Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Xustificación do Plan Dixital coa normativa vixente:

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que “as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.” O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, “exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro”. A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinalan que “os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten”. Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. A Educación é un recurso crave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenericamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais, que á súa vez permitan aproveitar as oportunidades. Por outra banda, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Mediante o presente plan, preténdese:

Recoñecer o Plan anual dixital como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.

Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital das mesmas.

1.2.   Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O CPI Plurilingüe Alfonso VII é un centro público situado na vila de Caldas de Reis. A Consellería de Educación converteu no ano 1998 o C.E.I.P. “Alfonso VII” nun Centro Público Integrado. Recibe alumnos e alumnas do CRA de Caldas de do núcleo da poboación.  A maioría da poboación activa dedícase a traballar no sector secundario: industria. O centro fórmase a partir de alumnado que provén de familias de contorno rural e do núcleo semiurbano do propio concello, cunha economía que se sustenta no traballo por conta allea, no que predominan as actividades industriais e de servizo e, en menor medida as de réxime  agrario  e autónomo.  A maioría do alumnado reside en pequenas entidades de poboación que implican un desprazamento ao núcleo de Caldas para poder participar nas ofertas culturais, deportivas ou de ocio. Nos últimos anos estase incorporando ao centro alumnado inmigrante que adoitan ser familias con irmáns matriculados no centro, o que conleva un avance na comunicación con elas. Ademais, pode ocorrer da matriculación dalgún ou dalgunha alumno ou alumna ao longo do curso como caso ocasional.

1.3.   Proceso de Elaboración.

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital formouse no inicio do curso 2021-22. O traballo foise desenvolvendo acorde coas tarefas que se ían demandando dende a Aula Moodle do Adix Vilagarcía de Arousa, ao que a coordinadora, tiña acceso e a través do cal recollía a información, tarefas e prazos establecidos coa posterior transmisión aos membros do grupo.En canto houbo tarefas para realizar, o proceso foi establecer reunións de todo o equipo e delimitar as liñas xerais.  A preparación do SELFIE, así como o calendario de aplicación foron definidos pola Coordinadora. O Test CDD chegounos a través de Fprofe. O equipo mantivo reunións periódicas nas que foron tratados os puntos relacionados coa elaboración do DAFO,o Plan de Acción e a redacción do Plan Dixital de Centro.           O procedemento seguido para a elaboración do Plan Dixital constou das seguintes fases:

1ª FASE: análise da situación do centro. A análise da situación do centros realizouse a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente.

2ª FASE: diagnose da situación de centro. A partir do Informe SELFIE, o centro  xerou un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que  permite a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. O Informe Individual do test CDD permite ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP nos vindeiros cursos académicos.

3ª FASE: elaboración do documento Plan Dixital de Centro.

 

Neste curso 23-24 continuamos coa idea inicial deste Plan elaborado no curso 21-22 e coam idea de rematar todos os obxectivos propostos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A información previa recolleuse a partir do Informe SELFIE.De xeito complementario, realizouse o cuestionario TEST CDD co profesorado.

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de coñecementos de ofimática, sobre todo nos cursos de 5º e 6º. Alumnado Si
Debilidade Uso irresponsable das tecnoloxías, sobre todo en 1º ESO. Alumnado Si
Debilidade Falta de consciencia sobre os perigos da internet e a importancia da súa pegada dixital. Alumnado Si
Debilidade Carencia de recursos e/ou coñecementos necesarios para educar aos nenos/as nun uso responsable da tecnoloxía. Familias Non
Debilidade . Necesidade de orientación ás familias sobre o uso racional e responsable das tecnoloxías (limitación do tempo de uso, perigos das redes sociais, adicción aos videoxogos,...). Familias Non
Debilidade Falta de control sobre o uso que fan os nenos/as das tecnoloxías, non son verdadeiramente conscientes das graves consecuencias que supón un mal uso das tecnoloxías. Familias Non
Debilidade Falta de modernización de ordenadores, pantallas dixitais e proxectores de aula. Infraestruturas Non
Debilidade Mala calidade dos maletíns dalgúns equipos E-Dixgal. Infraestruturas Non
Debilidade Bibliotecas/repositorios en liña. Non contamos cun espazo onde albergar e xestionar recursos. Infraestruturas Non
Debilidade Gran cantidade de incidencias técnicas que xorden durante o curso. Infraestruturas Non
Debilidade Descoñecemento no tratamento de licenzas e dereitos de autorías en alumnado e profesorado. Infraestruturas Non
Debilidade Escasez de espazos físicos (aulas de informática). Infraestruturas Non
Debilidade Escasos procesos de reflexión sobre o uso de dispositivos dixitais e recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Ausencia de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Carencia de dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Organización de centro Non
Debilidade Descoñecemento sobre tecnoloxías dixitais para a avaliación. Organización de centro Non
Debilidade Baixa utilización do Software libre. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para explorar novas modalidades de ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade Falta de creación de recursos educativos dixitais e procesos de innovación educativa. Persoal docente Non
Debilidade Falta de colaboración con compañeiros e/ou distintas organizacións. Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Pouca promoción da creatividade, implicación e motivación do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Formación básica do profesorado en competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Seguemento das tarefas a través da aula virtual do centro ou do EVA do proxecto Edixgal na maioría das materias. Alumnado Non
Fortaleza Utilización da páxina web para información do centro. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado participante no cuestionario pertence a aulas E-Dixgal, con dotación suficiente. Alumnado Non
Fortaleza Incorporación da aplicación Abalar como medio directo para a comunicación. Familias Non
Fortaleza Todas as aulas están dotadas de EDI e proxector. Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitais no centro para o uso no ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza Conexión a Internet medianamente estable. Infraestruturas Non
Fortaleza As incidencias que xorden, vanse resolvendo con bastante eficacia, en xeral. Infraestruturas Non
Fortaleza Amplo abanico de Plans de Formación e proxectos no que participar: Manexo de Pizarras Dixitais, Impresoras 3D. Oferta Non
Fortaleza Existencia de canles dixitais de comunicación entre as diferentes etapas do centro e axentes da comunidade educativa. (Abalar Móbil, Aula Virtual e EVA). Organización de centro Non
Fortaleza Participación en actividades de formación profesional continua. Persoal docente Si
Fortaleza Uso de recursos dixitais existentes: E-Dixgal, EDI's, proxectores Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe (Aula Virtual). Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa a través de Abalar Móbil, Aula Virtual e EVA. Persoal docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de achegas económicas para o centro por parte da administración. Administración educativa Non
Ameaza Escasa dotación de recursos informáticos ao centro. Administración educativa Non
Ameaza Imposición de burocracia excesiva. Administración educativa Non
Ameaza Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Administración educativa Non
Ameaza A asistencia técnica, ás veces, é unha función realizada por profesorado do centro que ten que engadir estas tarefas ao seu traballo diario. Administración educativa Non
Ameaza A aprendizaxe mixta está negativamente condicionada polo acceso limitado do alumnado a unha conexión estable da internet. Contorna Non
Ameaza Brecha dixital: non todos teñen os mesmos recursos nin oportunidades para acceder ás tecnoloxías. Contorna Non
Ameaza Condición socioeconómica da contorna (hai moitas familias desfavorecidas). Contorna Non
Ameaza Cambios normativos constantes. Lexislación Non
Ameaza Falta de lexislación sobre o uso responsable das tecnoloxías no ensino. Lexislación Non
Ameaza Política de protección de datos: son moitas as situacións nas que se actúa coa inseguridade de non estar facendo o correcto. Lexislación Non
Ameaza Falta de colaboración con outras entidades. Outras Non
Oportunidade Dotación de recursos (ordenadores, EDIs, etc.) para as aulas edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade Servizo técnico para arranxar as incidencias cos equipos edixgal e o EVA. Administración educativa Non
Oportunidade Aparición de novas modalidades de ensino. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta formativa da Administración. Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA, colabora co centro. ANPA Non
Oportunidade Organiza actividades de formación para as familias e o alumnado. ANPA Non
Oportunidade Programación de actividades en colaboración co Concello de Caldas de Reis, outros centros educativos e asociacións da contorna. Contorna Non
Oportunidade Abanico de empresas na contorna que poden aportar, como Snappet a través da dotación de tablets. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de que outras entidades ou grupos próximos da contorna apoien e participen activamente no proxecto (dotación económica, obradoiros e programas de actividades). Outras Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Educar ao alumnado no uso responsable das novas tecnoloxías. (H. Competencias dixitais do alumnado.)
O02PD Consolidar a elaboración de recursos dixitais para mellorar a competencia dixital do alumnado.(H.Competencias dixitais do alumnado)
O03PD Dar coñecer e valorar a importancia dos Dereitos de Autor e Licenzas de Uso entre o profesorado do centro.(A. Liderado)
O04PD Dar coñecer e valorar a importancia dos Dereitos de Autor e Licenzas de Uso entre alumnado. (A. Liderado)

Seguimento

Procedemento

Á finalización de cada trimestre do curso académico, realizarase unha avaliación procesual mediante a obtención sistemática de datos, análise dos mesmos e toma de decisións se fosen necesarias durante o propio proceso de implementación do Plan de Acción. Os aspectos a valorar inclúen o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados, e de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

1º Trimestre

O01PD. Educar ao alumnado no uso responsable das novas tecnoloxías. Non se realizou a acción A01.1 por falta de tempo, e estase a realizar a acción A01.2.

O03PD. Dar coñecer e valorar a importancia dos Dereitos de Autor e Licenzas de Uso entre o profesorado do centro. Cummpriuse a acción A03.1 pois se deron a coñecer entre o profesorado do centro os Dereitos de Autor e Licenzas de uso no primeiro trimestre do curso

O04PD. Dar a coñecer e valorar a importancia dos Dereitos de Autor e Licenzas de Uso entre o alumnado. No primero trimestre, a acción A04.1 correspondente a este obxectivo cumpriuse, pois é a mesma que a acción A03.1 do obxectivo O03PD.

2º Trimestre

O01PD: A01.2 Crear un espazo de xogos educativos no corredor de 5º e 6º de EP para concienciar dos riscos da rede. Obxectivo cumprido. Creáronse 4 xogos educativos que se ubicarán no corredor do centro.

 

O02PDA02.1 Creación de novos recursos dixitais (elaborados polo alumnado de 5º de primaria) para mellorar a competencia dixital do alumnado. Non se cumpriu este obxectivo debido á falta de tempo.

O04PD: A04.2 Informar ao alumnado sobre os Dereitos de Autor e Licenzas de uso, para que o teñan en conta á hora de realizar traballos dixitais. Por agora estase cumprindo este obxectivo, aínda que non se alcanzou todavía ao 50 % do alumnado.

3º Trimestre

O01PD: Este obxectivo cumpriuse no 2º trimestre.

O02PD: Non se cumpriu este onxectivo, debido á falta de tempo por parte do profesorado para a súa realización.

O03PD.: Este obxectivo cumpriuse no 1º trimestre.

O04PD: Sobre o 50 % do alumnado coñece os dereitos de autor e licenzas de uso, pero non todos o teñen en conta á hora de realizar traballos dixitais.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

Con ese propósito,  á finalización de cada trimestre do vindeiro curso académico, realizarase unha avaliación procesual mediante a obtención sistemática de datos, análise dos mesmos e toma decisións se fosen necesarias durante o propio proceso de implementación do Plan de Acción. Os aspectos a valorar inclúen o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados, e de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Para realizar este proceso, os membros do grupo Plan Dixital valorarán, en función dos datos recollidos previamente, o nivel de cumprimento dos indicadores de logro.

Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, a valoración do logro dos obxectivos, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos vindeiros. Os encargados da realización desta avaliación serán os membros do grupo de traballo Plan Dixital, que remitirán o seu informe para discusión e aprobación do claustro de mestres.

Valoración xeral

A pesar de ter cumplidos a maioría dos obxectivos, quedou un sen cumplir. O problema é a falta de tempo do profesorado e a dificultade de levar a cabo plans cando o profesorado do centro cambia continuamente, pois non hai a mesma implicación se o persoal está fixo que se só vai estar un ano no centro. Ademais, os obxectivos relativos ao profesorado, aínda que se cumpran un ano, hai que pensar e volver a telos como obxectivos o ano seguinte debido a que o persoal cambia.

A pesar disto, a valoración é bastante boa, pois o resto de obxectivos cumplíronse e foron beneficiosos para o noso alumnado.

Proposta de mellora

Tentar implicar máis ao profesorado na proposta e consecución dos obxectivos do Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan será publicado, como o resto da documentación do centro, na páxina web do centro

. As familias serán notificadas a través do espazo Abalar no momento da súa publicación na páxina web. Así mesmo, nas reunións do equipo de Comisión de Coordinación Pedagóxica e do claustro de mestre de principio do curso académico 2023-2024.

Ou accedendo a través desta ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36000405