Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do centro

O CPI de Cova Terreña está situado no centro urbano do Concello de Baiona, ao carón do pavillón municipal, o que permite unha estreita colaboración entre as dúas entidades. Ao mesmo tempo está situado no lugar de Covaterreña, unha zona sombría e húmida da vila que afecta ao estado do edificio e das súas instalacións.
A comunicación da vila coas poboacións máis próximas é boa, non tanto entre as parroquias do propio concello.
Pese a estar situado no centro da vila, moitas familias achéganse nos seus vehículos particulares ao centro nas horas de entrada e saída, xerando graves problemas circulatorios, debido ao pouco espazo de aparcamento e manobra, sendo necesaria a presenza dunha patrulla da Policía Local para a seguridade do alumnado e organización do tráfico.
Este ano cúmprese o 50 aniversario de funcionamento do centro educativo.


O CPI de Cova Terreña está a funcionar con 3 unidades de Educación Infantil, 11 unidades de Educación Primaria, e 9 unidades de Educación Secundaria (habilitouse un grupo de 4ºESO PDC para atender ao alumnado que o precisaba).
As unidades de Educación Infantil están localizadas no edificio secundario, dentro do recinto escolar. As etapas de Educación Primaria e Secundaria comparten o edificio principal, o cal está próximo ao 100% de utilización.
Organizáronse as aulas adicadas ás distintas etapas para atender a necesidades do alumnado e reducir a interferencia entre horarios e etapas.

O Claustro está composto por 51 membros, incluíndo unha docente compartida co noso centro para cubrir horas de Relixión Católica ESO. Só un docente (2%) está en situación provisional no centro, situación que mellorou moito respecto de anos anteriores tras ser adxudicado profesorado con destino definitivo de Ed. Primaria e Secundaria.

O persoal de limpeza é subcontratado por adxudicación da Consellería de Educación. Distribuiuse o traballo de xeito que unha limpadora está no centro parte da xornada de mañá.

Contextualización do Plan Dixital

O centro participa en diversos proxectos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. que achegan recursos ao mesmo, entre os que se atopan recursos dixitais: equipos informáticos para alumnado e profesorado, EDIs, conexión a Internet,...
O centro educativo está situado ao carón do Camiño de Santiago, o que impidiu a conexión por fibra ao mesmo. A conexión actual é por fibra cunha velocidade de conexión de 600Mbps dentro do proxecto Escuelas Conectadas.
O centro é E-Dixgal en todos os cursos posibles: de 5º Ed.Primaria a 4ºESO, cunha inmersión total en 5º e 6º Ed.Primaria e unha participación mixta nos niveis de ESO. Actualmente 13 grupos de alumnado son E-Dixgal con 280 alumnos e alumnas con equipo propio así como o profesorado E-Dixgal.
Asemade o centro educativo conta con equipos destinados ao alumnado dos outros grupos en armarios de carga que empregan segundo as tarefas indicadas.
Os departamentos didácticos dispoñen de equipo de sobremesa e na sala do profesorado existen equipos (6) de traballo. A impresión está centralizada.
A parte administrativa conta con equipos de traballo e existen portátiles para usos puntuais (2).
A formación do profesorado nas novas tecnoloxías é dispar, precisando habitualmente apoio nas súas tarefas cotiás.

O centro pertence a Polos creativos +.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A elaboración da análise DAFO baseouse na autoavaliación SELFIE e no Test CDD, ferramentas habilitadas pola Comisión Europea e a Xunta de Galicia para a reflexión no emprego da tecnoloxía no labor docente. Os resultados obtidos nestas dúas ferramentas pódense consultar no ANEXO I.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se lle facilita a retroalimentación ao alumnado a través de medios dixitais. Dificultade para a boa xestión de acceso a recursos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Baixa formación en competencia dixital. Baixa conciencia da necesidade de dotación tecnolóxica destinada á educación. Familias Non
Debilidade Non sempre se dispón dunha asistencia técnica inmediata cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade Desaparición das optativas de centro Robótica en Primaria e Programación en ESO. Oferta Non
Debilidade Os RACKs atópanse en áreas de traballo. Organización de centro Non
Debilidade Parte do profesorado de primaria non percibe que se conte cunha estratexia dixital do centro nin se fan proxectos interdisciplinares empregando as mesmas. O profesorado non se apoia en tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos alumnos. Persoal docente Non
Debilidade Baixa formación en competencia dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza Todo o alumnado ten un equipo informático de uso individual á súa disposición. Formación dixital para o ensino virtual e comunicación co equipo docente. Alumnado Non
Fortaleza O 98% das familias do centro empregan Abalar Móbil. Alumnado Non
Fortaleza Conexión a 500 Mbps. Armarios de carga. Dotación cunha antigüidade máxima de 7 anos. Kits de equipos con conexión para as familias que o precisen. Espazos didácticos dotados con kits dixitais (equipo informático, proxector, etc.). Impresoras 3D. Dotación Polos Creativos. Infraestruturas Non
Fortaleza Iniciaciación á robótica en 4º e 6º EP. ( A extinguir) Programación en 2º ESO. (A extinguir) Obradoiros sobre novas tecnoloxías. Oferta Non
Fortaleza O correo electrónico é a ferramenta de comunicación do centro. As titorías empregan Abalar Móbil para a comunicación confidencial co equipo docente. Organización de centro Non
Fortaleza Cadro de persoal estable. Liña de formación no centro. Persoal docente Non
Fortaleza Cadro de persoal estable. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Duplicidade de plataformas de formación en liña (E-Dixgal, aula vitual de Moodle). Administración educativa Non
Ameaza O centro educativo está situado nunha área de perfil socioeconómico medio-baixo. Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na normativa educativa. Lexislación Non
Ameaza Dificultades de acceso á biblioteca municipal por parte do alumnado menor de idade. Outras Non
Oportunidade Oferta de plans que facilitan o acceso a ferramentas dixitais (E-Dixgal, Iniciación á Robótica en Primaria (en extinción), dotación para fenda dixital). Administración educativa Non
Oportunidade ANPA colaborativa co centro. ANPA Non
Oportunidade Cercanía a polígonos industriais con empresas tecnolóxicas. Contorna Non
Oportunidade Fomento da competencia dixital do alumnado e profesorado. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración coa Universidade de Vigo en proxectos como Inspira STEAM. Colaboración do profesorado das Escolas Técnicas co alumnado do centro. Colaboración con outras empresas técnicas e tecnolóxicas. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

I .-Breve análise das debilidades

Parte do profesorado de primaria non percibe que se conte cunha estratexia dixital do centro nin se fan proxectos interdisciplinares empregando as mesmas. O profesorado non se apoia en tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos alumnos. 

Baixa formación en competencia dixital do persoal non docente.

Ao alumnado non se lle facilita a retroalimentación ao alumnado a través de medios dixitais. Dificultade para a boa xestión de acceso a recursos dixitais.

Nas familias detéctase unha baixa formación en competencia dixital e baixa conciencia da necesidade de dotación tecnolóxica destinada á educación.

No mantemento das infraestruturas non sempre se dispón dunha asistencia técnica inmediata cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. 

A materia de programación só se oferta en 4º e 6º de primaria.

Os RACKs atópanse en áreas de traballo.

II .-Breve análise das fortalezas

Cadro de persoal docente estable. Liña de formación no centro. O cadro de persoal non docente tamén é estable. O persoal docente que forma parte do Plan Dixital ten formación e experiencia en gran parte dos proxectos plantexados.

O 98% das familias do centro empregan Abalar móbil. O correo electrónico é a ferramenta de comunicación do centro. As titorías empregan Abalar móbil para a comunicación confidencial co equipo docente. 

Na oferta académica do centro inclúense materias como Iniciaciación á robótica en 4º e 6º EP, Programación en 2º ESO e Obradoiros sobre novas tecnoloxías. Todo o alumnado ten un equipo informático de uso individual á súa disposición. Formación dixital para o ensino virtual e comunicación co equipo docente.

En infraestruturas destacan: a conexión a 200 Mbps; armarios de carga; dotación cunha antigüidade máxima de 6 anos; Kits de equipos con conexión para as familias que o precisen; espazos didácticos dotados con kits dixitais (equipo informático, proxector, etc.).

III .-Breve análise das oportunidades

Colaboración con outras entidades: Universidade de Vigo en proxectos como Inspira STEAM; con profesorado das Escolas Técnicas; con outras empresas técnicas e tecnolóxicas. Oferta de plans desde a administración educativa que facilitan o acceso a ferramentas dixitais (E-Dixgal, Iniciación á Robótica en Primaria, dotación para fenda dixital). Cercanía a polígonos industriais con empresas tecnolóxicas.

IV .-Breve análise das ameazas

Dificultades de acceso á biblioteca municipal por parte do alumnado menor de idade. Cambios constantes na normativa educativa. Duplicidade de plataformas de formación en liña (E-Dixgal, aula vitual de Moodle).  O centro educativo está situado nunha área de perfil socioeconómico medio-baixo.

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o uso das ferramentas corporativas (Abalar móbil, correo, etc.) (E Pedagoxía: Apoio e recursos: E4 Comunicación coa comunidade educativa)
O02PD Elaborar unha estratexia dixital docente (A Liderado: A1 Estratexia dixital)
O03PD Colaborar con outros axentes externos do ámbito STEAM (A Liderado: A6 Participación das empresas na estratexia)
O04PD Fomentar a formación dixital das familias (E Pedagoxía: Apoio e recursos: E4 Comunicación coa comunidade educativa)
O05PD Manter a dotación informática do centro actualizada (C Infraestruturas e equipos: C1 Dispositivos dixitais para o ensino)
O06PD Fomentar o uso das aulas virtuais e outros recursos TIC por parte do profesorado (A Liderado: A3 Novas modalidades de ensino)
O07PD Organizar a formación do alumnado no uso e emprego das novas tecnoloxías (H Competencias dixitais do alumnado)

Seguimento

Procedemento

O seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital farase ao longo do curso a través das coordinacións/xefaturas e dos órganos colexiados:

  • Seguimento polas coordinacións de nivel/ciclo/departamento dos ítems que inciden nos mesmos de maneira específica.

  • Revisión en CCP do grao de consecución dos logros de formación do alumnado.

  • Formación a través do Claustro en pílulas temáticas segundo os intereses ou necesidades amosados polo mesmo ou detectados polo equipo do Plan Dixital.

A supervisión da consecución dos obxectivos enunciados no plan de acción (sección 3.1) realizarase nas datas que se especifican a continuación:
1. En maio de 2024, unha mellora do 25% nos resultados da enquisa para facer seguimento do uso das ferramentas corporativas (obxectivo 1).
2. En xuño de 2024, rúbrica para valorar a publicidade e o seguimento do Plan Dixital (obxectivo 2).
3. Ao remate de cada curso escolar, realización de 4 colaboracións con entidades do ámbito STEAM (obxectivo 3).
4. En xuño de 2024, realización de alomenos unha actividade formativa e creativa de carácter dixital (obxectivo 4).
5. A 20 de novembro de 2023, ter o 90% de equipos do centro coa última versión actualizada (obxectivo 5).
6. Dispoñibilidade de aulas virtuais para todas as materias a partires de 5º de primaria impartidas no curso 2023/24 e 75% en uso (obxectivo 6).
7. En xuño de 2024, ter redactado un plan de formación dixital do alumnado (obxectivo 7).

1º Trimestre
  • Reunión inicial co Claustro. Formación sobre a conta persoal.
  • Formación sobre o Plan Dixital, definición de obxectivos e accións a realizar.
  • Información ás familias nas reunións de titoría fixadas antes do inicio do curso.
  • Actualización dos equipos do centro.

 

2º Trimestre
  • Posta en marcha do filtro automático de contido para a dotación do alumnado.
  • Formación no Claustro do 30 de xaneiro de 2024 no uso de scribus.
  • Obradoiros Inspira Steam para o alumnado de 1º ESO.
  • Charla sobre ciberacoso para o alumnado de 5º e 6º Primaria e 2º ESO.
  • Formación do Equipo do Plan Dixital no uso do material que forma parte dos Polos Creativos en radio.

 

3º Trimestre

Formación no Claustro sobre "scribus" programa de maquetación. Exposición da Semana da Ciencia entre o 22 e 30 de abril de 2024, con demostracións da cortadora láser, a impresora 3D,radio e robótica. Formación no Claustro sobre ferramentas dixitais en galego. No contexto da avaliación final, no suposto de non lograrse os obxectivos indicados no tempo e forma que foron previstos no plan de acción, establecerase unha proposta de mellora no Plan Dixital do seguinte curso.  Ter un plan dixital para o centro permite organizar mellor as accións e valorar o progreso cara a unha dixitalización real.  Manter o equipo de traballo. Establecer un repositorio de recursos e a súa utilidade segundo etapa/materia. Curso de Formación sobre a radio escolar e prácticas co alumnado. Curso de formación dos paneis dixitais.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Valoramos moi positivamente a gran dotación tecnolóxica que ten o noso centro xa que contribuíu a alcanzar a maioria dos obxectivos redactados no plan dixital. 

Asemade permite que o nos alumnado poida acadar a competencia dixital en grado de iniciación. Permitindo que o alumnado de 4º da ESO poidera presentarse o nivel intermedio. 

Facilitoun a oportunidade de organizar talleres de formación a familias e incluso a docentes doutros centros educativos.

Fomentouse a colaboración entre diferentes departamentos mediante a utilización conxunta do material procedente de polos creativos.

Proposta de mellora

- Sería perciso organizar cursos de formación para as familias dende o segundo trimestre para a asegurarnos de que se cheguen a implementar.

- Continuar coas colaboracións externas do ámbito STEAM.

- Organizar dende o Pfpp máis cursos de formación para profesorado co obxectivo de empregar todo material dixital que está dispoñible no centro.

- Instalación da radio nun espazo definitivo.

- Revisar os items de acreditación dixital do alumnado por niveis. 

- Intentar renovar o equipamento informático de dirección e administración.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia a seguir para a publicidade e difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa é a seguinte:
- O persoal docente é informado do Plan Dixital na sesión de claustro de inicio de curso.
- As familias son informadas na sesión informativa do inicio do curso coas titorías.
- O documento é público na páxina web do centro para a súa disposición a toda a comunidade educativa.
Inclúese nas programacións didácticas de cada materia o Plan de formación dixital do alumnado (obxectivo 7).