Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento da posta en funcionamento deste Plan Dixital, será realizado por parte do Equipo para a Dinamización das TIC do centro, e coordinado polo coordinador do citado equipo.
Faranse nas sucesivas reunións do Equipo TIC, que se elevarán ao Claustro para a súa valoración a nivel centro
Acadáronse parte dos indicadores establecidos para o curso:
- Posta en práctica do prlan dixital.
- Organizar dentro do PFPP formación sobre as TIC. Creouse un seminario para a posta en práctica deste plan, coa participación do 100% do profesorado.
- Creación dun banco de recursos.
- Creación dunha ferramenta para comunicar as incidencias TIC.
- Solicitude á adminsitración de equipamento informático.
Acadáronse parte dos indicadores establecidos para o curso:
- Creación dun documento de Solucións a problemas frecuentes.
- Docencias informais e documento guía para o uso das ferramentas e aplicacións da maqueta Edixgal.
- Comezouse a encher de contidos o banco de recursos.
- Intoduciuse o Plan dixital en Educalidade.
- Adquisición dun equipo informático para a biblioteca, por parte do centro.
Acadáronse os obxectivos propostos para este trimestre, así como as accións plantexadas no Plan dixital para final de curso.:
- Elaborouse unha equisa para as familias sobre as súas necesidades formativas.
- Rematouse a posta en práctivas das actuacións previstas no Plan Dixital para este terceiro trimestre.
- Tentouse dinamizar o uso das TIC entre a ANPA e a colaboración co Concello, tal como estaba previsto, non sendo de todo satisfactorio. Tentarase novamente no vindeiro curso.
Aprazouse a realización dos obradoiros coas familias para o curso 2023-2024, tras analizar os resultados da enquisa remitida ás mesmas neste terceiro trimestre.
Avaliación
Para a avalición da posta en funcionamento deste Plan Dixital, teranse en conta estes dous momentos:
-
Avaliación procesual: Farase un seguimento do grao de cumprimento, por parte do Equipo para dinamización das TIC, polo menos unha vez por trimestre, dentro das reunións establecidas polo citado equipo. Desta avaliación proporanse á CCP cambios ou modificacións a incluír no Plan de cara a incrementar a súa eficacia real, que permita unha consecución satisfactoria dos obxectivos propostos.
-
Avaliación final: Rematado cada curso escolar, o Equipo para dinamización das TIC fará un seguimento do grao de consecución dos obxectivos establecidos, facendo unha proposta de valoración para cada un deles que presentará ó claustro de mestres/as, onde será debatido e completado coa participación de tódolos integrantes.
Nos momentos sinalados, a través do procedemento establecido, farase unha valoración xeral do cumplimento e evolución da posta en práctica deste Plan Dixital
Como resultado do seguimento, antes sinalado, o Claustro fará as propostas definitivas, para modificar e mellorar este Plan, nun proceso continuo de actualización, que permita unha mellor consecución efectiva dos obxectivos propostos.
Estas propostas, uha vez acordadas, serán incluídas no presente plan para seren sometidos á consideración do Consello Escolar, para a súa aprobación definitiva.
Comunicación e difusión
Este Plan Dixital será difundido entre a comunidade educativa para o seu coñecemento, ó fin de que poidan coñecelo e facer as aportacións que consideren oportuno.
A tal fin establecemos as seguintes vías para difusión e para dar publicidade a este plan:
-
Publicación na páxina web do centro unha aprobado por parte do Consello Escolar.
-
Presentación do plan ás familias e envío do mesmo á AMPA, para que poidan difundilo entre as familias.
-
Remisión do plan ó Concello de Campo Lameiro, como axente externo implicado.