Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CPR Plurilingüe La Encarnación é un centro Privado de Titularidade Concertada situado en Caldas de Reis, unha localidade no Noroeste da Provincia de Pontevedra. O concello de Caldas ten unha poboación duns 10.000 habitantes, sendo a do núcleo urbano de 4.000 habitantes. 

O noso alumnado, maioritariamente, procede da propia localidade, pero tamén asisten alumnos de localidades do arredor (Cuntis, Moraña, Pontecesures, Valga, Vilagarcía...).

O nivel socioeconómico das familias é medio-baixo.

Traxectoria no ámbito das TIC

Dende curso escolar 2003-2004 iniciouse no centro a implantación paulatina das novas tecnoloxías, coa dotación dun equipo informático nos despachos administrativos, a creación da sala de informática, e a introdución dun computador nalgunhas aulas, así como a formación do profesorado neste ámbito. No curso 2007-2008 realizouse unha enquisa entre o profesorado e o alumnado para coñecer a realidade do noso centro sobre o uso das  Tic´s. Logo da análise dos resultados e dado a elevada porcentaxe de uso entre os membros da comunidade educativa redactouse o primeiro Plan  Tic do centro co propósito de mellorar os recursos materiais e a formación tanto do alumnado como do profesorado. Froito destas reflexións o centro comezou a participar en diferentes proxectos relativos as TIC:  

  •  Forma parte do proxecto Abalar desde o ano 2010. 
  •   Participa no proxecto “E-  Dixgal” desde o ano 2015.  
  •  Proxecto “ Snappet” desde o ano 2016 en 3º e 4º de primaria. Concluído no curso 2019-20.  
  • Proxecto  Digicraft desde curso 2019-20. 
  • Gañadores Autonómicos SuperReto Digicraft

Aínda así, queda moito camiño por percorrer para alcanzar unha integración total na comunidade educativa. 

            A contribución das TIC no Plan Xeral Anual é clave para o desenvolvemento da Competencia dixital, tanto do persoal docente coma do alumnado. Darase prioridade á utilización destas ferramentas nos procesos pedagóxicos-didácticos e administrativos. 

Nos Obxectivos do Plan Xeral Anual recolleranse os obxectivos e as accións establecidas no Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar a analise DAFO empregaronse distintos intrumentos:

  • Autoavaliación SELFIE:  Deberase ter en conta que o análise SELFIE só o realizaron os alumnos e alumnas dos cursos 5º e 6º de Educación Primaria (Aulas Edixgal).
  • Test CDD. 

*Os resultados obtidos nos intrumentos anteriores recollense nas páxinas 6 e 7 do documento adxunto.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Uso habitual de contidos dixitais sen a formación suficiente, o que en ocasións provoca aprendizaxes superficiais e equivocadas. Alumnado Non
Debilidade Falta de comunicación continua coas familias sobre os diferentes proxectos da escola. Apenas se contempla a participación das familias nos proxectos dixitais. Nivel adquisitivo baixo das familias. Familias Non
Debilidade Non contamos con suficientes equipos para o alumnado e a conexión a internet non é boa. Infraestruturas Non
Debilidade A oferta educativa de E. infantil e primaria non permite completar a formación educativa obrigatoria. Oferta Non
Debilidade Sobrecarga de equipos docentes e accións burocráticas. Organización de centro Non
Debilidade Parte do profesorado sente que o equipo directivo non involucra ao claustro no desenvolvemento dunha estratexia dixital. Persoal docente Non
Debilidade Número moi reducido de persoal. Falta de formación dixital específica para o posto. Persoal non docente Non
Fortaleza Consegue un nivel bastante alto na competencia dixital, ao rematar a etapa de Educación Primaria. Alumnado Non
Fortaleza As familias dispoñen de dispositivos para o alumnado. Efecto motivador do uso das tics para os seus fillos. Familias Non
Fortaleza Contamos cunha infraestrutura dixital que apoia o ensino ¿ aprendizaxe coas TIC. Infraestruturas Non
Fortaleza Apostamos por unha oferta plurilingüe de dixital nas actividades extraescolares. Oferta Non
Fortaleza O tamaño reducido do centro favorece a colaboración entre as etapas. Aposta do centro por unha organización ao servizo da innovación e da calidade educativa. Horarios e espazos dispoñibles. Organización de centro Non
Fortaleza Ten acceso a posibilidades de Desenvolvemento persoal continuo. Ten interese polas ferramentas dixitais e busca recursos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Persoal non docente moi cualificado para o seu posto. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escaseza de recursos aportados pola administración. Carga burocrática excesiva e falta de liberación horaria para a coordinación. Administración educativa Non
Ameaza A ANPA conta con escasos recursos económicos. ANPA Non
Ameaza Centros da contorna con mellores instalacións e recursos e cunha maior inversión económica. Contorna Non
Ameaza Cambios normativos continuos. Currículo dixital difuso. Lexislación Non
Ameaza Utilizamos pouco as TIC para colaborar con outras institucións u organizacións. Outras Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo uso das ferramentas dixitais e apoia o proceso de creación dun Plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA colabora na adquisición de materiais tecnolóxicos e na aposta pola formación. ANPA Non
Oportunidade Hai unha rede de centros a nivel institucional que pode facilitar o desenvolvemento. Contorna Non
Oportunidade A lexislación recolle a competencia dixital e a elaboración dun plan no centro para o seu desenvolvemento. Lexislación Non
Oportunidade Utiliza as TIC para a comunicación relativa ao centro educativo. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e do TCDD, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar a competencia dixital do profesorado.
O02PD Proporcionar ao profesorado e alumnado as servizos dixitais apropiados.
O03PD Reflexionar sobre a práctica docente con outros profesores compartindo experiencias de observación de compañeiros.
O04PD Potenciar a competencia dixital do alumnado

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual, unha vez ao trimestre, reunirémonos para valorar a evolución das accións e valoraranse as accións e actividades realizadas.

1º Trimestre

O equipo directivo incluiu formación dixital no Plan de Formación do Centro,

2º Trimestre

Acadaronse os obxectivos plantexados para este trimestre.

3º Trimestre

Acadaronse os obxectivos plantexados para este trimestre.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao rematar o curso, o equipo TIC reunirase para valorar a consecución dos obxectivos, co fin de realizar unha avaliación final. Na cal as conclusións extraídas recolleranse nas táboas do plan de acción e nas Actas do Equipo TIC.

Unha vez rematado o proceso de avaliación estableceranse unha serie de medidas de mellora que se recolleran no vindeiro plan.

Valoración xeral

Séguense fancendo accións relacionadas coa mellora da competencia dixital, a pesar de non contar con recursos.

Proposta de mellora

Procurarase adquirir dispositivos para os alumnos

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O martes 3 de setembro presentase o plan ao Claustro de profesores para a súa aprobación. Este mesmo proceso levarase a cabo no Consello escolar, con data do . Unha vez aprobado publicarase na publicarase na páxina web do centro na seguinte ligazón: https://caldas.salesianas.org/asociaciones/proyecto-digital/ 

Ao inicio de curso informarase a toda a Comunidade Educativa sobre dito plan no: 

-       As familias: Presentarase o proxecto por parte da Dirección na Reunión Xeral de inicio de curso coas familias.

-       Ao alumnado: Explicarase ao alumnado os obxectivos do plan e as actividades que se van a levar a cabo.