Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

O CPR Plurilingüe San Fermín (36000417) é un centro privado-concertado que, baixo a xestión dos Padres Somascos, leva cáseque 70 anos desenrolando o seu labor en Caldas de Reis, un concello da provincia de Pontevedra que ten ó redor de 10.000 habitantes.
As ensinanzas que se imparten no centro, a cargo dun claustro formado por 38 docentes, son as que se detallan e que no presente curso 2023/24 contan co seguinte alumnado:

Ed. Inf.: 25 alumnos/as        Ed. Prim.: 106 alumnos/as      E.S.O. 135 alumnos/as
CFGM (Actividades Comerciais - Instalac. Eléctricas e Automáticas - Xestión Administrativa): 102 alumnos/as

Datos de contacto son:

CPR Plurilingüe San Fermín
rúa Fermín Mosquera, 2 e 15
36650 - Caldas de Reis (Pontevedra)

Tlfno.: 986.54.00.75
E-mail:   cpr.sanfermin.caldas@edu.xunta.gal
Web:       www.csanfermincaldas.es

A localización do Centro:

Ubicación do centro a través de Google Maps

1.2.Contextualización e contribución ao PEC

O CPR Plurilingüe San Fermín dos Padres Somascos é un centro de educación concertado de carácter católico con cáseque 100 anos de historia. O ensino que ofrecemos xira arredor dos valores cristiáns, como son a humildade, o traballo ou o respecto.

Está situado no casco urbano de Caldas de Reis (PO), localidade estratexicamente situada ó confluír nela a intersección da estrada Pontevedra-Santiago e A Estrada-Vilagarcía. O ámbito produtivo da comarca baséase nas PYMES, aínda que tamén están asentadas algunhas grandes empresas con máis dun centenar de empregados cada unha. A base da economía local é o sector terciario, xa que a maioría da poboación traballa nos servizos: comercio, banca, administración, ensino... sendo importante tamén o sector primario, no que a agricultura é unha fonte de ingresos subsidiarios para a economía familiar.

Coa finalidade de proporcionar unha educación innovadora e de calidade, participamos en diferentes proxectos, entre os que destacan: Plurilingüismo, Abalar, E-dixgal, Digicraft, DAFIS. Cabe salientar que somos un Centro con distintivo de Vida Saudable.

No ámbito das novas tecnoloxías o San Fermín foi un centro que apostou pola innovación incorporando aló polo 1980 os primeiros IBM PC iniciando deste xeito unha aposta, pola incorporación das TIC ó proceso de ensino, que sigue a día de hoxe renovando o equipamento e adoptando ferramentas que permiten formar ó alumnado e acadar unha mellor motivación de cara a aprendizaxe. Tentarase implicar ó profesorado para acadar os obxectivos propostos o que implicará asumilos nas programacións.

1.3.Breve xustificación do mesmo

A redacción deste Plan ven dado polo marco normativo que se concretou coa publicación da Resolución do 3 de setembro de 2021 na que se recollía o procedemento para a elaboración durante o curso 2021/22 do Plan Dixital de Centro.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación 
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.4.Proceso de elaboración

Para a elaboración do PDC seguíronse as indicacións da coordinadora ADIX de zona ademais da formación realizada. A súa implicación e constante orientación e asesoramento facilitaron enormemente o traballo a realizar nas diferentes fases: Selfie – TestCDD – Análise DAFO - Plan de Acción e Plan Dixital de Centro.

Para levar a cabo todo este proceso, no noso Centro, o coordinador TIC asumiu a organización e coordinación e creou un grupo de traballo que formado polos coordinadores de etapa (Infantil, Primaria, ESO e Ciclos Formativos), orientador e director.

En cada etapa, os memobros do grupo de traballo colaboraron na organización das tarefas a realizar, participaron nas sesións de formación e trasladaron ó resto do claustro a información e o estado do desenvolvemento do plan.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O emprego das TIC no Centro é xeneralizado e, en maior ou menor medida, se empregan tanto nas actividades de docencia como de administración e de comunicación. A pesar diso, a pandemia supuxo un empurrón para que este uso se afianzase e se normalizase. Incluso nos permitiu que corrixísemos un aspecto no que non habíamos afondado como era o de incorporar aulas virtuais ó noso día a día.

1. Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro.
O Centro conta cunha rede local que se estende ben por cable ou de xeito inalámbrico por todas as instalacións do Centro: aulas, biblioteca, sala de profesores, ... Tendo en
conta que somos centro E-Dixgal e que os alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria e os de 1º a 4º da ESO empregan un dispositivo individual, a conectividade nas aulas destes
cursos e inalámbrica.
A conexión á rede Internet é a través do operador R que nos ofrece unhas velocidades de 350 Mbps de baixada e de 35 Mbps de subida. Así a todo, esperamos mellorar a
conectividade tendo en conta que actualmente se está despregando a rede de fibra no entorno do Centro.
Pola súa banda, suliñar que as comunicación telefónicas están baseadas en dispositivos que se empregan a tecnoloxía VOIP.

2. Equipamento dispoñible.

O Centro forma parte do proxecto Abalar e tamén do proxecto E-Dixgal (5º e 6º de Ed. Primaria e 1º a 4º de ESO). Cada alumno/a dispón do seu equipo portátil que maioritariamente levan á casa. Estes equipos conéctanse á rede wifi do Centro mediante os diferentes puntos de acceso situados en cada aula. As aulas virtuais destes cursos están recollidas na plataforma EVA.
Os cursos que non forman parte do proxecto E-Dixgal (Ed. Infantil, 1º a 4º de Ed. Primaria e Ciclos formativo) empregan como aula virtual o servizo ofrecido pola plataforma
AulaCesga que depende do Centro de Supercomputación de Galicia.
Tódalas aulas están equipadas cun ordenador de sobremesa para uso do profesor e que ademais de conexión wifi a Internet, está conectado a un canón de proxección. Nos cursos E-Dixgal, nomeados anteriormente, e nos cursos de Ed. Infantil, as aulas contan cunha PDI mentres que no resto dos cursos a proxección realízase sobre unha pantalla normal.
Tamén están equipadas con ordenador, canón e pantalla de proxección as aulas de uso común: plástica, música, tecnoloxía e audiovisuais. Noutras instalacións como son: sala de profesores, biblioteca, psicomotricidade, admón., secretaría, coordinación académica e dirección, unicamente hai equipos informáticos con conexión á rede Internet.
O sistema de impresión para o profesorado está centralizado e mediante unha contrasinal individual cada docente pode imprimir na impresora que está instalada nun despacho a carón do de dirección.
A disposición do profesorado e alumnado contamos tamén con dúas aulas de Informática que se caracterizan principalmente por:

  • Aula de Informática 1. Conta con 20 equipos conectados en rede máis un ordenador (do profesor) que xestiona a aula. Todos contan con conexión a Internet e comparten unha impresora láser. Na aula tamén hai un proxector e unha pantalla grande de proxección. Conexión por cable a Internet.
  • Aula de Informática 2. Neste caso conta con 20 terminais que conectan con servidor da aula (ordenador do profesor). Comparten impresora e disponse de proxector e pantalla de proxección. Conexión por cable a Internet.

3. Servizos educativos.

A información relevante do Centro publícase na páxina web (www.csanfermincaldas.es) para o que se ten contratado un hosting e un dominio que se renovan anualmente. Ademais tamén utilizamos servizos de balde como son Blogspot, Wordpress, Vimeo, Youtube, ...
Como servizos de comunicación empréganse diferentes ferramentas de mensaxería pola accesibilidade por parte das familias. En calquera caso, estas ferramentas son complementarias ó emprego oficial no Centro do Espazo Abalar e AbalarMóbil.

4. Xestión do mantemento do equipamento do Centro.

O tratarse dun Centro Concertado, o mantemento do equipamento corre a cargo do propio Centro. Así, para realizar estas funcións de actualización e posta en funcionamento asi como de resolución diaria de incidencias, encárganse 2 profesores do Centro.

5. Fontes empregadas para a análise DAFO.

5.1. Informe SELFIE. Presentado como Anexo.

5.2. TestCDD. Presentado como Anexo.

 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Uso non axeitado da tecnoloxía durante o desenrolo das clases por parte de determinados alumnos/as. Falta de destrezas básicas: enviar e-mail, criterios de busca e filtro de información, etc. Aplicar o traballo na aula co traballo en espazos abertos. Poucos recursos TICs nos cursos anteriores a 5º de Ed. Primaria. Adecuación do paso de 4º a 5º de Ed. Primaria para a utilización de E-Dixgal. Fomentar o setimento de pertenza: convivencias, actividades,¿ Potenciar programa de saber estar e menos ruído. Técnicas de estudio dende as Novas Tecnoloxías. Alumnado Si
Debilidade Problemática coa xestión das incidencias e reparacións do equipamento E-Dixgal debido ó seu alto custo. Grupos de WhatsApp tóxicos. Perda da privacidade. Problemas de conectividade. Familias Si
Debilidade Recursos financieiros axustados. Necesidade de renovar o equipamento máis obsoleto. Necesarios periféricos: micrófonos, cámaras, etc. Innovación: robótica, R.A., programación, impresora 3D, etc. Revisión da instalación de conexión a Internet para optimizar e mellorar a velocidade de acceso. Falta a instalación dun servidor e unha Intranet. Instalar algunha impresora alternativa á de secretaría. Unificar criterios na colocación equipos/alumnos. Dificultade para proxectar con nitidez en algunhas aulas (problemas de luz ambiental). Dificultades á hora de traballar con pantalla e caderno. Dificultad y lentitud en la reparación de equipos personales. Buscar servicio técnico a través de una aportación. Infraestruturas Si
Debilidade Baixa natalidade e competencia con outros centros. Fama de que o alumnado ten un baixo nivel. Potenciar o tratamento ó alumnado de altas capacidades. Emprego dun máis amplo e variado número de recursos metodolóxicos. Incrementar a oferta de actividades de vida saudable de xeito global (alumnos, exalumnos, familias, persoal, etc.) Vender o que se fai e facer o que se vende con calidade. Busca de fidelización de alumnos e familias. Oferta Non
Debilidade Falta crear banco de recursos. Necesidade de crear un recurso compartido que permita o acceso ó profesorado da documentación. Fomentar o traballo colaborativo e en equipo. Pouca o escasa relación con otros centros da zona. Mellorable a presencia en actos públicos. Mellorable a colaboración do persoal en servizos que ofrece o centro así como na organización de actividades. Pouca transcendencia do Consello Escolar. Mellorar o noso ¿marketing¿ procurando vender mellor o que facemos. Que funcione mellor o ¿boca a boca¿, avisos á prensa, entre outros. Maior implicación en proxectos de innovación. Implantación do plan de comunicación. Actualización e modernización da páxina web. Uso xeneralizado de imaxe corporativa: e-mail, logo, membrete, cabeceiras dos exames, etc. Organización de centro Si
Debilidade Individualismo e mellorable a capacidade de traballo colaborativo. Importante porcentaxe de profesorado que non ten uns coñecementos amplios en TICs En xeral, mellorable a xestión de aula dos recursos TIC por falta de tempo dedicado á aprendizaxe. Necesidade de implementar novas metodoloxías (evitar a acomodación). Tratar de combinar o traballo dixital coa actividade física (evitar moitas horas diante da pantalla) Mellorables as técnicas de comunicación coas familias e alumnado: precisión e escoita. Persoal docente Si
Debilidade Necesario máis formación en xestión de redes sociais. Persoal non docente Non
Fortaleza Alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e de 1º a 4º de ESO conta un equipo portátil individual. Alta motivación por empregar recursos dixitais. Escasa conflictividade. Empregar as TICs como ferramenta para mellorar hábitos saudables. Alumnado Si
Fortaleza Maioritariamente reciben comunicacións do centro por medios telemáticos (WhatsApp, Abalar, Correo electrónico, etc.) Posibilidade de acceso ó material audiovisual que publica o Centro (web, redes sociais, etc.) Atención personalizada para todos os que o precisan. Familias Si
Fortaleza Aulas dotadas con ordenador para o profesor, proxector e acceso a Internet Aulas con pizarras dixitais interactivas. 2 aulas de informática totalmente equipadas. Ordenadores de uso común en diferentes salas. Centro integrado dentro do proxecto E-Dixgal Tablets a disposición do alumnado e do profesorado Infraestruturas Si
Fortaleza Trato cercano e familiar a alumnos e a familias. Oferta diferenciada con respeto a outros centros de xornada única o que permite conciliar ás familias. Oferta Non
Fortaleza Xestión e resolución áxil e rápida das incidencias. Relación cercana e cordial co persoal. Facilidades nos permisos laborais. Atención e coidado do alumnado. Ser un centro saudable que aposta pola vida activa. Organización de centro Si
Fortaleza Concienciación da importancia do emprego das TICs Realización de cursos de formación Emprego prácticamente xeneralizado de Aulas Virtuais Amplia experiencia Elaboración de contido audiovisual das actividades do Centro (revista, festivais, etc.) Xestión das Redes Sociais por parte do profesorado. Transmitir confianza no que facemos. Asesoramento e colaboración dos profesores de informática ó resto do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Valoración como imprescindible do emprego das TIC¿s Emprego das TIC¿s nas tarefas administrativas e de comunicación coas familias e a Administración. Creatividade e iniciativa para planificar e deseñar recursos audiovisuais. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demasiada burocracia. Plazos ás veces demasiado axustados para presentar documentación. A aportación económica da Administración é insuficiente. Discriminación en determinados programas é servizos con respecto ós centros públicos. Non contar coa etapa de Bacharelato. Gasto elevado de enerxía eléctrica para evitar subir/baixar persianas. Normativa cada vez máis restrictiva en canto a titulacións. Dificultade para contratar en función da calidade. O galego impide traer xente válida doutros lugares. Administración educativa Si
Ameaza Recursos limitados como consecuencia dos impagos. ANPA Si
Ameaza Valoración da figura do docente restándolle autoridade. Imaxe de centro anticuado e falto de innovación. Rechazo importante nun amplo sector da poboación con todo o que ten que ver coa relixión. Contorna Si
Ameaza Cambios lexislativos frecuentes Requisitos para acceder á labor docente para profesorado antiguo. Lexislación Non
Ameaza Apoio notable á Educación Pública por parte de partidos políticos e organismos públicos. A oferta educativa pode ser excesiva nestes momentos en relación coa natalidade. Outras Non
Oportunidade Implementación de recursos e ferramentas que facilitan tarefas dos docentes, labores administrativas e de comunicación. Administración educativa Si
Oportunidade Apoio constante e continuo nas actividades organizadas polo Centro. Ambicioso programa de Actividades Extraescolares Acadar unha maior participación de pais/nais na ANPA. ANPA Non
Oportunidade Relación aberta e cercana coas familias. Valoración xeral positiva do trato ó alumnado. Utilización das instalacións para a celebración de actos e/ou eventos deportivos en horario extraescolar. Colaboración con outras organizacións como Servizos Sociais, Igualdade, Cultura, Cáritas, Entidades Deportivas, etc. Contorna Non
Oportunidade Aposta clara pola innovación e polo emprego de novas tecnoloxías. Lexislación Si
Oportunidade Dispoñibilidade das empresas para colaborar en proxectos do Centro. Establecer lazos con otros centros da congregación Somasca posibilitando levar a cabo intercambios ou a realización de actos conxuntos. Mellora continua dos materias dixitais que ofrecen as editoriais. Participar nos actos organizados polo Concello. Voluntariado Misionero Somasco. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE no que se avaliaban diferentes áreas (liderado, colaboración e redes, infraestructuras e equipos, desenvolvemento profesional continuo, pedagoxía: apoio e recursos, pedagoxía: imprementación na aula, prácticas de avaliación e competancias dixitais do alumnado), do TestCDD no que o Centro obtivo unha puntuación de 81,4 sobre 192 e tendo en conta que a media en Galicia era de 76,4 e outras fontes (enquisa interna entre o persoal docente e non docente así como dos membros do equipo directivo) chegamos á elaboración da análise DAFO que nos permitiu coñecer en profundidade a realidade do centro no eido dixital a fin de marcar a ruta a seguir para mellorar a situación establecendo obxetivos e accions a desenrolar.

No curso 2023/2024 considérase que o DAFO se adecúa á situación actual do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Todo o profesorado utiliza e comparte documentación e recursos no servidor do Centro.
02PD Implementar un Aula Virtual - Moodle
03PD Fomentar no profesorado a mellora da competencia dixital docente nas TIC
04PD Creación dun repositorio de contidos e materiais didácticos.
05PD Mellorar a resolución de incidencias dotando ó alumnado dos coñecementos necesarios.
06PD Introducir a robótica nas aulas de Ed. Infantil
07PD Implementar ferramentas TIC de iniciación no 4º curso de ED. Primaria para favorecer a adaptación á contorna EVA.
08PD Mellora da alfabetización dixital no alumnado.
09PD Renovación equipamento TIC de aula (ordenador do profesor) e instalación dun Panel de TV Táctil e Interactivo.

Seguimento

Procedemento

O proceso para realizar o seguimento do grao de desenvolvemento dos diferentes obxetivos recollidos no PDC será realizado en dúas fases:

1ª fase. Avaliación trimestral por parte do grupo responsable do PDC de Centro. Nesta fase valorarase o nivel de execución das accións programadas e farase unha análise e valoración dos resultados. De ser o caso, tamén se establecerán as modificacións que se consideren oportunas así como se recollerán as propostas de mellora que se aporten.

2ª fase. Avaliación final. Recollerá a valoración da consecución dos obxetivos propostos e, de ser o caso, valorarase implementar as propoostas de mellora recollidas.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Farase unha avaliación procesual por trimestre, observando o grao de consecución dos diferentes obxectivos segundo ás datas fixadas para cada unha das accións previstas e recollerase a valoración indicando o logro de cada unha desas accións (realizada, aprazada ou pendente).

Valoración xeral

Avaliación final:

No suposto de que non se realice unha determinada acción orientada a acadar un obxectivo, recolleranse aquelas propostas de mellora que permitan modificar o resultado final.

Cada obxectivo será avaliado globalmente conforme a data prevista e tendo en conta o valora previsto a acadar. Indicarase se foi acadado ou non. En caso de non acadar un obxectivo, proporase, previa análise dos motivos da non consecución, incorporalo ó curso seguinte.

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de Centro foi difundido ó resto da comunidade educativa mediante a súa publicación na web do centro accesible no enlace Web do CPR Plurilingüe San Fermín. Tamén se lle notificou ás familias da súa publicación mediante mensaxe a través da aplicación Abalar.