Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O plan de acción está contemplado para que se vaia implantando ao longo do curso 2023-2024 segundo a prioridade de actuación que se requira, partindo dunha avaliación previa das necesidades observadas, como:
· Melloras nos apoios e recursos dixitais, na infraestructura e equipos
· Potenciar o desarrollo profesional continuo
· Incorporar a tecnoloxía dixital na avaliación
· Incrementar as competencias dixitais do profesorado e do alumnado.
Este trimestre comezamos traballando sobre o obxectivo 5, involucrando ao profesorado na utilización da páxina web do centro como ferramenta de difusión na comunidade escolar. Deste xeito cada mestre é quen de subir material dixital á páxina do centro despois de recibir formación a través dun grupo de traballo para a aprendizaxe entre iguais.
Seguimos traballando na consecución dos obxectivos.
O01PDFomentar e facilitar o uso de recursos dixitais por parte do profesorado. ACADADO
O02PDIncorporar tecnoloxías dixitais para a avaliación NON ACADADO
O03PDCoñecer e aplicar correctamente os dereitos de cita nos recursos creados e usados. ACADADO
O04PDAumentar a eficiencia no uso dos paneis dixitais e das apps educativas dentro da aula. EN PROCESO. Recibimos unha formación inicial pero temos que seguir traballando e formándonos para levar as apps educativas ás aulas.
O05PDInvolucrar ao profesorado na utilización da páxina web do centro como ferramenta de difusión na comunidade escolar. ACADADO
Avaliación
Os obxectivos adecuáronse ben ás necesidades do centro.
O profesorado implícase activamente para mellorar a súa competencia dixital.
Retomar estes obxectivos do PD do curso anterior.
O02PDIncorporar tecnoloxías dixitais para a avaliación NON ACADADO
O04PDAumentar a eficiencia no uso dos paneis dixitais e das apps educativas dentro da aula. EN PROCESO.
Ademais queremos seguir recibindo formación para material recibido de Polos Creativos.
Comunicación e difusión
Unha vez presentado ante o Claustro e aprobado polo Consello Escolar, o Plan Dixital se difundirá a toda a comunidade escolar a través da plataforma e Educalidade e ademáis de:
-
Páxina web do colexio
-
Abalar móbil
-
Copia impresa na Secretaría do Centro para consulta da comunidade escolar
O Plan Dixital do CEP Sabarís estará visible públicamente, sen ter que loguearse, na plataforma Educalidade (www.edu.xunta.gal/educalidade/). No menú da esquerda picar en Plans de Centro e escribir o código do Colexio: 36000302 ou ben picar neste enlance directo: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36000302