Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro
Nome do centro: CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro
Enderezo: O Sineiro s/n (Vilariño)
Concello: Cambados (Pontevedra)
Código Postal: 36633
Correo electrónico: ceip.enrique.barreiro@edu.xunta.gal
Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipenriquebarreiro
Trátase dun centro de titularidade pública, tipificado como liña 1, polo tanto contamos con 9 unidades, 3 de EI e 6 de EP. Nel están escolarizados 162 alumnos/as (40 de EI e 122 de EP).
O claustro está formado por 18 mestras/es, dos cales 15 son mulleres e 3 son homes. Entre elas/es atopamos: 4 mestras en EI (3 titoras e 1 mestra de apoio) e 6 titoras de EP. Especialistas: 1 mestra de música, 1 de relixión compartida, 2 de lingua estranxeira, 1 de Educación Física, 1 mestra de PT, 1 de AL compartida, 1 orientadora compartida e 1 mestra PT do programa PROA+.

1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.
Baseándonos nos cuestionarios de contexto das avaliacións diagnósticas realizadas no ano 2011 e do ano 2012, recóllese unha media das porcentaxes dos empregos dos pais e nais do alumnado do centro:
Máis do 20% son empregados en supermercados, conserveiras, ou pequenas empresas. O 15% traballa no sector servizos e máis do 10% son empresarios/as de pequenas empresas.
Aproximadamente o 10% é autónomo adicado á agricultura, xa que esta ocupa un lugar destacado por ser traballado en pequenas e nalgunhas medianas explotacións familiares aínda que se combine con outros traballos. É moi importante o cultivo e venta de produtos hortícolas, uva Albariña, Barrantes e Caíño. Tamén a elaboración e venta de viño.
E por último, arredor doutro 10%, dedícanse as labores da casa. Esta labor é ocupada maiormente por mulleres. Na construción ocúpase un 7% máis ou menos e sobre o 5% dedícase á pesca ou ao marisqueo. O resto vive doutras actividades como costura, transporte de pasaxeiros, transporte de mercancías, entre outros.
No que se refire ao nivel sociocultural das familias este é medio-baixo, con implicacións laborais dos dous proxenitores. A maioría das familias e do alumnado son galego falantes, aínda que actualmente este dato último está comezando a mudar cara o castelán. Extraendo datos dos cuestionarios de contexto antes citados, concluímos:
• Pouco máis da metade dos pais e nais, teñen o graduado escolar e arredor dun 15% non acadou os estudios obrigatorios.
• Aproximadamente o 10% estudiou Formación Profesional media ou FP superior. 
• Arredor do 5% ten aprobado o Bacharelato e menos do 5% ten estudios universitarios.
Todo o alumnado dispón de libros na súa casa. Case a metade din usar bastante os libros; un terzo dos nenos e nenas os usan moito e o 20% restante, úsanos pouco. A inmensa maioría ten ordenador na casa (un 90% aproximadamente) que usan para recadar información para os seus estudos ou para comunicarse e programas de xogos.
As leis actuais sinalan a importancia do Plan Dixital dentro do proxecto educativo de centro, que integre todas as actuacións do centro destinadas ao fomento dos recursos dixitais que permitan alcanzar as competencias clave.
Coa elaboración do Plan Dixital estaremos contribuíndo á consecución de obxectivos reflectidos no Proxecto Educativo de centro como poden ser:
- Dotar ao centro educativo das infraestruturas necesarias para un bo funcionamento do mesmo.
- Optimizar os recursos que nos oferta a Rede Abalar e ampliar progresivamente os mesmos e os seus usos, así como avanzar na dotación xeral do centro en medios e recursos audiovisuais e informáticos.

O Plan Dixital contribuirá á Programación Xeral Anual do curso 23/24, xa que agora hai coñecemento das debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades do centro polo que se poderán buscar solucións reais e necesarias como: a posta en marcha do programa E-dixgal, a mellora da conectividade do centro, fortalecer os coñecementos do profesorado sobre abalar ou dar visibilidade á páxina web do centro.

1.3 Contextualización normativa:
Normativa legal na que se recolle a obriga de incluir o Plan Dixital no Proxecto Educativo:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

 Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”.


1.4 Proceso de elaboración
A elaboración do Plan Dixital de centro foi un proceso dinámico, colaborativo, activo e participativo entre todos e todas os compoñentes que conforman o equipo do PD. O equipo tentou que con este documento vivo queden plasmadas as necesidades e as fortalezas do centro, e así, poder ir actuando sobre elas de maneira progresiva ao longo dos vindeiros cursos.
O calendario de actuacións previsto para este curso escolar 23/24 inclúe accións enfocadas a continuar co traballo comezado hai dous anos, relacionadas cos entornos virtuais de aprendizaxe, os protocolos de seguridade na rede e os repositorios sobre as diferentes ferramentas existentes para crear materiais.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron: o informe SELFIE e o Test CDD (Competencia Dixital Docente), os cales permitiron un análise DAFO. A partir do informe SELFIE, Test CDD e outras fontes o centro xeoru un análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital. 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Falta de competencia para a resolución de problemas técnicos de dispositivos dixitais Alumnado Si
Debilidade Falta de tempo para axudar aos fillos/as con tarefas nas que se precisen ferramentas tecnolóxicas. Diferenzas das familias sobre o uso metodolóxico das TICS. Familias Si
Debilidade Os equipos e as redes non están suficientemente actualizados. Falta de tecnoloxías asistenciais (tabletas) Mal funcionamento da wifi do centro en determinados lugares. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. - Falta de dinámicas entre o profesorado para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Non existe reflexión sobre as TIC Falta de incorporación de tecnoloxías dixitais na avaliación. Dificultade para traballar en determinadas zonas do centro polo mal funcionamento da Wifi. Persoal docente Si
Debilidade Falta de estabilidade laboral do persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado presenta motivación e interese no emprego dos aparellos electrónicos. Alumnado Non
Fortaleza A maioría teñen boa competencia dixital e fan un uso correcto dos medios electrónicos. ¿ Alto número de familias con acceso a internet. ¿ Elevado número de familias que dispón de aparellos electrónicos (tableta, ordenador ou móbil) Familias Non
Fortaleza Asistencia técnica no momento en que se necesita. Infraestruturas Non
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º conta con ordenadores propios Edixgal. - O resto de alumnado conta con un par de ordenadores na aula a súa disposición. - Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Todo o profesorado sabe empregar as ferramentas básicas necesarias para levar a cabo a súa actividades docentes. ¿ Interese e esforzo por aprender a empregar fermentas necesarias para a función docente. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo no horario para poñer en común novas aprendizaxes baseadas nas TIC. Falta de achegas económicas para a modernización das TIC. Administración educativa Non
Ameaza Falta de coñecemento do alumnado dos perigos da rede. Lexislación Si
Ameaza Deterioro dos equipos. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de actualizarse e formarse realizando cursos de formación Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación na que apoian e axudan a resolver calquera decisión que se adopte no centro. ANPA Non
Oportunidade Aproveitamento dos recursos da contorna para todo aquel que non teña os recursos necesarios poida conectarse a internet. Contorna Non
Oportunidade Existe coñecemento de gran parte do equipo docente sobre a lexislación relacionada co uso de tecnoloxía e da protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos como a participación en concursos a través da rede. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise e analizados os factoes internos e externos, tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos de cara ao presente curso 2022-2023.

Desenvolver estratexias que permitan actuar de xeito legal , seguro e sen perigos en internet ou na rede. 

Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe.

Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Desenvolver estratexias que permitan actuar de xeito legal , seguro e sen perigos en internet ou na rede.
02PD Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe.
03PD Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe.

Seguimento

Procedemento

 O Equipo de Dinamización do PD realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan. A persoa mentora Adix realizará unha ou máis visitas por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto. A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Posta en marcha do Plan, co asesoramento da persoa mentora Adix

2º Trimestre

Continuación do traballo co Plan, aínda que unicamente por parte da persoa coordinadora do Plan, que non dispuxo de tempo material para levar a cabo no seu centro algún dos obxectivos propostos no plan. Sí que se levou a cabo o Plan Navega con Rumbo e a iniciación da creación de cuestionarios seguros na rede para implementar nas aulas virtuais.

3º Trimestre

O traballo co Plan Dixital foi insuficiente, non se levaron a cabo varias das accións contempladas nos obxectivos. Falta de tempo da persoa coordinadora para poñelo en práctica (titora + xefa de estudos + coordinadora de Polos Creativos)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación dos obxectivos realizarase da seguinte forma: 

  • En canto a avaliación procesual, a frecuencia da súa realización serña como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realizacion será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do lorgo dos obxectivos e as propostas de mellora. 
Valoración xeral

Estamos moi de acordo coa necesidade de ter e levar a cabo nos centros un Plan Dixital, pero non a costa de cargar de traballo (aínda mais) ao persoal docente. É tal a cantidade de plans e proxectos que temos que atender que non é posible levalos a cabo todos. Non foi posible levar a cabo moitas das actividades por falta de tempo, para coordinarse, para programar, para valorar, para avaliar, para propoñer actividades, para elaboralas e para levalas a cabo.

Proposta de mellora

- Dotar de liberación horaria á persoa responsable do Plan Dixital no centro.

- Proporcionar exemplos doutros plans xa elaborados para empregar como guía.

- Facer a plataforma mais clara e intuitiva.

- Rematar de dotar aos centros coas pantallas dixitais naquelas aulas nas que aínda non hai.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Coa finalidade de que toda a comunidade educativa sexa coñecedora deste plan, a súa difusión realizarase da seguinte forma:

- Profesorado: nos claustros de inicio de curso, mes de setemrbo,  presentarase a proposta e explicaranse os obxectivos que hai que alcanzar xunto coas actuacións pertinentes.

- Familias: mandarase un Abalar móbil para darlle difusión ao Plan Dixital, que tamén se atopará na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipenriquebarreiro na seguinte ligazón:

Plan Dixital