Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Realízase unha avaliación trimestral, na que o equipo TIC recolle as achegas do profesorado, que son canalizadas a través das reflexións da coordinadora, plasmadas no apartado de seguimento do plan.
Ademais, realízanse reunións mensuais co mentor ADIX que corresponde ao noso centro ( ver anexos)
O01PD - Mellorar o equipamento informático do centro - Acadado
- A01.1. Revisar inventario e priorizar necesidades, equipos que cómpre retirar ou arranxar. (Acadado)
- A01.2. Substituír os PCs limitados en velocidade e características por outros novos (Acadado)
Reemplazo dos equipos menos funcionais por outros novos, seguindo como criterio as características dos equipos e actualizando os máis antigos.
- A01.3. Revisar os canóns de proxección de todas as aulas e obter luminosidade axeitada. (Acadado)
Substitución das lámpadas dos canóns que esgotaron o seu tempo efectivo de uso. Mantemento dos paneis dixitais interactivos.
O02PD - Establecer tempos para falar sobre o uso das TIC no centro - Acadado
- A02.1. Establecer tempos de coordinación entre o equipo docente para falar sobre o uso das TIC de forma periódica. (Acadado)
Fixáronse as datas das reunións trimestrais do profesorado para compartir opinións e chegar a acordos en materia TIC, dedicándolle un tempo específico para a unificación de criterios comúns,
- A02.2. Seleccionar items concretos sobre os que chegar a acordos co conxunto do profesorado. (Acadado)
Realizáronse enquisas para detectar aquelas cuestións que preocupaban máis ao profesorado na área dixital e poder abordalas nas reunións de forma deliberada, e poder chegar a acordos.
- A02.3. Chegar a acordos compartidos sobre o uso das TIC nas distintas áreas e niveis educativos. (Acadado) En primaria empréganse as TIC de maneira coordinada tanto nas titorías como nos contextos,e en Infantil estableceuse unha sesión semanal de robótica, na que se empregan estas ferramentas.
O03PD - Formar alumnado crítico coa información que manexan na rede - Acadado parcialmente
- A03.1. Continuar a empregar as TIC de forma sistemática nos contextos de aprendizaxe e tamén nas titorías. (Acadado)
Programáronse actividades concretas relacionadas coas TIC nun recanto semanal en cada Contexto de Aprendizaxe, así como se realizaron 4 sesións dedicadas a formar ao alumnado para mellorar a súa capacidade para buscar información fiable na rede, en 5º e 6º. Ademais, traballouse unha hora semanal co alumnado de 6º de Primaria na materia STEAM de libre configuración.
- A03.2. Dotar ao alumnado de criterios para diferenciar fontes fiables das que non o son. (Acción deseñada para completar no 2º trimestre)
- A03.3. Programar actividades para que o alumnado gañe autonomía na búsqueda de información fiable na rede e a empregue nun contexto. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
O04PD - Desenvolver a estratexia dixital do centro - Acadado
- A04.1. Establecer un diálogo entre o profesorado para compartir inquedanzas e prioridades no ensino dixital. (Acadado)
Realizáronse xuntanzas para decidir as liñas de traballo comúns en todos os niveis educativos, empregando software común ao longo dos distintos cursos.
- A04. 2. Acordar unha estratexia dixital de centro en relación aos items de máis interese para o conxunto do profesorado. (Acadado)
Elaborouse unha estratexia dixital base cos medios dos que dispoñemos, incluíndo este curso as ferramentas que mandaron de Polos Creativos ,que poida servir de punto de partida para vindeiros cursos.
- A04.3. Avaliar os progresos do centro en materia de ensino-aprendizaxe das TIC. (Acadado)
O05PD - Mellorar a accesibilidade dixital nas casas do alumnado - Acadado parcialmente
- A05.1. Continuar concienciando da importancia das TIC ás familias a través de sesións formativas no centro. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
- A05.2. Ofrecer unha contorna dixital intuitiva para as familias e o alumnado. (Acadado parcialmente)
Ofreceuse asesoramento e equipos dixitais a aquelas familias que puideron precisalo, aínda que no se logrou a participación desexada nas formacións sobre riscos TIC ofrecidas desde o centro.
- A05.3. Continuar ofrecendo equipamento dixital e soporte nas titorías para quen o precise. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
O03PD - Formar alumnado crítico coa información que atopa na rede - Acadado parcialmente
- A03.2. Dotar ao alumnado de criterios para diferenciar fontes fiables das que non o son. (Acadado)
Programáronse nas áreas e nos contextos actividades nas que o alumno tiña que buscar diferente información na rede. A tavés disto o alumno valoraba a fiabilidade da fonte e traballabase o tratamento da información.
- A03.3. Programar actividades para que o alumnado gañe autonomía na búsqueda de información fiable na rede e a empregue nun contexto. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
O05PD - Continuar insistindo en mellorar a accesibilidade dixital nas casas do alumnado - Acadado parcialmente
- A05.1. Continuar concienciando da importancia das TIC ás familias a través de sesións formativas no centro. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
- A05.3. Continuar ofrecendo equipamento dixital e soporte nas titorías para quen o precise. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
O03PD - Formar alumnado crítico coa información que atopa na rede - Acadado
- A03.3. Programar actividades para que o alumnado gañe autonomía na búsqueda de información fiable na rede e a empregue nun contexto. (Acadado)
- Programáronse actividades dende 3º a 6º tanto nas titorías como nos diferentes contextos de Aprendizaxe. Empregando esa información para elaborar un producto final.
O05PD - Continuar insistindo en mellorar a accesibilidade dixital nas casas do alumnado - Acadado
- A05.1. Continuar concienciando da importancia das TIC ás familias a través de sesións formativas no centro.
- A05.3. Continuar ofrecendo equipamento dixital e soporte nas titorías para quen o precise. (Acadado)
Ofreceuse asesoramento e equipamento de uso do centro e de préstamo para o domicilio ás familias que o necesitaron, e resolvéronse as dúbidas que foron xurdindo en materia dixital, cunha boa comunicación bidireccional escola-familias.
Avaliación
O procedemento de seguimento de desenvolvemento do plan e da súa consecución de obxectivos, terá lugar a través de:
- Unha avaliación procesual, unha vez ao trimestre, na que se valorará o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación final ao finalizar o curso académico, na que se valorará o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
- O estado da avaliación quedará reflectido no plan de seguimento trimestral.
- Realízanse dúas reunións trimestrais co asesor ADIX, nas que se realiza seguimento de dito plan e se avalía o seu grao de consecucións e posibles adaptacións e melloras.
O Plan Dixital fai que se traballe dende o centro dunha maneira máis consciente sacándolle o máximo partido ós materiais dixitais dos que dispoñemos no centro.
Así empréganse as TICs dunha maneira máis consensuada e máis reflexiva.
Grazas á asesoría do equipo ADIX puidose ir revisando o Plan Dixital de maneira sistemática resolvendo as dúbidas que foron xurdindo.
Ademais, lográronse poñer en común estratexias dixitais que, de forma maioritaria, se acordaron poñer en práctica nas distintas materias e contextos de aprendizaxe. Desta forma, fixéronse reflexións grupais por parte do profesorado do centro, priorizando co alumnado o traballo dixital de creación de contido en distintos soportes: texto, imaxe, empregando fontes de información diversas e contrastadas e atendendo a un uso responsable dos distintos dispositivos ao seu alcance.
- O obxectivo 1, Mellorar o equipamento informático do centro, foi acadado, substituíndo os equipos que precisaban ser actualizados e establecendo criterios para priorizar uns equipos fronte aos outros. Ademais, recibíronse dotacións da Consellería de portátiles e ordenadores de mesa que se foron adxudicando onde se considerou que se necesitaban máis urxentemente.
- O obxectivo 2, Establecer tempos para falar sobre o uso das TIC no centro, foi acadado, establecendo tempos de coordinación para que o profesorado puidese chegar a acordos e propiciar a reflexión en materia dixital, así como aqueles aspectos nos que se incidiría máis nas aprendizaxes e desenvolvemento da autonomía do alumnado.
- O obxectivo 3, Formar alumnado crítico coa información que manexan na rede, foi acadado porque se estableceron actividades para formar ao alumnado na búsqueda de información fiable, empregándoa nun contexto, desde os contextos de aprendizaxe pero tamén dende as titorías dos niveis educativos dende 3º a 6º de Primaria.
- O obxectivo 4, Desenvolver a estratexia dixital de forma consensuada polo profesorado do centro, foi acadado ao establecer unha serie de criterios por parte dos profesionais do centro para o emprego do material dixital do que dispón o centro.
- O obxectivo 5, Mellorar a accesibilidade dixital nas casas do alumnado, acadouse aínda que se continuará asesorando en materia dixital cando sexa preciso. Neste sentido, a comunicación foi fluida e non se detectaron anomalías ou carencias que non fosen facilmente resoltas coa axuda do profesorado.
De forma global, podemos dicir que o documento do Plan Dixital permitiu sistematizar o traballo co alumnado en materia dixital, polo que se fai unha valoración positiva da súa aplicación durante este curso.
De cara ao curso que vén trataranse de definir de forma máis detallada algúns obxectivos, especificamente aqueles relacionados coas competencias que queremos que desenvolva o alumnado.
En definitiva, agardamos que o Plan Dixital sirva para continuar vertebrando as accións do noso centro en materia TIC, para facer reflexións compartidas e adicar un tempo específico a avaliar os logros conseguidos.
Como propostas de mellora dicir que se pretende seguir traballando nalgúns aspectos importantes como a formación do alumnado en materia de TIC sobre todo no sentido de ser críticos coa información e ver os problemas que poden xurdir polo mal uso das novas tecnoloxías.
Ademáis tentarase traballar de maneira sistemática aspectos como a robótica na etapa de infantil.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital presentouse ao claustro do centro en distintas reunións de profesorado, así como foi levado ao Consello Escolar para divulgalo e recibir achegas dos seus representantes. Ademais, publícase na web do centro, para a súa difusión entre a comunidade educativa.