. Continouse coa organización dos obradoiros para as familias, que se desenvolverán no terceiro trimestre, por razóns organizativas e de espazo no centro.
Leváronse a cabo formacións técnico-didácticas, en relación os contidos de Polos Creativos, tanto por parte do coordinador do centro como do resto do profesorado, con diferentes docencias dentro do seminario específico no PFPP do centro.
Solicitouse colaboración ao Concello e administración en relación á solicitude de equipamento, recibíndose un equipo por parte da Consellería de Educación. Permanecemos á espera da resposta por parte do Concello, ás solicitudes realizadas, sendo xa efectuadas algunhas das demandas (recolocación de EDI e proxectores, instalación eléctrica e diferentes dispositivos tecnolóxicos...)
En relación ao indicado con relación ao inventario, seguimos á espera de que estea dispoñible a aplicación que permita facelo.
Comezouse a reorganización da aula de informática, para reconvertila nunha aula STEAM, con material dispoñible e en previsión do material a recibir en "Polos Creativos", cumplindo así o obxectivo indicado ao respecto.
Continuáronse coas propostas iniciadas no segundo trimestre, e que non foran rematadas, sendo todas elas rematadas neste terceiro trimestre.
Continouse coa organización dos obradoiros para as familias, que se desenvolverán no vindeiro curso, por razóns organizativas e de espazo no centro.
Continuouse coa formacións técnico-didácticas, en relación os contidos de Polos Creativos, tanto por parte do coordinador do centro como do resto do profesorado, con diferentes docencias dentro do seminario específico no PFPP do centro.
Volveuse a solicitar a colaboración ao Concello e administración en relación á solicitude de equipamento.
En relación ao indicado con relación ao inventario, seguimos á espera de que estea dispoñible a aplicación que permita facelo.
Continuamos coa reorganización da aula de informática, para reconvertila nunha aula STEAM, con material dispoñible e en previsión do material a recibir en "Polos Creativos", cumplindo así o obxectivo indicado ao respecto. Se ben o material non foi recibido neste curso.
Avaliación
Para a avalición da posta en funcionamento deste Plan Dixital, teranse en conta estes dous momentos:
-
Avaliación procesual: Farase un seguimento do grao de cumprimento, por parte do Equipo para dinamización das TIC, polo menos unha vez por trimestre, dentro das reunións establecidas polo citado equipo. Desta avaliación proporanse á CCP cambios ou modificacións a incluír no Plan de cara a incrementar a súa eficacia real, que permita unha consecución satisfactoria dos obxectivos propostos.
-
Avaliación final: Rematado cada curso escolar, o Equipo para dinamización das TIC fará un seguimento do grao de consecución dos obxectivos establecidos, facendo unha proposta de valoración para cada un deles que presentará ó claustro de mestres/as, onde será debatido e completado coa participación de tódolos integrantes.
Nos momentos sinalados, a través do procedemento establecido, farase unha valoración xeral do cumplimento e evolución da posta en práctica deste Plan Dixital
Como resultado do seguimento, antes sinalado, o Claustro fará as propostas definitivas, para modificar e mellorar este Plan, nun proceso continuo de actualización, que permita unha mellor consecución efectiva dos obxectivos propostos.
Entre as propostas realizadas destacamos as seguintes:
- Mellorar a dotación tecnolóxica en canto a equipamento, e substitución daqueles equipos xa moi vellos e obsoletos.
- Dotar e paneis interactivos ás aulas que non o teñen.
- Recibir o equipamento tecnolóxico de Polos creativos
Estas propostas, uha vez acordadas, serán incluídas no presente plan para seren sometidos á consideración do Consello Escolar, para a súa aprobación definitiva.
Comunicación e difusión
Este Plan Dixital será difundido entre a comunidade educativa para o seu coñecemento, ó fin de que poidan coñecelo e facer as aportacións que consideren oportuno.
A tal fin establecemos as seguintes vías para difusión e para dar publicidade a este plan:
-
Publicación na páxina web do centro unha aprobado por parte do Consello Escolar.
-
Presentación do plan ás familias e envío do mesmo á ANPA, para que poidan difundilo entre as familias.
-
Remisión do plan ó Concello de Campo Lameiro, como axente externo implicado.