Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital  e contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Nome: a denominació oficial do centro é EPAPU de Pereiro de Aguiar

Dirección: Carretera da Derrasa s/n 32710, Calvelle (San Miguel),  Pereiro de Aguiar - Ourense.

Correo: epa.pereirodeaguiar@edu.xunta.gal

Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/epapereirodeaguiar

Niveis Educativos:

Ensinanzas Básicas Iniciais (EBI) presencial

Ensino Básico (niveis I e II) presencial

Ensinanza Secundaria de Adultos presencial

Bacharelato presencial (titorías)

Número de alumnado: 

Debemos ter en consideración que o número de alumnado varía xa que, a matrícula permanece aberta ao longo de todo o curso.

Número de profesorado: 7 (3 mestras de Educación Primaria e 4 profesoras de Educación Secundaria).

A EPAPU de Pereiro de Aguiar (Ourense) está situada no interior do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar no lugar de Calvelle, no concello de Pereiro de Aguiar moi preto da capital da provincia ourensana. O Centro conta con:

-unha Sala de profesores con servicio (con 3 ordenadores de sobremesa e 5 portátiles con conexión a internet, unha impresora e unha fotocopiadora).

-un despacho de Dirección (con ordenador de sobremesa e unha impresora) 

-aulas dos distintos niveis educativos (con dous proxectores)

-unha aula de Informática de recente creación que conta con 16 ordenadores, pizarra dixital e impresora.

Tamén se pode utilizar no mesmo edificio cando as circnstancias o requiren, outras dependencias do Centro Penitenciario como son unha aula de informática, un Salón de Actos e un Pabellón deportivo.

Este Centro conta cun alumnado de procedencia diversa, tanto da  Comunidade Autónoma Galega pero tamén doutras provincias e mesmo doutras nacionalidades.

Desexamos que o Plan Dixital do Centro axude a promover dun xeito gradual, unha mellora na práctica educativa e formativa do centro, mediante o emprego real e efectivo dos recursos dispoñibles acompañados dunha metodoloxía axeitada. Ó longo deste curso 2023-2024 conforme se van cumplindo os plazos sinalados pola LOMLOE, afondarase no desenvolvemente da competencia dixital do profesorado e do alumnado. Para elo servirá de gran axuda a creación dunha Aula de Informática que se implementará ao longo do mes de setembro do presente curso.

Marco lexislativo

  -Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

 -Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e  implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

 -LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, (art. 111 bis, art. 121 e art.132) que establece os principios de actuación das administracións educativas e dos centros docentes en relación cas Tecnoloxías da Información e da Comunicación e a necesidade de incorporar no Proxecto Educativo do Centro a estratexia dixital do mesmo. Neste sentido, a Resolución do 17 de xuño do 2021, pola que se ditan instrucción para o desenvolvemento do curso académico 2021-2022, establece na súa disposición adicional 5ª que os centros elaborarán ó longo do dito curso o seu Plan Dixital. 

-Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 -Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 -Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

 -Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

-Resolución do 7 de agosto do 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24.

-Real decreto 1203/1999, do 9 de xullo, de normas de funcionamento dos centros educativos con sede en centros penitenciarios.

 

 

 

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados para elaborar o informe DAFO. 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 2.D- O alumnado non dispón de conexión a internet Alumnado Non
Debilidade 1.D- . Asistencia técnica dependente do Centro Penitenciario Infraestruturas Non
Debilidade 3.D- O centro non dispón dunha empresa externa de mantemento e actualización dos equipos informáticos Infraestruturas Non
Debilidade 5.D- A EPAPU non está en dependencias propias, xa que as instalacións pertencen ao Centro Penitenciario. Infraestruturas Non
Debilidade 4.D- Falta de pizarras dixitais e proxectores nas aulas que obriga a xuntar alumnado Persoal docente Non
Fortaleza 1.F Alumnado motivado no uso das novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza 2.F- O equipo directivo moi concienciado na importancia do uso das TIC e da realización dun Plan Dixital de Centro real e práctico Infraestruturas Non
Fortaleza 7.f- Aula de Informática de nova creación Infraestruturas Non
Fortaleza 3.F- Equipo directivo motivado e impulsador das novas tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza 4.F- Traballo habitual en equipo do conxunto de profesoras e en coordinación co Equipo de Formación do Centro Penitenciario Persoal docente Non
Fortaleza 5.F- Profesorado moi interesado en aprender e formarse no manexo das novas tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza 6.F- O profesorado conta nos ordenadores da Sala de Profesores cunha carpeta común en liña con materiais de ensinanza e aprendizaxe Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.A- Falta de coordinación permanente entre as distintas Administracións estatal e autonómica. Administración educativa Si
Ameaza 4.A- Falta de coordinación entre as distintas EPAPUS de Centros Penitenciarios Administración educativa Non
Ameaza 3.A- O nivel educativo e de competencia dixital na contorna do alumnado é moi baixo Contorna Non
Ameaza 2.A- A lexislación de institucións penitenciarias limita o uso das novas tecnoloxías. Lexislación Non
Oportunidade 2.O- Diálogo ca dirección do Centro Penitenciario para buscar solución ás reservas relacionadas ca conexión de internet nas aulas. Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 

A ferramenta de análise DAFO permite dende distintos ámbitos do centro establecer unha situación  dixital de partida, a partir da cal o equipo de dinamización do Plan Dixital intentará dar resposta e solución as debilidades e ameazas plantexadas tendo presente as seguintnes prioridades:
- A mellora do funcionamento do centro.
- A viabilidade a corto/medio prazo.
- Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas.

 

 

 

 

 

----

---

-

-

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Chegar a acordos entre a dirección penitenciaria e a EPAPU en materia de seguridade na rede de internet.
O02PD Acceder por parte do alumnado a internet nas aulas e a proxección audiovisual nas mesmas
O03PD Mellorar a formación en novas tecnoloxías do Claustro de profesores
O04PD Crear e dinamizar as Aulas Virtuais en Primaria e Secundaria

Seguimento

Procedemento

Para o  cumplimento do Plan Dixital levarase a cabo un seguimento trimestral das accións, obxectivos e conclusións do mesmo.

1º Trimestre

Creación dunha Aula de Capacitación Dixital,  con cargo a fondos europeos. A aula dotouse de 15 ordenadores para o alumnado e un pc para o profesorado máis unha pantalla e unha impresora. 

Por outra banda, tamén se levou a cabo reunións de coordinación e colaboración entre a EPAPU e o Centro Penitenciario para a instalación da infraestructura que dotase de acceso a internet a dita aula, quedando para posteriores reunións o acceso limitado do alumnado recluso en dito espazo.

A coordinadora do Plan Dixital informa ao Claustro da situación en materia tecnolóxica do Centro (limitacións no uso de internet, infraestructura tecnolóxica ca que se conta, existencia dunha Aula Virtual de proba para ESO, etc). Así mesmo pon en coñecemento do profesorado o Plan Dixital que se está a continuar a facer neste curso, indicando a posibilidade de visualizalo en Educalidade.

Tamén se acorda que as clases titoriais de bacharelato se impartan na nova Aula de Informática debido a súa dependencia con respecto ao seu centro de referencia a distancia: o IES San Clemente.

Dende a Secretaría da EPAPU se elabora e facilita ao profesorado un planning para reservar a Aula de Informática cando no haxa sesións titoriais de bacharelato. 

Finalmente, durante este trimestre impartíronse en dita Aula de Informática tres cursos de Capacitación Dixital para o alumnado recluso que o solicitou.

 

 

2º Trimestre

Información ao Claustro de Profesorado da falta de permiso do Centro Penitenciario para o acceso do alumnado a internet nas aulas.

A directora da EPAPU informa que se está a levar un diálogo permanente con institucións penitenciarias pero todavía non se ten permiso para que o alumnado teña acceso a internet. Se está a continuar únicamente co acceso do profesorado que o facilita cas debidas limitacións aos alumnos. 

Por outra banda, a coordinadora do Plan Dixital  pregunta,no claustro, ao profesorado, moi interesado no manexo de novas tecnoloxías, pola súa formación neste eido informando tamén da oferta formativa (cursos Fprofe) que ofrece a Consellería de Educación para a mellora da competencia dixital.

 Neste senso varias profesoras están a realizar cursos de formación tecnolóxica. Tamén informa ao claustro da posibilidade de ver o seu historial formativo en materia dixital na web da Consellería de Educación.

Acordo do profesorado para incrementar o uso da competencia dixital,  mediante a compra de tablets que estarán a disposición do profesorado para empregar naquelas aulas que non dispoñan de proxector, como ferramenta supletoria da falta de tecnoloxía.

Finalmente sinalar que o profesorado contaba cunha carpeta común en liña na sala de profesores que por problemas tecnolóxicos desapareceu. Como solución dende a dirección EPAPU se propón a subida de documentos do profesorado que deban ser postos en común á plataforma de BOX .

 

 

 

3º Trimestre

Compra con cargo a Fondos Europeos de dous ordenadores para o profesorado. 

Creación dun acceso directo ao Plan Dixital en Educalidade para dar comunicación, difusión e en definitiva que toda a comunidade educativa poidese consultalo. Dende a dirección da EPAPU se informa á coordinadora do Plan Dixital que non existe posiblidade de crear un hipervínculo para que se poida consultar o PD de xeito externo. 

Dende a dirección EPAPU  se facilitou ao alumnado de bacharelato que o solicitou  a visualización do temario en tablets para a preparación das distintas probas finais de exames de recuperación.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital terá que ser revisado anualmente para a valoración do logro dos obxectivos, incorporar as melloras desenvolvidas na fase anterior e implementar novas liñas de actuación. Tamén se farán reunións periódicas onde se valorará o estado de consecucións dos obxectivos, posibles modificacións e propostas de mellora

 

Valoración xeral

A implementación da Aula de informática, durante o primeiro trimestre do presente curso, supuxo unha ferramenta moi importante e clave no desenvolvemento da competencia dixital dos alumnos e tamén do profesorado que participou.

Todo o alumnado das diferentes ensinanzas que se imparten na EPAPU de Pereiro de Aguiar ( Ensinanzas Básicas Iniciais, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato) estivo en varias sesións ao longo do curso facendo uso da tecnoloxía da Aula de informática ca supervisión continua do profesorado ao cargo. Neste senso non tiverón acceso directo a internet, pero si a través da pantalla dixital e do ordenador do profesorado. 

 

 

 

 

 

Proposta de mellora

Establecer unha maior coordinación entre as distintas EPAPUS de Centros Penitenciarios.

Acadar acordos ca dirección da cárcere de Pereiro de Aguiar,  para que a EPAPU  dispoña de asistencia técnica, mantemento e actualización dos equipos informáticos.

Obter os permisos necesarios para que o alumnado recluso teña acceso directo a internet nas distintas aulas do centro.

Dotar á EPAPU de persoal especialista adicado á Aula Virtual do centro.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será comunicado ao Claustro de profesores da EPAPU para a súa aprobación. Asimesmo dito Plan tamén se pondrá a disposición da comunidade educativa para a súa consulta a través do seguinte enlace en Educalidade:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32020771